
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de recurso de alzada á autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II, en Dumbría (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Non hai un prazo específico xa que se trata dun modelo de alegación complementaria, a presentar en calquer momento antes da autorización definitiva do proxecto eólico. Prazo: 1 mes desde a notificación da resolución administrativa ou desde a súa publicación no DOG.

Podes consultar o enlace á RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría, promovida por AV Paxareiras, S.L.U. (expediente IN408A 2020/179).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220707/AnuncioG0596-090622-0002_gl.html