Galería

Estamos a recadar fondos para financiar o informe técnico que presentaremos nos expedientes do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV Eixe Leste, en Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e dos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco, en Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense). Euro a euro podémolo conseguir. Axúdasnos?

Proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV Eixe leste, en Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e a Serra do Candán Rede Natura 2000. Imaxe do proxecto

Estamos a recadar fondos para financiar o informe técnico que presentaremos nos expedientes de tramitación do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV Eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e nos proxectos dos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense)  Euro a euro podémolo conseguir. Axúdasnos?

Para que?

  • Por ACORDO do 28 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, sométese a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV Eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175), DOG Núm. 88, de 6 de maio de 2022.
  • Por RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto de interese autonómico e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Valdepereira, situado nos concellos de Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense) e promovido por Aerogeneración Galicia, S.L. (expediente IN661A DXIEM-05/11), DOG Núm. 57, de  23 de marzo de 2022.
  • Por RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto de interese autonómico e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Pico Seco, situado nos concellos de Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense) e promovido por Aerogeneración Galicia, S.L. (expediente IN661A DXIEM-04/11), DOG Núm. 57, de 23 de marzo de 2022.

O proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV, eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175), está próximo aos espazos naturais como son a ZEC Serra do Candán, ZEC Serra do Cando e ZEC Pena Veidosa. Cómpre ter en conta que a Rede Natura 2000 (Serra do Candán) localízase prácticamente á beira das instalacións (a escasos 500 metros aproximadamente).

Instalacións de Conexión Beariz Eixe Leste

Temos a intención de recurrir as autorizacións destas instalacións na vía contencioso -administrativa se fose preciso.

Agora precisamos financiamento para custear o informe técnico que presentaremos tanto na vía administrativa como chegado o caso, na vía xudicial (contencioso -administrativa), nos expedientes dos TRES PROXECTOS. O prezo do informe acada os 833 euros máis ive.

Se queres colaborar podes facer a túa aportación na conta bancaria da asociación Petón do Lobo que a seguir se indica:

ES28 2080 5443 3430 4013 1387 de Abanca.

Obxectivo: acadar 833 euros máis o ive (1.007,93 €), correspondente ao custo do informe técnico que elaborará persoal técnico cualificado para os TRES proxectos.

Que pode obter a persoa que colabore?

Informaremos sobre cada un dos pasos a seguir en relación a estes expedientes e pasaremos copia do informe técnico e da factura aboada a aquelas persoas que colaborasen no financiamento.

Cando remataría a campaña de recadación de fondos?

Cando se acade a cantidade necesaria ou cando transcorra o prazo previsto que estimamos que podería ser sobre o 15 de outubro de 2022.

Para máis información contactar co teléfono da asociación: 689 532863 ou por correo electrónico: asociacionpetondolobo@hotmail.com.

Gracias!

Para máis información sobre das instalacións de conexión Beariz 400 kV, eixe leste, e os proxectos dos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco e as súas afeccións podes consultar os seguintes enlaces:

Un comentario sobre “Estamos a recadar fondos para financiar o informe técnico que presentaremos nos expedientes do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV Eixe Leste, en Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e dos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco, en Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense). Euro a euro podémolo conseguir. Axúdasnos?

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s