Galería

Estamos a recadar fondos para a elaboración dos informes técnicos que presentaremos na vía administrativa e xudicial en relación aos seguintes proxectos eólicos: complexo eólico de Serra do Farelo, complexo eólico Cerceda e LAT dos cxos. eólicos Gato-Mesón e Gasalla-Legre (concellos afectados Ordes, Carral, Abegondo, Mesía, Frades, Oza-Cesuras e Aranga). Euro a euro podemos conseguilo. Axúdasnos?

Estamos a recadar fondos para a elaboración dos informes técnicos que presentaremos na vía administrativa e xudicial en relación aos seguintes proxectos eólicos: complexo eólico Serra do Farelo, complexo eólico Cerceda e LAT dos cxos. eólicos Gato-Mesón e Gasalla-Legre (concellos afectados Ordes, Carral, Abegondo, Mesía, Frades, Oza-Cesuras e Aranga)

Realiza a túa achega. Indica no concepto o complexo de proxectos eólicos para os que desexas realizar a achega (complexo Serra do Farelo,  complexo Cerceda, LAT dos cxos. eólicos Gato-Mesón e Gasalla-Legre (concellos afectados Ordes, Carral, Abegondo, Mesía, Frades, Oza-Cesuras e Aranga). Se o indicas, podes figurar como persoa peticionaria do informe e tes dereito a un orixinal do mesmo para presentar no expediente administrativo que desexes. Podes realizar aportacións aos informes e colaborar directamente co persoal técnico que os elabora.

Número de informes a elaborar: 3 (un para cada complexo eólico).

Custe de cada informe técnico: 650 euros + ive: 786,50 euros.

Nº. de conta bancaria: ES28 2080 5443 3430 4013 1387 (Asoc. Petón do Lobo).

Data límite da recadación: 20 de xaneiro de 2023.

Teléfono para máis información: 689 532863.

Correo electrónico: asociacionpetondolobo@hotmail.com

Proporcionarase información nesta páxina sobre a evolución da recadación.

Información sobre cada complexo eólico aos efectos da elaboración dos informes técnicos:

1.- Complexo eólico Serra do Farelo: proxecto eólico Serra do Farelo, proxecto eólico Zamorra, proxecto eólico Órrea e proxecto eólico Estivada. Municipios afectados: Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo).

  1. RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico, o estudo de impacto ambiental e a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Serra do Farelo, situado nos concellos de Agolada, na provincia de Pontevedra, e Antas de Ulla, na provincia de Lugo, e promovido por AV Serra do Farelo, S.L. (expediente IN661A DXIEM-01/11), DOG Núm. 217, de 11 de novembro de 2021.
  2. RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Zamorra, situado no concello de Agolada (IN408A 2019/21).
  3. RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Órrea, situado no concello de Agolada, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/10-4).
  4. RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do parque eólico Estivada, situado nos concellos de Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo), e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A/2019/17).

2.- Complexo eólico Cerceda: proxecto eólico Meirama, proxecto eólico As Encrobas, proxecto eólico Coto Loureiro, proxecto LAT de evacuación do Coto Loureiro, proxecto eólico Meirama (Meirama76), proxecto eólico Monte Inxeiro, central hidroeléctrica reversible de Meirama.

  1. ACORDO do 15 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do proxecto do Parque Eólico Meirama, nos concellos de Cerceda, Carral e Ordes (expediente IN408A 2018/27).
  2. ACORDO do 27 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Meirama, denominado para os efectos de tramitación Meirama (76), nos concellos de Cerceda e A Laracha (A Coruña) (expediente IN408A 2020/076).
  3. ACORDO do 4 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Coto Loureiro, nos concellos da Laracha e Cerceda (A Coruña) (expediente IN408A 2018/37).
  4. ACORDO do 5 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto LAT 220 kV evacuación do parque eólico Coto Loureiro e SE Monte Inxeiro ampliación 220 kV, nos concellos da Laracha, Cerceda e Ordes (A Coruña) (expediente IN408A 2021/36).
  5. ACORDO do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Monte Inxeiro, nos concellos de Ordes e Cerceda (A Coruña) (expediente IN408A 2017/25).
  6. ACORDO do 30 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico As Encrobas, nos concellos de Cerceda, Carral e Ordes (A Coruña) (expediente IN408A 2020/93).

3.- LAT dos cxos. eólicos Gato-Mesón e Gasalla-Legre (concellos afectados Ordes, Carral, Abegondo, Mesía, Frades, Oza-Cesuras e Aranga): proxecto LAT Gato -Mesón, proxecto eólico Gasalla, proxecto eólico Solpor, proxecto eólico Legre e o proxecto LAT evacuación Legre.

a) ACORDO do 16 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto de liña de alta tensión LAT 220 kV Gato-Mesón e subestación colectora Mesón 220/132 kV (expediente IN408A 2020/145).

Co fin de evacuar a enerxía eléctrica xerada polos parques eólicos que a seguir se enumeran, todos eles en tramitación e promovidos polo grupo Greenalia, deséñanse a liña eléctrica de alta tensión (LAT) 220 kV Gato-Mesón e a subestación eléctrica colectora (SEC) Mesón 220/132 kV:

• Parque eólico (en diante, PE) Pena Ombra (45 MW, nº expediente IN408A 2017/40).

• PE Gato (25,2 MW, nº expediente IN408A 2017/04).

• PE Felga (21 MW, nº expediente IN408A 2017/19).

• PE Monte do Cordal (12,6 MW, nº expediente IN408A 2018/33).

• PE Friol (21 MW, nº expediente LU-11/147-EOL).

• PE Pena da Cabra (25,2 MW, nº expediente IN408A 2020/33).

• PE Penas Boas (16,8 MW, nº expediente IN408A 2018/35).

b) ACORDO do 6 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Gasalla, nos concellos de Mesía e Frades (expediente IN408A 2017/26).

c) ACORDO do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) do proxecto do parque eólico Solpor, nos concellos de Mesía e Ordes (expediente IN408A 2018/26).

d) ACORDO do 22 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Legre, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (A Coruña) (expediente IN408A 2020/097).

e) ACORDO do 5 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto LAT 132 kV evacuación parque eólico Legre, nos concellos de Oza-Cesuras e Mesía (expediente IN408A 2020/143).

Participa! #StopEólicos #StopEspeculación #StopFeísmoPaisaxístico

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s