Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de recurso de alzada ao proxecto eólico Moeche de 50,4 MW instalados, e as súas infraestruturas de evacuación, situados en San Sadurniño, Moeche, As Somozas e As Pontes (A Coruña).Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.doTamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións:un mes para partir do día seguinte ao da notificación da resolución de autorización do proxecto.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto eólico Sete Fontes en Outes, Negreira e A Baña. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.doTamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 17 de xaneiro de 2023.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto eólico Monte Chan nos concellos de Laxe, Vimianzo e Camariñas. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 27 de xaneiro de 2023.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación á solicitude de modificación da declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Monte da Croa, en Dumbría e Vimianzo (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 25/11/2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Gasalla, nos concellos de Mesía e Frades. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 31 de outubro de 2022.
Coñece as características do proxecto do parque eólico Bustelo e Baralláns de EDP Renovables, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Bustelo e Baralláns de EDP Renovables, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 25 de outubro de 2022.
Capela da Virxe do Espiño, na Eirita, parroquia de Anos (Cabana de Bergantiños)
Capela da Virxe do Espiño, na Eirita, parroquia de Anos (Cabana de Bergantiños)
Coñece as características do proxecto eólico Monte Agrelo e Muriño de EDP Renovables, en Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto eólico Monte Agrelo e Muriño de EDP Renovables, en Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 10 de outubro de 2022.
Coñece as características do proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo, nos termos municipais de Carballo, A Laracha e Arteixo (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo, nos termos municipais de Carballo, A Laracha e Arteixo (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 1 de setembro de 2022.
NOTA: O Real Decreto-lei 6/2022, do 29 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína non prevé ningún trámite para a participación do público interesado, tal como esíxe tanto a Directiva 2011/92/UE para o procedemento de selección de proxectos (art. 4.4), como o Convenio de Aarhus sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, ratificado por España no 2005 (art. 6). Sen embargo, o público ten dereito a participar. A súa omisión invalidaría o procedemento administrativo e é obxecto de nulidade de pleno Dereito.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Carballoso, na Lama, Fornelos de Montes (Pontevedra) e Avión (Ourense). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo.
Coñece as características do proxecto da liña de alta tensión (LAT) de evacuación do parque eólico Carboeiro en Cerceda, A Laracha e Carral (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da liña de alta tensión (LAT) de evacuación do parque eólico Carboeiro en Cerceda, A Laracha e Carral (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 5 de xullo de 2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de escrito de queixa para pedir a retirada do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia promovido pola Xunta de Galicia co apoio da empresa eólica EDP Renovables, con varios parques en tramitación na Costa da Morte, por posible conflito de intereses. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar a queixa: 28 de febreiro de 2022.
Por que é importante a retirada deste Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia?
Asina a convocatoria do concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Lema Mira, natural de Cabana de Bergantiños (A Coruña), segundo indica a web:
Asina tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, coñecido pola súa estreita colaboración coa Fundación Eduardo Pondal do Couto, no municipio de Ponteceso (A Coruña), municipio lindeiro con Cabana de Bergantiños. Este certame conta ademais coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, a Fundación Galicia Sustentable, Enerxías de Portugal Renovables (EDPR).
Tanto en Cabana de Bergantiños como en Ponteceso, a promotora eólica EDP Renovables ten en tramitación alomenos 7 parques eólicos, incluído o parque eólico reponteciado de Corme, localizado na Rede Natura 2000.
1.- Parque eólico Alto do Torreiro, en Cabana de Bergantiños.
2.- Parque eólico Bustelo e Baralláns, en Cabana de Bergantiños.
3.- Parque eólico Agrelo e Muriño, en Cabana de Bergantiños.
4.- Parque eólico Monte Chan, en Laxe.
5.- Parque eólico Soesto, en Laxe.
6.- Parque eólico Pena dos Mouros, en Laxe.
7.- Parque eólico de Corme (repotenciación), Rede Natura 2000, en Ponteceso.
Chama poderosamente atención que colabore nesta convocatoria pública a Axencia de Turismo de Galicia, ben coñecida por informar nos expedientes de tramitación dos parques eólicos, en relación ao impacto turístico dos mesmos.
Chama tamén a atención que ao fronte desta convocatoria estén dous empregados públicos, na súa calidade de altos cargos, vencellados ás localidades onde EDP Renovables ten parques eólicos en tramitación, Cabana de Bergantiños e Ponteceso.
Chama a atención que segundo o artigo 12 da convocatoria, os centros inscritos poderán obter máis información sobre a Senda Litoral de Galicia no web do proxecto (www.sendadosfaros.gal ), o chamado “Camiño dos Faros” que carece de avaliación ambiental e non está recoñecido oficialmente. E aínda así, a pesar da afección desta senda á Rede Natura 2000 e á coherencia desta, potencian e promoven a utilización dun roteiro que carece dos requisitos ambientais que a a normativa comunitaria e española esixen para ser recoñecida como tal, isto é, a preceptiva avaliación das súas repercusións sobre a Rede Natura 2000.
Chama a atención que se financie con diñeiro público unha actividade deste tipo e na que participa unha empresa EDP Renovables, que ante a falla de licencia social dos seus proxectos eólicos na comarca, o que busca é precisamente a acepación e a licencia social e que a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, lle axuden a facer un branqueado ou lavado de cara, para mellorar a aceptabilidade social dunha actividade que o único que prevé para a comarca ata agora son desfeitas paisaxísticas, como é o caso da repotenciación do parque eólico de Corme e que pretende inzar eólicos en boa parte do litoral da Costa da Morte e incluso afectar á paisaxe protexida Penedos de Traba e Pasarela, en Laxe e Vimianzo (Decreto 294/2008, do 11 de decembro, polo que se declara paisaxe protexida os Penedos de Pasarela e Traba).
É vergoñento este tipo de actividades e que a Xunta de Galicia se preste a este tipo de “lavados de cara” tanto da actividade eólica de EDP Renovables como da chamada “Senda dos Faros”, que afecta gravemente á Rede Natura 2000 e que non dispón de informe ambiental que garanta a súa viabilidade como tal.
Por que é tan importante protexer o litoral da Costa da Morte?
A Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) é unha categoría de protección de carácter europeo e é outorgada a áreas naturais de especial relevancia para a conservación das aves, particularmente as que están ameazadas de extinción.
Para este obxectivo é primordial a conservación dos seus hábitats coas condicións ambientais necesarias para o descanso, reprodución e alimentación das aves.
ES0000497 Espazo mariño da Costa da Morte. Fonte: Ministerio de Medio Ambiente.
Según a Directiva 79/409/CEE, do 2 de abril, relativa á conservación das aves silvestres (Directiva de Aves), as ZEPA´s son zonas de especial protección para as aves silvestres. A Rede de ZEPA´s é unha figura de protección, establecida na Directiva de Aves, para as 175 especies de aves consideradas máis ameazadas en Europa e, especialmente, para as aves migratorias. Un determinado lugar, para ser designado ZEPA, debe albergar un número mínimo de aves que lle outorgue unha importancia internacional.
As ZEPA´s, xunto cos LIC (Lugares de Interese Comunitario), integran a Rede Natura 2000, cuxo obxectivo é a conservación da biodiversidade na Unión Europea.
As Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS) son zonas delimitadas e definidas polas Comunidades Autónomas, a partir de áreas que en cada rexión considéranse importantes para as aves. O Ministerio de Medio Ambiente é o encargado de tramitar a documentación ante a Unión Europea.
As actividades humanas que están permitidas nas ZEPA´s son todas aquelas que non prexudiquen ás especies de aves polas cales se protexeu dita zona.
A Orde AAA/1260/2014, do 9 de xullo, pola que se declaran Zonas de Especial Protección para as Aves en augas mariñas españolas, «BOE» núm. 173, do 17 de xullo de 2014, establece a declaración de 39 espazos das augas mariñas baixo soberanía ou xurisdición española como Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), de conformidade co establecido na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Entre eses espazos está o ES0000497 Espazo mariño da Costa da Morte, con unha superficie de 3.162,83 Km2.
Este espazo mariño ocupa gran parte da plataforma continental fronte á costa dá Morte, no noroeste de Galicia. O interese do espazo radica na súa importancia como embude migratorio debido á súa privilexiada situación xeográfica e aos fortes ventos predominantes de compoñente N e NW. Estímase que máis dun millón de aves mariñas pasan por esta zona durante o verán-outono (migración postnupcial). A maior parte das aves en migración proveñen do norte de Europa e Siberia occidental, pero tamén hai especies mediterráneas (pardela balear, Puffinus mauretanicus), neárticas (gaivota de Sabine, Larus sabini) e do hemisferio Sur (pardela sombría, Puffinus griseus). A elevada produtividade da zona convértea tamén nunha importante área de alimentación, tanto para as especies en migración como para as locais (reprodutoras e invernantes). Entre as reprodutoras locais destacan a gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) e o arao común ibérico (Uria aalge ibericus), que concentran as súas únicas colonias españolas nas costas enfrontadas ao espazo protexido. A zona conta tamén con colonias de paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e corvo mariño moñudo (Phalacrocorax aristotelis aristotelis).
A conservación destes taxóns na ZEPA resulta prioritaria debido a que os seus valores poboacionais, status de ameaza ou representatividade xustifican a importancia ornitolóxica da área a nivel nacional e internacional.
A importancia da Rede Natura 2000 deriva da necesidade de facer efectiva a conservación de hábitats, flora e fauna, a través dos instrumentos previstos, como é a declaración de zonas ZEPA. Doutra banda, lembrar a obriga dos Estados de facela efectiva, que en tanto que debe prevalecer a protección dos devanditos lugares xa que doutro xeito non tería sentido, o cal conleva que as actividades que se pretendan levar a cabo nesta áreas teñen que ser compatibles cos obxectivos que perseguen tal protección.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais da estación eólica Moeche e as súas infraestruturas asociadas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da estación eólica Moeche, un dos 6 a desarrollar por Enel Green Power España, S.L. nas comarcas do Eume e Ferrol. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 18 de agosto de 2021.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Siroco nos municipios de Cerdedo-Cotobade e Forcarei (provincia de Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Siroco. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 18 de xuño de 2021.
Escribenta das canaverias en perigo de extinción. En Galicia só quedarían 20 parellas.
Escribenta das canaverias en perigo de extinción. En Galicia só quedarían 20 parellas.
En relación á escribenta das canaveiras e os proxectos eólicos que poidan ter algunha incidencia sobre a especie, indicar que a Xunta de Galicia, tras darse a sí mesma un prazo de 6 anos para facelo (desde o 2013), non chegou a determinar os perímetros de protección dos humidais que constitúen o hábitat potencial desta especie en perigo de extinción.
A cuestión non é baladí porque hai unha manchea de parques eólicos que afectan a esta especie con charcas e humidais cuxo perímetro están sen determinar e a saber cal é a área comprendida no ámbito do Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta, da que unicamente aparece nunha representación gráfica e fica por tanto o seu perímetro de zonificación ás expensas das avaliacións que realicen as mercantís promotoras eólicas.
Por iso pedimos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e á Vicepresidencia segunda da Xunta de Galicia a adopción da medida cautelar urxente consistente na paralización temporal da tramitación das avaliacións ambientais de todos aqueles proxectos eólicos que poidan incidir na zonificación da escribenta das canaveiras, tendo en conta a gravidade da situación da especie ao abeiro do documento denominado NOTA CIENTÍFICA “Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018” de Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao, acompañado sempre do documento pdf que se achega, no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Axuda a protección da especie!