Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación ao proxecto de produción de hidróxeno renovable H2POLE, declarado estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de setembro de 2022, que se vai implantar no concello das Pontes e que prevé o consumo de 438.000 m3 /ano, co risco de xerar estrés hídrico para a bacía do Eume. Participa!

Imaxe do proxecto

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación ao proxecto de produción de hidróxeno renovable H2POLE, declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de setembro de 2022, que se vai implantar no concello das Pontes de García Rodríguez e que prevé o consumo de 438.000 m3 /ano. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar alegacións: o 22 de maio de 2023.

Imaxe da DIA do proxecto eólico Tesouro que suministrará supostamente enerxía á planta de hidróxeno
Galería

Nacen as Iniciativas Empresariais Prioritarias (IEP), a “derradeira criatura imperialista e asoballadora de dereitos” da Xunta de Galicia. Poden considerar o proxecto mineiro de Touro, como unha «Iniciativa Empresarial Prioritaria»?

O proxecto da Lei de MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS (Lei de acompañamento aos orzamentos do ano 2019) prevé no seu artigo 34, a modificación da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia. Engádese así un título IV na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, coa seguinte redacción:

“TITULO IV. Iniciativas empresariais prioritarias. Artigo 42. Requisitos para a declaración das Iniciativas Empresariais Prioritarias.

1. Poderán declararse Iniciativas Empresariais Prioritarias (IEP) polo Consello da Xunta os proxectos empresariais que acheguen á Comunidade Autónoma de Galicia un valor engadido nas áreas de innovación, competitividade, internacionalización, protección ambiental, igualdade no ámbito laboral ou conciliación.

2. Así mesmo, para seren declarados Iniciativas Empresariais Prioritarias os proxectos deberán cumprir con, polo menos, dous dos seguintes requisitos en materia de investimento e creación de emprego:

  1. Que supoñan a xeración de vinte e cinco (25) ou máis postos de traballo directo baixo a modalidade de contrato indefinido a xornada completa.
  2. Que impliquen a realización dun investimento en activos fixos, excluídos os inmobiliarios, por importe igual ou superior a dous millóns de euros (2.000.000 €).
  3. Que sexan proxectos tractores ou que complementen cadeas de valor ou que pertenzan a sectores considerados estratéxicos.
  4. Co fin de verificar o cumprimento dos requisitos presentarase xunto coa solicitude un informe detallado e a documentación acreditativa das medidas que se vaian instaurar, acompañados do documento de compromiso da súa implantación e de mantemento durante un período mínimo de cinco anos dende o inicio da actividade económica ou a ampliación da existente.

empleo-verde-copia
O «eufemismo» da economía verde

O artigo 43 regula o procedemento de declaración das Iniciativas Empresariais Prioritarias:

  1. O procedemento de declaración dun proxecto empresarial como Iniciativa Empresarial Prioritaria iniciarase por solicitude da persoa interesada dirixida ao Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos conforme ao previsto no artigo anterior.
  2. O IGAPE poderá solicitar das consellerías afectadas por razón da materia todos os informes que estime convenientes para motivar o seu informe.
  3. Unha vez revisado e valorado se o proxecto cumpre cos requisitos da presente lei, o IGAPE emitirá un informe vinculante, e remitirá a solicitude e toda a documentación acreditativa á consellería competente en materia de economía.
  4. A declaración de Iniciativa Empresarial Prioritaria acordarase polo Consello da Xunta de Galicia, a proposta da persoa titular da consellería competente en materia de economía.

No artigo 44 faise referencia aos afectos vinculados á declaración de Iniciativa Empresarial Prioritaria

  1. Os órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico darán carácter prioritario á realización dos trámites da súa competencia relacionados coas Iniciativas Empresarias Prioritarias, de forma que se axilice a súa implantación e posta en marcha.
  2. A existencia dunha declaración de Iniciativa Empresarial Prioritaria determinará a concorrencia de razóns de interese público aos efectos da tramitación de urxencia dos procedementos relacionados con tales iniciativas, polo que, unha vez declarada a tramitación de urxencia polo órgano competente de acordo co establecido polo artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os prazos establecidos para o procedemento ordinario se reducirán á metade, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.
  3. Logo de declarado un proxecto como Iniciativa Empresarial Prioritaria, a Oficina Doing Business en Galicia, prevista na Orde do 14 de xaneiro de 2016 pola que se crea a oficina Doing Business en Galicia e se dá publicidade aos modelos de propostas para a mellora da regulación económica e de comunicación de obstáculos e barreiras á actividade empresarial, realizará o seguimento e impulso dos trámites administrativos ulteriores necesarios para a súa implantación.
  4. Será requisito necesario para o mantemento da declaración de Concellos Emprendedores-Doing Business pola Xunta de Galicia e a FEGAMP, o recoñecemento do carácter prioritario nos trámites e a adopción do acordo de tramitación urxente previsto neste artigo respecto dos procedementos da súa competencia relacionados coas Iniciativas Empresariais Prioritarias.”

99.png
Pode considerarse o proxecto mineiro de Touro, unha «Iniciativa Empresarial Prioritaria»?