Galería

Só nun país de Comisionistas se entende o que fai a Xunta de Galicia e EDP Renovables cos proxectos eólicos Alto do Torreiro e Bustelo -Baralláns en Corcoesto, Cereo e Valenza

  • Corcoesto avisa: caerá quen teña que caer. Os mastodontes de eólicos de EDP Renovables non  teñen cabida aquí
  • Os responsables de EDP Renovables deseñaron o macro proxecto sin ter en conta á veciñanza afectada pero sí se reuniron con Feijóo, deseñando a estratexia empresarial ao marxe da cidadanía

EDP Renovables e Francisco Conde, Vicepresidente primeiro da Xunta e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación prevén autorizar e executar en Corcoesto, Cereo e Valenza os  parques eólicos Alto do Torreiro e Bustelo -Baralláns.

O 23 de maio de 2021 a enerxética EDP presentáballe a Feijóo proxectos cos que planeaba mobilizar máis de 1.000 millóns en Galicia en dez anos. Entre eses proxectos estaban o Alto do Torreiro e o Bustelo -Baralláns.

En febreiro deste ano EDP Renovables patrocinaba, xunto coa Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro e o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Lema Mira, natural de Cabana de Bergantiños (A Coruña), un concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia para mellorar a aceptabilidade social da actividade eólica.

Agora saen no DOG a exposición pública dous parques eólicos, que na realidade son un só, presentándose divididos artificiosamente e sen posibilidades de acceso ao proxecto da liña eléctrica de evacuación. As infraestruturas de conexión e evacuación, comúns a ambos proxectos, como é a liña de evacuación e as conexións en Meirama son obxecto doutros proxectos independentes, polo que non se permite o acceso do público aos datos técnicos e ambientais destes. Este feito xa invalida por sí mesmo toda a tramitación administrativa realizada ata o momento, porque as instalacións eólicas deben ser entendidas aos efectos ambientais con criterios de unicidade.

Mentras, todos os montes ao redor da parroquia prevense inzados de muíños de 200 metros de altura. Mastodontes que oscurecen o val de Bello, o val da AEIP Río Lourido, o val da Barcia e o val de Corcoesto durante as horas centrais do día polo efecto “sombra”, ao estaren situados nunha cordal eixe leste -sur.

Á estación eólica de Perrol agora hai que engadir esta outra que suma un total de 10 muíños, máis as torres metereolóxicas e a subestación, que ocupa o Monte de Baralláns a tan só 300 metros do núcleo.

Ninguén quere os muíños a menos de 2 km das casas, que sería o normal tendo en conta a altura destes. Por se esto fora pouco os proxectos prevén máis de 20 km de viais e case 16 km de gabias de cableado.

Destrozan os montes, que en Corcoesto ten un valor produtivo excepcional e esquecen o seu relevante papel ecolóxico como sumidoiros de carbono e garantes da conectividade ecolóxica.

Só queda pasar os trámites administrativos e a verdade dilucidarase no contencioso -administrativo. EDP Renovables vai ter que pasar polo que digan as sentenzas xudiciais se quere executar o seu macroproxecto na zona.

Distancias dos aeroxeradores aos núcleos. Imaxe do proxecto eólico Bustelo -Baralláns
Distancias dos aeroxeradores aos núcleos. Imaxe do proxecto Alto do Torreiro

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s