Galería

Como se crea unha balsa mineira de augas tóxicas? Asistimos á creación dunha da man de Augas de Galicia, do Conselleiro de Industria Francisco Conde e de Cobre San Rafael, a “James Bond” da minería galega

A ninguén se lle escapa que o que está a pasar na antiga mina de Touro non é normal. Faga o que faga, parece que Cobre San Rafael é como James Bond, un axente sicario ao servizo do poder, con “licencia para matar” e que nunca se despeitea.

A bacía mineira de Touro, unha antiga braña regada por varios cauces como todas as brañas galegas, amosa “incumplimientos en cuanto a las concentraciones de sulfatos, Fe disuelto, Manganeso, Aluminio, Boro, Níquel, Mercurio y Zinc” derivados de anos e anos de explotación mineira e posterior abandono totalmente irresponsable e unha manchea de incumprimentos normativos en canto á restauración. As augas contaminadas procedentes da mina espalláronse polos regos Brandelos, Pucheiras, Felisa, Portapego e Rozas, descarregando polo Lañas e Brandelos ao Ulla. Como consecuencia, “Los arroyos del entorno quedaron desprovistos de los organismos acuáticos naturales (peces, insectos, anfibios,…) y se perdieron las cualidades necesarias para su uso en: cría de peces, baño, riego o potabilización”.

Sen embargo, a pesar de que a mercantil recoñece todos estos feitos e asume todas as responsabilidades,  lonxe de pasarlle algo (o normal sería que a propia Xunta de Galicia lle esixira responsabilidades penais e previa execución da garantía económica, procedera sen demora á restauración subsidiaria dos espazos degradados antes de que os sulfuros chegaran ao río Ulla e aos bancos marisqueiros do litoral), aquí o que se concibe é unha operación propia da mafia siciliana, onde a Cobre San Rafael se lle autoriza nin máis nin menos que a crear unha nova balsa mineira de lamas tóxicas.

Detalle dos tres cauces afectados polo proxecto de drenaxe temporal da antiga mina de Touro, o Angumil ou Rozas, Portapego e Felisa

O James Bond nunca morre

O 25 de agosto de 2017 publicábase no DOG a Resolución do 18 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se sometía a información pública a actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael número 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L.

O 7 de febreiro de 2020 publicábase no DOG o anuncio do 29 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se facía pública a declaración de impacto ambiental desfavorable da actualización do proxecto de explotación da C.E. San Rafael 2946, concellos do Pino e Touro (A Coruña), promovido por Cobre San Rafael, S.L. (clave 2017/0084).

Quedaba así frustrado o trámite ambiental preceptivo e determinante que permitiría a reactivación do proxecto mineiro de Touro – O Pino, pero como sabemos que James Bond nunca morre, asistimos unha vez máis como convidados de pedra a un novo acontecemento que neste caso sí fructificaría, e todo elo posiblemente coa finalidade de eximir á mercantil de calquer tipo de responsabilidade.

En data 19/11/2018, Explotaciones Gallegas S.L. ou Cobre San Rafael presenta no rexistro da Xunta de Galicia o documento denominado “Proxecto de drenaje temporal de la mina de Touro”.

A empresa achegou o proxecto ó Servizo de Enerxía e Minas en data 4 de outubro de 2018 e foi aprobado por resolución do 6 de novembro de 2018, sin documento ambiental nin a preceptiva exposición pública para garantir a parcipación da cidadanía.

Na resolución sinálase como condición que, co propósito de coordinar competencias e actuacións, se lle debe remitir copia do proxecto e da autorización aos órganos competentes en materia das augas continentais, polo que Explotaciones Gallegas S.L. remite a Augas de Galicia copia do proxecto. Á vista de que parte das actuacións se realizarían en zona de policía de leitos iniciase o presente expediente de autorización de obras.

O 21/01/2019 publicábase no BOP da Coruña o anuncio de Augas de Galicia polo que Explotaciones Gallegas, S.L. lle solicitaba a autorización de obras nos T.M. de Touro e O Pino (A Coruña) para o “Proxecto de drenaxe temporal da Mina de Touro” situada entre os concellos de O Pino e Touro. O propio anuncio indicaba que “proxecto ten carácter temporal, estando pendente de que se presente e aprobe o proxecto de drenaxe da explotación no seu conxunto”.

Con data de 28/10/2020 a Dirección de Augas de Galicia dita Resolución aprobando as obras.

Así que en breve, porque a cimentación xurídica (que non quere dicir ética nin legal) xa está construída, asistiremos a execución dunha serie de obras que rematarán co enchido do oco mineiro de Vieiro coas augas sulfurosas dos regos Portapego, Felisa e Angumil (ou Rozas).

O nacemento dun desastre ambiental anunciado

Ao igual que fixo sempre, Cobre San Rafael ou Explotaciones Gallegas continua na súa liña habitual, e se ben asume que todos os impactos e a contaminación das augas superficiais e soterradas debéronse “a la ausencia de medidas protectoras, correctoras y mejores técnicas disponibles” e á “no ejecución de actuaciones de restauración y clausura”, non fai propósito de enmenda e fía unha vez máis a saúde da veciñanza de Touro- O Pino e o equilibrio dos ecosistemas fluviais dos cauces da entorna e do río Ulla ao desvío dunha lameira hiperácida ateigada de metais pesados ao oco de Vieiro. Así pois o oco de Vieiro recollerá durante alomenos 6 meses augas envelenadas e un enorme pasivo ambiental, que ao estar ubidado sobre unha braña húmida regada por numerosos cauces (zona inundable), acabará rebordando e será un Monte Neme II anunciado xa con moita antelación, a suficiente para que os políticos responsables o evitaran, polas distintas entidades ecoloxistas de Galicia e a propia veciñanza de Touro –O Pino.

Indícase na Resolución da Dirección de Augas de Galicia de data de 28/10/2020 (Clave: DH.W15.64849. Expediente: Solicitude de autorización para as obras do “Proyecto de Drenaje Temporal de la mina de Touro”, nos tt.mm. de Touro e O Pino (A Coruña)” que:

A obra efectivamente formúlase para un horizonte temporal curto e dende o Servizo de Enerxía e Minas requiriuse para a presentación do proxecto definitivo. A presente solución temporal presenta a vantaxe de evitar o aporte directo dos efluentes ás bacías dos río Felisa, Portapego e Rego das Rozas, optando pola acumulación do devandito caudal mais diluído no oco mineiro”.

O recheo do oco de Vieiro con augas ácedas de mina, non é nin máis nin menos que crear unha nova balsa mineira de augas tóxicas, que posteriormente se rexistrará no inventario correspondente e co trascurso do prazo consolidarase como unha balsa problemática máis, das que tantas existen en Galicia.

Esta solución é ilegal. A solución é tan ineficaz que a reixección dos bombeos o que fai é trasladar os problemas de contaminación ao oco de Vieiro e logo á bacía do río Pucheiras, polo que en absoluto se solucionan os problemas de contaminación. Ademais o horizonte temporal de 6,8 meses de duración do bombeo é ilusorio, xa que os cauces que se desvían (ou eliminan ou alteran substancialmente) en tal operación chegará un momento, máis cedo que tarde, que dé lugar ao rebordamento da nova balsa de Vieiro, ademais do conseguinte dano ambiental sobre os recursos hídricos da braña na que se realizan as actuacións proxectadas.

As balsas mineiras en Galicia, unha problemática ambiental que xa non se disimula

A información dispoñible sobre vertedoiros e balsas figuran no Inventario Nacional de Vertedoiros e Balsas, elaborado en 1983 e 1989, polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME), actualizado no referente ás balsas, en 2002. No referente ao seu volume, os máis de 325 millóns de metros cúbicos corresponden na súa maioría a Andalucía (47,1%), Galicia (14,8%) e Cantabria (12,2%). Moitos destes emprazamentos e a súa contorna están contaminados por drenaxes ácedas de minas consecuencia dos sulfuros presentes nos minerais metálicos.

Augas de Galicia non debera, coa súa actuación irregular, converterse EN CÓMPLICE e axudar a agrandar a problemática ambiental existente coas balsas mineiras aquí en Galicia.

A drenaxe áceda dos cauces de Touro debe ser debidamente tratada en prantas de tratamento de drenaxe áceda, antes de ser reinxectadas a oco mineiro algún. E por tanto, tampouco se debe desviar, alterar substancialmente ou eliminar cauce algún, como se está a realizar incomprensiblemente neste caso e de maneira espúrea e ilegal.

A Lei de Minas, de forma precursora, áchase imbuída dunha filosofía protectora do medio ambiente, cuxo  thelos é que a obtención e o beneficio dun recurso natural, como son os recursos mineiros, só debe comprometer na menor contía posible a afectación ao medio ambiente. Ademais, actualmente existen numerosas tecnoloxías de aplicación na práctica mineira que permiten a rehabilitación dos terreos afectados pola actividade mineira (degradados e contaminados), mellorando incluso as condicións iniciais para o seu uso. A necesidade de gardar o preciso equilibrio entre a obtención de recursos naturais e a práctica de tecnoloxías de rehabilitación de contornas obriga ao estudo particular de cada caso, con obxecto de ponderar as numerosas e moi diversas circunstancias que concorren en cada explotación e os requirimentos que se derivan das características da súa contorna natural, variables dun lugar a outro.

O punto de partida de todas estas formulacións atopámolo no artigo 5.3 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de Minas, segundo o cal o Ministerio de Industria realizará os estudos oportunos para fixar as condicións de protección do medio ambiente, que serán imperativas no aproveitamento do conxunto dos recursos minerais que son obxecto da Lei de Minas.

A incorporación ao ordenamento interno español da Directiva 2006/21/CE, sobre a xestión dos residuos de industrias extractivas, pretende unificar e mellorar as disposicións relativas á protección do medio ambiente no ámbito da investigación e aproveitamento dos recursos minerais regulado pola Lei de Minas.

Neste sentido, é preciso lembrar que o Real Decreto 2994/1982, do 15 de outubro, regula a restauración de espazos naturais afectados polas actividades mineiras e incorpora no seu articulado a necesidade de realizar un proxecto de almacenamento dos residuos que fosen ser xerados polas devanditas actividades. Ademais, o capítulo VIII do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, aprobado por Real Decreto 863/1985, do 2 de abril, establece nos artigos 118 e 119 que os vertedoiros, os depósitos de residuos, balsas e diques de estériles, calquera que fose a súa procedencia, estableceranse de acordo cun proxecto debidamente aprobado que considere a súa estabilidade temporal e definitiva. Para a elaboración deste proxecto precísase da preceptiva avaliación ambiental favorable e vinculante e da imprescindible participación pública. O que non se fixo no caso que nos ocupa.

Detalle de augas hiperácedas da mina de Touro – O Pino

A Directiva 2006/21/CE esixe a rehabilitación das zonas onde se situaron as instalacións de residuos mineiros, do mesmo xeito que a lexislación mineira española preexistente e a actual.

Finalmente, garantiuse que, de acordo coa Convención das Nacións Unidas sobre o acceso á información, a participación pública na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, do 25 de xuño de 1998 (Convención de  Aarhus), o público sexa informado de toda solicitude de autorización de plan de restauración que inclúe o plan de xestión de residuos e que o público interesado sexa consultado previamente á concesión dunha autorización do plan de restauración.

Por outra banda, os residuos mineiros colocados nos ocos das explotacións son para a súa rehabilitación ou con fins de construción relacionados coas actividades de aproveitamento do recurso mineiro, como a construción ou o mantemento de ocos para o acceso de maquinaria, ramplas de transporte, canles perimetrais, barreiras de seguridade ou muros de sostemento tamén teñen que someterse a determinados requisitos para protexer as augas superficiais e subterráneas, asegurar a estabilidade dos devanditos residuos e garantir un seguimento adecuado con posterioridade ao cesamento das devanditas actividades.

No caso da mina de Touro NON SE CUMPRE NINGÚN DOS OBXECTIVOS PREVISTOS na propia normativa mineira, que fala expresamente de REHABILITACIÓN OU CON FINS DE APROVEITAMENTO DO RECURSO MINEIRO, e non con outros fins espúreos como é o caso, que é nin máis nin menos, que dárlle continuidade á problemática ambiental da drenaxe áceda derivada da presencia de SULFUROS NOS CAUCES E NA ENTORNA DA MINA DE TOURO -O PINO.

As entidades explotadoras das industrias extractivas deberán aplicar as mellores técnicas dispoñibles de seguimento e control da xestión para previr a contaminación da auga e o chan e identificar calquera efecto adverso que as súas instalacións de residuos mineiros poidan ter sobre o medio ambiente e a saúde das persoas. Ademais, co fin de reducir ao mínimo a contaminación da auga, a vertedura de residuos en calquera masa de auga debe efectuarse de acordo coas disposicións da Lei de Augas.

Os ocos de explotación enchidos con residuos mineiros tras o aproveitamento do mineral REALÍZANSE POR TANTO CON FINS DE REHABILITACIÓN OU DE CONSTRUCIÓN PARA O APROVEITAMENTO MINEIRO, E NON PARA CREAR UNHA NOVA BALSA TÓXICA.

É preciso lembrar e insistir en que o procedemento de actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael número 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L, NON CONTA CON AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FAVORABLE. Polo tanto, non existe plan de restauración ambiental algún no que se incardine o “Proxecto de drenaje temporal de la mina de Touro”.

Así o corrobora o ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da actualización do proxecto de explotación da C.E. San Rafael 2946, concellos do Pino e Touro (A Coruña), promovido por Cobre San Rafael, S.L. (clave 2017/0084) (DOG Núm. 26. Venres, 7 de febreiro de 2020).

Políticas clientelares, políticos ignorantes, funcionarios corruptos e un Fiscal de Medio Ambiente que durante anos e anos mirou a outra parte

A execución da resolución de Augas de Galicia podería causar ao medio natural e aos recurso hídricos danos de imposible ou difícil reparación, dado que non existe un Plan de Restauración definitivo aprobado nin que dispoña dunha preceptiva avaliación ambiental favorable no que se poida incardinar a solución temporal das obras do Proxecto de Drenaxe Temporal da mina de Touro.

Augas de Galicia debera suspender sen demora a execución da drenaxe temporal, ante a falla de viabilidade AMBIENTAL das obras autorizadas. Por outra banda, ao non preverse a instalación de plantas de tratamento das augas sulfurosas ou drenaxes ácedas de mina, na praxe o que se está a autorizar por parte de Augas de Galicia é o nacemento dunha nova balsa de augas tóxicas no oco de Vieiro, unha nova balsa mineira á que en breve haberá que engadir toda a problemática ambiental e as consecuencias que de aquí se van a derivar, como xa ocorre coas balsas mineiras do Monte Neme, en Carballo; as balsas mineiras de San Finx, en Lousame; as balsas mineiras de Varilongo, en Santa Comba…etc.

Hai que esixir á Dirección de Augas de Galicia unha actuación seria, rigorosa e resposable neste tema e dado que as obras se realizan na zona de policía de leitos, esixa á mercantil promotora a restauración desta e a instalación de plantas de tratamento de drenaxes ácedas e sulfurosas sin mermar o caudal, nin por suposto desviar nin eliminar os tres cauces afectados, xa que logo, ten que ser consciente que estamos a falar dunha braña que constitúe un val fluvial ao estar regada por varios cauces. Cómpre ter en conta que neste caso non só se trata de drenar as augas sulfurosas, senón que se reinxectan estas cara un oco mineiro, que segundo a normativa mineira debera ser rehabilitado, e non empregado para crear outra balsa mineira de augas tóxicas.

Non é casualidade que este tipo de cousas ocorran por pura casualidade. Resulta moi chamativo que “James Bond” ande por aí a realizar falcatruadas unha tras outra e saia indemne. Jamen Bond sempre mata, mata ao malo ou mata ao seu sicario, cústalle unha fortuna a Coroa, sempre gaña e sae con total impunidade. E non lle pasa nada porque é unha personaxe ficticia. Sen embargo, Cobre San Rafael ou Explotaciones Gallegas non o é.

Isto só se pode entender no contexto dun intercambio extraoficial de favores, no cal os titulares de cargos políticos regulan a concesión de prestacións, obtidas a través da súa función pública ou de contactos relacionados con ela, a cambio de apoio electoral, beneficios persoais ou familiares. Pode ser que consigan escapar da xustiza e da lei humana pero é imposible facelo da Lei Natural. Tempo ao tempo…

Galería

O proxecto eólico Coto das Airas, un posible delito ambiental sin disimulos na Serra do Suído

  • Análise do “Proyecto sectorial Parque eólico Coto Das Airas Coto Das Airas S.L. Ourense, octubre de 2019” publicado ao abeiro da Resolución do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Coto das Airas, sito nos concellos da Lama e Fornelos de Montes da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2018/08)”.

O proxecto eólico Coto dás Airas emprázase directamente sobre a Serra do  Suído, un emprazamento de alto valor natural e paisaxístico. Por este motivo a Serra atópase clasificada como unha Área de Especial Interese Paisaxístico (AEIP). Esta zona, xunto á Serra  do  Cando, son as de maior afección paisaxística en termos de visibilidade, aínda que tamén é certo que a zona xa presenta na actualidade un elevado número de aeroxeradores doutros parques. Ademais hai outras AEIP afectadas e con gran visibilidade.

A Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia no seu artigo 2 referido aos Principios xerais establece que:

“Son principios inspiradores desta lei:

f) a prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística

g) a precaución nas intervencións que poidan afectar o patrimonio natural ou a biodiversidade”.

O “simple” acordo de someter a exposición pública este proxecto  e a súa admisión a trámite xa puidera ser constitutivo de delito. O que se pretende con este proxecto é  realizar unha clasificación do chan rústico de protección de espazos naturais e Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP), catalogada como tal no Catálogo das Paisaxes de Galicia, como chan rústico de protección de infraestruturas, Isto é unha transformación urbanística non amparada legalmente.

Ten moito peso na determinación do impacto paisaxístico a proximidade dos roteiros do Camiño de Santiago. A Vía da Prata queda a menos de 15 km aproximadamente e desprotexida respecto ao proxecto eólico, polo que as afeccións prevense importantes. Ademais hai roteiros e carreiros con afección visual severa.

Desde o punto de vista visual e paisaxístico o impacto do proxecto é moi severo. A isto hai que engadir a gran influencia visual que posúen as turbinas. Esta influencia é considerable e abrangue grandes distancias.

Por outra banda, o proxecto eólico afecta a hábitats protexidos. A Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres PREVÉ A CONSERVACIÓN DESTES E INDICA EXPRESAMENTE A OBRIGA DE MANTER E RESTABLECER OS MEMOS NUN ESTADO DE CONSERVACIÓN FAVORABLE, polo tanto o proxecto eólico do Coto dás Airas é INCOMPATIBLE cos obxectivos de conservación e mantemento en condicións favoralbes dos hábitats citados.

Ao respecto cómpre indicar que a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres establece no seu artigo 2:

“1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.

Ausencia da avaliación conxunta e sinérxica dos demais parques eólicos existentes e previstos na área de actuación

Debido á cantidade de parques eólicos existentes ou proxectados na zona de afección do parque obxecto de estudo, é de esperar a existencia de efectos  sinérxicos e acumulados. A empresa promotora non obstante, e pese a recoñecer que a análise das sinerxias provocadas por este tipo de infraestruturas e os seus efectos  acumulativos é complexo, alude á escaseza de información e estudos existentes. Pero precisamente como promotora dun proxecto industrial destas características está obrigada a realizar estas análises e completar unha avaliación detallada dos impactos, xa que logo, ten que ser consciente que pretende implantar unha estrutura eólica moi agresiva nunha área de alto valor ambiental e paisaxístico, o que resulta a todas luces incompatible coa normativa actual. A mercantil promotora pretende obviar unha obriga legal preceptiva e determinante. Baixo ningún concepto pode esta derivar a valoración dos efectos acumulativos e sinérxicos á execución do Plan de Vixiancia ambiental da Serra do Suído. E precisamente porque xa hai outros proxectos eólicos na zona, máis apremia a necesidade de que se realice un estudo profundo dos impactos individuais e en conxunto deles. Para empezar, a mercantil promotora nin sequera recolle no Estudo de impacto ambiental, unha relación númerica dos parques nin identifica ás mercantís promotoras destes.

Características do proxecto e marco regulatorio

A Xunta de Galicia, por medio da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, introduciu determinadas modificacións na  Lei 8/2009, de 22 de  decembro,  pola que se regula ou  aproveitamento eólico e créanse ou canon ambiental e ou Fondo de Compensación Ambiental, entre as cales se incluía a posibilidade de presentar novas  solitudes de autorización administrativa de parques eólicos nas áreas de desenvolvemento eólico incluídas no vixente Plan Sectorial Eólico. Neste novo marco liberalizador do sector inclúese o proxecto Parque Eólico Coto dás Airas.

No que respecta ao marco  regulatorio autonómico, mediante Acordo do Consello de la Xunta de Galicia do 10 de xullo de 1997, declarouse o proxecto Plan Eólico de Galicia como de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

O Plan Sectorial Eólico de Galicia ten como finalidade principal a de promover e potenciar a instalación “ordenada” de parques eólicos na comunidade autónoma de Galicia. Sen embargo, anos despois, a planificación territorial eólica de Galicia resulta un desastre ambiental e paisaxístico sen precedentes.

Mediante Acordo do Consello de la Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, apróbase a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia, sendo este o marco actual para o desenvolvemento de proxectos de xeración eólica en Galicia.

O proxecto do Parque Eólico Coto dás Airas desenvólvese nas ADE denominadas  Edreira, Carballoso e  Suído II, cuxas características son as seguintes:

 Concellos afectados polo ADE  Edreira: Ponte Caldelas, A Lama e Avión.

 Concellos afectados polo ADE  Carballoso: Fornelos de Montes e A Lama.

 Concellos afectados polo ADE  Suído II: Fornelos de Montes, A Lama, Avión e Covelo.

O Parque Eólico Coto dás Airas estará constituído por 11 aeroxeradores de 4,0  MW de potencia unitaria, sendo a potencia total a instalar de 44,0  MW. Os terreos no que se desenvolverán todas as obras e instalacións do parque eólico están situados nos termos municipais da Lama e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra.

Todos os aeroxeradores serán do modelo V136 – 4,0  MW con tecnoloxía  Vestas, cunha altura de  buxe de 112 metros sobre o nivel do chan e un diámetro de  rotor de 136 metros.

Cada aeroxerador conectarase individualmente ao seu centro de transformación 0,72/30  kV, o cal irá situado no interior da propia torre. Os centros de transformación estarán así mesmo conectados entre si e coa subestación transformadora, a cal recollerá todas as liñas de 30  KV.

O acceso ao parque eólico proxéctase desde a estrada local que une os núcleos de  Pordelapa (municipio de Avión) e  Pigarzos (municipio da Lama), nos lugares denominados Catro  Camiños (aeroxeradores números 1 a 10) e Chan de  Viudal (aeroxerador número 11).

Os camiños interiores do parque tanto os que se executen de novo, como os xa existentes han de cumprir, por tanto, unha serie de características:

 Anchura mínima: 6 metros.

Os terreos afectados polas infraestruturas proxectadas no parque eólico e as súas servidumes cabe clasificalos como Chan Rústico de Protección Forestal, ao ocupar Montes Veciñais en Man Común, Chan Rústico de Protección Patrimonial, ao existir bens patrimoniais protexidos, Chan Rústico de Protección das Augas, ao existir zonas de policía asociadas a leitos, Chan Rústico de Protección de Infraestruturas, debido á presenza de infraestruturas (parque eólico) e Chan Rústico de Protección de Espazos Naturais, ao existir zonas protexidas pola lexislación de conservación da natureza ou a reguladora de espazos naturais, flora e fauna.

Subestación Colectora

O Parque Eólico Coto dás Airas compartirá, con outros parques da contorna, a subestación para conexión á rede eléctrica denominada inicialmente “Subestación Colectora  Suído”. Dita subestación localízase no ámbito xeográfico do proxecto Parque Eólico  Laxabranca (expediente  IN408A 2019/23). Proxectarase como unha infraestrutura común para conexión de varios parques eólicos da contorna e conectará, mediante unha liña de 132  kV, cunha segunda subestación colectora para o continxente de parques con conexión final prevista na futura Subestación Beariz 400  kV de REE.

O Parque Eólico Coto dás Airas sitúase a un 5 km ao sueste do núcleo da Lama e a un 6 km ao nordés de Fornelos de Montes, tal e como figura neste documento e na documentación gráfica que o acompaña.

O proxecto do Parque Eólico Coto dás Airas permitirá unha xeración eléctrica anual estimada de 128.982  MWh/ano.

En base ao anterior determínase que, en función das súas características, os terreos afectados polas infraestruturas proxectadas no parque eólico e as súas servidumes cabe clasificalos como Chan Rústico de Protección Forestal, ao ocupar Montes Veciñais en Man Común, Chan Rústico de Protección Patrimonial, ao existir bens patrimoniais protexidos, Chan Rústico de Protección das Augas, ao existir zonas de policía asociadas a leitos e Chan Rústico de Protección de Espazos Naturais, ao existir zonas protexidas pola lexislación de conservación da natureza ou a reguladora de espazos naturais, flora e fauna.

Transformación urbanística non amparada legalmente

Indica a mercantil promotora:

“Por tanto, o chan afectado polo proxecto de parque eólico nos concellos da Lama e Fornelos de Montes deberá cualificarse como Chan Rústico de Especial Protección de Infraestruturas superpoñéndose, de modo complementario, ás categorías actuais de Chan Rústico de Especial Protección que concorran no mesmo ámbito, de acordo co previsto no Artigo 34.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia“.

A superficie total con afección urbanística territorial é de 164,24 ha, correspondendo unha superficie de 92,25 ha no Concello da Lama e unha superficie de 71,99 ha no Concello de Fornelos de Montes.

Analizáronse dúas alternativas para a implantación do parque eólico, ademais da alternativa de non execución: a alternativa A e a  B.

Os impactos para ambas as alternativas son similares, aínda que o número de impactos moderados e severos na alternativa  B é superior á A, principalmente pola afección a hábitats naturais prioritarios.

As alternativas propostas para o parque eólico Coto dás Airas son moi similares respecto a os seguintes  subfactores ambientais:

– Afección visual, debido a que a superficie desde as que é posible ver polo menos un aeroxerador é de aproximadamente 240 km2.

– Afección sonora, dado que en ambas as alternativas non se produce afección a núcleos habitados superiores aos que marca a lexislación. Aínda que a pegada sonora é superior na alternativa  B.

– Afección á fauna dado que ambas as alternativas teñen os mesmos aeroxeradores e o territorio abarcado polo parque eólico (entendendo a  poligonal) é a mesmo.

As diferenzas máis significativas entre ambas as alternativas respecto a as alteracións ambientais que pode xerar o proxecto danse sobre o  subfactor hábitats.

A alternativa  B afecta a hábitats catalogados como prioritarios, principalmente zonas de  brezal húmido e  turbeiras. Pero a alternativa A tamen.

A mercantil promotora indica que:

“Na actualidade, ao estar o territorio sometido a queimas seculares, a  carballeira desaparece totalmente e os restos da  orla de bosque refúxianse en lugares que quedaron a salvo do lume como son as  vaguadas húmidas e as gretas dos  roquedos próximos aos cumes”.

Impacto paisaxístico moi severo

A mercantil promotora indica: “Nos catálogos da Paisaxe (aprobados polo Decreto 119/2016,  do 28 de  xullo, polo que se  aproba o Catálogo dás  paisaxes) atópanse delimitados uns espazos considerados como Áreas de Especial Interese Paisaxístico (AEIP) con base nuns criterios establecidos polos redactores dos mesmos, coincidindo gran parte das súas áreas cos delimitados como Zonas de Especial Conservación”. Sen embargo, esta apreciación da empresa necesita dun matiz importante, e é que os redactores do Catálogo dás Paisaxes estableceron estas áreas en base ás Aspiracións da Cidadanía que ao abeiro do Convenio Europeo da Paisaxe participou na súa elaboración.

Existen ademais unha serie de Lugares de Especial Interés Paisaxístico (LEIP) moi afectados polo proxecto, isto é:

Forzáns (San Fiz) LEIP – Igrexa

Xende (San Paulo) LEIP – Igrexa

Gaxate (San Pedro) LEIP – Igrexa

Verducido (San Martiño) LEIP – Igrexa

As Estacas (Santa María) LEIP – Igrexa

Xesta (San Bartolomeu) LEIP – Igrexa

Xesta (San Bartolomeu) LEIP – Igrexa

A Laxe (San Xosé) LEIP – Igrexa

En canto ás Áreas de Especial Interese Paisaxístico (AIP), é evidente que os espazos máis afectados polas alternativas de parque desde un punto de vista visual, tanto pola súa conformación como pola súa exposición, son o  AEIP de Serra  do  Cando e o  AEIP de Serra do  Suído.

Resulta moi severo o impacto do proxecto eólico proxectado sobre os espazos catalogados como Áreas de Especial Interese Paisaxístico, que se atopan dentro do espazo de 15 km.

As AEIP afectadas son:

Código                       AEIP Nombre

AEIP_05_05              Pazos de Arenteiro

AEIP_05_09              Pena Corneira

AEIP_05_16              Pozas e fervenzas do Río Cerves

AEIP_06_02              Río Deva

AEIP_07_29              Serra do Candán e Montes do Testeiro

AEIP_08_11              Val do alto Almofrei 

AEIP_08_12              Serra do Cando 

AEIP_08_13              Castelo de Soutomaior 

AEIP_08_14              Río Oitavén 

AEIP_08_15              Serra do Suído 

AEIP_08_16              Río Barragán 

AEIP_08_17              Traspielas 

En canto aos 13 roteiros afectados, se ben 4 non teñen puntos con visibilidade, os restantes sí teñen tramos tramos con visibilidade tamén moi severa. Ademáis o grao de afección do proxecto ao Roteiro  Foxo  do Lobo é moi severa e incompatible, polo seu trazado xunto ao parque eólico.

Na páxina web do concello da Lama pódense identificar 5 roteiros de sendeirismo aos que hai que engadir o roteiro homologado pola Federación  Galega de Montañismo  PR- G 135 “Roteiro dá Escuadra”. Estes roteiros son roteiro “O  Foxo  do Lobo”, localizado dentro da  poligonal do parque eólico, roteiro “A Freixa”, roteiro “Tralos Pasos  do  Camiño Real”, roteiro  do río  Barbeira ou “Roteiro dá Liberdade”, roteiro ambiental e cultural en “Verducido”.

No concello de Fornelos de Montes identifícase o roteiro  PR- G 164 “A Fraga de O  Barragán” e a GR-58 “Sendeiro dás  Greas”, ademais do roteiro “A Costa  do  Alén”.

No concello de Avión identifícanse tres roteiros: “Roteiro do  Chozos”, “Roteiros da Praia Fluvial” e “Roteiro de  Cuntín  Vilano”.

Impacto moi severo sobre a avifauna

Indica a mercantil promotora que:

“O grupo de especies que se pode ver máis afectado pola implantación do parque eólico é o das aves”.

 “En época de invernada, e especialmente nos pasos migratorios, a comunidade de aves presentes na zona pode incorporar novas especies que non  nidifican na zona. Dadas as características de hábitats da zona, e a información existente (referencias citadas, consultas a bases de datos de observacións, e observacións propias), é previsible atopar por unha banda especies xeneralistas ou de distribución ampla en paso ou invernada en Galicia ou en hábitats similares (como pode ser  Anthus  pratensis) con algunhas outras de distribución máis restrinxida ou maior interese pola súa escaseza. Estas últimas estarían conformadas por algunhas especies propias de espazos abertos, e entre elas hai que destacar a presenza de  limícolas  invernantes (particularmente  Pluvialis  apricaria) e de aves rapaces diúrnas (particularmente Falco columbarius,  Falco  peregrinus,  Gyps  fulvus,  Aegypius  monachus –estas dúas especies principalmente a final do período estival–,  Milvus  migrans). Non se dispón de observacións sistemáticas regulares, polo que tampouco se pode descartar a presenza doutras especies (como  Falco  naumanni en período post-reprodutor)”.

Ao respecto cómpre indicar que a empresa promotora debera realizar un estudo detallado e en profundidade ao respecto. Non se realizou un seguimento das aves durante unha temporalización adecuada. Non se pode aprobar un proxecto eólico como o que se pretende, sen unha avaliación minuciosa e detallada das aves, se temos en conta precisamente que o proxecto prevese implantar nunha área prioritaria de reproducción, alimentación e dispersión de aves incluídas no Catálogo de Especies Ameazadas. Por todo isto, o proxecto eólico que se pretende e incompatible cos valores ambientais obxecto de protección e por tanto non debe aprobarse.

Hai que ter en consideración así mesmo que a  poligonal do parque eólico localízase nunha área prioritaria de reprodución, de alimentación, de dispersión e de dispersión local de aves incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, segundo a Resolución  do 18 de  setembro de 2018, dá Dirección  Xeral de Conservación dá  Natureza,  pola que se delimitan  as áreas prioritarias de  reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas non Catálogo  galego de especies  ameazadas e disponse a publicación dás zonas de protección existentes  na  Comunidade Autónoma de Galicia en que serán de aplicación medidas para a protección dá  avifauna contra a colisión e a  electrocución en  liñas eléctricas de alta tensión (DOG nº 187  do 1 de  outubro).

Impacto sobre a Rede Natura

Os espazos naturais protexidos máis próximos á área de estudo corresponden ás Zonas de Especial Conservación (ZEC) “Río  Tea” (código ES1140006) e a  ZEC “Serra  do  Cando” (código ES1140014), este último tamén declarado  ZEPVN segundo o Decreto 72/2004, do 2 de abril (código ES014 ENPR110077), situados a máis de 6 e 1,5 quilómetros, respectivamente, da área de proxecto. Tamén, atópase a uns 7,5 quilómetros, a “Serra de Pena  Corneira”, declarado monumento natural mediante o Decreto 264/2007, do 20 de decembro (código 110093), aproximadamente a 11 km atópase a Serra  do  Candán declarada como  ZEC co código ES1140013 e declarado como  ZEPVN mediante o Decreto 72/2004, do 2 de abril, código ES014 ENPR110076.

Na área de implantación do parque eólico proxectado non se localiza ningunha superficie pertencente a Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) nin Áreas importantes para as aves (IBA).

Non obstante, que o parque eólico proxectado non se localice en Rede Natura non significa que non vaian a existir impactos directos ou indirectos sobre estes espazos protexidos, polo que cómpre aínda así que a mercantil promotora realice unha Avaliación das repercusións do proxecto sobre a Rede Natura.

Impacto moi severo sobre o patrimonio cultural e arqueolóxico

No ámbito de estudo localizáronse os seguintes elementos pertencentes ao patrimonio cultural: área de cautela  Pedra dá Letra, área de cautela  Xesteiro  do  Patataco/Coto  do  Recosto, área de cautela de Outeiro  Raxado  ou  Laxa Partida,  Pedra dá Letra (GA36019 RF7),  Túmulo dá Portela dúas  Xarotos (GA36025020), Caseta de Chan dá Misa/Coto  do  Nazo,  Camiño Real/ Camiño  Vreeiro/ Camiño dos  Arrieiro,  Chozos e  Sesteiros,  Foxo  do Lobo,  Pedra dá Letra (GA36025 R11), Petróglifo de Coto  do Oural (GA36025041), Abrigo de Chan dos  Mouros (GA36019013), Coto dos  Ladróns, O Outeiro dos  Mouros (GA32004025),  Túmulo de Chan dá Pena  ou Coto dos  Mouros (GA32004024).

Impacto moi severo sobre os humidais da zona de afección

Dentro da  poligonal do parque eólico sitúanse 10 humidais asociados principalmente a  turberas altas, na seguinte táboa detállanse:

1140221 Turbeiras Altas As Landras

1140222 Turbeiras Altas O Campo

1140223 Turbeiras Altas As Puntillas

1140220 Turbeiras Altas Brea do Carro – 2

1140225 Turbeiras Altas Brea do Carro – 1

1140228 Turbeiras Altas Xesteiro do Anxeo

1140229 Turbeiras Altas Foxo do Lobo

1140230 Chan deVidual

1140234 Coto daPortela

1140235 Turbeiras Altas Chan do Valdohome

Impacto severo para as poboacións de lobo coa fragmentación do territorio

Nas cuadrículas  UTM 10×10 km nas que se sitúa o Parque Eólico, cítase a presenza de lobo, que mantén poboacións na zona. O proxecto eólico localízase nunha área cunha densidade alta de lobo ibérico, con valores superiores a 2,29 lobos/km2, segundo o Decreto 297/2008,  do 30 de  decembro, polo que se  aprobao Plan de  xestión  do lobo en Galicia (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 2009).

Impacto moi severo e incompatible cos Hábitats Prioritarios e de Interés Comunitario

Os hábitats actualmente presentes na área de implantación do proxecto eólico correspóndense con matogueiras, normalmente de porte baixo, prados, afloramentos rochosos e turberias principalmente, con presenza nas proximidades (vales e vertentes da serra) de repoboacións forestais e formacións  boscosas.

Os hábitats naturais de interese comunitario requiren de zonas de especial conservación conforme á Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, reflectida no Real Decreto 1193/98 do 12 de Xuño de 1998 e desenvolvida no Manual de Interpretación dos Hábitats da Unión Europea EUR 25 de abril de 2003 e a tradución ao castelán do mesmo polo Ministerio de Medio Ambiente en 2006.

Normativa de aplicación

– Lei 1/1995 de Protección Ambiental de Galicia, do 2 de xaneiro. Establécense as Normas de Defensa, Protección, Conservación e Restauración do Medio Ambiente, asegurando unha utilización racional dos Recursos Naturais. Está modificada pola Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia que derroga o Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia e tamén o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental. E modifícanse os artigos 35 e 42, pola Lei 5/2019,  do 2 de agosto.

– Lei 5/2019,  do 2 de agosto, de patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, que define as categorías de espazos naturais protexidos. Derroga a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza e o Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais, e o Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura de espazo natural de interese local e a figura do espazo privado de interese natural.

– Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

– Decreto 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas e actualízase devandito catálogo. Posteriormente ditouse a Orde do 6 de maio de 2014 pola que se inclúe á especie  Cheilanthes  guanchica  C.  Bolle no Catálogo galego de especies ameazadas, na categoría en perigo de extinción, co que na actualidade están incluídas no Catálogo 201 especies, 75 en perigo de extinción e 126 vulnerables.

– Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia que ten por obxecto o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación do territorio e o Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, que ten por obxecto o fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia mediante a previsión de medidas que faciliten o desenvolvemento, acceso e xestión do chan empresarial, a mellora da normativa de aplicación á devandita implantación e a previsión dos oportunos incentivos, así como a coordinación das actuacións das diferentes Administracións no marco do fomento e planificación da actividade económica en Galicia.

A apertura de viais, o acondicionamento doutros existentes, a creación de gabias para o cableado ou a realización das plataformas eólicas e as áreas de obra, supoñerá a eliminación do chan orixinal. A construción de viais elimina tamén a vexetación presente e crea novas superficies (noiros e cunetas) desprovistas de vexetación, superficies que deberán ser acondicionadas.

Serra do Suído

Os hábitats naturais de interese comunitario requiren de zonas de especial conservación conforme á Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, reflectida no Real Decreto 1193/98 do 12 de Xuño de 1998 e desenvolvida no Manual de Interpretación dos Hábitats da Unión Europea EUR 25 de abril de 2003 e a tradución ao castelán do mesmo polo Ministerio de Medio Ambiente en 2006. Non poden ser por tanto nin eliminados, nin degradados. A normativa citada indica expresamente que estes hábitats deben ser conservados e manterse nun estado de conservación favorable.

A Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres establece no seu artigo 2:

“1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.

Na zona afectada polo parque eólico están presentes algúns hábitats prioritarios (comunidades con  brezais húmidos principalmente).

A vexetación dominante é un pasteiro con  Ulex  europaeus, U.  minor,  Genista tridentata, Erica  cinerea, E.  umbellata,  Calluna  vulgaris e  Daboecia  cantabrica como especies máis abundantes. Nas zonas máis húmidas, próximas a cursos de auga, fórmanse turbeiras con  Sphagnum  sp. pl.,  Drosera  rotundifolia,  Apium  inumdatum, etc., rodeadas das correspondentes comunidades higrófilas: cervunales con  Nardus  stricta e  Juncus  sp.  pl. e  brezales  higrófilos con Erica  cilliaris e Erica.  tetralix.

Nos  roquedos aparece a vexetación  casmofítica correspondente con  Saxifraga  spatularis, Sedum  sp.  pl. e  Asplenium  sp. e nas súas proximidades ocasionalmente aséntase algún piornal con  Genista florida e  Cytisus  striatus.

Afloramentos rochosos
Afloramentos rochosos e brezais secos
Afloramentos rochosos e pasteiros
Brezais húmidos
Brezais húmidos e cervunais
Brezais húmidos e formacións turbosas
Brezais húmidos, formacións turbosas e pasteiros
Brezais húmidos, pasteiros e formacións turbosas
Brezais secos
Brezais secos

Cómpre reiterar que é totalmente INCOMPATIBLE a conservación e mantemento dos hábitats prioritarios coa implantación dun parque eólico.

De feito, a propia mercantil promotora indica literalmente: Consideramos este hábitat dun gran valor ecolóxico, tendo en cuenta que son unha fonte de biodiversidade para a contorna”.

A importancia das turbeiras da Serra do Suído

As  turbeiras prestan importantes servizos  ecosistémicos, isto significa que entregan beneficios ás persoas e ao planeta como exemplo:

Conservación da biodiversidade: desempeñan un papel fundamental na conservación da biodiversidade, debido a que son refuxio dalgunhas das especies máis raras e inusuais da flora e fauna dependente dos humidais ( Ramsar, 2004).

Regulación do ciclo hidrolóxico: interveñen no ciclo hidrolóxico, debido á súa gran capacidade de reter auga. Estes ecosistemas son recargados por precipitacións e a auga que é captada libérase gradualmente cara ás concas. Tamén inflúen directamente na calidade da auga, xa que operan como filtro natural cara ás augas subterráneas, reducindo a mobilización e transporte de sedimentos e fixando compostos nocivos como metais pesados (Martínez Cortizas  et ao., 2009).

Almacenamento de carbono: grazas á acumulación das capas de turba, participan na fixación de carbono (en maior medida que os bosques). Conteñen aproximadamente 1/3 das reservas de carbono do mundo, as cales son o resultado dun lento proceso de acumulación (Clymo  et ao. 1998), sendo  Sphagnum o principal xénero involucrado (Gerdol  et ao., 1996).

Arquivos  paleoambientais e arqueolóxicos: a través da acumulación de turba constitúen arquivos  paleoambientais que serven para reconstruír os cambios paisaxísticos do pasado e os climas anteriores.

Tamén é o tipo de humidal máis importante para o patrimonio cultural, especialmente pola súa capacidade de preservar restos arqueolóxicos e o rexistro  paleobiolóxico mergullados en auga e en condicións de  desoxixenación (Ramsar, 2004).

Polo tanto, o parque eólico proxectado é totalmente incompatible co mantemento das turbeiras existentes, xa que procede á súa eliminación.

Galería

Máis de medio cento de colectivos galegos piden a moratoria a novos parques eólicos e un novo marco regulador para a enerxía eólica en Galiza, a través do Manifesto “Aldeas con Horizonte”

Galiza, a 19 de novembro de 2020.- Uns 60 colectivos galegos do ámbito ecoloxista, sindical, veciñal, cultural, xunto con plataformas de persoas e comunidades de montes afectadas por parques eólicos abusivos en Galiza lanzan o manifesto “Aldeas con Horizonte” polo que demandan a moratoria de novos parques eólicos, a revisión dos xa aprobados nos que haxa conflito social e/ou ambiental e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica que promova no país un modelo de implantacion desta enerxía máis ordenado, sostíble, social, participativo, xusto e racional. Os colectivos asinantes pretenden con este manifesto alertar sobre a ameaza que está a supoñer para o rural galego a actual implantación de parques eólicos e que segue un modelo depredador e abusivo coas comunidades locais, ademais de desatender a normativa actual en materia ambiental, patrimonial e paisaxística. O manifesto que hoxe sal a luz indica un mínimo de 15 principios básicos que deberan guiar a nova normativa de desenvolvemento eólico en Galiza.

Aberto a novas adhesións
O manifesto “Aldeas con Horizonte” segue aberto a novas adhesións de entidades e colectivos, que poderán enviar o seu apoio ao correo electrónico: redegalegaporunruralvivo@gmail.com Proximamente, tamén poderán apoiar o manifesto persoas particulares a través dunha petición na plataforma Change.org que estará dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao vicepresidente segundo e conselleiro de Industria, Francisco Conde.

Galería

O proxecto eólico Banzas de Green Capital Power, S.L, prevé núcleos habitados a distancias de 651 metros, rodeados de 3 e 2 aeroxeneradores e a 938 metros do parque máis próximo

Análise do “Proyecto Sectorial Parque eólico Banzas. Promotor: Green Capital Power S.L. Septiembre 2020”.

Con data 26/10/2017, Green Capital  Power SL, presentou solicitude de autorización das instalacións de produción de enerxía eléctrica do proxecto denominado Parque Eólico  Banzas (número de expediente  IN408A 2017/15) ao amparo da Lei 8/2009, do 22 de decembro modificada pola disposición final sétima da Lei 5/2017, do 17 de outubro, máis coñecida como “Lei de Depredación de Galicia”, que acurta prazos e simplifica trámites administrativos.

O proxecto eólico  Banzas, ubicaríase nos termos municipais de Outes, Mazaricos e Negreira, na provincia da Coruña.

Para a evacuación da enerxía xerada do Parque Eólico, proxéctase unha liña de evacuación conxunta denominada “Solución de evacuación conxunta dos  PE  Maragouto e  PE  Banzas”, cuxo documento de inicio foi presentado o 12/03/2020.

O parque eólico que se proxecta terá unha potencia total de 31,185 MW, polo que se estimamos que o número de horas de funcionamento ao ano é 3.334 horas, obtense que a enerxía producida ao ano é de 103.977 MWh anuais.

Potencia unitaria de 3,465 MW.

Dentro da citada poligonal situaranse os aeroxeradores modelo GAMESA G132 ou similar (a mercantil promotora non especifica realmente o modelo, tanto pode ser ese como outro) de ata 3,465  MW de potencia nominal unitaria, sendo a potencia total do parque de 31,185  MW.

Diámetro de rotor de 132 metros.

Altura de buxe de 134 metros.

O proxecto de execución indica que o emprego do modelo de aeroxenerador está condicionado pola dispoñibilidade do fabricante. No caso de non instalarse este modelo optarase por un de características similares. Non obstante, esta indefinición con respecto ao aeroxenerador debera ser concretada pola mercantil promotora, polas implicacións medioambientais que puidera producir o cambio de máquina.

Acaparamento de terras e deforestación nun momento de crise climática aguda

Mediante este proxecto a mercantil promotora adquire o pleno dominio da cimentación de arexoneradores, a cimentación da torre anemométrica, das plataformas de montaxe de aeroxeneradores e do edificio de control e subestación.

Ademais a mercantil promotora adquire unha área de servidume. A área de réxime de servidume defínese como aquela área que tras a construción do parque non poderá ser utilizada polos propietarios dos terreos para determinadas actividades que afecten negativamente á produción do parque, por exemplo, edificar ou realizar plantacións de especies vexetais en altura superiores a 10 m.

O campo de ventos nunha zona determinada depende, ademais dos parámetros meteorolóxicos intrínsecos, da orografía do terreo: características – vexetación- e existencia de posibles obstáculos –edificacións.

A definición de área de réxime de servidume inclúe os accesos, viais interiores e canalizacións para cableado, a zona de voo do aeroxenerador e a zona de protección eólica da torre anemométrica, é dicir, uns 70 metros de radio.

Coa aprobación do proxecto sectorial as zonas afectadas pola instalación do parque serán catalogadas como chan rústico de especial protección de infraestruturas.

A mercantil promotora prevé un vial de acceso de 658 metros. A partir deste xéranse outros tres viais para acceder aos aeroxeneradores e ás infraestruturas do parque. A subestación eléctrica trasnformadora (SET) de Banzas ubicaríase no municipio de Negreira. A totalidade dos viais do parque suman unha lonxitude de 7 km, en concreto 7.177 metros.

É chamativo que en ningún momento a promotora indique a superficie total que ocuparán as instalacións do parque e a superficie que abrangue a poligonal deste, dato que debera facerse público dado que resulta canto menos incomprensible o excesivo sobredimensionamento da poligonal tendo en conta que só se trata de 9 aeroxeneradores.

Por outra banda prodúcese unha transformación urbanística a favor da promotora e en detrimento da veciñanza e das comunidades rurais afectadas, que coa nova cualificación urbanística perden capacidade sobre da xestión de usos nos solos rústicos de protección agropecuaria e de protección forestal.

Como xustifica a mercantil promotora o interese público e social do proxecto?

A xustificación realízaa única e exclusivamente en base á normativa vixente, polo que se deduce que non existe ningún outro interés público e/ou social para o proxecto. Non alude á xeración de emprego nin a ningún outro beneficio que poida retornar á veciñanza local. Polo tanto, para os núcleos próximos e os seus habitantes non prevé ningún retorno social ou beneficio.

Conforme ao acordo do Consello de la Xunta de Galicia do 5 de Decembro do 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolve o 20 de decembro a publicación no DOG da aprobación definitiva do plan sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia, que adopta entre outras as seguintes medidas:

  • Aprobar definitivamente o plan sectorial de incidencia supramunicipal, denominado “Plan Eólico de Galicia”.
  • Vincular o plan territorial dos municipios afectados ás determinacións indicadas nos proxectos sectoriais.

De conformidade coa Disposición Adicional Primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia, quedan cualificadas como de carácter territorial as obras necesarias para a execución dos proxectos:

“Disposición adicional primeira.

1. A aprobación definitiva dos instrumentos de ordenación do territorio levará implícita a declaración de utilidade pública ou interese social das obras, instalacións e servizos proxectados, así como a necesidade da ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras, instalacións e servizos previstos de forma concreta naqueles, para os efectos de expropiación forzosa ou de imposición de servidumes, sempre que conste a descrición física e xurídica individualizada dos bens e dereitos afectados.[…]”.

No mesmo sentido pronúnciase a Lei 2/2016 do 10 de febreiro, do chan de Galicia, no artigo 85 do capítulo IX referido para os efectos da aprobación dos instrumentos de plan urbanístico establece:

“Artigo 85 Declaración de utilidade pública

1. A aprobación dos instrumentos de plan urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados aos fins de expropiación ou imposición de servidumes. […]”

O interese público e utilidade social do Parque Eólico obxecto deste proxecto, queda xustificado en virtude do exposto neste apartado e por atoparse devandito Parque dentro das áreas delimitadas no Plan Sectorial Eólico de Galicia, aprobado definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia o 1 de Outubro de 1997.

Resulta cando menos chamativo que a mercantil promotora defina e os cálculos de investimento do proxecto pero non indique nada respecto ao beneficio económico –financiero que prevé obter.

Este dato debérase facer público ao igual que a superficie que ocupan as instalacións e a poligonal do proxecto eólico.

Características do proxecto eólico

O parque eólico Banzas constará de 9 aeroxeradores G132 ou similar de ata 3,465 MW de potencia unitaria, cunha potencia de conxunto de 31,185 MW. Cada aeroxerador dispoñerá do seu propio transformador que entregará a potencia xerada á rede de interconexión interna do parque eólico de media tensión (30 kV). Esta rede interna conducirá a enerxía ata a subestación transformadora 30/132 kV do parque eólico, onde se elevará o nivel de tensión de 30 kV á de transporte, 132 kV.

A enerxía eléctrica evacuarase mediante unha Liña Aérea á tensión de 132 kV ata a súa conexión coa subestación colectora de Lousame 132/220 kV. O proxecto tamén contempla a instalación dunha torre meteorolóxica de medición.

Localización do proxecto

A zona de afección esténdese, desde un punto de vista hidrográfico, entre a conca do Río Tines, polo oeste, pertencente á conca da Ría de Muros e Noia, e a conca do Río Tambre polo leste. O ámbito de estudo onde está situado o parque eólico Banzas atópase a máis de 6 km de calquera área protexida incluída en Rede Natura 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Galicia. O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia é o instrumento básico para a planificación, ordenación e xestión en rede das Zonas de Especial Conservación (ZEC) e das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), zonas que non se verán afectadas polas infraestruturas que compoñen ao parque eólico. Os espazos naturais máis próximos á zona de afección do presente estudo son: polo sur a máis de 6 km a ZEC Esteiro do Tambre, e polo oeste máis de 14 km a ZEC Carnota – Monte Pindo, declarados ambos os como zonas especiais de conservación polo Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2014, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia; e á súa vez, ambos os espazos naturais considéranse zomo Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), constituíntes da Rede galega de espazos protexidos, declaradas segundo o Decreto 72/2004, do 2 de abril. A distancia superior a 6 km e 14 km respectivamente con respecto ao proxecto, non asegura que os citados espazos protexidos non vaian resultar afectados polas instalacións do parque eólico.

Distancias das poboacións ao parque eólico proxectado.

Hai unha serie de núcleos habitados que están á beira do parque proxectado. Ademais do impacto visual que lles afecta directamente tamén hai que ter en conta o impacto acústico. De aí que a veciñanza alomenos destes lugares debe ser consultada sobre do seu grao de aceptación ou non do proxecto, e todo isto base ao Convenio europeo da Paisaxe. Os núcleos moi afectados son: Camplongo, Vilar de Arriba, Vilar de Abaixo, Couso de Arriba, Couso de Abaixo, Cabana Moura.

Cómpre ter en conta que o núcleo de poboación de Campolongo está afectado por 3 aeroxeneradores: BZ01, BZ02, BZ05. Couso de Abaixo estaría afectado por 2 aeroxeneradores: BZ02 e BZ03. Cabana Moura estaría afectada por outros 2 aeroxeneradores, os BZ03 e BZ04. Debido as proximidades aos aeroxeneradores precísase un estudo riguroso do impacto acústico e un estudo sanitario sobre dos efectos que sobre da saúde pode ter a exposición ao ruido.

Ao anterior hai que engadir que a promotora non indica nada respecto ás distancias dos aeroxeneradores ás casas illadas. Obvia este extremo.

Distancias do proxecto eólico de Banzas da promotora Green Capital Power S.L. aos núcleos habitados

Impacto acústico MOI SEVERO

As fontes de ruído máis destacadas que se poden considerar en zonas próximas á área de implantación do proxecto eólico son:

 – Os vehículos que transitan polas estradas que rodean a zona de implantación, que a mercantil promotora non indica.

– Vehículos e maquinaria forestal que circulan polos numerosos camiños que se localizan na contorna do parque, que a promotra tampouco indica.

A isto hai que engadir o ruido do parque eólico proxectado, tanto na súa fase de execución como de funcionamento. Polo tanto, cómpre avaliar en conxunto o total dos impactos acústicos e os seus efectos sobre a saúde humana e dos ecosistemas.

Que impacto acústico pode ter sobre a saúde dos habitantes vivir á beira de 3 ou 2 aeroxeneradores que funcionan todos os días do ano, día e noite?

Impacto severo sobre o escribano palustre

 Con respecto ao Plan de recuperación da subespecie lusitánica do escribano palustre (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitanica), o parque eólico Banzas proxéctase sobre a área de distribución potencial, conforme o Decreto 75/2013, do 10 de maio, polo que se aproba o Plan de recuperación desta especie en Galicia.

Impacto severo sobre os mamíferos

Por outra banda, comprobáronse tamén as Zonas Importantes para os Mamíferos (ZIM), as cales constitúen unha listaxe dos espazos de especial importancia para a conservación de mamíferos en España realizado pola Sociedade Española para a Conservación e Estudo dos Mamíferos (SECEM), facendo uso da información existente no Atlas dos mamíferos de España, polo que non só ten en conta as especies presentes nunha área en concreto, senón que tamén o seu grao de ameaza, endemicidad ou vulnerabilidade. Os aeroxeradores BZ1, BZ2, BZ3, BZ4, BZ7, a torre de medición, zona de provisión e a subestación do parque eólico atópanse situados no interior do ZIM Cuenca do Río Tambre.

A clasificación aplicable ao chan sobre o que se asenta o parque eólico é a de “Chan Rústico Común”, “Chan Rústico Protexido de protección Forestal” e “Chan Rústico Protexido de protección Agrícola. Dado que se trata dun planeamento anterior á lei 2/2016 do Chan de Galicia e non adaptado á LOUG, aplicaráselle conforme á disposición transitoria primeira, o disposto na lei 2/2016 para o chan rústico, polo que a afección ao parque eólico no chan deste concello é equivalente a “Chan rústico de protección ordinaria”, “Chan rústico de protección forestal” e “Chan rústico de protección Agrícola”.

Impacto hídrico

O ámbito de estudo do parque eólico sitúase sobre as masas de auga subterráneas denominadas como: MasSub 014.006 “Muros – Noia”, MasSub 014.0067 “Tambre”, e MasSub 014.018 ”Xallas”. As infraestruturas que constitúen o parque eólico, sitúase sobre a masa de auga subterránea denominada “Muros-Noia”.

Impacto sobre a Rede Natura

O ámbito de estudo onde está situado o parque eólico Banzas atópase a máis de 6 km de calquera área protexida incluída en Rede Natura 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Galicia. Sin embargo, esta distancia non garante a non afección. O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia é o instrumento básico para a planificación, ordenación e xestión en rede das Zonas de Especial Conservación (ZEC) e das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), zonas que non se verán afectadas polas infraestruturas que compoñen ao parque eólico. Os espazos naturais máis próximos á zona de afección do presente estudo son: polo sur a máis de 6 km a ZEC Esteiro do Tambre, e polo oeste máis de 14 km a ZEC Carnota – Monte Pindo, declarados ambos os como zonas especiais de conservación polo Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2014, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia; e á súa vez, ambos os espazos naturais considéranse zomo Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), constituíntes da Rede galega de espazos protexidos, declaradas segundo o Decreto 72/2004, do 2 de abril. A mercantil promotora indica que a distancia superior a 6 km e 14 km respectivamente con respecto ao proxecto, asegura que os citados espazos protexidos non estarán afectados polas instalacións do parque eólico. Esta afirmación debera ser avaliada adecuadamente.

Impacto moi severo sobre os hábitats

A Directiva 92/43/CEE do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre e posteriores modificacións define as seguintes categorías:

– Especies de interese comunitario para as que é necesario designar zonas especiais de conservación: Anexo II.

– Especies de interese comunitario que requiren unha protección estrita: Anexo IV.

– Especies de interese comunitario cuxa recollida na natureza e a súa explotación poden ser obxecto de medidas de xestión: Anexo V.

Na cuadrícula  UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase inventariada polo  IEET a especie Euphorbia  uliginosa, planta baixo a categoría  UICN para España de  CR (en perigo de extinción crítico) e segundo o catálogo galego de especies ameazadas atópase  en perigo de extinción.

Esta especie aparece no Noroeste de Galicia ligada a medios higroturbosos con matogueiras hidrófilos de  Genisto  berbereideae- Ericetum  tetracilis (brezales húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica  ciliaris e Erica  tetralix), segundo a Directiva 92/43/CEE).

Sen embargo, a mercantil promotora indica que durante a visita realizada ao emprazamento do futuro parque eólico non se observaron exemplares de  Euphorbia  uliginosa.

Na citada Directiva do 21 de maio de 1992 considéranse os seguintes hábitats:

– Hábitats de interese comunitario: son os que se atopan ameazados de desaparición na súa área de distribución natural, os que presentan unha área de distribución natural reducida por mor de regresión ou debido á súa área intrinsecamente restrinxida, ou os que constitúen exemplos representativos de características típicas dunha ou de varias das cinco rexións biogeográficas seguintes: alpina, atlántica, continental,  macaronesia e mediterránea.

– Hábitats naturais prioritarios (*): son aqueles hábitats ameazados de desaparición cuxa conservación supón unha especial responsabilidade, tendo en conta da importancia da proporción da súa área de distribución natural incluída no territorio.

Os hábitats catalogados no ámbito da poligonal do parque eólico son:

Bosques aluviales de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior Cód. Hábitat: 91E0*

Robledais galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pirenaica Cód. Hábitat: 9230

Brezais húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica ciliaris e Erica tetralix Cód. Hábitat: 4020*
Brezais oromediterráneos endémicos con aliaga Cód. Hábitat: 4090

Formacións estables xerotermófilas de Buxus sempervirens en pendentes rochosas (Berberidion p. p.) Cód. Hábitat: 5110

Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica Cód. Hábitat: 8220
(Fonte: Os hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas).

A mercantil promotora indica que estudou con máis detalle os hábitats recolleitos no polígono 32321, por ser os que se verían afectados polo futuro parque eólico Banzas. É dicir, os menos afectados quedarían fóra do estudo, o que é totalmente anómalo. Polo tanto ten que cumplimentar o estudo de todos eles.

Os aeroxeradores BZ5, BZ6, BZ7, BZ8 e BZ9, así como os viais para acceder aos mesmos, sitúanse sobre os hábitats de interese comunitario Brezais secos europeos (4030) e Brezais oromediterráneos endémicos con aliaga (4090), e o hábitat de interese prioritario Brezales húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica ciliares e Erica tetralix (4020*).

Parte das estruturas localízanse sobre formacións de hábitats catalogadas. A Directiva 92/43 PREVÉ A CONSERVACIÓN DESTES E INDICA EXPRESAMENTE A OBRIGA DE MANTER E RESTABLECER OS MEMOS NUN ESTADO DE CONSERVACIÓN FAVORABLE, polo tanto o proxecto eólico de Banzas é INCOMPATIBLE cos obxectivos de conservación e mantemento en condicións favoralbes dos hábitats citados.

Ao respecto cómpre indicar que a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres establece no seu artigo 2:

“1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.

Os eucaliptais e os incendios favorecen a implantación de eólicos en hábitats protexidos

A mercantil promotora indica que para comprobar a existencia destes hábitats procedeuse á realización dos traballos de identificación en campo, que permitiron definir a área de presenza exacta dos mesmos. Comprobouse que, dadas as alteracións sufridas na contorna (áreas de produción agrícola e forraxeira, incendios forestais, presenza de especies alóctonas, etc.), a mancha inventariada polo Ministerio de Medio Ambiente non coincide co observado en campo.

A propia promotora recoñece que a degradación dos hábitats oferta un marco propicio para a implantación das infraestruturas eólicas.

Afección á fauna

A afección dos aeroxeradores sobre a fauna non se reduce exclusivamente ao risco de colisión de aves coas pas, senón que tamén pode chegar a producir unha importante alteración na utilización do medio por parte da fauna que poboa a zona, en especial das aves, así como cambios no seu comportamento. Este efecto orixínase polos impactos acústico e visual producidos polos aeroxeradores, non resultando posible aceptar, como indica a mercantil promotora, que isto sexa unha medida de precaución das especies que habitan na zona. Deste xeito redúcese biodiversidade ao afectar á área de alimentación e dispersión de certas especies, ou a alterar a liña e altura de voo de certas especies de aves migratorias, etc. En canto á posibilidade de que se configure un espazo baleiro na zona, é dicir, que se produza escaseza de aves por alteración na utilización do medio, así como un cambio substancial no seu comportamento é moi probable que se produza. Deste xeito, trataríase dun impacto SIGNIFICATIVO en relación á implantación do parque eólico Banzas.

Impacto sinérxico e acumulado dos numerosos parques eólicos previstos para a zona de afección do proxecto eólico Banzas: impactos ambientais, paisaxísticos e acústicos. Necesidade dunha avaliación exhaustiva e pormenorizada tanto individual como de conxunto

Cómpre analizar os efectos ocasionados polo novo parque de maneira individual e de maneira colectiva coas instalacións do mesmo tipo xa existentes. Os principais efectos sinérxicos non só se poden desenvolver sobre a paisaxe e a avifauna, como indica a mercantil promotora, senón tamén e ante todo, para a poboación dos núcleos implicados e directamente afectados. Se o impacto acústico era xa severo para os núcleos poboacionais sinalados anteriormente, ao ter en conta os numerosos parques eólicos proxectados e en funcionamento, os efectos e impactos acumúlanse e sobredimensiónanse considerablemente e multiplicando o risco de colisión da avifauna. E isto non está correctamente avaliado en detalle. Ao anterior hai que engadir as liñas de alta tensión e de evacuación previstas e en funcionamento.

Cal vai a ser o impacto paisaxístico global e acumulado?

  • Proxecto eólico Sancosmeiro que afecta aos municipios de Outes e Mazaricos, con 8 aeroxeneradores e 36 MW, a 4.332 metros.
  • Proxecto eólico Alvite I que afecta aos municipios de Mazaricos e Negreira, con 12 aeroxeneradores e 41, 4 MW de potencia instalada a 2.925 metros.
  • Proxecto eólico Alvite II que afecta aos municipios de Mazaricos, Negreira e Santa Comba  con 6 aeroxeneradores e 27 MW de potencia instalada, ubicado a 4.967 metros.
  • Ao oeste do parque proxectado xa existe outro parque en funcionamento, o parque eólico Serra de Outes a tan só 938 metros do proxecto eólico Banzas.
  • Proxecto eólico Outes, en tramitación, a 1.836 metros.
  • Proxecto eólico A Picota, en tramitación, a 2.964 metros.
  • Proxecto eólico Corzán, en explotación, a 2.972 metros.
  • Ao anterior hai que engadir as Liñas de Alta Tensión previstas para cada un dos parques.
Distancias a outros parques en explotación ou en tramitación

Impacto arqueolóxico moi severo e incompatible

O elemento patrimonial GA15056090, A Mina dá Lagoa, en cuxo ámbito de protección subsidiario atópase a SET do parque eólico. A situación da SET invade parcialmente o sector SE de  cautela, situándose a uns 100 metros ao SE do elemento. É importante lembrar que o criterio actual da DXPC é non permitir obras que provoquen novas afeccións dentro das cautelas dos xacementos arqueolóxicos.

Impacto moi severo sobre o patrimonio

É preciso afastar calquer elemento do parque eólico fóra da área de cautela dos bens arqueolóxicos e buscar por tanto outras alternativas, dada a súa incompatibilidade.

A mámoa 1 do Prado de Banzas, catalogada como GA15062017, resulta moi afectada polo proxecto. O mesmo sucede coa Mámoa 2 de Prado de Banzas, GA15062032, pertencente ao concello de Outes. O mesmo sucede coa Mámoa 3 do Prado de Banzas, GA15062033. Ambas as dúas quedan á beira dos aeroxeneradores, na parroquia de San Ourente de Entís.

O proxecto ten un impacto severo sobre o Petrógligo 01, o Túmulo REF02, a Cruz 01 e o TOP01 Cotón das Murallas.

Dado o impacto moi severo que o proxecto eólico supón para o patrimonio cultural e arqueolóxico mencionado debérase de buscar outras alternativas para ós aeroxeneradores. Tampouco se comprende como tendo o parque proxectado unha poligonal tan ampla, se teñan que ubicar os aeroxeneradores precisamente á beira destes bens patrimoniais. Isto resulta incomprensible e inaceptable.

Impacto paisaxístico severo sobre o Mirador Monte do Cotro

Como consecuencia da morfoloxía do territorio, existen puntos altos que ofrecen vistas panorámicas. O mirador máis próximo ao parque é o Mirador Monte do Cotro, que se atopa entre os aeroxeneradores BZ8 e BZ9, sobre dos 200 m e 270 metros de distancia respectivamente. Dada a importancia deste mirador desde o que se observa a desembocadura do río Tambre na ría de Muros –Noia, o impacto paisaxístico resultante é severo.

Por outra banda, atópase unha estrutura defensiva en forma de torre de planta rectangular. Este elemento situaríase a 2.400 metros do aeroxenerador máis próximo, o BZ9, polo que cumpriría que a promotora completara o impacto visual do proxecto eólico sobre este ben patrimonial.

Como queira que a valoración da presenza dun parque eólico na paisaxe é en boa medida subxectiva, sendo un impacto sobre o medio inherentemente asociado á súa existencia, non sendo posible formular medidas que o eliminen totalmente, as comunidades locais afectadas teñen o dereito a dicidir se lles afecta ou non visualmente o proxecto eólico, polo que a empresa promotora debe realizar unha enquisa ou consulta popular á veciñanza afectada sobre a disposición desta a aceptar ou non o impacto visual derivado das instalacións do proxecto eólico Banzas, sobre todo se temos en conta que a planficación eólica prevista no Plan Sectorial Eólico de Galicia resulta caduca,  obsoleta e non democrática, ao non incorporar a normativa da Paisaxe nin permitir a participación pública na súa elaboración.

É importante destacar que o proceso de avaliación ambiental debe incorporarse canto antes ao proceso de deseño dun plan sectorial. Desta forma asegúrase que as valoracións ambientais realizadas teranse en conta no proceso de toma de decisións, o cal conlevará que o deseño final sexa o que menor agresión ocasione ao medio ambiente. Pois ben, no referido ao Plan Sectorial Eólico de Galicia, este non contou no momento da súa aprobación nin da súa modificación posterior, coa normativa das Paisaxes nin a necesaria participación pública, polo que a planificación realizada peta coa realidade dos espazos escollidos e planificados, o que dá lugar como é o presente caso, a graves afeccións ambientais, paisaxísticas e patrimoniais e como non, a consecuencia máis grave é que existan núcleos habitados afectados directamente por tres ou dous aeroxeneradores. A isto hai que engadirlle que non se indica nada respecto ás distancias ás casas illadas.

Conclusións:

É inadmisible o cúmulo de impactos severos que o proxecto do parque eólico Banzas prevé na área da súa influencia. Ningún ser humano merece vivir e desarrollarse na área de influencia de tantos parques eólicos e exposto aos impactos acústicos e paisaxísticos de todos eles. En calquer caso, a veciñanza afectada debe ser consultada sobre a aceptación ou non deste proxecto, que pode marcar un antes e un despois nas súas vidas, tendo en conta ademais que o proxecto non prevé retorno social algún que vaia a mellorar a vida das poboacións afectadas. Polo tanto, a empresa debe consultar á veciñanza de Outes, Mazaricos e Negreira para coñecer se contan ou non coa necesaria licencia social para un proxecto tan agresivo coa entorna na que desarrollan as súas vidas.

A desaparición das antigas vías pecuarias. Vulneración da normativa sobre vías pecuarias
Galería

Queres saber como se baleira a auga acumulada nas galerías dunha mina na Galicia do século XXI? Fai o rego, ábrelle as portas e que vaia polas leiras abaixo….

Fai o rego, ábrelle as portas e que vaia polas leiras abaixo…., que o mundo é moi ancho. Isto é nin máis nin menos o que debeu pensar un CEO de Rafaella Resources Ltd. ou de Galicia Tin & Tungsten cando tivo noticia de que as galerías mineiras da vella mina de Varilongo, en Santa Comba (A Coruña) ficaban asulagadas por mor das derradeiras choivas. Total, os metáis pesados da drenaxe áceda das minas non se ven a simple vista. E dá igual, porque ademais, isto fíxose toda a vida e ninguén protestou nunca. Malo será…

Xa sabemos que son augas industriais, xa sabemos tamén que estas augas poden ter concentracións anómalas de metais pesados, que son nocivos para o medio ambiente e a saúde humana e dos ecosistemas. E sí, xa sabemos tamén que o solo onde está a mina e os arredores está clasificado como solo rústico de especial protección agropecuaria. Sí,… efectivamente, existiu unha transformación urbanística non amparada legalmente. Pero que culpa ten unha empresa mineira ligada a un holding opaco con sede no paraíso fiscal das Illas Virxes Británicas e conectada co administrador que levou á anterior concesionaria á quebra? Que culpa ten a empresa mineira australiana de mentir sistematicamente aos medios de comunicación e accionistas, afirmando que xa tiña recibido financiamento público alemán ademais de ter asegurada a “pre-aprobación” dunha garantía de crédito de 11 millóns de euros do Goberno da Alemaña, o que foi negado frontalmente polo Goberno Federal? Que culpa ten a empresa mineira de que ningunha autoridade lle esixa unha avaliación de impacto ambiental ou que cumpla co plan de restauración ambiental? Que culpa ten Rafaella Resources Ltd. de que faga o que faga, a Xunta de Galicia e a alcaldía de Santa Comba, continúan a dárlle palmadiñas nas costas?

Malo será que o actual alcalde de Santa Comba poña trabas. O anterior ata lle concedeu licencia urbanística municipal e para a actividade extractiva. Eso sí, coa inestimable axuda do “colega” Bernardo Tahoces que continúa de Director de Minas da Xunta de Galicia. É importante que os “grandes amigos” continúen nos seus cargos. Feijóo ben sabe o que fai…

E como se fixo iso? Como foi posible que unha mina paralizada de forma irregular durante máis de 30 anos conseguira finalmente licencia urbanística do concello de Santa Comba no ano 2012? Pois obviando sobre todo que non estaba activa, a pesar de que a realidade era máis que evidente.

Historia da licencia urbanística municipal e do recoñecemento administrativo mineiro da mina de Varilongo, a través da documentación do expediente administrativo:

* No relativo á licenza urbanística municipal consta:

1.- Informe do arquitecto técnico municipal de data de 20/09/2012 onde se indica que a clasificación do chan é CHAN RÚSTICO DE PROTECCIÓN AGROPECUARIA.

2.- Acordo da Xunta de Goberno Local do 27/09/2012 do concello de Santa Comba pola que se outorga licenza urbanística municipal de explotación mineira existente. D. T. 12ª da lei 3/2010 (SEN a previa autorización do Consello da Xunta, oída a Comisión Superior de Urbanismo de Galicia e a proposta da consellería competente en materia de minas).

3.- Informe do asesor xurídico externo de 25/09/2012 (non consta o informe xurídico da Secretaría municipal).

* No relativo ao recoñecemento administrativo consta:

Resolución de 07/05/2012 de Recoñecemento administrativo da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da existencia das unidades de explotación dentro das concesións de explotación do Grupo Mineiro Santa Comba no municipio de Santa Comba (A Coruña), no momento da entrada en vigor da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Dicía por aquela época Don Ángel que: “O recoñecemento administrativo configúrase, por tanto, como esencial para a obtención da licenza urbanística municipal que non require para o seu outorgamento doutro requisito -tampouco do previo ou simultáneo trámite de incidencia ambiental e consecuente licenza de actividade- que o propio recoñecemento administrativo conforme á redacción dada na Lei urbanística e na disposición adicional segunda, apartado 2, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño”.

Xa naquela época, anos 2011 e 2012, o recoñecemento administrativo era a pílula do que hoxe en día coñecemos como “Lei de Depredación” de Galicia. Este recoñecemento administrativo configurábase como un trámite esencial, que non requiría de máis trámite que o propio “recoñecemento” para a obtención da licencia municipal, obviando calquer trámite ambiental.

Pero ollo! Non requiría de trámite ambiental o outorgamento da correspondente licencia urbanística municipal, pero o propio recoñecemento administrativo sí tiña que acreditar que se cumpría coa normativa sectorial, e neste punto, D. Ángel Bernardo Tahoces debera comprobar e acreditar que o Grupo Mineiro Santa Comba dispoñía de proxecto actualizado de explotación e de proxecto actualizado de restaruración ambiental e cumpría con todos os requisitos ambientais vixentes naquelas datas.

O recoñecemento outorgado baséase en:

• Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que na súa Disposición transitoria decimosegunda relativa ás Explotacións mineiras existentes, indica:

“As explotacións mineiras, as actividades extractivas de recursos minerais e os establecementos de beneficio vinculados ás actividades mineiras, cando estas estivesen en activo no momento da entrada en vigor da Lei 9/2002, do 30 de decembro, localizados en chan rústico de protección ordinaria e de especial protección forestal ou das augas que non conten coa preceptiva licenza urbanística municipal para continuar a súa actividade haberán de obtela, unha vez que acrediten a súa existencia con anterioridade á entrada en vigor da citada lei. Para iso, bastará co recoñecemento administrativo da dirección xeral con competencia en materia de minas. Para a obtención da licenza urbanística municipal presentarase no concello a solicitude de regularización, á que se achegará o recoñecemento administrativo anteriormente sinalado, acreditativo do cumprimento da normativa sectorial vixente”.

Por tanto, os requisitos para o devandito recoñecemento serían:

a) Estar en activo no momento da entrada en vigor da Lei 9/2002. (A explotación NON CONSTA QUE ESTIVESE EN ACTIVO).
b) Localizados en chan rústico de protección ordinaria e de especial protección forestal ou das augas. (A clasificación do chan é CHAN RÚSTICO DE PROTECCIÓN AGROPECUARIA).
c) Que acrediten a súa existencia con anterioridade á entrada en vigor da citada lei.

Como queira que a mina de Varilongo atopábase en solo rústico de protección agropecuaria e isto dificultaba a obtención da licencia urbanística, xa que logo, neste caso precisaba de autorización do Consello da Xunta previo o informe da Comisión Superior de Urbanismo, desde a Xunta trataron de arranxar este gran inconveninte publicando a Instrución 10/2011, que establecía os mesmos requisitos para o chan rústico de protección agropecuaria, o rústico de protección ordinaria e de especial protección forestal ou das augas.

Unha Instrución nin sequera é un regulamento administrativo, e como tal, non ten capacidade algunha para modificar ningunha lei. Sen embargo, esta Instrución sí que influiu na interpretación da Lei 9/2002 do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e incluso a chegou a modificar.

• Instrución 10/2011, do 29 de xuño, sobre a aplicación da disposición transitoria duodécima da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación ao recoñecemento administrativo da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Primeiro. O recoñecemento administrativo que expida a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas en aplicación da disposición transitoria duodécima da Lei 3/2008, do 23 de maio, de acordo coa nova redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, acreditará a existencia, á entrada en vigor da Lei 9/2002, do 30 de decembro, das explotacións mineiras, actividades extractivas de recursos minerais e os establecementos de beneficio aos que faga referencia. Estes deberán estar localizados en chan rústico de protección ordinaria e de especial protección agrícola, forestal ou das augas e acreditar ante a autoridade mineira que se atopaban en activo na devandita data.

Segundo. O recoñecemento administrativo acreditará o cumprimento da normativa sectorial vixente e só procederá daquelas explotacións ou actividades extractivas que consten debidamente autorizadas pola autoridade mineira con anterioridade á entrada en vigor da Lei 9/2002, do 30 de decembro. O seu ámbito limitarase aos termos do título de autorización ou concesión vixente o 1 de xaneiro de 2003 e ao proxecto de explotación e plan de restauración que serviron de base para o seu outorgamento. Non será obxecto de recoñecemento administrativo calquera ampliación ou modificación do proxecto de explotación ou de renovación da concesión posterior á devandita data.

O recoñecemento administrativo acreditará:

• O cumprimento da normativa sectorial vixente (augas, paisaxe, medio ambiente, urbanismo, residuos…).

No presente caso a resolución do recoñecemento administrativo nada refire ao respecto.

Requisitos para o recoñecemento administrativo:

• Que a explotación ou a actividade extractiva conste debidamente autorizada con anterioridade á entrada en vigor da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

Que se entende por explotación ou actividade extractiva debidamente autorizada? Pódese entender como tal unha actividade mineira que no ano 2002 levaba máis de 20 anos paralizada e que non dispoñía dun proxecto de explotación nin un proxecto de restauración actualizado a esa data?

Pois non, non se pode entender así. É evidente que non estaba “debidamente autorizada”.

Extensión do recoñecemento administrativo:

• O seu ámbito limitarase aos termos do título de autorización ou concesión vixente o 1 de xaneiro de 2003 e ao proxecto de explotación e plan de restauración que serviron de base para o seu outorgamento.

Preguntámonos: Onde estaba ese proxecto de explotación e o plan de restauración que serviron de base para ese outorgamento que debera estar vixente a 1 de xaneiro de 2003? Por ningures.

Como é logo que Ángel Bernardo Tahoces asina de xeito favorable un recoñecemento administrativo a prol dunha actividade extractiva e dunha empresa que non cumprían cos requisitos esixidos pola normativa vixente naquel momento?

O Grupo Mineiro Santa Comba non dispón de licenza urbanística nin licenza de actividade para realizar a actividade mineira polos motivos seguintes:

• Posible delito urbanístico do artigo 320.1 do Código penal derivado do expediente administrativo de licencia urbanística e recoñecemento administrativo dos dereitos mineiros do Grupo Santa Comba?

Os delitos urbanísticos ou, máis concretamente, os delitos contra a Ordenación do territorio, atópanse recollidos no noso Código penal, dentro do Título XVI, co título “Dos delitos relativos á ordenación do territorio e o urbanismo, a protección do patrimonio histórico e o medio ambiente”. O Capítulo I do Código penal recolle os tipos delituosos nos artigos 319 e 320.

O delito de prevaricación urbanística, con tres manifestacións:

– A prevaricación urbanística nos informes de expedientes urbanísticos, art. 320.1 CP.

– Omisión da inspección art. 320.1 CP.

– A prevaricación urbanística nos actos administrativos de contido urbanístico, art. 320.2 CP.

Cando prescriben estes delitos? Sinala o artigo 131 do Código penal:

“1. Os delitos prescriben:

– Aos vinte anos, cando a pena máxima sinalada ao delito sexa prisión de quince ou máis anos.

– Aos quince, cando a pena máxima sinalada pola lei sexa inhabilitación por máis de dez anos, ou prisión por máis de dez e menos de quince anos.

– Aos dez, cando a pena máxima sinalada pola lei sexa prisión ou inhabilitación por máis de cinco anos e que non exceda de dez. – Aos cinco, os demais delitos, excepto os delitos leves e os delitos de inxurias e calumnias, que prescriben ao ano.

2. Cando a pena sinalada pola lei for composta, estarase, para a aplicación das regras comprendidas neste artigo, á que esixa maior tempo para a prescrición.

3. Os delitos de lesa humanidade e de xenocidio e os delitos contra as persoas e bens protexidos en caso de conflito armado, salvo os castigados no artigo 614, non prescribirán en ningún caso. Tampouco prescribirán os delitos de terrorismo, se houberen causado a morte dunha persoa.

4. Nos supostos de concurso de infraccións ou de infraccións conexas, o prazo de prescrición será o que corresponda ao delito máis grave”.

Por tanto, ao non exceder a pena dos delitos comprendidos nos artigos 319 e 320 dos 3 anos, o prazo de prescrición dos dous tipos delituosos analizados será de 5 anos (tras a Lei Orgánica 5/2010, do 22 de xuño, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, debido a que antes dela o prazo de prescrición era de 3 anos).

Por último, en canto ao “ dies a quo”, isto é, o día desde o que ha de computarse o prazo de prescrición, o mesmo haberá de iniciarse desde o día no que se cometeu a infracción. Así, en canto ao delito de prevaricación, non presentará maiores dificultades determinar o día de elaboración dun informe ou de adopción dun acordo.

Galería

Alerta tras o anuncio da nova lei de “facilitación” do espolio de Galicia

Este domingo, 1 de novembro de 2020 a cidadanía galega espertaba coa noticia de que o goberno galego do Partido popular que lidera Alberto Núñez Feijóo, pretende implantar nun prazo inmediato unha “importante” reforma administrativa orientada a axilizar a autorización de grandes proxectos empresariais. Quérese reducir burocracia e contraer as etapas administrativas que toda iniciativa industrial debe superar antes obter o visto e prace para así comprimir a tramitación e mellorar a competitividade. O obxectivo, segundo o executivo, é acurtar ata un terzo a duración de todo o proceso, que nos casos máis complexos pode levar agora ata máis de tres anos, todo elo a prol das grandes corporacións empresariais eólicas e mineiras, as máis beneficiadas.

Cidadanía en alerta

Esta noticia sorprende sobremaneira e debera alertar á cidadanía e ás entidades naturalistas e ecoloxistas galegas, xa que nestes tempos de coronavirus, nos que a  cidadanía do mundo está a percibir que a situación dos nosos ecosistemas, e moi especialmente o descenso da biodiversidade na natureza, prexudicáronnos, facendo que esteamos máis expostos a que pandemias como a que estamos a sufrir volvan suceder. De novo, o dano que o home inflixe á súa contorna é clave na cadea de transmisión do virus e o goberno da Xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijóo está a implantar unhas políticas económicas agresivas co medio ambiente, que pretenden facilitar, axilizar e acelerar a implantación de proxectos empresariais agresivos e depredadores de recursos acortando os tempos precisos para valorar debidamente os impactos ambientais que dos mesmos se poden derivar.

Galicia en rebaixas e a prezos de saldo. A letalidade das políticas depredadoras do Partido popular de Galicia

Cando aínda a cidadanía galega non asumiu os efectos da chamada “Lei de Depredación de Galicia” que modificou normas tan importantes como a Lei 8/2009 de aproveitamento eólico, a Lei 3/2008 de minería ou a Lei 7/2012 de Montes, esta nova lexislación reduce ás corporacións e grandes empresas os requisitos de declarar os seus proxectos como industriais estratéxicos. Deste xeito benefícianse da ausencia do control urbanístico, e dun uso prioritario do chan fronte a calquera outro uso. Tamén poden recibir adxudicacións directas de chan e maiores subvencións por parte do goberno. Isto ademais é agravado por unha opacidade absoluta en torno á tramitación administrativa, como ocorre no ámbito da minería ou do sector eólico.

As probas evidentes atópanse en casos como o parque eólico do Iribio, paralizado polo TSXG e que Fergo Vento coa complidade do goberno galego pretendía implantar no Courel, en plena Rede Natura. Outro exemplo, as minas de níquel de Castriz en Santa Comba, promovidas por un entramado espúreo de empresas e que con autorización implícita da Xunta de Galicia, pretendía eludir todo tipo de autorizacións e controis ambientais, ao igual que a súa homóloga mina de Varilongo, que reactívase tras máis de 30 anos de paralización irregular sen avaliación de impacto ambiental, logo de contar co beneplácito do Vicepresidente Segundo da Xunta, Francisco Conde.

Outro caso semellante, o proxecto eólico das Salgueiras, en Corme, que pretenden implantar á beira da Rede Natura e sen unha previa avaliación das repercusións sobre a Rede Natura 2000, infrinxindo o Plan de Ordenación do Litoral (POL) e toda a normativa da Paisaxe.

Alerta desde o CSIC

O divulgador científico David  Quammen pensa que o coidado da natureza é un investimento, que se trata da mellor vacina para protexernos de virus que actualmente afectan a animais salvaxes, cos que interactuamos cada vez máis por mor da destrución dos ecosistemas onde viven. A clave dánola Fernando Valladares, doutor en Bioloxía do Centro Superior de Investigacións Científicas de España (CSIC): o papel protector da biodiversidade. A existencia de máis dun millón de especies está ameazada pola acción do home, e con cada perda dunha especie diminúe o efecto de  dilución ou  amortiguamiento da propagación de infeccións dunha especie animal ao home. Este tipo de transmisión de enfermidades coñécese como  zoonosis e e supón xa o 70 por cento das enfermidades emerxentes no mundo.

Alerta desde as Nacións Unidas

Por outra banda as Nacións Unidas onde ademais de incidir na barreira de protección para futuras pandemias que supón a biodiversidade, poñen en valor outros beneficios que presenta o seu coidado: auga e aire limpos, alimentos nutritivos, fonte de medicamentos e coñecementos e, entre moitos outros, mitigación do cambio climático.

Demandas ao Executivo galego de Alberto Núñez Feijóo

Desde algunhas entidades ambientais e ecoloxistas de Galicia demándase ao goberno galego que presidente Alberto Núñez Feijóo:

1.- un pouco de “sentidiño” común en tempos de coronavirus e máis garantías ambientais, para protexer os recursos naturais de Galicia, incluida as Paisaxes galegas afectadas gravemente polo descontrol da planificación eólica de Galicia e a minería irresponsable.

2.- o impulso dun novo Plan Sectorial eólico para Galicia que integre as políticas derivadas das directrices das Paisaxes de Galicia, da protección dos espazos naturais integrados na Rede Natura, no Plan de Ordenación do Litoral (POL), o patrimonio cultural e arqueolóxico e garanta a participación da cidadanía no seu proceso de elaboración.

3.- a paralización inmediata de políticas “facilitadoras” da implantación de empresas, que non teñen outro efecto que a venda de Galicia a prezos de saldo ás grandes industrias e corporacións, que non deixan retorno social algún para as comunidades locais que sofren ou soportan os efectos da depredación dos seus recursos.

4.- o fomento dos bosques e da biodiversidade destes, freando sen demora a expansión incontrolada das plantacións de eucaliptos, os monocultivos forestais e finiquitando unhas políticas de caza letais para os ecosistemas, que fomentan o descontrol cinexético ao permitir a importación de especies de países do leste europeo para aumentar a sobrepoboación, ante a ausencia de especies propias autóctonas.

Galería

Reactívase a mina de Varilongo sen autorización ambiental

  • O rego da Braña Ancha recolle as augas residuais industriais da mina que conteñen drenaxe áceda de minas
  • Os proxectos de explotación e plan de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba nunca foron sometidos a avaliación de impacto ambiental
  • A empresa non dispón de autorización para o baleirado das plantas inundadas e vertedura sen tratamento das augas ao dominio público hidráulico
  • Tanto a Xunta de Galicia como o Alcalde de Santa Comba teñen a obriga legal e ética de acordar, como medida cautelar para garantir a integridade do dominio público hidráulico, a paralización inmediata dos vertidos que conducen a drenaxe áceda do interior da mina ao río Xallas
Rego da Braña Ancha con evidencias de drenaxe áceda de minas

As augas residuais industriais de mina circulan por diferentes canalizacións e balsas ata verterse no rego da Braña Ancha, cara o Sur do punto de bombeo. O empresario de Oleiros, José Manuel Corbal Debén, Director do Grupo Mineiro de Santa Comba que xestiona o entramado de empresas Tin & Tungsten SL, Rafaella Resources, Ulex Minerals e Eurobattery Minerals estaría a reactivar o funcionamento da mina sen as preceptivas autorizacións da Consellería de Industria, de Augas de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente.

As augas residuais de mina que están sendo bombeadas levan acumuladas no interior da mina case 30 anos, desde finais dos anos 1980, contendo con toda probabilidade altas concentracións de metais pesados, ao tratarse dunha antiga explotación de minería metálica con importantes cantidades cuxo xacemento contén importantes cantidades de sulfuros (arsenopirita, calcopirita e pirita) xeradores de drenaxes ácidas de mina, susceptibles de produciren importantes impactos sobre o medio ambiente.

As evidencias visuais da contaminación por metais pesados son claramente perceptibles no transcurso dos 6 km do rego da Braña Ancha desde as instalacións mineiras ata a súa confluencia co Río Xallas. Durante este percurso, e ata a confluencia do Xallas, hai diversos puntos onde se obervan precipitados metálicos en prados e canles resultantes das enchentes que as chuivas dos últimos días provocaron en diversos tramos do río.

A actuación da empresa mineira sería realizada en plena época de choivas para minimizar o risco de detección da elevación da cantidade de metais pesados polo efecto da disolución, salientándose que a empresa non conta con ningún sistema de tratamento que poida eliminar as elevadas concentracións de metais pesados presents nas augas residuais, unha vez que o sistema de balsas polo que pasa só limitan a cantidade de sólidos en suspensión, e non as especies metálicas en disolución, que por tanto están afectando de forma directa ao ecosistema fluvial.

En 25/03/2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas D. Anxo R. Calvo Silvosa dictou “Resolución de transmisión de dereitos mineiros”, que establecía que a explotación das concesións “estará suxeita ás seguintes prescricións”: “Para poder proceder á explotación se deberá contar coa declaración ambiental e coa aprobación do proxecto de explotación e plan de restauración correspondentes” (DOCUMENTO N.º 1).

En 06/08/2009, a necesidade de someter a actividade a avaliación de impacto ambiental é confirmada mediante Informe do enxeñeiro actuario D. Juan Lizaur Otero (DOCUMENTO N.º 2). A pesar do anterior, os proxectos de explotación e plan de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba nunca foron sometidos a avaliación de impacto ambiental, de modo que a empresa concesionaria non dispón de autorización ambiental para realizar a actividade, e moito menos autorización para o baleirado das plantas inundadas e vertedura sen tratamento de ditas augas ao dominio público hidráulico.

Por todo o anterior diversas asociacións, entre as que se atopa a asociación ambiental Petón do Lobo, denunciaron os feitos ante Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos naturais da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e concello de Santa Comba, para que procedan de inmediato á paralización das labores da empresa que xestiona o Grupo Mineiro Santa Comba e a incoación do correspondente procedemento sancionador ante os indicios dun posible ilícito penal contra o medio ambiente e os recursos naturais.

Entrada á mina Carmen de Varilongo, Santa Comba
Galería

A corta de 1.392 carballos lonxevos de dúas fragas maduras de quercus robur de 2,5312 ha. É viable o proxecto do trazado da LAT Cordal –Ousá?

A liña de evacuación de 132 kV do proxecto eólico de Cordal –Ousá proxéctase nos termos municipais de Begonte, Outeiro de Rei e Friol (Lugo) ten a súa orixe na subestación asociada ao parque eólico de Cordal –Ousá, en Friol e remata na subestación de Frigranor, no municipio de Begonte. Presenta un desarrollo lonxitudinal total de 8.484,50 metros, con 24 apoios proxectados e unha lonxitude de 8.019 km. A cota máis alta estaría a 626 metros e a máis baixa a 404 metros. A mercantil promotora é Eólica de Cordales.

A vexetación da superfice afectada está formada por Quercus robur, Castanea sativa, Betula celtiberica Ulex europaeus, Ulex minor e outras, segundo o  mapa Forestal editado polo Ministerio de Medio Ambiente no ano 2000.

A superficie forestal caracterízase pola presenza na súa maior superficie de espazos de vexetación arbustiva e/ou  herbácea (landas e matogueiras), zonas agrícolas heteroxéneas (mosaico de cultivos anuais con praderías e/ou pasteiros), un mosaico de  caducifolias (Quercus  robur,  Castanea  sativa, Betula  celtibérica,  Quercus  pirenaica…) e unha pequena superficie ocupada por unha repoboación de  pináceas.

Paisaxísticamente, a liña localízase na denominada Chairas e Fosas Luguesas, pertencendo á comarca paisaxística da Terra Chá. Chairas e Fosas Luguesas está conformada maioritariamente por dous grandes tipos de paisaxe: chairas e vales interiores, sendo estas condicións óptimas para a gandería.

Dentro das clases de usos de chan, o agrosistema extensivo é o máis abundante dentro da citada Gran Área Paisaxística seguida dun agrosistema intensivo-mosaico forestal, que coincide coa máis representada na superficie de afección do presente proxecto.

En canto a Espazos Naturais, a alternativa da LAT escollida pola mercantil promotora, atravesa 151,7 metros da Zona ZEC denominada Parga-Ladra- Támora con código ES1120003.

Imaxe de Ecoloxistas en Acción Lugo en Twitter. #AsFragasNonSeTocan Fraga (quercus robur e betula celtiberica)

Segundo a ficha da ZEC, as características principais deste espazo é que se trata dunha Zona con importantes bosques de folla ancha,  brezais e praderías melloradas. A calidade e importancia do ZEC derívase dunha extensa rede fluvial asociada a pasteiros, áreas agrícolas e terreos  encharcables que forman un característico complexo húmido.

A actuación prevista atópase localizada dentro dos límites doutra figura: a Reserva da Biosfera Terras  do Miño. A Reserva organízase ao redor da comarca de Terra Chá e a cabeceira do río Miño. No interior hai tres áreas con figuras de protección específica, dúas delas Lugares de Importancia Comunitaria: o complexo fluvial Parga-Ladra- Támoga e a Serra  do  Xistral, esta última singular por conter unha importante representación de hábitats de turbeira. Estes dous espazos, xunto coa Zona de Especial Protección dos Valores Naturais Miño-Neira, conforman a Zona Núcleo da Reserva.

Na zona de trazado localízase o hábitat con código 91E0 entre os apoios 21 e 22 ao seu paso polo río Ladra.

Que pasa coa corta de 1.392 carballos maduros de dúas fragas de quercus robur de 2,5312 hectáreas. É viable desde o punto ambiental, social, paisaxístico e normativo?

Como moi ben di Ecoloxistas en Acción Lugo en Twitter (@EcologistasLugo): “Hoxe estivemos a visitar unha carballeira excepcional, con árbores senlleiras, que se vé ameazada por unha liña de alta tensión dun parque eólico. Non debemos seguir permitindo estas desfeitas a unha Galiza cada vez mais ferida. #AsFragasNonSeTocan”.

Imaxe de Ecoloxistas en Acción Lugo en Twitter. #AsFragasNonSeTocan

En canto á masa arbórea de carballos, que constitúe un bosque antigo de extraordinario valor ambiental, ecolóxico, paisaxístico e que presta grandes servizos ecosistémicos, indicar o seguinte en canto á súa protección:

1.- Correspóndese con hábitats de interese comunitario (Anexo I da Directiva 92/43/CEE e da Lei 42/2007) e que cumpren os criterios esixidos para os designados como “bosques antigos”.

Trátase de hábitats comunitarios non prioritarios (pero tamén sometidos a normas de protección que eviten a súa “deterioración”) que, segundo o Manual de Interpretación de los Hábitats de la Unión Europea (EUR-27 2007 e EUR-28 2013) e pola información técnica do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (2012), serían definidos como carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica (9230) así como Bosques de Castanea sativa (9260).

En relación cos tipos de hábitats de interese comunitario (non prioritarios) de carácter arbóreo sería pois de aplicación todos os supostos que atendan a protexelos da súa “deterioración” (artigo 46 da Lei 42/2007).

2.- Neste sentido, a afección de calquer proxecto industrial ou construtivo, impulsado por promotores particulares ou públicos, sobre os hábitats de carballeiras (9230) e soutos (9260) dá orixe a unha afección moi grave sobre o estado de conservación destas masas, ao provocar a súa redución superficial, a súa fragmentación, alterando a estrutura e as funcións ecolóxicas dun bosque nativo.

Esta redución superficial dos hábitats vese cada día no territorio galego e é motivo de omisións frecuentes das avaliacións ambientais, como é o caso que nos ocupa.

3.- Entre as omisións máis notorias da avaliación ambiental atópase a relativa a dous tipos de hábitats de interese comunitario: carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Q. pyrenaica (9230), e bosques de Castanea sativa (9260). Hábitats que son doadamente recoñecibles e que a súa identificación non mostra ningún problema en relación cos criterios establecidos no Manual de Interpretación de los Hábitats de la Unión Europea e nos documentos técnicos do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Os mencionados hábitats constitúen un exemplo singular dun bosque antigo galego e que forman un ecosistema forestal de grande interese tanto cultural como natural.

Por desgraza as deficiencias derivadas das fases de diagnóstico ambiental acrecéntanse na fase de avaliación, onde non se puideron ter en conta as repercusións dos proxectos sobre determinados tipos de compoñentes (hábitats 9230 e 9260), ao non ser estes correctamente identificados. Isto determina unhas perdas de obxectividade e fiabilidade de todos os procedementos de avaliación de impacto ambiental e en especial das Declaracións de impacto ambiental e dos documentos ambientais.

Imaxe da Plataforma Salvemos Catasós en Twitter. #AsFragasNonSeTocan

Polo tanto, instamos ao órgano substantivo da Xunta de Galicia á revisión detallada do documento ambiental para evitar o deterioro destes tipos de hábitats e a súa conservación nun estado favorable.

En relación cos tipos de hábitats de interese comunitario (non prioritarios) de carácter arbóreo sería pois de aplicación todos os supostos que atendan a protexelos da súa “deterioración” (artigo 46 da Lei 42/2007).

Así pois, ao abeiro do artigo 45 da Constitución española, da Directiva de Hábitats da Unión europea e o Plan Director da Rede Natura 2000, os carballos deben ser obxecto dunha protección específica, e por tanto, de conservación, en condicións tales que se evite a súa deterioración.

4.- Polo tanto, o órgano substantivo deberá adoptar coa debida dilixencia as medidas necesarias para evitar o dano a especies, que se ben son hábitats comunitarios non prioritarios; sen embargo, a normativa vixente esixe a dilixencia debida por parte das Administracións Públicas competentes, para evitar o risco da súa deterioración e garantir a súa conservación nun estado favorable.

Así o artigo 2.2 dá Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, indica expresamente:

“As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”

Posto que existen moitas parcelas con masas homoxéneas dos hábitats citados, instamos a regular a súa protección e a conservación nun estado de conservación favorable de xeito que se evite a súa deterioración, desviando por tanto a liña da LAT como ÚNICA ALTERNATIVA VIABLE , de xeito que non afecte en absoluto ao bo estado de conservación favorable deste tipo de especies.

5.- En canto á ZEC Parga – Ladra – Támora (ES1120003), cómpre indicar que estes espazos son obxecto dunha protección ambiental reforzada. Cando se fala dá Rede Natura, non só trátase de realizar unha avaliación ambiental ordinaria ou simplificada do proxecto, senón que hai que engadir a avaliación adecuada dás repercusións de proxectos sobre a Rede Natura 2000.

A aplicación do principio de precaución aconsella que cando se aprecie que existe obxectivamente algunha “posibilidade” de afección sobre algún espazo RN2000, entón a avaliación de impacto ambiental ha de considerar e incluír a avaliación de repercusións sobre Rede Natura 2000, e coa información que se xere os órganos ambientais competentes poderán apreciar se os efectos avaliados son significativos ou non.

Imaxe de Ecoloxistas en Acción Lugo en Twitter. #AsFragasNonSeTocan

O proceso para realizar unha avaliación adecuada de repercusións sobre a Rede Natura 2000 é basicamente común para a elaboración de Documentos Ambientais e de Estudos de Impacto Ambiental, sempre que se teñan en conta as diferenzas esenciais no alcance entre unha avaliación simplificada (determinar se o proxecto terá ou non impactos ambientais significativos para decidir se se somete ou non a un procedemento ordinario) e unha avaliación ordinaria (determinar a admisibilidad dos impactos, as condicións en que se pode autorizar o proxecto e o seu seguimento). A información resultante integrarase nun apartado de Avaliación de repercusións sobre Rede Natura 2000 do Documento ambiental ou do Estudo de impacto ambiental, segundo proceda.

En espazos Natura 2000 que carecen de Plan de Xestión aprobado, e en cuxas normas de declaración tampouco se determinaron obxectivos de conservación máis específicos, cabe considerar extrapolables e directamente aplicables os obxectivos xerais de conservación da Rede Natura 2000, que de acordo coas Directivas 92/43/CEE e 2009/147/CE poden reformularse como:

Nun LIC /ZEC o único obxectivo posible é: o manter nun estado de conservación favorable os hábitats do Anexo I e as especies do Anexo II da Directiva 92/43/CEE.

Para que a avaliación de repercusións sobre Rede Natura 2000 resulte adecuada, necesariamente debe alcanzar certo grao de desagregación e detalle.

Debe realizarse unha avaliación para cada alternativa do proxecto. E dentro da análise de cada alternativa sobre cada espazo, debe darse unha consideración diferenciada ás repercusións do proxecto sobre cada hábitat ou especie obxecto de conservación ou sobre calquera outro tipo de obxectivo de conservación formulado polo plan de xestión que poidan verse afectados (visión de espazo). Así mesmo, en caso de coñecerse a existencia, ao exterior dos espazos Rede Natura 2000, de determinados elementos da paisaxe ecoloxicamente relacionados cos devanditos espazos que posúan primordial importancia para a biodiversidade e a coherencia da Rede (corredores ecolóxicos e refuxios de paso (stepping stones) sinalados no artigo 10 da Directiva 92/43/CEE), para que a avaliación de repercusións sexa adecuada é igualmente necesario telos en conta e incluír neste paso a identificación preliminar dos impactos previsibles do proxecto sobre os devanditos elementos (visión de Rede).

Polo tanto hai que proceder ao desvío da liña LAT 132 KV PE CORDAL DE OUSÁ-SET FIBRANOR das masas arbóreas protexidas pola Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, en tanto en canto, as mesmas deben manterse nun estado de conservación favorable, que evite a súa deterioración.

Evitar todo tipo de talas e desbroces das masas citadas ou dalgún dos seus exemplares, en tanto que especies de interese comunitario protexidas, os carballos e os castiñeiros deben ser obxecto dunha protección específica, e por tanto, de conservación, en condicións tales que se evite a súa deterioración.

No tocante á ZEC Parga – Ladra – Támora (ES1120003), indicar que estes espazos son obxecto dunha protección ambiental reforzada. Cando se fala dá Rede Natura, non só trátase de realizar unha avaliación ambiental ordinaria do proxecto, senón que hai que engadir a avaliación adecuada dás repercusións de proxectos sobre a Rede Natura 2000. Polo tanto, a mercantil promotora da LAT debe realizar unha nova avaliación ambiental do proxecto por estar esta documentación incompleta, xa que logo ao abeiro do Convenio de Aarhus, a cidadanía ten o dereito de acceso á información pública na súa totalidade e de xeito completo, e non como a presentada a través da Resolución do 24 de febreiro de 2020, na que se expón ao público un estudo de impacto ambiental moi incompleto, sen o grao de detalle preciso e con graves lagoas e insuficiencia de datos en canto á identificación de hábitats e ademais, sen a avaliación adecuada dás repercusións de proxectos sobre a Rede Natura 2000.

Imaxe da Plataforma Salvemos Catasós en Twitter. #AsFragasNonSeTocan

Casa de A Barreira (Santiago de Gaioso), patrimonio esquecido pola LAT Cordal -Ousá. Algún outro elemento patrimonial esquecido e que tamén resulte directamente afectado?

Orixinaria do ano 1575, cando Ares Conde de Monterroso doou o seu fillo, con motivo do seu matrimonio, a cuarta parte do couto de Donalbai e 40 fanegas de centeo, produto da renda de varios lugares e entre eles, Santiago de Gaioso. Xa en 1608, Pedro Ares, fillo do citado Ares Conde de Monterroso, incrementou as herdades coa adquisición da cuarta parte do lugar de A Barreira, converténdose en único dono do mesmo en 1629.

Casa Torre de Barreira
Galería

A asociación ambiental Petón do Lobo denuncia as sondaxes ilegais que a compañía mineira sueca Eurobattery Minerals realiza na parroquia de Castriz, no municipio de Santa Comba (A Coruña)

  • Petón do Lobo insta á Xunta de Galicia á paralización inmediata das prospeccións, en tanto que non someta a exposición pública o proxecto dos permisos de investigación mineira e o plan de restauración das catas, que a mercantil realiza na exploración de níquel, cobalto, cobre e terras raras
  • O dereito mineiro Carmen sobre o que traballa a empresa, caducado dende hai anos, de máis de 2.500 hectáreas de superficie en Santa Comba e Coristanco, abrangue núcleos habitados como o de Castriz, San Salvador, Vilartide, Vilardante de Arriba, Boaña de Abaixo, Boaña de Arriba, Boimente, A Choupana, Esternande, Estévez, Frieiro, O Hospital, A Mostaza, O Outeiro, Padreiro, Traba, Vento, Xallas, O Xesto, Castro, Choupana, Codeseira…etc, masas de auga, fontes, mananciais, granxas e terras da concentración parcelaria de gran aptitude agrícola
  • A asociación insta ao alcalde de Santa Comba a á corporación municipal a esixille á Dirección Xeral de Planificación enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia a paralización inmediata das prospeccións mineiras e o cumprimento estricto da normativa. Tamén insta á cidadanía afectada das parroquias de Castriz e de San Salvador de Padreiro a organizarse para a defensa das súas casas e as súas terras.

Carmen é o nome do dereito mineiro sobre o que Eurobattery Minerals realiza as prospeccións mineiras na parroquia de Castriz para a busca de níquel, cobre o cobalto.

Este dereito mineiro solicitado no ano 1942 e inscrito no censo catastral mineiro no ano 1944 como concesión directa de explotación abrangue 2.559.9400 hectáreas nos municipio de Santa Comba e Coristanco, na provincia da Coruña. Non obstante, a falla de explotación da concesión ao longo do tempo finiquitou o mesmo por caducidade, se ben a Xunta non declarou formalmente a mesma cando debera facelo.

A parroquia de Castriz forma parte do proxecto “Corcel”, que en teoría abarcaría outros dereitos mineiros colindantes con Carmen, como é Santa María de 117.8560 hectáreas, Santa Bárbara de 695.0650 hectáreas e Carballeira de 482.3300 hectáreas, todos eles adquiridos por Eurobattery Minerals no ano 2019 a Galicia Tin & Tungsten, S.L, outra compañía creada para especular con este tipo de dereitos mineiros.

Para a Xunta de Galicia “Galicia é unha mina” e prácticamente boa parte de Santa Comba está enriba dos dereitos mineiros de Eurobattery Minerals. De resultar exitosas as prospeccións é probable que a veciñanza dos núcleos de Boaña de Abaixo, Boaña de Arriba, Boimente, Castriz, A Choupana, Escanande, Estévez, Frieiro, O Hospital, A Mostaza, O Outeiro, Padreiro, Traba, Vento, Xallas, O Xesto non poidan convivir á beira dun proxecto industrial de mina a ceo aberto que empregará explosivos tipo A e que lles obrigaría ao éxodo poboacional.

Por tanto é imprescindible que a veciñanza se organice e demande información tanto ao concello como á Xefatura territorial de Minas da Coruña, xa que logo, o flagrante incumprimento da normativa mineira, a opacidade e falla de transparencia institucional ao redor do proxecto “Corcel”, evidencia que a postura da Xunta de Galicia é estar á beira da empresa e favorecela en todo o que poida, ata o punto de non someter a exposición pública nin os proxectos dos permisos de investigación mineira nin os plans de restauración das catas e prospeccións, nunha tramitación espúrea máis propia de Administracións corruptas e neocoloniais do pasado, que de democracias avanzadas do século XXI.

Galería

O dereito fundamental do apego ao territorio

A conservación baséase nas emocións

George Schaller, un dos biólogos máis reputados a nivel mundial, considerado o pai do conservacionismo, dicía que pódese facer a mellor ciencia do mundo, pero a conservación baséase na emoción, e ao menos que se trate de emocións, nunca se pode facer nada relevante.

De George Schaller é a famosa frase: “Temos que mudar culturalmente a nosa relación có mundo natural”.

A conservación vén do corazón e nunca se debe esquecer isto. É fundamental criar unha sensación de parentesco cós animais, coa natureza, coa auga, coa terra, cos recursos naturais…etc, xa que precisamos dunha implicación emocional que impulse ás masas á acción e ao coidado do territorio no que vive e habita. De aí a importancia dá participación e toma de conciencia dás comunidades locais.

Este é o desafío actual, incluso da ciencia, e moito máis do ecoloxismo e o activismo social e medioambiental: para conectar ás persoas cós problemas cotiás e a necesidade de conservación e restablecemento dos recursos naturais, precisamos da arte e traballar coas emocións. Temos que sentir algo se imos actuar.

Por iso, precisamos de mensaxes que cheguen ao corazón da xente e nos fagan reflexionar. Debemos traballar as emocións. Ao cambiar os pensamentos podemos cambiar a realidade. E a mudanza da realidade non se pode facer á marxe das comunidades locais e incluso dos mass media, se for posible. Por iso o enunciado “A túa casa está enriba dunha mina” ou este outro, “Galicia é unha mina”, promovido incluso a nivel institucional pola Xunta de Galicia, ademais de ser tristes realidades, serven para amosar a gravidade e o alcance real da problemática actual en materia de minería.

A realidade é que as grandes corporacións e mafias neoliberais non se interesan polo país, as terras ou as xentes que as habitan. Queren gañar diñeiro, e máis se son estranxeiras, que queren facelo rápido e irse. Por que é tan difícil ver os beneficios de protexer o medio ambiente? Porque non son inmediatos. Construír unha gran mina, destruíndo centos de quilómetros cadrados de chan e bosques xera unha renda inmediata e iso satisfai a moitos. Pero non ten futuro. Se se perde todo, ninguén vai estar contento. Por iso cómpre cambiar os pensamentos para cambiar esta realidade tan obscena.

A solución: o dereito fundamental de apego. O apego ao territorio e o seu desarrollo

O apego ao lugar é a relación simbólica formada por persoas que dan significados afectivos culturalmente compartidos a un  espazo particular  ou porción de  terreo que ofrece as bases para a comprensión individual e colectiva dá relación co medio ambiente. O apego é ese lazo afectivo que  unha  persoa  ou animal forma entre o  mesmo e un determinado lugar, un lazo que  lle impulsa a permanecer  xunto a ese lugar non  espazo e non tempo. A característica  máis destacada  é a tendencia para lograr e  manter un  certo  grao de  proximidade  ao  obxecto de apego. Existe un  dereito  ao apego. E este  dereito  é un  dereito  inalienable e inherente a  personalidade humana,  aínda que  non  é  exclusiva  desta. Os  animais  tamén  teñen e viven o dereito de apego.

O apego constrúe o vínculo afectivo co medio, e isto é o que desencadea unha reacción emocional ante a noticia dun megaproxecto industrial acaparador de terras, depredador de recursos naturais, expoliador de identidades….etc.

O territorio convértese en algo máis que un espazo físico, representa as raíces, os recordos, as relacións humanas, a privacidade, a identidade.

Trátase de sentimentos: cada fonte, cada recuncho do pobo, cada paxaro, cada carreiro, cada cómaro, cada lembranza, cada cousa ten a súa historia. Noutro lugar non se é ninguén. Róubannos a identidade, a nosa historia, a nosa cultura, o que somos como pobo, como grupo…? Se algo somos, é dentro dese pobo, no seo dese grupo ou comunidade local.

De aí a importancia do bo coñecemento do territorio afectado e incluso da toponimia e sobre todo, da microtoponimia, que vincula emocionalmente á persoa co seu territorio: a casa de Manolo, o lugar do Souto, a eira de Estrela, a chousa de Socorro, a cancela do ribó…

O que non saben os predadores é que as emocións e o corazón moven montañas.

É notorio que o territorio non é só o espazo físico e cultural, senón que inclúe tamén aspectos das biografías, como os mortos e os recordos, ademais das relacións que mencionamos. O apego fundaméntase nunha práctica cotiá que alimenta recordos que provocan emocións. Isto fai que o lugar se transforme en algo que non só pertence ás persoas, senón do que son parte. O tema dos panteóns, por exemplo, é recorrente nas experiencias que supoñen un desprazamento. En case todas as culturas, o lugar no que están enterrados os mortos é sacro, é un vínculo poderoso entre as persoas e o lugar, e presupón unha preocupación máis diante dun  posible desprazamento.

Non ter un lugar ao cal volver cando se desexe, ou atopalo totalmente cambiado, mudado, transformado… presupón desarraigamento, un sentimento de abandono.

As emocións como instrumento para o desarrollo do apego e a defensa dá terra

É fundamental traballar o apego ao territorio na resistencia contra os megaproxectos industriais envelenados de fascismo neoliberal. Espertar a intensidade emocional e os vínculos entre as persoas e o lugar onde viven ou o seu lugar de nacemento ou de orixe é fundamental. Só así se garante o cambio de mentalidade, a conciencia social das masas ante o expolio e a protección e conservación dos recursos naturais.

Por iso, o activismo actual ten a ardua tarefa de desarrollar o apego ao territorio para contribuir a defensa deste e os seus recursos. Ben o sabía o biólogo alemán George Schaller, que insistía na importancia das emocións como instrumento necesario para a conservación dos recursos naturais e dos territorios.

O levantamento do veo

As mafias mineiras e institucionais traballan no senso contrario: fomentando o desapego. E isto cómpre telo moito en conta. O desapego á terra, o desapego aos recursos naturais, o rexeitamento ao lugar de orixe… Cantas veces non escoitariamos falar “…ese eido non vale nada”, “os montes agora só causan problemas…” ou “para que queres esas terras que só che xeran conflitos…“, “na aldea non hai futuro…”, “a aldea é cousa de pobres…”.

Metodoloxía para capitalizar o apego ao territorio e á defensa da terra

Reflectir a totalidade da problemática que axexa á comunidade desde o proxecto industrial fabricado nos despachos da mafia neoliberal: mercantís sen escrúpulos, profesionais da política corruptos, medios de comunicación contaminados e empregados públicos que se enredan na telaraña para defender intereses espúreos. Estes e non outros, son os catro alicerces básicos que sostén un macroproxecto industrial depredador de recursos do común.

O espertar das emocións e o corazón son o instrumento fundamental para a defensa da terra.

E ben o sabe o amigo lobo…., que precisamente coida do seu territorio desarrollando todo o seu apego. O lobo é, obxectivamente, o depredador  apical (“apex predator”) que máis desarrolla o apego na súa función ecolóxica nos ecosistemas. E na defensa da terra, cómpre sermos neste senso un pouco lobos.

(Estás a ler un artigo que pertence á serie “Lobo e Territorio. O desarrollo dá cidadanía activa”, dá asoc. ambiental e cultural Petón do Lobo).

Queres coñecer algo máis de George Schaller? El dicía:

“Brasil proxectou 417 represas na  Amazonia. Calcule cantas estradas implica iso, cantas persoas circulando, canta caza nesa área e cantos bosques serán destruídos”. A que dá que pensar?