
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de recurso de alzada á autorización do parque eólico a Ruña III, en Mazaricos (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: un mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022 pola que se autoriza o parque ou, se fora o caso, o 13 de outubro de 2022.
Consulta a Resolución publicada no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220913/AnuncioV0653-110722-0006_gl.html