O Val fluvial do río Lourido

O Val fluvial do río Lourido é unha Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP), así recoñecida no Catálogo das Paisaxes de Galicia. Este espazo ubícase aos pés do Monte Perrol ao longo de tres parroquias: Corcoesto, Cereo e Valenza, na comarca de Bergantiños.

O río Lourido é o afluente máis importante do río Anllóns no seu percorrido final. O río nace na Fonte Cardeira, no lugar de Aldemunde. Ao longo do seu devagar polo val recolle a auga de numerosas fontes, regos e outros afluentes importantes como o rego Batán. Un dos outeiros máis identitarios é o Petón do Lobo. O val, berce de augas, é atravesado polo camiño real ou roteiro xacobeo que comunica a ponte de Anllóns ou ponte da Garga con Coristanco e Santa Comba, en dirección a Santiago de Compostela.

As paisaxes están construídas a partir das vidas das persoas, as súas percepcións e son moitas veces fundamentais para o sentimento de identidade e o benestar das persoas. Trátase de paisaxes identitarias dás persoas que constrúen e viven na paisaxe en si, cuxas miradas probablemente non son panorámicas, nin sequera admiran, pero cuxas percepcións sensoriais descenden aos máis pequenos detalles, identificando paisaxes de vida, soños, símbolos…

A defensa da terra é a defensa do ser e a súa identidade.


Lobo e Territorio

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s