Galería

O río das nosas vidas: o Anllóns, a derradeira publicación da asociación ambiental Petón do Lobo

Xa está na rúa o libro “O río das nosas vidas: o Anllóns”, publicado e editado pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo.

“O río das nosas vidas: o Anllóns” é o cuarto libro que publica esta asociación e o quinto que produce como editora.

Fálase e publícase bastante sobre o río Anllóns, mais bótase de menos unha publicación que trate a fondo aqueles aspectos que cada vez nos preocupan máis, como é o caso dos problemas que afectan con máis intensidade aos ecosistemas fluviais e aos bosques de ribeira. Vivimos de espaldas aos ríos e o Anllóns e os seus numerosos afluentes non son unha excepción. A saúde dos ecosistemas fluviais, e en particular a saúde do río Anllóns, pende dun fío.

O 14 de marzo de cada ano, Día Internacional dos Ríos, desde a asociación ambiental e cultural Petón do Lobo lembramos os problemas que padece o Anllóns, mais con esta publicación preténdese ir un pouco máis lexos e deixar constancia das graves problemáticas que lle están a afectar.

Con unha intencionalidade claramente didáctica, queremos lembrar os problemas que están a afectar seriamente á saúde do Anllóns. As Administracións falan do desarrollo de proxectos vencellados ao desarrollo turístico do río, pero esquecen os impactos ambientais dos mesmos.

Hai multitude de problemas que afectan ao río Anllóns: a seca derivada do cambio climático, as centrais hidroeléctricas que ocupan o seu cauce, os vertidos de puríns, o abuso de pesticidas, de herbicidas, abonos, sulfatos, novas captacións de auga, fallos no saneamento das augas residuais, plástico, lixo, o chumbo dos proxectís de campos de tiro, o arsénico da antiga minaría…etc.

Vamos camiño de finiquitar a vida do noso río. As cidadás e os cidadáns temos que asumir un papel activo e coidar do noso río. Esixir tamén as Administracións responsables que cumpran cos seus deberes e coiden os ecosistemas fluviais. Decía o sociólogo Salvador Giner que “a primeira misión dos cidadáns é educar aos seus gobernantes”“o cidadán democrático está sinalando aos seus representantes de forma constante onde está situado o umbral do tolerable” ou “o verdadeiramente revolucionario da democracia é que todos somos políticos”.

Por iso non podemos seguir sendo cómplices da súa morte e vamos a asumir un papel activo na súa defensa. Temos que sentir a súa alma, tratalo como tratan en Nova Zelandia aos seus ríos, isto é como persoas xurídicas, como seres titulares de dereitos. Só así podemos garantir a súa supervivencia e a súa funcionalidade.

O libro que ten unha finalidade sobre todo didáctica mergúllase na historia do río, nos valores culturais e na xeografía, ademais de dar boa cadra dos seus problemas ambientais.

Tamén queremos crear remorsos naquelas persoas físicas, xurídicas e administracións públicas que consciente ou inconscientemente danan o noso río, e facémolo e voltaremos a facelo, e incluso os sinalamos directamente, porque a partires de agora, quen dane ao Anllóns, vai a quedar constancia escrita do dano e da súa responsabilidade.

Sen dúbida non deixará indiferente a ningúen…., para ben e/ou para mal.

7
O río das nosas vidas: o Anllóns

 

 

 

 

Galería

Augas que poderían ser fecais do núcleo urbano de Neaño, no concello de Cabana de Bergantiños, verterían directamente á ría de Corme –Laxe e á beira do paseo marítimo do litoral cabanés

Tal vez a posible falla de saneamento de boa parte do núcleo urbano de Neaño, no concello cabanés, teña consecuencias directas sobre a ría de Corme –Laxe. Duas tubaxes duns 30 cm de diámetro dispostas ao longo da cuneta dunha pista, que conduce á primeira liña do litoral, e xusto á beira do paseo marítimo cabanés,  dirixiría os posibles residuos fecais de boa parte da poboación cabanesa directamente á Rede Natura e aos bancos marisqueiros da ría de Corme –Laxe. Alí oculta entre os xuncais, á fin da tubaxe amosa os posibles residuos fecais; entre eles, os máis consistentes, son obxecto de disputa das gaivotas que frecuentan o espazo atraídas polo depósito contaminante.

O concello cabanés conta con unha depuradora no lugar do Regengo, que se encarga do saneamento dunha parte da parroquia de Cesullas e outra no lugar de Lodeiro, na parroquia de Canduas. Tamén tería que existir, posto que estaba planificado, unha decantadora preto da praia da Urixeira, para sanear o resto das augas fecais do núcleo de Neaño, pero ou ben aínda non existe ou non funciona ou non abrangue todo o núcleo.

FECAIS PUNTO DE VERQUIDO DIRECTAMENTE Á RÍA DE CORME -LAXE
Verquido á ría de Corme -Laxe, municipio de Cabana de Bergantiños, núcleo urbano de Neaño

Ademais das anteriores, o concello dispón dunha depuradora na parroquia de Nantón, que non funcionou no periodo estival, e que foi obxecto de visita por parte do Seprona, polos problemas que daban os malos cheiros.

Na parroquia de Corcoesto tamén hai outra, que instalada no ano 2012, nunca chegou a funcionar e está abandonada nunha parcela.

As verteduras directas á ría de Corme –Laxe, a 600 metros aproximadamente da praia da Urixeira e en dirección á praia do Curro, ao remate do paseo martítimo, afectan directamente á enseada da Ínsua, un espazo natural protexido único e ao esteiro do Anllóns, un lugar moi produtivo en canto ao marisqueo, e con gran biodiversidade e valor paisaxístico.

Ademais o espazo está catalogado como Zona de especial protección para as aves (ZEPA) e forma parte do LIC Costa da Morte, da RedeNatura 2000 Europea.

Por outra banda, as verteduras á beira do paseo marítimo e do litoral cabanés, ao lado do chamado Camiño dos Faros, moi promocionado incluso pola TVG no programa “Imos indo”, afecta negativamente á promoción turística do municipio e proporciona moi mala imaxe deste en canto á sostibilidade ambiental que queren transmitir tanto desde o concello, co popular José Muíño Domínguez á cabeza, como desde a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Begoña Torrado Lema.

Diversas entidades, colectivos e particulares xa deron a voz de alarma á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e á Consellería do Mar, posto que moita veciñanza pensaba que o concello de Cabana saneaba as augas residuais, posto que pagaran a acometida ao alcantarillado e lles pasan o recibo puntualmente.

FECAIS PUNTO DE VERQUIDO, ENTRE A PRAIA DA URIXEIRA E A PRAIA DO CURRO 1
Verquido á ría de Corme -Laxe, municipio de Cabana de Bergantiños, núcleo urbano de Neaño
FIN DO PASEO MARÍTIMO DO LITORAL CABANÉS, PRETO DA PRAIA DO CURRO. DEXAIXO DO GRIFO, ESTÁ A VERTEDURA DE FECAIS
Paseo marítimo no litoral cabanés. Punto afectado polo verquido á ría de Corme -Laxe
FOTOGRAFÍA UBICACIÓN GOOGLE MAPS
Ubicación aproximada do punto de verquido no litoral cabanés