Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Monteiro, en Baralla, Baleira e Becerreá (Lugo). Descarga o modelo de alegación e participa!

O Cádavo en Baleira e o Camiño Primitivo

Coñece as características do proxecto do parque eólico Monteiro, en Baralla, Baleira e Becerreá (Lugo). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Monteiro, en Baralla, Baleira e Becerreá (Lugo).  Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 15 de setembro de 2022.

Baleira e o Camiño Primitivo
As serras luguesas, as grandes afectadas polos parques eólicos Monteiro e Restelo
As serras luguesas, as grandes afectadas polos parques eólicos Monteiro e Restelo

Imaxe do proxecto
Galería

Axúdanos a pedir transparencia na política de caza da Xunta e acceso á información cinexética. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solictude de acceso á información en materia de caza en Galicia. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar o recurso de alzada: 30 de maio de 2022.

Que se pide?

1.-  A participación pública na elaboración dos plans de ordenación cinexética nas zonas libres de caza, dado que están a elaborarse, segundo se comentou no Comité galego de caza. Con esta finalidade prégase que procedan á apertura dun periodo de participación pública para o envío de suxerencias e o fomento da participación pública na súa elaboración e así garantir os distintos intereses afectados, tal e como recolle o artigo 1 da Lei 13/2013, de 23 de decembro, de caza de Galicia. Ademais como ben di a exposición de motivos da lei, a caza constitue un dereito orixinario que corresponde a todos os administrados.

2.- No caso de estaren xa elaborados, acceso aos plans de ordenación cinexética das zonas libres de caza, e acceso aos plans anuais de aproveitamento cinexético das zonas libres de caza.

3.- Aclaren a esta parte se a Dirección Xeral de Patrimonio Natural cumpriu a súa obriga de xestión das zonas libres de caza e se prevé comezar a nova tempada de caza (1 de agosto), con ou sen plans de xestión para estas zonas libres.

4.- Acceso a esta parte, na forma que lles resulte máis fácil, aos plans de ordenación cinexética e aos plans anuais de aproveitamento cinexético aprobados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Os plans de ordenación cinexética tiveron que aprobarse en marzo deste ano. Confirme este extremo e faciliten o acceso aos mesmos.

5.- Reitérase a solicitude de prohibición dos campionatos de raposos, xa que logo a súa finalidade contradí o artigo 1 da Lei de caza de Galicia. Téñase en conta que o rexeitamento social aos campionatos de raposos e á caza do raposo en xeral increméntase cada ano en Galicia e é fácilmente constatable. Non ten sentido que se apoie a caza dunha especie que goza de gran aprecio por parte da cidadanía polas excelentes funcións ecosistémicas que desempeña.

6.- Remita a esta parte ou poña a disposición desta parte un exemplar do Manual dos plans de ordenación cinexética (POC) que teñen a disposición pública para a elaboración destes por parte dos Tecores e ao que fixeron referencia na reunión do Comité galego de caza do día 4 de abril.

7.- Acceso aos informes técnicos e estudos que mencionou a Presidenta do Comité galego de Caza durante a reunión do día 4 de abril de 2022 (reunión do Comité galego de caza) e que se consideran importantes para esta parte e en xeral para as entidades naturalistas e ecoloxistas de Galicia, para entender a planificación e os datos da tempada de caza para o ano 2022/2023 realizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

8.- Procedan á revisión dos plans de aproveitamento cinexético tendo en conta que nos termos municipais de Guitiriz, Vilalba, Xermade e Aranda é posible a presencia da cría de abetouro ou boi, especie en perigo de extinción. O mesmo se pide en relación coa posible presencia de arcea nidificante no Monte Neme, entre os municipios de Carballo e Malpica de Bergantiños, e todo elo coa finalidade de recuperar e conservar estas especies. Indiquen as medidas a adoptar nestes casos.

A Sociedade Galega de Historia Natural, en contra da caza do raposo: “É un contrasentido”

«Eses campionatos perpetúan a idea de que os raposos son unhas alimañas ás que controlar», denuncia Serafín González.

https://nostelevision.gal/a-sociedade-galega-de-historia-natural-alza-a-voz-en-contra-da-caza-do-raposo-e-un-contrasentido/

Medra a oposición social á matanza de raposos
Galería

Pide censos actualizados do xabaril, un Plan de xestión e estudos científicos rigurosos dá especie na vindeira Resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Pide censos actualizados do xabaril, un Plan de xestión e estudos científicos rigurosos dá especie na vindeira Resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo e melloralo. Participa! Prazo ata o 31 de maio de 2022.

Pídese á Dirección Xeral de Patrimonio Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do xabaríl e informes científicos rigurosos sobre a influencia da caza na poboación e nos comportamentos do xabaril. A presión cinexética que se exerce sobre o xabaril é enorme e non da os resultados esperados.

2.- A aprobación sen demora dun Plan de Xestión para o Xabaril en base a un censo rigoroso dá súa poboación.

3.- Controlar a poboación de xabarís a través dun método ético e científico e non organizar batidas para matalos a tiros.

E todo elo con carácter previo á súa inclusión como especie cinexética na Resolución anual de caza para a tempada 2022/2023 e tendo en conta o disposto no artigo 65.2 “Especies obxecto de caza e pesca” do Capítulo IV “Da protección das especies en relación coa caza e a pesca continental” en relación ao artigo 2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade:

“En todo caso, o exercicio da caza e a pesca continental regularase de modo que queden garantidos a conservación e o fomento das especies autorizadas para este exercicio”.

A manga ancha da Xunta co lobby escopeteiro
Galería

Axuda a protexer os raposos na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia censos dá especie e a prohibición de campionatos. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Axuda a protexer aos raposos na Resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa! Prazo ata o 31 de maio de 2022.

Pídese á Dirección Xeral de Protección Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do raposo en Galicia e estudos científicos que garantan a súa viabilidade como especie cinexética de cara á resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación.

2.-  A prohibición dos campionatos de raposos en Galicia que claramente vulneran a Lei 13/2013 de caza de Galicia. Segundo esta lei, non seu artigo 1. Obxecto e finalidade, indica: “Esta lei ten por obxecto regular ou exercicio dá caza na Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de protexer, conservar, fomentar e aproveitar ordenadamente os seus recursos cinexéticos de xeito compatible co equilibrio natural e cos distintos intereses afectados”.

Galería

Pedimos á Xunta que persiga a caza furtiva do lobo en Galicia. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Entidades ecoloxistas de Galicia piden que se persiga o furtivismo e as matanzas de lobos en Galicia e solicitan información ao respecto.

O 24/01/2021 no Monte Penedo da Estrada aparecía morto un lobo a tiros por un cazador tras confundilo con un raposo, durante unha batida de xabarín. Isto dou lugar a unhas dilixencias previas (18/2021) no Xulgado da Estrada que remataron arquivándose, ao non poder probarse a actuación dolosa do cazador, pese á evidente actuación neglixente do cazador “experimentado”.

O 28/03/2021 nos Montes de Requeixo – Chandrexa de Queixa apareceu morto outro lobo por un lazo, que dou lugar a unhas dilixencias previas no Xulgado da Pobra de Trives (58/2021), que remataron arquivándose pola falla de identificación do autor furtivo.

O furtivismo voltou a campar as súas anchas na Serra do Barbanza a finais do ano 2021, está vez de forma máis grave, por afectar a máis exemplares de lobo.

O furtivismo tamén campea en parques naturais de Galicia como o parque natural das Fragas do Eume.

Que está a facer a Dirección Xeral de Patrimonio Natural para frear a caza furtiva e as neglixencias dos cazadores que en vez de matar raposos, por suposta confusión, rematan matando lobos?

Hai un rexistro dos exemplares de lobos vítimas do furtivismo? Hai implementadas medidas para evitar que isto se produza? Estase a realizar un seguimiento máis intensivo da especie e das conductas dos cazadores ao respecto? Por que estes datos non aparecen no apartado de Infolobo da web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda? Cantos expedientes sancionadores ten incoado pola caza furtiva do lobo?

Por iso pedimos limitar as actividades cinexéticas e intensificar o seu control na Serra do Barbanza, nos montes da Estrada, en Pobra de Trives e as Fragas do Eume. Neste último, mentras non exista un Plan Reitor que ampare a protección da especie e os seus hábitats, é preciso limitar a caza e intensificar a vixiancia e o control.

Descarga o modelo de solicitude para pedir a loita contra o furtivismo e participa! Axuda a crear conciencia da problemática da caza furtiva do lobo en Galicia!

Galería

Piden a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade que esixe a lei. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Entidades ecoloxistas de Galicia piden a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade que esixe a lei.

Como ben di a Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia no seu artigo 78, a composición dos comités de caza incluirá no seu ámbito unha representación ampla das entidades relacionadas co mundo da caza, da conservación da natureza e das administracións públicas.

Sen embargo, esta ampla representación non existe para as entidades relacionadas coa conservación da natureza, a quen a normativa só lles permite ter unha persoa representante. Non así as entidades relacionadas co mundo do caza. Así a Federación Galega de Caza conta con 5 representantes e o mundo da caza en xeral conta con 6, ao incluir  unha representación de sociedades ou asociacións de cazadores. A Xunta de Galicia conta a súa vez con 11 persoas representantes, incluidas a presidencia e secretaría do Comité. A desproporción por tanto é evidente, vulnerándose a normativa de caza que indica que a representación ampla tamén lle correponde ás entidades da conservación da natureza.

Por outra banda, non se entende como por parte da Xunta de Galicia no canto de designarse unha representación das consellerías competentes en materia de agricultura, turismo e deportes, tal e como indica o Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia,  se designen tres.

Accede á composición do Comité galego de Caza e á normativa que o regula:

https://transparencia.xunta.gal/tema/transparencia-institucional/estrutura-organica-e-funcional/organos-colexiados-adscritos?content=/Portal-Transparencia/Unidades_informacion_transparencia/interiores/Tema_2/organos-colexiados/transparencia_0078.html&langId=gl_ES

Pide a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación ao proxecto da LAT a 66 kV  dende o parque éolico dos Cotos ata a subestación Pontesampaio, nos municipios de Cerdedo -Cotobade, Ponte Caldelas e Pontevedra e a súa afección á ZEPVN Enseada de San Simón. Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da LAT a 66 kV  dende o parque éolico dos Cotos ata a subestación Pontesampaio. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 18 de febreiro de 2022.

Podes acceder á documentación no seguinte enlace:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_impacto_ambiental_proxectos/Seccion_AIA.html&sub=Participacion_publica/&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_proxectos/dinamico/proxecto_aap_0002.html

Este é un proxecto sometido ao procedemento simplificado de avaliación do impacto ambiental (AIA simplificada) e ten un prazo de participación pública (envío de observacións e/ou suxestións) de 20 días establecido segundo o texto consolidado da Lei 20/2013.

Galería

O día 22 de Xaneiro ás 17 horas temos todas unha cita no Obelisco A Coruña para reivindicar un NON Á #CAZA DO #RAPOSO. Organiza #FREEFOX. Nuestros Amigos los Zorros.

O día 22 de Xaneiro ás 17 horas temos todas unha cita no Obelisco A Coruña para reivindicar un NON Á #CAZA DO #RAPOSO. Organiza #FREEFOX. Nuestros Amigos los Zorros.

A fin da ousadía do lobby escopeteiro en Galicia. Cidadanía activa fronte a ousadía dos predadores.

Galería

Pide á Xunta de Galicia a prohibición da caza das aves acuáticas, adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo, a prohibición de campionatos da arcea e a prohibición de ceibar especies exóticas na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Pide á Xunta de Galicia a protección dás aves acuáticas e a prohibición da súa caza, adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo, a prohibición de campionatos da arcea e a prohibición de ceibar especies exóticas na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Cerceta real

Pídese á Dirección Xeral de Patrimonio Natural dá Xunta de Galicia:

1.- A protección dás aves acuáticas e a prohibición da súa caza na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación polos motivos expostos.

2.-  Adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación adiantando así os prazos previstos no Regulamento (UE) 2021/57 da Comisión do 25 de xaneiro de 2021 que modifica, polo que respecta ao chumbo na munición das armas de fogo utilizadas nos humidais ou nas súas inmediacións, o anexo  XVII do Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH).

3.-No tocante á arcea (scolopax rusticolus), dada a escaseza, ínstase a prohibición de campionatos da especie e a realización de censos da especie e de estudos científicos rigorosos sobre da súa viabilidade como cinexética na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

4.- A prohibición de ceibar especies exóticas (invasoras ou non) de caza, por exemplo o faisán, na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

Parrulo chupón
Parrulo cristado común
Pato rabilongo
Galiñola negra
Arcea ou becada
Faisán
Galería

Pide censos actualizados do xabaril, un Plan de xestión e estudos científicos rigurosos dá especie na vindeira Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Pide censos actualizados do xabaril, un Plan de xestión e estudos científicos rigurosos dá especie na vindeira Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Pídese á Dirección Xeral de Patrimonio Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do xabaríl e informes científicos rigurosos sobre a influencia da caza na poboación e nos comportamentos do xabaril. A presión cinexética que se exerce sobre o xabaril é enorme e non da os resultados esperados.

2.- A aprobación sen demora dun Plan de Xestión para o Xabaril en base a un censo rigoroso dá súa poboación.

3.- Controlar a poboación de xabarís a través dun método ético e científico e non organizar batidas para matalos a tiros.

4.- Facer pública a avaliación dos resultados da emerxencia cinexética decretada ao abeiro dás resolucións seguintes:

  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca de Viana (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).
  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas de Betanzos e Eume (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).
  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca da Terra Chá (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).
  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca de Deza (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).

E todo elo con carácter previo á súa inclusión como especie cinexética na Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022 e tendo en conta o disposto no artigo 65.2 “Especies obxecto de caza e pesca” do Capítulo IV “Da protección das especies en relación coa caza e a pesca continental” en relación ao artigo 2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade:

“En todo caso, o exercicio da caza e a pesca continental regularase de modo que queden garantidos a conservación e o fomento das especies autorizadas para este exercicio”.

Galería

Pide a exclusión do Lobo na vindeira Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia a súa inclusión na Listaxe de especies en réxime de protección especial e o control e eliminación dá caza furtiva sobre dá especie. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Pide a exclusión do Lobo na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia a súa inclusión na listaxe de especies en réxime de protección especial e o control e eliminación dá caza furtiva sobre dá especie. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Solicítase á Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

1.- A exclusión do Lobo ibérico dá Resolución anual de caza para a vindeira tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

2.- A inclusión do Lobo Ibérico na Listaxe de especies en réxime de protección especial.

3.- Controlar e eliminar a caza furtiva sobre do Lobo ibérico, unha lacra que segue operando nos montes galegos sobre dá especie con total impunidade.

4.- Eliminación total dás batidas dos lobos e afastar á especie do control letal, tanto o legal como o ilegal.

5.- Reforzo do corpo de axentes medioambientais e incremento da súa cualificación profesional.

Loba abatida a tiros por furtivos en Coristanco
Lobo atrapado nun lazo de caza furtiva en Laza
Loba abatida a tiros por furtivos en A Gudiña en xaneiro de 2021
Lobo tiroteado na Estrada durante unha batida de xabaril polo mes de xaneiro de 2021
Galería

Axuda a protexer os raposos na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia censos dá especie e a prohibición de campionatos. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Axuda a protexer aos raposos na Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Pídese á Dirección Xeral de Protección Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do raposo en Galicia e estudos científicos que garantan a súa viabilidade como especie cinexética de cara á resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

2.-  A prohibición dos campionatos de raposos en Galicia que claramente vulneran a Lei 13/2013 de caza de Galicia. Segundo esta lei, non seu artigo 1. Obxecto e finalidade, indica: “Esta lei ten por obxecto regular ou exercicio dá caza na Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de protexer, conservar, fomentar e aproveitar ordenadamente vos seus recursos cinexéticos de xeito compatible co equilibrio natural e cos distintos intereses afectados”.

Galería

Axuda a protexer a rula e ao paspallás na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia a prohibición da súa caza. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Se queres protexer á rula e ao paspallás, especies en declive, descarga o modelo de solicitude para a súa protección e prohibición dá caza na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Pídese á Dirección Xeral de Protección Natural dá Xunta de Galicia:

1.- A prohibición dá media veda dá caza do paspallás (Coturnix coturnix) e rula común (Streptopelia turtur) nos tecores da antiga lagoa de Antela na vindeira resolución anual de caza que están a elaborar para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

2.- A protección dás especies que están nun franco declive e ademais a autorización produciríase nunha zona de especial protección para as aves (ZEPA), espazo natural protexido que forma parte da Rede Natura.

Paspallás
Galería

Axuda a que a caza en Galicia cumpra coa lei e non sexa tan agresiva coa fauna salvaxe e o medio natural

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Solicitamos á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que:

1.- someta a consulta pública o borrador da resolución anual pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2021/2022, ao abeiro do Convenio de Aarhus que recolle o dereito da cidadanía de participar na adopción de decisións relativas ao medio ambiente.

2.- a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies cinexéticas e por tanto a paralización e inaplicación da Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 (DOG Núm. 108 do 4 de xuño de 2020).

3.- a elaboración dos estudos científicos e informes técnicos pertinentes que permitan determinar que especies son cazables e cales non, e que estes sexan tidos en conta na elaboración da vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022.

4.- a actual Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 posibilita a caza de especies da fauna silvestre sin contar con estudos científicos obxectivos e actualizados que permitan, desde o punto de vista da conservación das especies, a práctica da caza, polo que esta práctica “espúrea” debe rematar.

5.- A realización de censos actualizados das especies cinexéticas e a súa publicación no DOG.

6.- A realización dos estudos de impacto ambiental que require a actual lexislación ambiental para os Plans de ordenación cinexética dos Tecor e dos Plans anuais de aproveitamento cinexético. A publicación destes no DOG ou alomenos no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia.

7.- A avaliación das repercusións da actividade cinexética na área de influencia e na entorna da Rede Natura 2000, tal e como prescribe a normativa ambiental europea. O mesmo ocorre coas competicións da Federación galega de caza, que se realizan sen control ambiental algún por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e sen consulta pública, a pesar de afectar ao medio ambiente e vulnerando por tanto o artigo 45 da Constitución española e o Convenio de Aarhus.

8.-  Prohibir a caza da rula en toda Galicia con carácter indefinido e iniciar o proceso para incluír esta especie no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de vulnerable e implantar medidas eficaces de conservación, EXCLUINDO A ESPECIE na vindeira resolución de caza para a tempada 2021/2022.

A  rula común está protexida de maneira xenérica como todas as aves europeas, baixo a Directiva de Aves. No Anexo II- B da citada Directiva está incluída como unha das especies cuxo aproveitamento cinexético é legal. Non obstante, a pesar de ser cinexética, existe a obriga de tomar todas as medidas necesarias para preservar, manter ou restablecer unha diversidade e unha superficie suficiente de hábitats para esta especie e mantela nun estado de conservación favorable. A ausencia de censos actualizados da especie e de estudos científicos que avalen a súa calificación como cinexética é unha deficiencia severa que debe ser corrixida.

En Galicia a Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21, permite a caza da rula común (Streptopelia turtur), nos tecores da antiga lagoa de Antela e autoriza a súa caza xunto co paspallás. A pesar de ser unha zona ZEPA e Rede Natura, sen embargo, non se realiza o informe de avaliación das repercusións sobre a Rede Natura que esixe a Directiva de Hábitats, para que se poida permitir nela a actividade cinexética.

A Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e do Consello, de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres considera que determinadas especies (as enumeradas no seu Anexo II) debido ao seu nivel de poboación, a súa distribución xeográfica e a súa tasa de reproducción no conxunto da Comunidade europea poden ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional de cada Estado membro.

Por outro lado, o Anexo V da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna silvestre establece as especies animais e vexetais de interés comunitario cuxa recollida na natureza e cuxa explotación poden ser obxecto de medidas de xestión, sempre e cando sexan compatibles co mantemento de tales especies nun estado de conservación favorable.

Polo tanto, os danos poden producirse na medida en que se permita a caza de especies sin contar con información relativa ao nivel de poboación, distribución xeográfica e tasa de reproducción das distintas especies silvestre e ao grao de incidencia da actividade cinexética na conservación das mesmas.

Estos danos, de producirse, han de calificarse como irreparables ou de difícil reparación, posto que os exemplares cazados non son recuperables.

Cómpre recordar que a circunstancia de que unha especie sexa susceptible de ser cazada ou ser obxecto de xestión en abstracto (por non ser especie protexida), non significa que a actividade da caza poida realizarse sen máis, senón que é preciso e necesario que, ademais, non se vexa afectada a conservación da especie.

A declaración dunha especie como cinexética e cazable, esixe contar con estudos obxectivos científicos e actuáis.

Os danos derivados da práctica da caza para a fauna silvestre, sen contar cos estudos precisos que o avalen e, por outro lado, os danos  aos intereses económicos e sociais derivados desta actividade, leva a conclusión de que resulta máis necesitado de protección o primeiro, polo seu carácter máis sensible.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia non acredita a existencia de informes actuáis e obxectivos que avalen as especies que poden ser cazadas en Galicia.

Galería

A manga ancha da Xunta co lobby escopeteiro

Entidades ecoloxistas galegas solicitan á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies cinexéticas e por tanto a paralización e inaplicación da Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 (DOG Núm. 108 do 4 de xuño de 2020).

A aplicación da Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 posibilita a caza de especies da fauna silvestre sin contar con estudos científicos obxectivos e actualizados que permitan, desde o punto de vista da conservación das especies, a práctica da caza.

A Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e do Consello, de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres considera que determinadas especies (as enumeradas no seu Anexo II) debido ao seu nivel de poboación, a súa distribución xeográfica e a súa tasa de reproducción no conxunto da Comunidade europea poden ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional de cada Estado membro.

Por outro lado, o Anexo V da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna silvestre establece as especies animais e vexetais de interés comunitario cuxa recollida na natureza e cuxa explotación poden ser obxecto de medidas de xestión, sempre e cando sexan compatibles co mantemento de tales especies nun estado de conservación favorable.

Polo tanto, os danos poden producirse na medida en que se permita a caza de especies sin contar con información relativa ao nivel de poboación, distribución xeográfica e tasa de reproducción das distintas especies silvestre e ao grao de incidencia da actividade cinexética na conservación das mesmas.

Estos danos, de producirse, han de calificarse como irreparables ou de difícil reparación, posto que os exemplares cazados non son recuperables.

Cómpre recordar que a circunstancia de que unha especie sexa susceptible de ser cazada ou ser obxecto de xestión en abstracto (por non ser especie protexida), non significa que a actividade da caza poida realizarse sen máis, senón que é preciso e necesario que, ademais, non se vexa afectada a conservación da especie.

A declaración dunha especie como cinexética e cazable, esixe contar con estudos obxectivos científicos e actuáis.

Os danos derivados da práctica da caza para a fauna silvestre, sen contar cos estudos precisos que o avalen e, por outro lado, os danos  aos intereses económicos e sociais derivados desta actividade, leva a conclusión de que resulta máis necesitado de protección o primeiro, polo seu carácter máis sensible.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia non acredita a existencia de informes actuáis e obxectivos que avalen as especies que poden ser cazadas.