Galería

Estamos a recadar fondos para financiar o informe técnico que presentaremos fronte á autorización da LAT Campelo -Mesón. Euro a euro podémolo conseguir. Axúdasnos?

Para que?

Por Acordo do 19 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, sometíase a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto da LAT 220 kV Campelo-Mesón (segundo modificado), nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (expediente IN408A 2018/14), DOG Núm. 173, de 27 de agosto de 2020. Promotora: Greenalia Power, S.L.U.

Esta liña eléctrica de alta tensión proxéctase co fin de evacuar a enerxía xerada polos parques eólicos proxectados de Campelo (IN661A 2011/16), Bustelo (IN408A 2017/002) e Monte Toural (IN408A 2017/017), con inicio na subestación do parque eólico de Campelo proxectada (IN661A 2011/16) e final na subestación de transporte existente de Mesón do Vento.

As autorizacións dos citados parques están recorridas na vía contencioso -administrativa por parte desta asociación.

Agora precisamos financiamento para custear o informe técnico que presentaremos tanto na vía administrativa (recurso) como xudicial (contencioso -administrativo). O prezo do informe acadaría os 600 euros máis ive.

Se queres colaborar podes facer a túa aportación na conta bancaria da asociación Petón do Lobo que a seguir se indica:

ES28 2080 5443 3430 4013 1387 de Abanca.

Obxectivo: acadar 600 euros máis o ive (726 €), correspondente ao custo do informe técnico que elaborará persoal técnico cualificado.

Que pode obter a persoa que colabore?

Informaremos sobre cada un dos pasos a seguir en relación a este expediente e pasaremos copia do informe técnico e da factura aboada a aquelas persoas que colaborasen no financiamento.

Cando remataría a campaña de recadación de fondos?

Cando se acade a cantidade necesaria ou cando transcorra o prazo previsto para a presentación do recurso na vía administrativa, que estimamos que podería ser sobre o 15 de setembro de 2022.

Para máis información contactar co teléfono da asociación: 689 532863 ou por correo electrónico: asociacionpetondolobo@hotmail.com.

Gracias!

Para máis información sobre da LAT Campelo -Mesón e as súas afeccións podes consultar o seguinte enlace:

Gracias! Acadado o financiamento do informe técnico para presentar no procedemento administrativo e contencioso da LAT Campelo -Mesón

Para máis información picar no seguinte enlace:

2 comentarios sobre “Estamos a recadar fondos para financiar o informe técnico que presentaremos fronte á autorización da LAT Campelo -Mesón. Euro a euro podémolo conseguir. Axúdasnos?

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s