
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao macro proxecto Prada de Statkraft de 24 muíños de 215 metros de altura, 101 puntos de apoio da LAT de evacuación e que afecta á Pena Trevinca, á Serra do Eixe, á águia real, ao val do Navea e á RN2000 no Barco de Valdeorras, A Veiga, e Carballeda de Valdeorras (Ourense), e a súa infraestrutura de evacuación situada nos termos municipais da Veiga, O Barco de Valdeorras, Petín, Larouco, A Pobra de Trives e San Xoán de Río (Ourense) e Quiroga (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin prazo para alegacións: 3 de agosto de 2022.
Consulta o enlace ao boletín oficial:
https://boe.es/boe/dias/2022/06/20/pdfs/BOE-B-2022-19871.pdf


Axuda a protexer á Águia Real:
https://cmatv.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=158492&name=DLFE-13124.pdf
Estado de conservación
As principais ameazas de conservación son a persecución directa (disparo, cebos envelenados, espolio de niños, etc.), as molestias e a perda de hábitat favorable. Porén, non se deben esquecer os posibles efectos da mortalidade en liñas eléctricas e parques eólicos.

