Coñece as características do proxecto do parque eólico Alvite en Santa Comba, Mazaricos e Negreira (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Alvite en Santa Comba, Mazaricos e Negreira (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 22 de xullo de 2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación á declaración de utilidade pública da LAT dos parques eólicos Maragouto e Banzas, nos concellos de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes e Rois (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 17 de xuño de 2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Alto da Croa. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 24 de maio de 2022.
Plataformas e entidades bergantiñás critican que a Xunta de Galicia non restaure as labores mineiras abandonadas do Monte Neme nin drene as augas ácedas das balsas de lodos, froito da minería irresponsable e do desleixo da Administración, pero que en cambio permita a instalación de macroeólicos no cume deste monte sacro.
Entidades de toda Galicia rexeitan os macroeólicos do Monte Neme
Enel Green Power España, S.L.U. prevé instalar 4 macroeólicos de 200 metros de altura no Monte Neme. O proxecto eólico está a exposición pública ata o 22 de abril deste ano. As instalacións afectan directamente a cauces como a Fonte Seca, orixe do rego Bandeira, onde se atoparon restos cerámicos e a sonada “arracada” de Cances, unha xoia de ouro galaica da Idade de Ferro.
Pero ademáis o Monte Neme é un dos 74 xacementos romanos da costa ártabra nunca intervidos desde o punto de vista arqueolóxico. Así o confirma unha tese doutoral do ano 2019 de María Josefa Loira Enriquez sobre “O proceso de romanización do antigo territorio dos ártabros: formas de poboamento e organización territorial ao longo do periodo romano”.
Ademais do valor patrimonial, o Monte Neme é un excelente mirador ao Atlántico, desde onde se observa todo o municipio de Malpica e boa parte de Carballo. Desde algún dos seus puntos máis elevados pódese ver incluso ata Ferrol. Cos seus 386 metros, este monte é visible desde calquer punto o territorio carballés.
Por iso o impacto paisaxístico dos macroeólicos previstos por Endesa será brutal para unha comarca que vive do turismo e da paisaxe. Carballo, que se vende turísticamente como “Senda do Mar” xa pode chamarse agora “Senda dos Eólicos”.
Praias como Pedra do Sal, Razo –Baldaio, Leira e Santa Mariña ocupan case 7 km de costa, xunto con pequenas calas como a de Montefonte. A praia de Razo – Baldaio con 5 km de lonxitude é un dos areais máis fermosos de Galicia aos que hai que engadir o alto valor ecosistémico da Rede Natura, no complexo marismeño –lagunar de Baldaio.
Endesa tamen obvia a importancia da arqueoloxía da paisaxe no Monte Neme, xa que este monte está na liña visual directa con outros como o Monte Perrol ou o Pico de Meda. Ademais, está rodeao por 4 castros: o Castro de Oza, Castro do Rodo, Castro de Cances e Castro de Brión.
O proxecto de Endesa obvia todos os impactos paisaxísticos e patrimoniais do Monte Neme e incluso prevé unha liña evacuación que, superando todas as expectativas do que o malo pode ser incluso peor, contempla unha lonxitude e 15 km con 64 apoios e afeccións irreversibles para a Rede Natura ZEC Río Anllóns, á Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Val fluvial do río Lourido, á Carballeira de Sta. Mariña do Remuíño e ao Camiño de Santiago Vía Céltica ao seu paso polo val fluvial.
As plataformas e entidades solicitan o rexeitamento do proxecto eólico polo impacto paisaxístico e patrimonial inasumible e solicitan aos concellos de Carballo e de Malpica de Bergantiños que fagan o mesmo.
Monte Neme, 14 de marzo de 2022
Apoian:
Plataforma Monte Neme de Carballo e Malpica de Bergantiños
Asociación ambiental Petón do Lobo
Comité pola Defensa das Rías Altas
Asociación galega Cova Crea
Plataforma non máis eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural
Asociación “O Ouriol do Anllóns”
Plataforma veciñal O Cerqueiral de Coristanco
Plataforma veciñal “As Salgueiras” de Ponteceso
Sindicato Labrego Galego
Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra (Asociación Senda Nova, Asociación Contramínate de Laxe, Asociación de Veciños de Cereo, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños…etc.)
Ecoloxistas en Acción Ortegal
Ecoloxistas en Acción Coruña Sur
Colectivo Apeom de Outes
Plataforma Quijote
Ecoloxistas en Acción Costa da Morte
Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde en Lugo
Plataforma Stop Eólicos de Paradela
Movimento Ecoloxista da Limia
Asociación Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo
Plataforma veciñal Monfero Di Non
Plademar Muros-Noia
Ecoloxistas en Acción Lugo
Plataforma Salvemos O Iribio
Asociación en Defensa da Costa da Morte (Adecom)
Mina Touro – O Pino Non
Ecoloxistas en Acción A Mariña
Ecoloxistas en Acción Ártabra
Ecoloxistas en Acción Barbanza
Ecoloxistas en Acción Sarria-Monforte
Víctimas de la Justicia
Plataforma pola Convivencia Ética con Fauna Silvestre «Con-Ética»
Ecoloxistas en Acción Ribeiro
Rede do Rural
Asociación cultural Roxín Roxal
Ecoloxistas en Acción Galicia Centro
Cabanas Di Non
Montes de Chá
Serán na lagoa de Baldaio
O Monte Neme: da orixe sacra a minería irresponsable. E agora macroeólicos. Gracias #QuijotedeOutes
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da LAT a 66 kV dende o parque éolico dos Cotos ata a subestación Pontesampaio. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 18 de febreiro de 2022.
Este é un proxecto sometido ao procedemento simplificado de avaliación do impacto ambiental (AIA simplificada) e ten un prazo de participación pública (envío de observacións e/ou suxestións) de 20 días establecido segundo o texto consolidado da Lei 20/2013.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 17 de xaneiro de 2022.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Merendón nos municipios de Oia e O Rosal (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Merendón nos municipios de Oia e O Rosal (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 14 de xaneiro de 2022.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do parque eólico Sete Fontes de 54 MW e a súa infraestrutura de evacuación que afecta a Outes e Negreira (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Sete Fontes de 54 MW e a súa infraestrutura de evacuación que afecta a Outes e Negreira (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 30 de novembro de 2021.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do documento de inicio do proxecto do parque eólico As Encrobas nos municipios de Cerceda, Carral e Ordes. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio do parque eólico As Encrobas. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 29 de setembro de 2021.
A portuguesa EDP Renovables presenta no concello de Laxe un programa de becas escolares que chama Green Education, nome que se contradí coa praxe da empresa no que ao medio ambiente se refire. A iniciativa que sería moi loable en condicións normais, provoca sen embargo dúbidas razoables ante o feito de que o concello de Laxe ten que informar en varios trámites administrativos nos tres expedientes que a empresa tramita na Xunta, para os parques eólicos Soesto, Pena dos Mouros (á beira da Rede Natura) e Monte Chan, con unha incidencia ambiental severa e prexuizos irreversibles para a Rede Natura e ás paisaxes.
Na contorna dos tres parques eólicos, que forman parte do Complexo eólico que a empresa portuguesa prevé para a Costa da Morte, desenvólvese unha elevada diversidade de biótopos ou ambientes, entre os que destacan os incluídos na ZEC de Costa da Morte e a ZEPA Costa da Morte Norte. Respecto ás Zonas de protección da avifauna, as máis próximas coinciden coa delimitación da ZEPA Costa da Morte e á paisaxe protexida Penedos de Pasarela e Traba. Asimesmo a incidencia nas paisaxes e no turismo local é espectacular, polo que os informes favorables do concello de Laxe, facilitarían moito a tramitación dos parques eólicos da mercantil portuguesa.
Cómpre lembrar que os tres proxectos presentan especial afección a:
* Miradoiro de Torre dá Moa, miradoiro de Lourido e miradoiro da Ínsua (Península de Laxe) e faro de Laxe.
• Praias de Traba, Soesto e Laxe (Laxe)
• Núcleo urbano de Laxe e núcleos rurais dos vales de Traba e Soesto
* Penedos de Pasarela e Traba
* Ao sistema dunar e á escribenta das canaveiras.
As entidades ambientais Petón do Lobo, a asociación galega Cova Crea e a defensora do río Anllóns, a entidade de ámbito nacional O Ouriol do Anllóns, presentaron na Fiscalía Xeral do Estado unha solicitude de investigación sobre se hai corrupción ou tráfico de influencias no caso das becas escolares coas que EDP Renovables incentivaría ao concello de Laxe.
As entidades queren lembrar que ao abeiro do Convenio Europeo da Paisaxe, en vigor o 1 de marzo de 2004, e que España ratificou o citado Convenio o 26 de novembro de 2007 (BOE de 5/02/2008), o papel do dereito non é recoñecer e protexer un valor ou unha beleza paisaxística particulares; o que o dereito debe recoñecer en primeiro lugar e, por conseguinte protexer, é un valor complexo: a necesidade de toda a cidadanía de establecer unha relación sensible co territorio, de beneficiarse desta relación e de participar na determinación das características formais dos lugares que habitan ou frecuentan. Ninguén, incluída EDP Renovables, o Alcalde de Laxe ou a Xunta de Galicia, teñen dereito a emborronar a dimensión paisaxística dun territorio sen ter primeiro en conta o interese do conxunto da poboación local afectada. E o dereito á Paisaxe non pode ser determinado por un desenvolvemento económico que non ten en conta a aparencia dos territorios aos que afecta, senón que debe reflectir as verdadeiras aspiracións dos homes e mulleres que o habitan. E no caso destes tres parques eólicos, o rexeitamento e a falla de licencia social están sobradamente acreditadas.
Por outra banda lembran tamen a prohibición da recalificación urbanística dos montes afectados por incendios, como é o caso.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais da estación eólica Barqueiro e as súas infraestruturas asociadas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da estación eólica Barqueiro, un dos 6 a desarrollar por Enel Green Power España, S.L. nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 18 de agosto de 2021.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto da estación eólica Piago e a súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos de Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro. Pica no enlace e descarga o resumo do documento de inicio:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións á estación eólica Piago e a súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos de Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Data límite para a presentación de alegacións: 17 de agosto de 2021.
Ademais dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5 veces máis carbono que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e acumuladores de carbono.
A estrutura pechada e esponxosa das turbeiras actúa como importante regulador dos ciclos hidrolóxicos. A auga caída durante choivas intensas e copiosas almacénase dentro desta enorme esponxa, de forma que se suprimen e lamínan posibles picos de inundación augas abaixo, evitando procesos erosivos e mesmo danos ás poboacións que se atopan nesa conca hidrográfica.
Posteriormente, toda a auga retida pola turbeira libérase paulatinamente, o que proporciona un caudal máis constante durante máis tempo e, por tanto, máis útil para o home e os ecosistemas. A retención de auga na estrutura esponxosa dos esfagnos proporciona auga a outras especies vexetais en épocas de escaseza de choivas. Esta particularidade fai que as turbeiras alimenten ríos e regatos á vez que manteñen pastos máis frescos en épocas de verán ou seca, o que as fai indispensables para a biodiversidade e agricultura augas abaixo, e moi interesantes desde o punto de vista do aproveitamento gandeiro onde se atopan, a condición de que este sexa de forma extensiva, evitando a excesiva pisada da turbeira.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto da estación eólica Patiñeiro en Vimianzo (A Coruña). Pica no enlace e descarga o resumo do documento de inicio:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións á estación eólica Patiñeiro no municipio de Vimianzo (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Data límite para a presentación de alegacións: 16 de xullo de 2021.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do documento de inicio da estación eólica do Cabazo de 50,40 MW e a súa infraestrutura de evacuación, nos municipios de Carnota e Muros (A Coruña), á beira da Rede Natura. Pica no enlace e descarga o resumo do documento de inicio:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio da estación eólica do Cabazo de 50,40 MW e a súa infraestrutura de evacuación, nos municipios de Carnota e Muros (A Coruña), á beira da Rede Natura. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo. Data límite para a presentación de alegacións: 24 de xuño de 2021.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude de revisión do parque eólico Mesada no municipio de Vila de Cruces (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Recoméndase presentar o antes posible.
Á anterior solicitude de revisión non esquezas engadir o seguinte documento:
Achégase a esta solicitude a notificación asinada polo subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021 como DOCUMENTO NÚMERO 1.
Ademais dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5 veces máis carbono que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e acumuladores de carbono.
O humidal As Brañas da Seixiña ocupa unhas dimensións entre os 70.000 e 80.000 metros cadrados. As parcelas afectadas ubícanse na paraxe da Armada, Seixiñas e Zarra de Fontán ou Guntán, nos polígonos 78 e 79 do Catastro parcelario do municipio de Vila de Cruces.
A estrutura pechada e esponxosa das turbeiras actúa como importante regulador dos ciclos hidrolóxicos. A auga caída durante choivas intensas e copiosas almacénase dentro desta enorme esponxa, de forma que se suprimen e lamínan posibles picos de inundación augas abaixo, evitando procesos erosivos e mesmo danos ás poboacións que se atopan nesa conca hidrográfica.
Posteriormente, toda a auga retida pola turbeira libérase paulatinamente, o que proporciona un caudal máis constante durante máis tempo e, por tanto, máis útil para o home e os ecosistemas. A retención de auga na estrutura esponxosa dos esfagnos proporciona auga a outras especies vexetais en épocas de escaseza de choivas. Esta particularidade fai que as turbeiras alimenten ríos e regatos á vez que manteñen pastos máis frescos en épocas de verán ou seca, o que as fai indispensables para a biodiversidade e agricultura augas abaixo, e moi interesantes desde o punto de vista do aproveitamento gandeiro onde se atopan, a condición de que este sexa de forma extensiva, evitando a excesiva pisada da turbeira. As Brañas da Seixiña son alimentadas polas augas do Regueiro O Seixo, na Zarra de Fontán ou Guntán, no lugar da Pastoriza, parroquia de Carbia (Vila de Cruces). O Regueiro O Seixo orixínase no nacemento do rego do Seixo que aliméntase no seu devir das augas doutros puntos de auga que abrollan no terreo.
Carum verticillatum, especie propia dos humidais galegos e que dá nome á parroquia de Carbia en Vila de Cruces (Pontevedra)