Galería

Xa podes descargar a alegación á Folla do roteiro para a xestión «sostible» das materias primas minerais do Ministerio. Galicia NON é unha mina. Participa!

Leito fluvial contaminado pola actividade mineira irresponsable no municipio de Touro (A Coruña)

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación á Folla do roteiro para a xestión «sostible» das materias primas minerais do Ministerio. Galicia NON é unha mina. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 25 de abril de 2022.

Podes consultar o Borrador da Folla do roteiro para a xestión «sostible» das materias primas minerais no seguinte enlace:

https://energia.gob.es/_layouts/15/HttpHandlerParticipacionPublicaAnexos.ashx?k=41163

Galería

Axúdanos a pedir transparencia na política de caza da Xunta e acceso á información cinexética. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solictude de acceso á información en materia de caza en Galicia. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar o recurso de alzada: 30 de maio de 2022.

Que se pide?

1.-  A participación pública na elaboración dos plans de ordenación cinexética nas zonas libres de caza, dado que están a elaborarse, segundo se comentou no Comité galego de caza. Con esta finalidade prégase que procedan á apertura dun periodo de participación pública para o envío de suxerencias e o fomento da participación pública na súa elaboración e así garantir os distintos intereses afectados, tal e como recolle o artigo 1 da Lei 13/2013, de 23 de decembro, de caza de Galicia. Ademais como ben di a exposición de motivos da lei, a caza constitue un dereito orixinario que corresponde a todos os administrados.

2.- No caso de estaren xa elaborados, acceso aos plans de ordenación cinexética das zonas libres de caza, e acceso aos plans anuais de aproveitamento cinexético das zonas libres de caza.

3.- Aclaren a esta parte se a Dirección Xeral de Patrimonio Natural cumpriu a súa obriga de xestión das zonas libres de caza e se prevé comezar a nova tempada de caza (1 de agosto), con ou sen plans de xestión para estas zonas libres.

4.- Acceso a esta parte, na forma que lles resulte máis fácil, aos plans de ordenación cinexética e aos plans anuais de aproveitamento cinexético aprobados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Os plans de ordenación cinexética tiveron que aprobarse en marzo deste ano. Confirme este extremo e faciliten o acceso aos mesmos.

5.- Reitérase a solicitude de prohibición dos campionatos de raposos, xa que logo a súa finalidade contradí o artigo 1 da Lei de caza de Galicia. Téñase en conta que o rexeitamento social aos campionatos de raposos e á caza do raposo en xeral increméntase cada ano en Galicia e é fácilmente constatable. Non ten sentido que se apoie a caza dunha especie que goza de gran aprecio por parte da cidadanía polas excelentes funcións ecosistémicas que desempeña.

6.- Remita a esta parte ou poña a disposición desta parte un exemplar do Manual dos plans de ordenación cinexética (POC) que teñen a disposición pública para a elaboración destes por parte dos Tecores e ao que fixeron referencia na reunión do Comité galego de caza do día 4 de abril.

7.- Acceso aos informes técnicos e estudos que mencionou a Presidenta do Comité galego de Caza durante a reunión do día 4 de abril de 2022 (reunión do Comité galego de caza) e que se consideran importantes para esta parte e en xeral para as entidades naturalistas e ecoloxistas de Galicia, para entender a planificación e os datos da tempada de caza para o ano 2022/2023 realizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

8.- Procedan á revisión dos plans de aproveitamento cinexético tendo en conta que nos termos municipais de Guitiriz, Vilalba, Xermade e Aranda é posible a presencia da cría de abetouro ou boi, especie en perigo de extinción. O mesmo se pide en relación coa posible presencia de arcea nidificante no Monte Neme, entre os municipios de Carballo e Malpica de Bergantiños, e todo elo coa finalidade de recuperar e conservar estas especies. Indiquen as medidas a adoptar nestes casos.

A Sociedade Galega de Historia Natural, en contra da caza do raposo: “É un contrasentido”

«Eses campionatos perpetúan a idea de que os raposos son unhas alimañas ás que controlar», denuncia Serafín González.

https://nostelevision.gal/a-sociedade-galega-de-historia-natural-alza-a-voz-en-contra-da-caza-do-raposo-e-un-contrasentido/

Medra a oposición social á matanza de raposos
Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Mancelo en Covelo e A Cañiza (Pontevedra) e Avión (Ourense). Descarga o modelo de alegación e participa!

    Aguia real (Aquila chrysaetos) na Serra do Suído

Coñece as características do proxecto do parque eólico Mancelo que afecta á Serra do Suído e á Serra do Faro de Avión. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Mancelo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 4 de maio de 2022.

Podes acompañar ao modelo de alegación a seguinte documentación:

A Serra do Suído e o Alto do Tea. Guía do Patrimonio Natural e Etnográfico

INVENTARIO de HÁBITATS y ESPECIES de INTERÉS COMUNITARIO en el ESPACIO NATURAL SIERRA de O SUÍDO ‐ ALTO TEA, de Santiago Barciela García e Ignacio Munilla Rumbao

Proposta da ampliación da Rede Natura 2000 da Xunta de Galicia, ano 2011


Mámoas do Monte Moncelo afectadas polo proxecto eólico Mancelo
A Peniza da Moura, afectada polo proxecto eólico Mancelo
Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Lucecú en Guitiriz, Vilalba, Xermade (Lugo) e Aranga (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características do parque eólico Lucecú:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Lucecú en Guitiriz, Vilalba, Xermade (Lugo) e Aranga (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 13 de maio de 2022.

Podes consultar o mapa das infraestruturas eólicas do proxecto eólico Lucecú no seguinte enlace web da Plataforma Monfero Di Non:

https://mapaseolicos.wordpress.com/?s=Lucec%C3%BA

Avetouro, especie en perigo de extinción, afectada polas infraestruturas do parque eólico Lucecú
Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación á solicitude de concesión para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no Lago das Pontes. Non á privatización da auga do lago! Descarga o modelo de alegación e participa!

Cauces e masas de auga da área de afección do proxecto

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións á solicitude de concesión para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no Lago das Pontes. Non á privatización da auga do lago! Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 25 de abril de 2022.

Ou se o prefires podes descargar un modelo de alegación máis breve:

Podes achegar co modelo de alegación a seguinte documentación:

  • Declaración de impacto ambiental do proxecto de enchido do lago das Pontes:
  • A restauración da escombreira da antiga mina das Pontes:

Podes consultar o anuncio no BOP da Coruña no seguinte enlace:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/03/24/2022_0000001430.html

Datos do proxecto:

http://augasdegalicia.xunta.gal (na sección denominada Participación Pública).

Galería

Axuda a protexer os raposos na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia censos dá especie e a prohibición de campionatos. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Axuda a protexer aos raposos na Resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa! Prazo ata o 31 de maio de 2022.

Pídese á Dirección Xeral de Protección Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do raposo en Galicia e estudos científicos que garantan a súa viabilidade como especie cinexética de cara á resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación.

2.-  A prohibición dos campionatos de raposos en Galicia que claramente vulneran a Lei 13/2013 de caza de Galicia. Segundo esta lei, non seu artigo 1. Obxecto e finalidade, indica: “Esta lei ten por obxecto regular ou exercicio dá caza na Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de protexer, conservar, fomentar e aproveitar ordenadamente os seus recursos cinexéticos de xeito compatible co equilibrio natural e cos distintos intereses afectados”.

Galería

Piden a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade que esixe a lei. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Entidades ecoloxistas de Galicia piden a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade que esixe a lei.

Como ben di a Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia no seu artigo 78, a composición dos comités de caza incluirá no seu ámbito unha representación ampla das entidades relacionadas co mundo da caza, da conservación da natureza e das administracións públicas.

Sen embargo, esta ampla representación non existe para as entidades relacionadas coa conservación da natureza, a quen a normativa só lles permite ter unha persoa representante. Non así as entidades relacionadas co mundo do caza. Así a Federación Galega de Caza conta con 5 representantes e o mundo da caza en xeral conta con 6, ao incluir  unha representación de sociedades ou asociacións de cazadores. A Xunta de Galicia conta a súa vez con 11 persoas representantes, incluidas a presidencia e secretaría do Comité. A desproporción por tanto é evidente, vulnerándose a normativa de caza que indica que a representación ampla tamén lle correponde ás entidades da conservación da natureza.

Por outra banda, non se entende como por parte da Xunta de Galicia no canto de designarse unha representación das consellerías competentes en materia de agricultura, turismo e deportes, tal e como indica o Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia,  se designen tres.

Accede á composición do Comité galego de Caza e á normativa que o regula:

https://transparencia.xunta.gal/tema/transparencia-institucional/estrutura-organica-e-funcional/organos-colexiados-adscritos?content=/Portal-Transparencia/Unidades_informacion_transparencia/interiores/Tema_2/organos-colexiados/transparencia_0078.html&langId=gl_ES

Pide a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Coto Loureiro, nos concellos da Laracha e Cerceda (A Coruña), na Serra de Montemaior. Descarga o modelo de alegación e partipa!

Mirador de Sta. Marta (A Laracha)

Coñece as características do proxecto do parque eólico Coto Loureiro. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Coto Loureiro. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 29 de abril de 2022.

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación á solicitude de concesión de Coventina Renovables sobre o lago das Encrobas ou Meirama. Non á privatización da auga do lago! Participa!

Imaxe do proxecto de Coventina Renovables para a central de bombeo das Encrobas. Imaxe da balsa superior e da entulleira

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da Central hidroeléctrica reversible ou de bombeo que prevé Coventina Renovables (ou Tasga) para o lago das Encrobas ou Meirama. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 12 de abril de 2022.

Rego Biduído e o seu val fluvial, que o proxecto prevé eliminar para instalar a entulleira

Podes consultar o anuncio do BOP:

Imaxes do Complexo húmido do Xalo: Braña Grande e Brañas do Torreiro, afectadas polo proxecto de Coventina Renovables.

Mira o video sobre os impactos do proxecto sobre a Braña Grande e as brañas do Torreiro:

Galería

A Xunta prevé converter o Monte Neme nunha estación macroeólica rodeada de labores mineiras sen restaurar

Vistas desde o Monte Neme
  • Plataformas e entidades bergantiñás critican que a Xunta de Galicia non restaure as labores mineiras abandonadas do Monte Neme nin drene as augas ácedas das balsas de lodos, froito da minería irresponsable e do desleixo da Administración, pero que en cambio permita a instalación de macroeólicos no cume deste monte sacro.
  • Entidades de toda Galicia rexeitan os macroeólicos do Monte Neme

Enel Green Power España, S.L.U. prevé instalar 4 macroeólicos de 200 metros de altura no Monte Neme. O proxecto eólico está a exposición pública ata o 22 de abril deste ano. As instalacións afectan directamente a cauces como a Fonte Seca, orixe do rego Bandeira, onde se atoparon restos cerámicos e a sonada “arracada” de Cances, unha xoia de ouro galaica da Idade de Ferro.

Pero ademáis o Monte Neme é un dos 74 xacementos romanos da costa ártabra nunca intervidos desde o punto de vista arqueolóxico. Así o confirma unha tese doutoral do ano 2019 de María Josefa Loira Enriquez sobre “O proceso de romanización do antigo territorio dos ártabros: formas de poboamento e organización territorial ao longo do periodo romano”.

Ademais do valor patrimonial, o Monte Neme é un excelente mirador ao Atlántico, desde onde se observa todo o municipio de Malpica e boa parte de Carballo. Desde algún dos seus puntos máis elevados pódese ver incluso ata Ferrol. Cos seus 386 metros, este monte é visible desde calquer punto o territorio carballés.

Por iso o impacto paisaxístico dos macroeólicos previstos por Endesa será brutal para unha comarca que vive do turismo e da paisaxe. Carballo, que se vende turísticamente como “Senda do Mar” xa pode chamarse agora “Senda dos Eólicos”.

Praias como Pedra do Sal, Razo –Baldaio, Leira e Santa Mariña ocupan case 7 km de costa, xunto con pequenas calas como a de Montefonte. A praia de Razo – Baldaio con 5 km de lonxitude é un dos areais máis fermosos de Galicia aos que hai que engadir o alto valor ecosistémico da Rede Natura, no complexo marismeño –lagunar de Baldaio.

Endesa tamen obvia a importancia da arqueoloxía da paisaxe no Monte Neme, xa que este monte está na liña visual directa con outros como o Monte Perrol ou o Pico de Meda. Ademais, está rodeao por 4 castros: o Castro de Oza, Castro do Rodo, Castro de Cances e Castro de Brión.

O proxecto de Endesa obvia todos os impactos paisaxísticos e patrimoniais do Monte Neme e incluso prevé unha liña evacuación que, superando todas as expectativas do que o malo pode ser incluso peor,  contempla unha lonxitude e 15 km con 64 apoios e afeccións irreversibles para a Rede Natura ZEC Río Anllóns, á Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Val fluvial do río Lourido,  á Carballeira de Sta. Mariña do Remuíño e ao Camiño de Santiago Vía Céltica ao seu paso polo val fluvial.

As plataformas e entidades solicitan o rexeitamento do proxecto eólico polo impacto paisaxístico e patrimonial inasumible e solicitan aos concellos de Carballo e de Malpica de Bergantiños que fagan o mesmo.

Monte Neme, 14 de marzo de 2022

Apoian:

Plataforma Monte Neme de Carballo e Malpica de Bergantiños

Asociación ambiental Petón do Lobo

Comité pola Defensa das Rías Altas

Asociación galega Cova Crea

Plataforma non máis eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural

Asociación “O Ouriol do Anllóns”

Plataforma veciñal O Cerqueiral de Coristanco

Plataforma veciñal “As Salgueiras” de Ponteceso

Sindicato Labrego Galego

Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra (Asociación Senda Nova, Asociación Contramínate de Laxe, Asociación de Veciños de Cereo, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños…etc.)

Ecoloxistas en Acción Ortegal

Ecoloxistas en Acción Coruña Sur

Colectivo Apeom de Outes

Plataforma Quijote

Ecoloxistas en Acción Costa da Morte

Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde en Lugo

Plataforma Stop Eólicos de Paradela

Movimento Ecoloxista da Limia

Asociación Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo

Plataforma veciñal Monfero Di Non

Plademar Muros-Noia

Ecoloxistas en Acción Lugo

Plataforma Salvemos O Iribio

Asociación en Defensa da Costa da Morte (Adecom)

Mina Touro – O Pino Non

Ecoloxistas en Acción A Mariña

Ecoloxistas en Acción Ártabra

Ecoloxistas en Acción Barbanza

Ecoloxistas en Acción Sarria-Monforte

Víctimas de la Justicia

Plataforma pola Convivencia Ética con Fauna Silvestre «Con-Ética»

Ecoloxistas en Acción Ribeiro

Rede do Rural

Asociación cultural Roxín Roxal

Ecoloxistas en Acción Galicia Centro

Cabanas Di Non

Montes de Chá

Serán na lagoa de Baldaio

O Monte Neme: da orixe sacra a minería irresponsable. E agora macroeólicos. Gracias #QuijotedeOutes

#noneólicosmonteneme#stopespolio#stopespolioeólico

Galería

Coñece o parque eólico Monte Contado con 9 muíños de 223 metros en Castroverde e Lugo. Descarga o modelo de alegación e participa!

Fortificación medieval O Castelo

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Monte Contado. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Monte Contado con 9 muíños de 223 metros en Castroverde e Lugo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 12 de abril de 2022.

Pena da Ermida
Mámoa do Monte da Medorra
Galería

Coñece o parque eólico Reboiro nos municipios de Baralla, Castroverde e O Corgo (Lugo). Descarga o modelo de alegación e participa!

Ponte de Covas

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Reboiro. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Reboiro nos municipios de Baralla, Castroverde e O Corgo (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 8 de abril de 2022.

Coñece dúas aves moi afectadas polo parque eólico Reboiro e que están en perigo:

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación ao parque eólico Caíño en Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado e Abegondo (A Coruña); e Guitiriz (Lugo). Participa!

Muíño de Portalaxe, Curtis

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Caíño en Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado e Abegondo (A Coruña); e Guitiriz (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 5 de abril de 2022.

Podes consultar o mapa das infraestruturas eólicas do proxecto eólico Brancellao no seguinte enlace web da Plataforma Monfero Di Non:

Podes consultar o anuncio da exposición pública no seguinte enlace:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/02/22/2022_0000000849.pdf

Ponte dos Carneiros, Aranga
Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación ao parque eólico Brancellao en Boimorto, Curtis, Vilasantar, Frades, Mesía, Ordes e Carral (A Coruña) e con afección severa á ZEC e ZEPVN Esteiro do Tambre e ao ENIL río Abelleira. Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Brancellao en Boimorto, Curtis, Vilasantar, Frades, Mesía, Ordes e Carral (A Coruña) e con impacto severo á ZEC e ZEPVN Esteiro do Tambre e ao ENIL río Abelleira. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 5 de abril de 2022.

Podes consultar o mapa das infraestruturas eólicas do proxecto eólico Brancellao no seguinte enlace web da Plataforma Monfero Di Non:

https://mapaseolicos.wordpress.com/?s=Brancellao

Podes consultar o anuncio da exposición pública no seguinte enlace:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-4714