
Coñece as características do proxecto da solución de evacuación (LAT) do parque eólico Serra do Farelo nos municipios de Agolada e Vila de Cruces (Pontevedra) e Santiso (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da solución de evacuación (LAT) do parque eólico Serra do Farelo nos municipios de Agolada e Vila de Cruces (Pontevedra) e Santiso (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 22 de xuño de 2022.


