Imaxe do proxecto de Coventina Renovables para a central de bombeo das Encrobas. Imaxe da balsa superior e da entulleira
Imaxe do proxecto de Coventina Renovables para a central de bombeo das Encrobas. Imaxe da balsa superior e da entulleira
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da Central hidroeléctrica reversible ou de bombeo que prevé Coventina Renovables (ou Tasga) para o lago das Encrobas ou Meirama. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 12 de abril de 2022.
Ante a manchea de eólicos, entidades ambientais piden a Augas de Galicia e ao Ministerio para a Transición Ecolóxico e o Reto Demográfico, que eviten a implantación de parques eólicos nas nascencias e afloramentos dos ríos.
O nacemento dun río denomínase tecnicamente como afloramento. Estes xéranse en lugares elevados con boa cobertura vexetal e moi pouca presenza humana, como consecuencia da propiedade que posúen as plantas de almacenar auga e ila liberando da pouco.
No caso das plantas que se atopan sobre unha roca impermeable, a auga sairá do subsolo cara ao chan e a isto é ao que se denomina afloramento, xerándose así a primeira liña delgada do corpo de auga, que posteriormente se converterá en crebada ao captar a auga que as plantas que se achan na vertente do leito liberan. Cando a crebada alcanza un caudal medio, máis de 700 ml. converterase en río.
En tanto, a cabeceira dun río estará composta por plantas absorbentes de auga, que de espremerllas liberarán unha gran cantidade de auga. A forma dunha cabeceira imita á dun abanico ou unha u investida, estas cuestións son as que permiten que aínda que deixe de chover por lapsos, sempre haxa auga para liberar e dese modo o corpo do río xamais se secará.
Cando o río ou crebada non se seca durante un ano considérase como de caudal permanente, en cambio, se se interrompe no verán e vólvese a activar no inverno considérase de caudal intermitente.
Hai serras que están situadas sobre balsas de auga e debido a isto nace auga en diferentes puntos. O común denominador destes proxectos eólicos é que se asentan sobre humidais ou brañas onde afloran mananciais e regos de auga.
Proxecto eólico Maragouto
As alteracións dos afloramentos e acuíferos altera a morfoloxía dás bacías hidrográficas, seca mananciais e zonas húmidas e aumenta a intrusión salina nos acuíferos costeiros
Proxecto eólico Coto dás Airas
Tal é o caso do proxecto eólico Uxo, no municipio de Avión (Ourense) e que ten a súa poligonal sobre a Serra do Suído con afección a hábitats prioritarios e turbeiras. A zona de afección do parque eólico esténdese integramente na conca do Río Miño. Os arroios desta conca que ven dentro dos límites da poligonal do parque son A Regata Fonda, Río de Gadín, Barranqueira de Porto Arandendo, Rego de Fontes e Regueiro de Riobó. Este último é afluente do río Abelenda que á súa vez verte as súas augas ao río Avia, como o Rego de Fontes, mentres que os leitos restantes verten as súas augas ao río de Couso, que á súa vez, é tributario do Avia.
O mesmo sucede co proxecto eólico Cóto das Airas, nos municipios da Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra), en plena serra do Suído e con afección a hábitats prioritarios e turbeiras. O proxecto afecta á área de Xesteiro do Patataco/Coto do Recosto, no lugar de Xesteiro do Patataco/Coto do Recosto, da parroquia San Xosé de A Laxe, do concello de Fornelos de Montes. Trátase dunha penechaira con zonas de densa vexetación e dende a que nacen varios regatos bañada por regos e mananciais que agachan unha balsa de auga superficial e probablemente un acuífero soterrado. A instalación do parque tería un impacto moi servero para os recursos hídricos e á cunda hidrográfica.
O proxecto eólico Banzas, nos municipios de Outes, Mazaricos e Negreira (A Coruña), afecta polo oeste ao río Tines pertencente á conca hidrográfica dá ría Muros –Noia e polo leste á conca do río Tambre. Este proxecto aséntase sobre a nascencia de varios regos como o rego Bao da Nosiña, o río Banzas, a Fontenla e Fonte Salgueira, dando lugar a un humidal ou braña onde aflora a auga que posteriormente conformará os afluentes dos ríos Tines e do Tambre.
O mesmo ocorre co proxecto eólico Maragouto, tamén nos municipios de Outes e Mazaricos (A Coruña), que se asenta sobre a braña de Valadares. Desde o punto de vista hidrográfico a zona de afección do parque eólico Maragouto esténdese integramente na conca do Río Beba, pertencente á conca do Río Xallas e que ademais afecta a hábitats prioritarios e de interese comunitario que deben ser obxecto de protección, mantemento e conservación. Existen bosques aluviais de Alnus nglutinosa e Fraxinus excelsior e turbeiras que non poden ser obxecto de deterioración. Os cauces que existen na zona son cauces permanentes.
Non se indica como vai a afectar o proxecto eólico á riqueza hídrica do lugar onde se asenta. Tampouco se presenta ningún estudo hidrolóxico e hidroxeolóxico, para evitar que a construción do parque afecte aos acuíferos e fontes que existen na área de implantación.
Proxecto eólico Maragouto
O mesmo sucede co proxecto eólico O Cerqueiral, nos municipios de Coristanco e Santa Comba (A Coruña). A realización das zanxas, vaguadas e viais vai a producir novas escorrentías nas vaguadas debido á creación de pistas e camiños e á modificación destes, coa posibilidade de derrube de marxes, excavacións e canalización dos ríos prevista. A mercantil Greenalia prevé encauzar as augas do Rego Boaña e un afluente do mesmo, polo que evidentemente sí haberá impacto, e non como di a mercantil promotora: “que no existirá impacto”. De igual modo prevé cruzar con cabreado o rego da Bordesca e un afluente deste, co que hai riscos máis que probables de que se vaia a producir unha modificación da súa morfoloxía. O proxecto prevé actuacións que van a ter un impacto severo sobre a biodiversidade e os recursos hídricos.
No referente ao proxecto eólico dás Salgueiras, no municipio de Ponteceso (A Coruña) as obras afectan, de norte a sur, ao Rego dás Bouzas que tributa as súas augas á marxe dereita do tramo final do río Anllóns e o seu esteiro. Tanto cara ao oeste como cara ao norte cóntase coa presenza de regachos e fontes como o rego de Guxín, rego de Corme, rego dá Barda ou Fonte dá Facha. Estes últimos verten as súas augas de forma directa ao océano Atlántico, ben tras un percorrido por zonas de cantís ou ben en pequenas praias areosas.
Obras de drenaxe previstas no proxecto eólico Salgueiras
Xa está na rúa o libro «O río das nosas vidas: o Anllóns», publicado e editado pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo.
«O río das nosas vidas: o Anllóns» é o cuarto libro que publica esta asociación e o quinto que produce como editora.
Fálase e publícase bastante sobre o río Anllóns, mais bótase de menos unha publicación que trate a fondo aqueles aspectos que cada vez nos preocupan máis, como é o caso dos problemas que afectan con máis intensidade aos ecosistemas fluviais e aos bosques de ribeira. Vivimos de espaldas aos ríos e o Anllóns e os seus numerosos afluentes non son unha excepción. A saúde dos ecosistemas fluviais, e en particular a saúde do río Anllóns, pende dun fío.
O 14 de marzo de cada ano, Día Internacional dos Ríos, desde a asociación ambiental e cultural Petón do Lobo lembramos os problemas que padece o Anllóns, mais con esta publicación preténdese ir un pouco máis lexos e deixar constancia das graves problemáticas que lle están a afectar.
Con unha intencionalidade claramente didáctica, queremos lembrar os problemas que están a afectar seriamente á saúde do Anllóns. As Administracións falan do desarrollo de proxectos vencellados ao desarrollo turístico do río, pero esquecen os impactos ambientais dos mesmos.
Hai multitude de problemas que afectan ao río Anllóns: a seca derivada do cambio climático, as centrais hidroeléctricas que ocupan o seu cauce, os vertidos de puríns, o abuso de pesticidas, de herbicidas, abonos, sulfatos, novas captacións de auga, fallos no saneamento das augas residuais, plástico, lixo, o chumbo dos proxectís de campos de tiro, o arsénico da antiga minaría…etc.
Vamos camiño de finiquitar a vida do noso río. As cidadás e os cidadáns temos que asumir un papel activo e coidar do noso río. Esixir tamén as Administracións responsables que cumpran cos seus deberes e coiden os ecosistemas fluviais. Decía o sociólogo Salvador Giner que «a primeira misión dos cidadáns é educar aos seus gobernantes», «o cidadán democrático está sinalando aos seus representantes de forma constante onde está situado o umbral do tolerable» ou «o verdadeiramente revolucionario da democracia é que todos somos políticos».
Por iso non podemos seguir sendo cómplices da súa morte e vamos a asumir un papel activo na súa defensa. Temos que sentir a súa alma, tratalo como tratan en Nova Zelandia aos seus ríos, isto é como persoas xurídicas, como seres titulares de dereitos. Só así podemos garantir a súa supervivencia e a súa funcionalidade.
O libro que ten unha finalidade sobre todo didáctica mergúllase na historia do río, nos valores culturais e na xeografía, ademais de dar boa cadra dos seus problemas ambientais.
Tamén queremos crear remorsos naquelas persoas físicas, xurídicas e administracións públicas que consciente ou inconscientemente danan o noso río, e facémolo e voltaremos a facelo, e incluso os sinalamos directamente, porque a partires de agora, quen dane ao Anllóns, vai a quedar constancia escrita do dano e da súa responsabilidade.
Sen dúbida non deixará indiferente a ningúen…., para ben e/ou para mal.
Heliodoro Gallego Armesto escribía o 30 de abril de 1932, un artigo no número 519 da revista Vida gallega: ilustración regional, sobre o río Anllóns.
Comezaba facendo alusión ás citas que sobre este río realizaran xa no seu momento os xeógrafos romanos Mela, Strabón, Ptholomeo e Plinio co nome de Vir, e que ía tomando diferentes nomes segundo as parroquias polas que ía pasando, aínda que o máis coñecido era o Anllóns.
O río Lourido, afluente do Anllóns, nace na fonte Cardeira, no lugar de Aldemunde (Cabana de Bergantiños). Delimita os municipios de Cabana e Coristanco
O río Anllóns foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria da Rede Natura 2000 desde o 2004 e ZEC desde o 2014. A súa extensión, de máis de cen hectáreas na comarca de Bergantiños, percorre os municipios de Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños atopando ao seu paso enclaves de gran beleza como o Refuxio de Verdes en Cereo (Coristanco).
Rego de Sta. Margarida na parroquia de Corcoesto ao seu paso polo lugar da Regueira
Rego de Sta. Margarida na parroquia de Corcoesto, tributario do Anllóns
O río Anllóns nace nos montes de Xalo, na Pena Gallada, a unha latitude duns 519 metros por enriba do nivel do mar. Son moitos os afluentes do río Anllóns ao longo do seu percorrido:
Fonte: IGN. O río Anllóns nace na Pena Gallada e bordea a fraga de Vilar da Fraga. onde se ubica un campo de tiro. Moi preto está a canteira do Corgo, un espazo mineiro sen restaurar e que produce un gran impacto paisaxístico
Comezando por Laracha temos a Fonte Quenlle da Grela que desemboca no río Grande e multitude de regos: o rego de Cercido, o rego do Cubo, o rego da Graña, o rego do Soutullo, o rego Acheiro que conserva un bó número de muíños, o rego da Armada, o rego do Reiros, o rego do Novel, o río Pedamio, o río Calvelo, o río Rosende que nace en Montemaior e xúntase co Anllóns no límite entre Carballo e Coristanco, o rego do Queo, o rego do Añón, o río Grande que rega a Agra de Noví, o rego da Balsa, o rego de Lamela, o río do Gatos, o río Calvar, o rego Liñeiro e o rego de Cances que se xuntan para desembocar no Anllóns, o rego do Piñeiro, o rego da Fraga, o rego do Vao, o rego das Mazarocas, o rego das Devesas, o rego de Portocelo, o río Lourido, o rego de Sta. Margarida, o rego do Pardiñas, o rego do Ramallás, o rego do Erbecedo, o rego do Vilasuso, o rego do Souto que rega a Agra do Esto, o río Cundíns, que nace nos montes do Couso e xúntase co Anllóns no Esto (Cabana de Bergantiños) tras recoller as augas do río Cedreiro, que pasa polo lugar da Margarida, onde nos deixa unha fermosa imaxe da férveda da Margarida.
Instalacións do Campo de tiro na fraga de Vilar da Fraga, na parroquia larachesa de Soandres, á beira do río Anllóns e a escasos metros do seu nacemento. Fonte: IGN
Na parroquia de Soandres (Laracha) o río Anllóns circula á beira da fraga de Vilar da Fraga. Este bosque autóctono foi parcialmente eliminado para a construcción dun Clube de tiro olímpico, campo de tiro e prato e un Campo de tiro olímpico de 50 metros.
Os solos sobre os que se construiron as instalacións estaban clasificados como solo rústico de protección natural, solo rústico de protección de augas e solo rústico de protección agropecuaria.
Camiño real de Vilar da Fraga, en Soandres, á beira do Anllóns
O certo é que unha parte da fraga xa foi eliminada, e no seu lugar, e con afección ao camiño real, construiuse unha gran mole de cemento como clube de tiro e outras instalacións formigonadas aínda en construcción.
O solo rústico perdeu tal carácter ao eliminar os elementos naturais e ecolóxicos intrínsecos que o configuraban. Ao eliminar a funcionalidade dos solos e a fraga, xunto cos seus valores naturais e ecolóxicos de xeito irreversible, e perderse o carácter agrícola das parcelas, produciuse unha transformación urbanística non amparada legalmente.
O camiño histórico tal e como aparece reflictido no libro “INTERROGATORIO” da parroquia de San Pedro de Soandres de 1752, do Catastro do Marqués da Ensenada, incluido no fondo documental da Real Intendencia de Galicia, que se custodia no Arquivo do Reino de Galicia, coa signatura 46.322.2626, páxinas 5 e 6 do documento citado, está directamente afectado polas instalacións do campo de tiro, afectando directamente a este.
Camiño real de Vilar da Fraga truncado polas instalacións do campo de tiro
Este documento acredita que o Camiño real pasa pola Mansión de Atricondo é continuación do camiño de Santiago e segue por esta zona desde Hospital Bruma, AS Travesas, Santiago de Sumio, Encrobas, O Castelo, Picardel, Paradela, Refojo Mantiñán, Posadoiras, Santa Baia, Vilar de Fraga, ruta que seguiría cara Ponteceso pola marxe do río Anllóns ou ben a “Brigantia” Mansion de Brigantium (A Coruña). O Camiño real tamen coincidiría neste treito coa Vía Per Loca Marítima XX.
O Camiño real está vencellado á antiga vía romana en parte polos restos atopados en diferentes lugares moi próximos entre eles: Cerqueira, Refojo-Mantiñán, Codesuso-Millarade e Castro Baia, e sobre todo pola paraxe de Vista Alegre onde existe constancia dunha feira notoria e importante, andecedente do que é actualmente a feira de Paiosaco.
No documento denominado “Estudio de Impacto Ambiental para Instalación de Tiro Olímpico e Tiro o Prato no concello de Laracha”, o técnico redactor, recolle como impactos durante a fase de funcionamento:
– Emisións atmosféricas.
– Emisións acústicas.
– Xeración de residuos de proxectís.
Instalacións do clube de tiro olímpico de Soandres, á beira do río Anllóns, moi preto do seu nacemento
Na páxina 49/84 do estudo recoñece o técnico que: “Derivado da realización das actividades de tiro desenvoltas na instalación construídas prodúcese unha emisión de gases contaminantes derivados da combustión de pólvoras empregadas nos distintos tipos de munición o efecto contaminante é o resultado da acumulación de partículas en suspensión na atmósfera. Esta contaminación en situacións climáticas desfavorables (ventos constantes) podería traspasar os límites da área de execución, e esternderse polos arredores transportda polos ventos da zona”.
Nun Encontro organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, tratouse sobre o O ESTADO ACTUAL DAS VÍAS ROMANAS EN GALICIA E A NECESIDADE DUNHA MAIOR PROTECCIÓN, coordenado polo experto D. Carlos Nárdiz Ortiz.
No desenvolvemento do encontro D. Carlos Nárdiz Ortiz falou do camiño real de Vilar da Fraga, parroquia de Soandres, no municipio de Laracha, e incluso se refire ao mesmo como vía romana.
Agora este camiño está moi afectado polas instalacións do campo de tiro nun tramo do mesmo.
Canteira do Corgo en Laracha, preto de Vilar da Fraga. Fonte: IGN
Fonte: IGN
En Cabana de Bergantiños o rego da Braña rega en Teixedo o pequeno val de Raposeiras e Ameneiros. En dirección a Beres pasamos polos Agros da Fonte e as Fervenzas. Toda a paisaxe e os seus elementos, entre eles a toponimia, fai referencia á auga.
Lavadoiro á beira do río Vao, en Coristanco
Lavadoiro de Conles, en Coristanco
Chanzos de pedra para baixar ao muíño do Cancelo, no río Cedreiro, parroquia de Cundíns
Non podemos esquecer o rego da Balsa que atravesa o val de Cesullas ata o Reguengo, o rego de Ponteceso, o rego dos Prados e o rego das Bouzas, estes tres últimos xa preto da desembocadura na ría de Corme –Laxe.
Desembocadura do río Anllóns
Xa na desembocadura entre o Malecón da Outrabanda e o Malecón do Couto o río camiña devagar cara a Xunqueira e o Monte de San Sebastián, coa súa mámoa no cume. Na desembocadura forma un esteiro e na saída ao mar forma A Barra, na que se desenvolve un amplo sistema dunar que se complementa coas dunas remontantes do Monte Branco.
Río Cedreiro na parroquia de Cundíns
Nas marxes consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros, carballos… Na beira do río e nas zonas de corrente lenta hai herbas da prata, fentos, brións…
Hai unha gran diversidade de aves (paxaros de ribeira, garzas, lavancos, merlo rieiro, limícolas…), anfibios (pintafontes, sapos, ras…), peixes (troitas, anguías, escalos…) e insectos (libeliñas, cabalos do demo, escaravellos…).
A vexetación riparia no val fluvial do Lourido
As propiedades máis significativas que converten aos bosques de ribeira en formacións ben diferenciadas e de gran valor son a súa alta diversidade biolóxica, a súa alta produtividade e o elevado dinamismo dos hábitats que acollen. Todo iso como consecuencia das súas particulares condicións hídricas, que favorecen o refuxio de especies propias de zonas climáticas frescas e húmidas en áreas máis cálidas e secas.
Regulan o microclima do río.
Aseguran a estabilidade das beiras.
Regulan o crecemento de macrófitas.
Son un hábitat ideal para un gran número de especies animais e vexetais.
Supoñen unha fonte de alimento para as especies que albergan.
Actúan como filtro fronte á entrada de sedimentos e sustancias químicas na canle.
Cumpren un papel de acumuladores de auga e sedimentos.
Funcionan como zonas de recarga de augas subterráneas.
Posúen un gran valor paisaxístico, recreativo e cultural.
Dada a súa importancia ecolóxica, e as vantaxes prácticas asociadas a unha boa conservación dos bosques aluviais, urxe a adopción de medidas encamiñadas á protección e rexeneración destes medios. Para iso, é imprescindible contar cun coñecemento real do estado da vexetación dos ríos, a partir da inventariación, caracterización e valoración destas comunidades.
Muíño no val fluvial do Lourido, entre as parroquias de Cereo, Corcoesto e Valenza, municipios de Cabana e Coristanco
As zonas riparias son importantes na ecoloxía, na xestión ambiental e na enxeñería civil, a causa do rol que desempeñan na conservación do chan, a biodiversidade do hábitat, e a influencia que exercen sobre a fauna e os ecosistemas acuáticos, incluídos as praderías, bosques, e sistemas acuáticos. Os termos bosque ripario, ou zona intermedia riparia, ou franxa riparia son utilizados para caracterizar á zona riparia. A raíz da palabra “riparia” provén do Latín ripa, que significa beira do río.
A ponte Lubiáns ou ponte Vella, entre os municipios de Carballo e Coristanco
No lugar da Revolta, en Carballo, atopamos o río Rosende, o afluente do Anllóns que salva a ponte Lubiáns. A ponte Lubiáns trasládanos a época romana. Diversas fontes sitúan nesta ponte a vía Per Loca Marítima e o camiño real que ía da Coruña a Fisterra. Outras fontes catalogan a ponte como medieval, e incluso en datas posteriores. Mais sin dúbida é unha das pontes máis fermosas.
O Semanario Independiente El Tea no seu número 188 recollía o 7 de setembro de 1917, a noticia do aproveitamento das augas do río Rosende, en Carballo, para a produción eléctrica e empregala no servizo de alumeado público e privado no termo municipal da vila. O beneficiario da concesión era Juan María Sanjurjo Pérez, o que nos dá unha idea aproximada da data na que se instalou o primeiro alumeado público na cabeceira da comarca.
Semanario Independiente El Tea
Ponte Lubiáns ou ponte Vella
Ponte Lubiáns, no lugar de Montecelo, parroquia de Oca
Desde o seu nacemento ata a desembocadura, o río Anllóns efectúa un percorrido de 54,4 km cun índice de sinuosidade de 1,43 que permite incluílo na categoría de río sinuoso. No seu percorrido salva un desnivel duns 420 m que representa unha pendente media suave do 0,77%. No tramo de Verdes, á vez que recibe ao Vao, sofre un encaixonamento cunha sucesión de rápidos. A súa conca ten unha extensión de 519 km2.
Despois dun rápido descenso dos montes do Xalo e Santa Baia remánsase e discorre maino e sinuoso cara á desembocadura, agás no tramo do Couto de Verdes, onde se encaixa e forma unha sucesión de rápidos e pequenos saltos. Nos seus afluentes abondan as fervenzas.
Unha das fervenzas máis fermosas atopámola no lugar da Margarida, na parroquia de Cundíns. Con motivo da celebración do Día Internacional dos Ríos, cada 14 de marzo, temos que tomar conciencia da necesidade de coidar os nosos ríos, o río do noso lugar ou da nosa parroquia, e por suposto coidar deles todos os días do ano.
Fervenza do Pozo da Forca, na cabeceira do río Cundíns
Outra das fervenzas, agochada en parte tras a estrada que vai de Corcoesto a Beres é a da Regueira, no rego de Sta. Margarida na parroquia de Corcoesto, rego que nace no lugar de Baneira aos pés do monte Perrol.
Fervenza da Regueira en Corcoesto
Pero hai máis fervenzas como a do rego da Barcia, que nace nas terras do Vao ou As Samesugas, vólvese fervenza na Baiabosa e verte augas ós caldeiros do Pozo da Forca, unha das cabeceiras do río Cundíns, afluente do Anllóns.
Fervenza da Margarida no río Cundíns, tributario do Anllóns
A fervenza de San Paio, na parroquia de Entrecruces (Carballo), no linde co concello de Tordoia, no río de Outón tamén chamado da Férveda e Taboada, un afluente do río Grande que á súa vez desemboca no Anllóns.
Fervenza de San Paio
E non podemos esquecer a fervenza de Ramil, no rego da Férveda, afluente do Casal do Perros (río Grande-Anllóns), no lugar de Ramil (Santa Eufemia), na parroquia de Rus (Carballo).
Fervenza de Rus
Problemas ambientais no río Anllóns
Contaminación no cauce polas obras das centrais hidroeléctricas e limpeza dos encoros. O caso do encoro de Sta. Mariña de Corcoesto, 27 de setembro de 2016
As empresas hidroeléctricas que explotan os encoros dos nosos ríos realizan con certa periodicidade a limpeza dos cauces fluviais. Na realización destas tarefas, as empresas que as executan, ás veces non son moi coidadosas. A vertedura de aceite ou gasóleo no cauce e un verquido de escombros procedentes deste, a escasos 5 metros da capela de Sta. Mariña do Remuiño, en Corcoesto, aconteceu xa varias veces nesta paraxe.
A seca e o cambio climático, un problema que afecta aos ecosistemas fluviais
A grave diminución do caudal do Anllóns, que ameaza con non garantir o cauce ecolóxico necesario para a vida fluvial, tamén é un problema que se manifesta cada ano nas tempadas de seca.
Caudal baixo no río Anllóns, ao seu paso por Corcoesto
Obras de limpeza ou recheo no cauce do río Anllóns que xestiona Unión Fenosa (central hidroeléctrica de Corcoesto)
Obras de recheo no cauce do río Anllóns que xestiona Unión Fenosa (central hidroeléctrica de Corcoesto)
O uso e abuso de herbicidas, pesticidas e fertilizantes nas explotacións gandeiras e agrícolas
Cada vez empréganse máis herbicidas e en concentracións cada vez maiores. Existe unha probabilidade seria de estarmos expostos cada vez máis a estes tóxicos. A Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, da Organización Mundial da Sáude (OMS) xa advertiu, e de feito, xa clasificou ao herbicida máis coñecido e usado, o glifosato, como “probablemente carcinóxeno para os seres humanos”. Abondan as evidencias científicas sobre do risco deste herbicida, e sen embargo, cada vez emprégase máis.
En humanos, os síntomas de envelenamento inclúen irritacións dérmicas e oculares, náuseas e mareos, edema pulmonar, descenso da presión sanguínea, reaccións alérxicas, dor abdominal, perda masiva de líquido gastrointestinal, vómito, perda de conciencia, destrución de glóbulos vermellos, electrocardiogramas anormais e dano ou falla renal.
Parcela agrícola na parroquia de Langueirón, Ponteceso, cos efectos dos herbicidas
Todo produto pesticida contén, ademais do ingrediente “activo”, outras substancias cuxa función é facilitar a súa manexo ou aumentar a súa eficacia. Así, entre moitos dos compoñentes, estes produtos conteñen entre outros:
Ácido pelargónico que produce irritación ocular e dérmica severas, irritación do tracto respiratorio.
Hidróxido de potasio que produce lesións oculares irreversibles, ulceraciones cutáneas profundas, ulceraciones severas do tracto dixestivo, irritación severa do tracto respiratorio.
Sulfito sódico que produce irritación ocular e dérmica severas concomitantes con vómitos e diarrea, alerxia cutánea, reaccións alérxicas severas.
Ácido sórbico que produce irritación cutánea, náusea, vómito, neumonitis química, angina, reaccións alérxicas.
Entre os efectos sobre o medio ambiente cómpre destacar os producidos polo arrastre do vento. O pesticida dana flores silvestres e poden afectar algunhas especies a máis de 20 metros
Entre 14% e 78% do glifosato aplicado sae do lugar onde se aplica. Especies sensibles morreron a 40 metros. Os modelos indican que especies susceptibles poden morrer a 100 metros. Atopáronse residuos a 400 metros do sitio de aplicación terrestre.
O glifosato tamén afecta ás augas e pódeas contaminar. Por exemplo, contaminou por escorrentía dous estanques en granxas de Canadá, un por un tratamento agrícola e o outro por un derrame; contaminou augas superficiais en Holanda; e sete pozos en Estados Unidos (un en Texas e seis en Virginia) atopáronse contaminados con Glifosato.
Cada vez as granxas empregan máis herbicidas e en concentracións máis importantes. O abuso e descontrol destas substancias afectan ao ser humano e a vida do planeta.
Os herbicidas son os responsables en boa medida da morte e extinción das nosas abellas, animais claves dos ecosistemas e do seu equilibrio
Na comarca de Bergantiños o problema comeza a ser preocupante. Grandes extensións de terreos son tratadas con herbicidas incluso á beira de regatos, fontes, ríos…etc. Estamos ante un problema ambiental e de saúde humana que debera preocuparnos máis.
Fallos nos sistemas de depuración das augas residuais
Boa parte da contaminación do río Anllóns débese aos fallos nos sistemas de depuración de augas residuais ou incluso, á ausencia destes.
Depuradora de Vilaverde, no municipio de Coristanco, case á beira do río Anllóns
Arsénico no río Anllóns
Un traballo publicado na revista Environmental Monitoring and Assessment levado a cabo por investigadores do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Facultade de Farmacia (Universidade de Santiago), da man de Rosa Devesa-Rey e baixo a dirección de Francisco Díaz-Ferros conclúe que os niveis de arsénico detectados nos chans e as augas da parroquia de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) non só son alarmantes, senón que resultan “tóxicos” e son consecuencia directa da mina de ouro que pecharon os ingleses cara a 1930. Augas abaixo da localización das antigas minas existe unha concentración anormal de arsénico nos sedimentos, nun tramo de dous a tres quilómetros. Esta concentración supera ata 12 veces os niveis permitidos en chans contaminados. É dicir, que se o nivel xenérico de referencia é de 50 miligramos de arsénico por quilo de terra, en mostras recollidas no Anllóns alcanzábanse os 600 miligramos por quilo. O experto explicou en diversos medios de comunicación que estaba previsto completar a investigación coa análise das augas subterráneas e os pozos, pero iso aínda “está pendente”. “Sería interesantísimo”, explicaba publicamente, porque “está demostrado que o arsénico é un carcinógeno”. De feito, “aínda que nas plantas non se obtiveron resultados tan claros”, comprobouse que a contaminación por arsénico na zona reducía “nun 50%” a actividade biolóxica dunha serie de microorganismos”. “Non se pode asegurar ao 100% que o arsénico proceda dos antigos labores mineiros porque non existen estudos previos \[é dicir, do século XIX\]”, explicaba Díaz-Ferros, “pero si se pode dicir que é a orixe máis segura”.
Mina da Lampreeira, en Corcoesto, preto do río Anllóns
As minas antigas removeron a rocha, e sen a protección da capa vexetal a “escorrentía supeficial” arrastrou o arsénico. Os sedimentos envelenados que recolleu este equipo no río corresponden, “probablemente, aos últimos 50 anos”.
O estudo científico asinado por Devesa-Rey e Díaz-Ferros conclúe que a acumulación de arsénico augas abaixo “pode considerarse unha consecuencia directa da actividade mineira”. “A súa toxicidade para as poboacións bentónicas”, os seres vivos da auga, “permite considerar este elemento como de elevada preocupación ambiental” e fai “necesario un coidadoso seguimento”.
A pesares de que a actividade mineira xa non existe desde hai máis dun século, o río aínda verte ao redor de 850 quilos de veleno ao ano.
Paraxe de Sta. Mariña, na parroquia de Corcoesto. As paisaxes esmorecen con postes de luz ubicados en calquer lugar, liñas eléctricas que sobrevoan lugares emblemáticos, abandono dos seus elementos …etc.
O arsénico e o fallido proxecto mineiro, que a multinacional canadiana Edgewater planificaba, para reactivar a minería de ouro en Corcoesto
Nun informe técnico do ano 2013, o enxeñeiro agrícola Iván Martínez Lorenzo, indicaba en relación ao arsénico presente nos mananciais de Corcoesto que:
“La presencia de arsénico en algunos de los manantiales de Corcoesto, en cantidades muy superiores a la establecida para la protección de la salud humana (10 microgramos por litro), supone un peligro manifiesto para la salud humana de la población afectada. En el proyecto presentado por la empresa se reflejan concentraciones de arsénico de hasta 118,7 microgramos por litro en manantiales destinados al consumo humano y ganadero:
– Manantial de Santa Mariña: 12,76 microgramos por litro.
– Manantial de Augalavada: 83,06 microgramos por litro.
– Manantial de As Labradas: 13,42 microgramos por litro.
– Picotos Sur: 118,77 microgramos por litro.
– Picotos Norte: 47,95 microgramos por litro. -Augalavada 2: 22.06 microgramos por litro.
(Datos procedentes de: Control Preoperacional de Aguas Superficiales de Corcoesto realizado por la empresa Applus Norcontrol S.L.u. con fecha de 17 octubre de 2011 y que figura como Anexo al Estudio de Impacto Ambiental presentado por la empresa promotora del proyecto minero).
En el Real Decreto 140/2003, de 7 de febrero, por el que se establecen los criterios sanitarios de la calidad del agua de consumo humano, en el ANEXO I. Parámetros y valores paramétricos, para el arsénico establece que el valor paramétrico no puede superar los 10 μg/l.
Por tanto estos datos son muy preocupantes ya que algunos de los manantiales citados abastecen a la población de Corcoesto, para su consumo y para las explotaciones ganaderas, Y MÁS CUANDO EL PROMOTOR RECONOCE EN EL PROXECTO UN VERTIDO DE 0,077 mg/litro es decir, (77 μg/litro). Valor claramente superior al límite máximo legislado para el vertido al medio receptor (0,05 mg/litro) es decir, (50 μg/litro).
Cabe señalar que el arsénico se trasmite por vía digestiva, inhalatoria (a través del polvo) y por vía dérmica, que es cancerígeno y que produce efectos adversos para el medio ambiente.
En el Anexo X del EIA Caracterización de los estériles de la mina se presentan los resultados de la determinación de las características de vertido de las aguas d drenaje de las escombreras. Partiendo de los valores del análisis del líquido de extracción de los ensayos de lixiviación para las 9 muestras de estéril de mina se han obtenido valores medios, máximos y mínimos de concentración en cada parámetro Si se comparan los parámetros de vertido calculados con los valores de referencia legislados y naturales (locales) del medio receptor, se concluye lo siguiente:
Todos los parámetros excepto el arsénico (0,077 mg/l) y el níquel (0,036 mg/l) están por debajo de los límites legislados para el medio receptor.
El arsénico y el níquel tienen un contenido medio muy próximo al límite máximo legislado para el medio receptor (0,05 mg/l y 0,02 mg/l, respectivamente).
El contenido en arsénico del vertido calculado (0,077 mg/l) presenta un contenido claramente por debajo de los valores de algunos de los manantiales de la zona (de hasta 0,191 mg/l) y muy inferior a los valores de las aguas subterráneas profundas (0,593 mg/l).
La concentración de níquel estimada (0,036 mg/l) supera ligeramente el valor legislado para el medio receptor, si bien se encuentran por debajo de valores naturales medidos en las aguas subterráneas profundas.
(Datos procedentes de: páginas 179 y 180 de la memoria del ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL DEL PROYECTO DE EXPLOTACIÓN DE ORO EN LA MINA DE CORCOESTO (A CORUÑA) presentado por la empresa promotora del proyecto minero, Mineira de Corcoesto, S.L.U, filial de la canadiense Edgewater Exploration Ltd.).
Parroquia de Corcoesto co río Anllóns ao fondo
Esto implica el deber de las Administraciones públicas de velar de forma inmediata por la salud de la población y el rechazo absoluto de un proyecto minero que va a incrementar esas concentraciones y frenar la restauración como se aprecia claramente, la empresa promotora del proyecto trata de minimizar las concentraciones de arsénico, ya que luego, en el segundo punto, habla de que: «Él arsénico y él níquel tienen un CONTENIDO MEDIO MUY PRÓXIMO AL LÍMITE MÁXIMO…». HABLA AQUÍ LA EMPRESA DE LÍMITE MEDIO, (HACE LA MEDIA DE TODAS LAS CONCENTRACIONES), ENMASCARA LOS DATOS Y LA REALIDAD DE LAS CONCENTRACIONES DE ARSÉNICO, YA QUE LUEGO, TAL Y COMO SE PRUEBA EN LOS ANÁLISIS, SE APRECIA CLARAMENTE COMO HAY MANANTIALES QUE SUPERAN LA CONCENTRACIÓN LÍMITE PARA CONSUMO HUMANO Y INCLUSO LA ESTABLECIDA PARA EL MEDIO RECEPTOR. LO MISMO HACE CON EL NÍQUEL.
Por otra parte, el punto tercero es alarmante, la propia empresa promotora está reconociendo que «El contenido en arsénico del vertido calculado (0,077 mg/l) presenta un contenido claramente por debajo de los valores de algunos de los manantiales de la zona (de hasta 0,191 mg/l) y muy inferior a los valores de las aguas subterráneas profundas (0,593 mg/l)».
Está reconociendo la existencia de 191 microgramos por litro en algunos de los manantiales y 593 microgramos por litro en aguas subterráneas profundas, con la consiguiente contaminación de los acuíferos existentes, y más grave aún si tenemos en cuenta que a estas concentraciones le hay que añadir los 77 microgramos por litro a mayores que va a verter la empresa, y teniendo en cuenta también que las poblaciones de Corcoesto, Cereo y Valenza (ayuntamientos de Cabana y Coristanco), se abastecen de dichos manantiales y acuíferos, paraconsumo humano y ganadero.
El terreno contaminado nunca podrá limpiarse completamente por lo que,cuando abandone la mina de Cabana de Bergantiños, la multinacional canadiense encapsulará parte de la balsa, pero el resto contendrá toneladas de arsénico muy molido que, tendrá más capacidad para disolverse y filtrarse”.
O río Anllóns, Lugar de Interese Comunitario e Zona de Especial Protección para as Aves, é un paraíso ibérico para ornitólogos que buscan especies exóticas en plena viaxe a países cálidos. Sen embargo arroxa polo menos 850 quilos de arsénico ao seu esteiro; máis veleno, en proporción, que o que verten ríos industrializados como o Támesis, o Sena, o Loira ou o Ródano. A maior parte desta substancia procede das arsenopiritas trituradas que deixou como consecuencia a anterior empresa.
Arsenopirita
Hai un século levou 2.363 onzas, e a pesar de practicar unha minería menos invasiva que a que agora se pretende, a choiva, os arroios e o Anllóns seguen lamendo veleno ao pasar por Corcoesto. O ouro está dentro da arsenopirita, e aparece en maior proporción naquelas rocas con alto contido de arsénico. Segundo o informe científico nas antigas minas de Corcoesto, as rochas presentan unha cantidade de arsénico 50.000 veces maior do habitual e os chans multiplican por 400 a proporción dun terreo non contaminado.
O arsénico pode estar disolto na auga de consumo
A auga do río aproxímase ao límite admitido por Europa e as mostras que revelan maior cantidade de arsénico son, precisamente, as que se tomaron nos tramos seguintes ás antigas minas de Corcoesto.
Desembocadura do Anllóns coa casa de Pondal ao fondo
Río salmoneiro “a medias”
A Xunta inclúe o río Anllóns e dous dos seus afluentes entre as principais masas de augas salmoneiras. Así consta na orde anual da Consellería de Pesca que regula as normas da pesca fluvial de cada tempada. En concreto, aparecen delimitados tres tramos de leito, que suman uns 18 quilómetros de longo. En todos os casos, no municipio de Cabana, aínda que nunha parte na fronteira con Ponteceso. O primeiro é o que ten o límite superior na Ponte Cardezo, e o inferior, en Sta. Mariña en Corcoesto, entre Cabana e Ponteceso, xusto na parte superior da zona de desembocadura. Ocupa, aproximadamente, uns 9,4 quilómetros. O segundo e o terceiro son pequenos cursos. Un é o do río da Balsa, desde a ponte do mesmo nome ata a desembocadura do Anllóns, e o outro o de Cundíns, desde a ponte de Muíño Novo tamén ata a desembocadura do tramo matriz. O primeiro mide 5 quilómetros e medio, e o segundo, algo menos de 3. Esta catalogación aparece xunto á doutros ríos con moita máis tradición salmonera, como o Lérez, o Mandeo, o Masma, o Tea, o Ulla ou o Vexa.
Nas normas pesqueiras doutros anos, as referencias salmoneiras á zona eran máis ben escasas ou nulas, pero arestora inclúense directamente nas «principais masas de auga salmoneiras». Aínda que, en efecto, ata hai algúns anos sí era frecuente capturar salmóns nesa zona, ou velos en boa cantidade no esteiro, subindo á desova. Pero iso pasou á historia.
Salto de auga no río Anllóns
Probablemente algo tería que ver a solta de 5.000 alevíns realizada na Garga pola Xunta de Galicia non ano 2013. A cualificación de masa salmonera leva implícita a necesidade de que os afeccionados cumpran unhas normas e prescricións específicas para a súa captura (prazos, dimensións das pezas…), que se detallan na normativa autonómica.
Constatouse ao longo do ano 2016 a presenza de exemplares de recente entrada baixo as presas de Caldas e Corcoesto, varios quilómetros río arriba de onde se realizou a solta. Tras aquela primeira acción, ao longo de 2014 e 2015 repoboouse o curso baixo do río con preto de 100.000 crías en diversas.
A Xunta de Galicia explicou que tras realizar varios controis, comprobouse unha boa adaptación destas crías, polo que durante este ano constatáronse os primeiros retornos de certa importancia.
Trabas nos cauces para os salmónidos
Con todo, a pesar da recuperación da especie, persisten algúns obstáculos que deberán ser reparados para facilitar que os peixes remonten o río e completen o seu ciclo vital. Desde a Consellería competente en materia ambiental explican que durante o verán, os axentes de Medio Ambiente tiveron que subir manualmente varios exemplares que quedaron estancados baixo a presa de Caldas, situada entre A Garga e Cardezo. As barreiras no leito, sumadas ao pouco caudal que leva o río debido ás escasas choivas deste ano, dificultaron que os peixes poidan subir máis arriba. O aspecto positivo, por outra banda, é que a contaminación, aparentemente, é menor no curso medio-baixo do Anllóns, tendo en conta que a depuradora de Vilaverde, en Cereo, funciona a pleno rendemento desde comezos do ano 2016.
Sen embargo os animais non poden saltar a barreira das minicentrais, tal e como constatan na Xunta de Galicia. Se hai pouca auga, e coas escadas que hai, non poden subir a desovar.
A Paisaxe descoidada na desembocadura do Anllóns
As paisaxes definen as características dos pobos e das súas xentes. Por iso é moi importante o seu coidado e fomentar a cultura do territorio nas comunidades que o habitan.
Existe a necesidade urxente de adaptar o espazo xeográfico para os efectos do proceso do cambio climático, que se manifesta de forma cada vez máis evidente.
Edificios a medio rematar co esqueleto de ladrillo e formigón, chapas metálicas, restos de construcións de cemento abandonadas….etc. Estes son algúns dos elementos que distorsionan as nosas paisaxes. A isto hai que engadir a presencia de plástico incluso no medio dos montes.
Desembocadura do Anllóns, no Malecón do Couto hai unha obra sen rematar e ao pé do río construcións de chapa abandonadas
As prantacións de eucaliptais
As prantacións de eucaliptais son cada vez máis comúns á beira dos ríos. Especialmente dramático é o caso do bosque da Ribeira da Pena. Este bosque está situado entre os municipios de Tordoia, Cerceda e Carballo configurando un espazo de aproximadamente 80 hectáreas. Sin dúbida é un dos espazos autóctonos coa vexetación máis importante da Costa da Morte.
Cada día vai desaparecendo progresivamente o bosque autóctono para ser substituido por eucaliptos, ante o desleixo das administracións responsables, que permiten pasivas que vaia desaparecendo a biodiversidade dos nosos ecosistemas.
Entre os animais máis susceptibles á acidificación dos solos producida polos eucaliptos está a píntega común ou salamátiga. A píntega ou salamántiga común ten unha subespecie de seu en Galicia, a Salamandra salamandra gallaica.
A píntega, o animal máis característico do val fluvial do río Lourido
Pero como afecta a eucaliptización a estes animais?
Os eucaliptos consomen bastante auga debido a súa elevada evapotranspiración. Ademais son moi selectivos cos nutrintes que escollen do chan. Entre eses minerais que acaparan do chan en concentracións importantes está o calcio. Isto produce un descenso importante do pH e a conseguinte acidificación dos solos. Ao quedarse o chan sen calcio, libéranse importantes concentracións de aluminio coa conseguinte toxicidade para as plantas. As plantas e os animais atópanse de súpeto, con que as condicións dos ecosistemas xa non son as adecuadas para a súa supervivencia.
O eucalipto produce unha perda de calcio importante nos solos e un incremento da concentración de aluminio
Os solos ácedos crían moitos fungos que xeran un entramado de micelios ou filamentos brancos que producen a impermeabilización do solo. É o fenómeno coñecido como water repellency, que impide que a auga se filtre. Aumenta así a escorrentía superficial e a erosión laminar.
En Galicia milleiros de hectáreas de solos están perdendo as súas propiedades naturais por mor dos eucaliptos. Ademais deixan de ser espazos adecuados para o desarrollo da flora, da fauna, a auga e a súa capacidade produtiva a longo prazo.
Os produtores forestais e a industria minimizan a importancia destes impactos cando non debera ser así, porque a consecuencia é un atentado ecolóxico de primeira magnitude.
A Xunta de Galicia debera analizar as consecuencias da súa política expansionista dos eucaliptos e mudar drásticamente as políticas con respecto a estes, xa que está a ser cómplice do que podería ser un atentado ecolóxico sen precedentes na nosa historia.
Talas de masas autóctonas do bosque Ribeira da Pena, para seren substituídas por eucaliptais
O desleixo das Administracións responsables
Vertidos aos cauces, falla de saneamento das parroquias e dos núcleos, exceso de puríns producidos polas granxas, o uso de herbicidas, pesticidas, a desaparición progresiva dos bosques de ribeira, a substitución do bosque autóctono polas plantacións de piñeiros e eucaliptais, o arsénico, a seca e o cambio climático…..etc. Todo isto ameaza ao río Anllóns e aos ecosistemas fluviais, e o máis grave é que trátase dunha ameaza real.
Prantación de eucaliptos. Ao fondo, plantación de piñeiros
Liña de alta tensión que atravesa os municipios de Cabana e Coristanco
Rego no val fluvial do Lourido
Muíño no val fluvial do río Lourido
Punto de vertido incontrolado no monte, en Coristanco
Perdemos ao río das nosas vidas
Que están a facer as Administracións responsables para evitalo? Que estamos a facer cada un de nós para evitalo? Que están a facer os concellos? Que está a facer Augas de Galicia?
A nosa pasividade, a pasividade de cada un de nós e de todos, compromete a saúde do río das nosas vidas: o Anllóns.
Val de Bello na parroquia de Corcoesto, que atravesa o rego de Sta. Margarida tributario do río Anllóns. As prantacións masivas de eucaliptais mudan a paisaxe
Por un lado a Barcia e por outro o río Anllóns, e onde o río fai un corno, aí están os Castros, en pleno Xuncal do Anllóns. Os montes veciñais Castro Grande e Castro Pequeno dominando o xuncal. A unha beira de Cabana, o Bosque, as brañas de Boedos, as Fontiñas e o Herbal de Laíño; e á outra, pola beira de Ponteceso, a Barcia.
Como tributarios do Anllóns, por un lado o río de Anos que tras discorrer ao pé da Costa de Cabana, o monte Vilariño e a Agra dos Muíños desemboca xunto ás brañas de Boedo; pola outra beira o río Cundíns desemboca xunto o lugar Alvedros e a Agra de Leas.
É un área importante en canto a bens comúns veciñais, todos eles no municipio de Ponteceso. Así temos o Boedo Grande veciñal e o Boedo Pequeno veciñal.
Curiosa tamén é a toponimia deste lugar. Nomes como Tabarcos, Barcos, Gabarcos…etc.
Imaxe do IGN dos montes de Anllóns: Castro veciñal Grande e Castro veciñal Pequeno
En fronte, preto do Corno está a Escombreira, microtopónimo que fai referencia ás labores que se realizaban ata hai pouco na parcela, por parte dalgunhas administracións locais que queimaban o lixo aquí. Ao pé dos Castros, o Porto de Lamas, un lugar seguro de paso polo medio do xuncal cara a parcela Capitana e o Agro das Antas, en dirección a Bouza Gudín.
As acacias invaden boa parte das beiras do río Anllóns
Información da sede electrónica do Catastro
É tremenda a riqueza arqueolóxica desta área. E á beira do xuncal mesmo, a canteira de Sta. Cristina. De súpeto a paisaxe muda bruscamente para atoparnos cos restos da actividade mineira que socaba as marxes do Anllóns. Á outra beira da estrada, a distinto nivel, a outra canteira máis grande, a de Sta. Cecilia.
Información da sede electrónica do Catastro
Continuamos o camiño á beira do río cara a Pesqueira e o Bo Xuncal. A escasa distancia xa nos atopamos co núcleo urbano de Ponteceso. A outra beira, o dominio público marítimo terrestre que configura o LIC Río Anllóns.
A importancia dos portos ao longo do río Anllóns: PortoXuán, no lugar de Leas
Á beira de Maseiros e de Forniños, e en fronte a Reguiños, xa no lugar do Bosque, PortoXuán amósase como outro lugar de paso seguro do río.
Os portos fluviais eran lugares de paso seguros para cruzar o río. Son moi numerosos no río Anllóns
Información da sede electrónica do Catastro
Información da sede electrónica do Catastro
A importancia da paisaxe na desembocadura do río Anllóns
A paisaxe é un dereito individual e colectivo de cada persoa. Pero tamén implica o deber de conservala.
Unha das características das paisaxes é a súa unicidade: cada paisaxe é única e irrepetible. Por iso manter a súa integridade e a súa autenticidade é un deber esencial das comunidades ribeiregas do río Anllóns. Da cidadanía activa e responsable depende manter a esencia desta paisaxe fluvial, que sempre acompañou ao río Anllóns e ao devir da vida vencellada ás comunidades ribeiregas.
Vista aérea xeral do estuario do río Anllóns tomada desde o interior. Fotografía Aérea y Terrestre, S.L.. (1958 – )
Vista aérea xeral do estuario do río Anllóns tomada desde o interior. Fotografía Aérea y Terrestre, S.L.. (1958 – )
Vista aérea xeral do estuario do río Anllóns tomada desde o interior. Fotografía Aérea y Terrestre, S.L.. (1958 – )
Da man das asociacións galegas Petón do Lobo, Cova Crea e a estatal o Ouriol do Anllóns, o río Lourido, que conforma o val fluvial do río Lourido, declarado pola Xunta de Galicia como Área de Especial Interese Paisaxístico, estará presente a nivel internacional o vindeiro 14 de marzo.
río Lourido e pontella.
Por agora, trátase do único río español que participa na celebración do Día Internacional de Acción polos ríos, o vindeiro 14 de marzo, día internacional de acción polos ríos.
web da International rivers day
O 14 de marzo é o Día Internacional de Acción polos Ríos. Cada ano, miles de persoas en todo o mundo levantan as súas voces para celebrar os ríos do mundo e os que loitan por protexelos. O Día Internacional de Acción polos Ríos é un día para celebrar as vitorias, como a eliminación de presas e restauración dos ríos. É un día para saír ás rúas, demostrar e esixir melloras nas políticas e prácticas das persoas tomadoras de decisións. É un día para educar acerca das ameazas que enfrontan os nosos ríos, e aprender acerca das mellores solucións de auga e enerxía. Por encima de todo, é un día para unir demostrando que estas cuestións non son meramente local, senón global no seu alcance.
O río Lourido estivo afectado polo proxecto da macromina de ouro que a empresa canadiana Edgewater pretendía levar a cabo en Corcoesto. De feito o seu leito ía ser a base das balsas de lodos do proxecto e diversos informes técnicos falaban da súa eliminación. Tras esta grave ameaza e tras o rechazo da Xunta de Galicia ao proxecto de ouro, o Lourido e todo o seu val, ubicado entre as parroquias de Cereo, Corcoesto e Valenza, recupera o seu esplendor.
muíño de Baralláns
O acto previsto para o día 14 pretende a posta en valor non só do río en sí senón de todo o patrimonio natural e cultural que xira ao seu redor. Tamen descata a importancia deste afluente á hora de aportar caudal ao río Anllóns. A importancia do Lourido é fundamental nas épocas de seca e estío que afectan de xeito significativo ao Anllóns. O Lourido tributa cun aporte importante no tramo final deste, xa preto da súa desembocadura na ría de Corme-Laxe.
Así serán recordados os muíños e batáns do Lourido: desde Aldemunde e Baralláns ata o muíño da Xuaneira e o batán da desembocadura, sen esquecer as numerosas pontellas que o comunican desde Corcoesto coas veciñas parroquias de Valenza e Cereo, e sen esquecer a importancia do seu milenario altar fluvial.
Desde 1985, International Rivers estivo no corazón da loita mundial para protexer os ríos e os dereitos das comunidades que dependen deles. Trátase dunha rede internacional de persoas afectadas polas represas, organizacións de base, ambientalistas, defensores dos dereitos humanos e outras que están comprometidas a deter os proxectos destrutivos dos ríos e promover mellores opcións. A finalidade é conseguir ríos saudables e que os dereitos das comunidades locais sexan valorados e protexidos. Acadar un mundo onde as necesidades de auga e enerxía satisfanse sen degradar a natureza ou aumentar a pobreza, e onde as persoas teñen dereito a participar nas decisións que afectan as súas vidas. Con sede en catro continentes, o International rivers ten experiencia en políticas de grandes represas, enerxía e auga, cambio climático e institucións financeiras internacionais.
A seca está a afectar moito a ríos como o Anllóns.
No mes de xaneiro deste ano a Xunta de Galicia activaba a situación de prealerta por seca, debido ao baixo caudal dos ríos galegos.
En abril Augas de Galicia facía un chamamento ao uso responsable da auga nun mes extremadamente seco.
Nestes días era noticia que os concellos de Ourense, Pontevedra e A Coruña limitaban o consumo de auga para paliar as consecuencias da seca, mentras que outros como o de Ribadavia solicitaba máis caudal para consumo á Confederación do Miño-Sil.
A Oficina técnica da Seca alentou as localidades que forman parte da demarcación Galicia Costa, xestionadas pola Xunta, para evitar perdas na rede e o fomento do uso responsable da auga na limpeza das rúas, nas piscinas e a necesidade de concienciar para optimizar os recursos na rega e na gandería especialmente nas cabeceiras dos ríos e nos regos.
A escaseza de auga potable ameaza con converterse nun grave problema para ou planeta.
O efecto antrópico sobre os ríos está moi relacionado co cambio nos usos do chan, como a derivación de augas e a regulación das enchentas mediante presas.
Cando a seca se intensifica, aumenta a necesidade de auga para a rega e outros usos agrarios e isto exerce un forte impacto sobre o caudal natural dos ríos. Segundo os científicos, o resecamiento natural debido ás secas non é un efecto humano, pero a toma de auga dos ríos durante unha seca si o é, e pode ter consecuencias a longo prazo.
Cambio climático e desertización.
A auga que se retira dos ríos e cursos fluviais ten uns efectos duradeiros. As fontes, os mananciais, as concas ou cañadas están en acelerada vía de extinción, hai cambios de clima e de chan, inundacións, secas e desertización. Pero é a acción humana a máis drástica: exerce unha deforestación delirante, ignora os coñecementos tradicionais, retira a auga dos ríos de diferentes maneiras, entre outras con obras de enxeñería, represas e desvíos.
As 5 erres: reutilizar, reducir, reparar, reciclar e regular.
O Foro Económico Mundial e outras institucións calculan que para 2030 haberá unha demanda 40% máis alta, que o planeta non poderá fornecer.
Iso afectará a agricultura, o que aumentará os prezos dos alimentos.
Non é difícil imaxinarse que se non se atopa unha solución pronto, a posibilidade de que estalen guerras por auga doce é alta.
A necesidade de aforrar auga.
A solución máis simple podería ser sinxelamente mellorar a maneira na que administramos o que temos, e sobre todo, aforrar auga cada segundo dá nosa vida.
Diversas ameazas cérnense en torno aos espazos naturais: eólicos, hidroeléctricas, liñas de alta tensión, minas a ceo aberto, infraestruturas viarias, incendios, seca, cambio climático, erosión, monocultivos forestais, caza, contaminación por diversas causas, desaparición do patrimonio cultural,…etc. Por se fora isto pouco, nas mans da cidadanía está frear o cambio climático e o quecemento global, ameazas irreversibles e globais para o planeta.
O fenómeno tamen afecta ao val fluvial do río Lourido, reserva fluvial e área de especial interés paisaxístico da comarca de Bergantiños, e que será o marco particular para a análise destas ameazas globais sobre un territorio concreto e a pequena escala.
Restos da antiga pesqueira do río Anllóns.
O río Lourido é un afluente tributario do Anllóns que nace en fonte Cardeira e vai recollendo ao longo do seu percorrido as augas do rego Batán e doutros regos e fontes que nacen no val, entre as parroquias de Valenza, Cereo e Corcoesto. Únese ao Batán abaixo do regueiro de Cercarido, na parroquia de Cereo para desembocar no río Anllóns, preto do muíño do Xuareiro.
Desde fonte Cardeira a paisaxe amosa os muíños eólicos do cume do monte de Perrol e a liña de alta tensión de Cudeiro, que o atravesa desde Silvarredonda a Cereo, quebrando a calidade paisaxística das cuncas visuais e fragmentando un espazo de alto valor ambiental.
Cada vez chove con menos frecuencia e a seca afecta ao caudal do Lourido, ao igual que ao de todos os ríos, regueiras, regueiros, regos e regatos de Galicia. Antes cada verán e agora con maior frecuencia, a empresa concesionaria da central hidroeléctrica da paraxe de Sta. Mariña do Remuíño, opera no cauce do Anllóns para limpalo, acumular máis auga na presa e conseguir que o salto produza máis forza e enerxía.
Nas épocas de alto risco de incendio a veciñanza establece o que lle chaman as “patrullas veciñais disuasorias e de prevención”, para coidar dun espazo único e de alto valor ambiental, que forma parte da identidade e da memoria.
Os incendios esgotan a biodiversidade e afectan gravemente aos ecosistemas, causando a erosión dos chans e eliminando a súa funcionalidade. Temos así chans ermos e esmorecidos en boa parte de Galicia afectada pola baga de incendios, que xa abandonaron a súa estacionalidade para convertirse nun problema permanente.
Este espazo tampouco é alleo aos monocultivos forestais de eucalipto, que intentan incluso chegar aos bordes do río, e ameazar ás masas de vexetación de ribeira de bidueiros e salgueiros.
Cada vez é máis frecuente que apareza unha nova pista aberta en calquer lado do val, sen importar a fragmentación dos ecosistemas. Os espazos mudan e van incorporando novas infraestruturas que constituen ameazas antrópicas consecuencia da produción, distribución, transporte e consumo de bens e servizos.
Co tempo van desaparecendo os camiños históricos, porque mudan as necesidades da poboación, pero non se conserva o patrimonio cultural, histórico e artístico, sexa materia ou inmaterial. Os valos das fincas desaparecen porque os camiños teñen que adaptarse ás novos medios de transporte. Na memoria colectiva quedan así os rueiros, congostras, camiños, carreiros, pistas, corredoiras..etc.
Xa case ninguén recorda o camiño histórico que atravesaba o val fluvial no século XVIII, que baixaba desde Cereo polo regueiro de Cercarido, pasaba por arriba de Sta. Mariña do Remuíño, de lado do solano e vendabal para chegar a Fonterremula, cruzar os montes dos Picotos ata a poza negra do Anllóns, onde estaba o paso para continuar cara a Ponte-ceso.
Na memoria, e aínda físicamente sobre o lugar está o Batán do Lourido, preto de Baralláns, e os muíños de Baralláns, da Canle, do Mineiro e do Prillán. O mesmo ocorre coas pontellas de Baralláns, do Prillán e as dúas do rego Batán, principal vía de comunicación entre os veciños de Corcoesto, Lestón e Valenza.
Pouca xente lembra ao lobo no lugar de Petón do Lobo, nen as feiras da antiga aldea abandonada de Aldemunde, entre Lestón e Baralláns. Tan só fican as ruínas, testemuñas silenciosas dun pasado de feiras de gando buliciosas e xentes diversas do mundo.
Xa ninguén lembra as pesqueiras do río Anllóns e o espazo da lamprieira, onde aínda fican restos das pedras que conducían as troitas e as lampreas ás canles de pesca. Os pesticidas, plaguicidas, abonos, fertilizantes, puríns… esgotan e ameazan á fauna dos ríos.
Unha pesqueira é unha construción, feita nun río, aproveitando un lugar natural, de tal forma que en base a un muro ou varios, derívase a auga para un portillo estreito, no que se axusta unha rede especial para pescar principalmente lamprea pero tamén o salmón, o sable e outros peixes. Na súa construcción tiveron moito que ver xente que entendía as correntes dos ríos e eran grandes canteiros.
Así no río Anllóns, ao seu paso por Corcoesto, temos o lugar da Vitureira ou da Lamprieira, en clara alusión ás pesqueiras onde se colocaban os vituróns ou vutrón, é dicir, as redes que se axustan entre os poios para pescar as lampreas.
O lugar da Lamprieira, preto do lugar de Xabarín ou Xabariño, en Corcoesto, fai alusión precisamente ao lugar do río onde se colocaban as lamprieiras, é dicir as redes para a captura de lamprea.
De igual xeito o topónimo da Vitureira, fai tamen relación aos vituróns ou vutróns para pescar salmón, anguías e lampreas.
A construcción das presas e das centrais hidroeléctricas, as chamadas “Fábricas da luz” deixaron na memoria as pesqueiras do río Anllóns.
A vida nos ríos galegos e a abundancia piscícola era tan relevante que no lugar de Teixedo, en Corcoesto, chegouse a instalar a finais do século XVIII un secadoiro de salmón. A elo ben puido contribuir a proximidade do río Cardezo, tributario do río Anllóns, e a Regueira, onde desemboca o rego de Sta. Margarida de Baneira.
Quen diría que no ano 1714 as pesqueiras ou gargas do río Cardezo cultivaban ostras de auga doce. A ostra perlífera de auga doce é un animal filtrador que se alimenta de partículas transportadas polas correntes. Para soportar o frío, require un substrato de area ou de grava, o que lle permite introducirse nel, ás veces durante varios anos. Por tanto, é moi sensible á sedimentación dos ríos que constitúen o seu hábitat: a diminución do caudal, a colmatación dos fondos, conduce á súa desaparición sistemática, aínda que ás veces obsérvanse desprazamentos voluntarios dos adultos (menores niveis de auga ou aumento de turbidez). A súa presenza é pois un excelente bioindicador da calidade dos ríos.
A contaminación fluvial e en xeral de todos os recursos hídricos debera ser a maior preocupación da cidadanía, porque incide directamente na saúde humana e dos ecosistemas.
Por outra banda, xa non hai xabaríns no lugar de Xabarido. A caza afecta á biosfera porque interrompe o ciclo natural en especies particulares de animais, como o xabarín e o coello, e isto trae consecuencias para o resto dos animais, plantas e árbores que dependen das especies máis cazadas. Directamente afecta a todo o medio natural e ao declive dos grandes depredadores como o lobo, animal clave no equilibrio dos ecosistemas.
Pero aínda existe algunha esperanza. Aínda quedan ruscos ou xilbarbas en Sta. Mariña do Remuíño, Corcoesto. A xilbarba é un pequeno arbusto propio dos lugares onde hai carballeiras. Medra nos valados de Sta. Mariña. Este outono e inverno medraron entre os loureiros da Santa. Había anos que non se albiscaba este arbusto pola entorna. Ten propiedades mediciñais moi importantes e variadas.
Alguén coñece os fentos do lugar da Regueira, en Corcoesto? Son fentos enormes e entre eles está o fento real. O seu tamaño é un indicador da biocalidade deste espazo, que alberga unha vexetación riparia en bó estado de conservación e un conxunto etnográfico e patrimonial conformado por doce muíños.
Mudan os tempos, mais non debera isto representar unha ameaza para a biodiversidade e o patrimonio natural e patrimonial. Nas mans de todas e de todos está en coidar os espazos naturais e preservar e mellorar os seus valores ambientais, naturais, ecolóxicos, estéticos, paisaxístos…etc. Exercer unha cidadanía resposanble implica o seu coidado e preservación. Da saúde dos ecosistemas depende a nosa propia saúde.