Galería

Pide á Xunta de Galicia a prohibición da caza das aves acuáticas, adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo, a prohibición de campionatos da arcea e a prohibición de ceibar especies exóticas na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Pide á Xunta de Galicia a protección dás aves acuáticas e a prohibición da súa caza, adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo, a prohibición de campionatos da arcea e a prohibición de ceibar especies exóticas na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Cerceta real

Pídese á Dirección Xeral de Patrimonio Natural dá Xunta de Galicia:

1.- A protección dás aves acuáticas e a prohibición da súa caza na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación polos motivos expostos.

2.-  Adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación adiantando así os prazos previstos no Regulamento (UE) 2021/57 da Comisión do 25 de xaneiro de 2021 que modifica, polo que respecta ao chumbo na munición das armas de fogo utilizadas nos humidais ou nas súas inmediacións, o anexo  XVII do Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH).

3.-No tocante á arcea (scolopax rusticolus), dada a escaseza, ínstase a prohibición de campionatos da especie e a realización de censos da especie e de estudos científicos rigorosos sobre da súa viabilidade como cinexética na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

4.- A prohibición de ceibar especies exóticas (invasoras ou non) de caza, por exemplo o faisán, na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

Parrulo chupón
Parrulo cristado común
Pato rabilongo
Galiñola negra
Arcea ou becada
Faisán
Galería

Pide censos actualizados do xabaril, un Plan de xestión e estudos científicos rigurosos dá especie na vindeira Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Pide censos actualizados do xabaril, un Plan de xestión e estudos científicos rigurosos dá especie na vindeira Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Pídese á Dirección Xeral de Patrimonio Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do xabaríl e informes científicos rigurosos sobre a influencia da caza na poboación e nos comportamentos do xabaril. A presión cinexética que se exerce sobre o xabaril é enorme e non da os resultados esperados.

2.- A aprobación sen demora dun Plan de Xestión para o Xabaril en base a un censo rigoroso dá súa poboación.

3.- Controlar a poboación de xabarís a través dun método ético e científico e non organizar batidas para matalos a tiros.

4.- Facer pública a avaliación dos resultados da emerxencia cinexética decretada ao abeiro dás resolucións seguintes:

  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca de Viana (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).
  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas de Betanzos e Eume (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).
  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca da Terra Chá (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).
  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca de Deza (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).

E todo elo con carácter previo á súa inclusión como especie cinexética na Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022 e tendo en conta o disposto no artigo 65.2 “Especies obxecto de caza e pesca” do Capítulo IV “Da protección das especies en relación coa caza e a pesca continental” en relación ao artigo 2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade:

“En todo caso, o exercicio da caza e a pesca continental regularase de modo que queden garantidos a conservación e o fomento das especies autorizadas para este exercicio”.

Galería

A manga ancha da Xunta co lobby escopeteiro

Entidades ecoloxistas galegas solicitan á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies cinexéticas e por tanto a paralización e inaplicación da Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 (DOG Núm. 108 do 4 de xuño de 2020).

A aplicación da Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 posibilita a caza de especies da fauna silvestre sin contar con estudos científicos obxectivos e actualizados que permitan, desde o punto de vista da conservación das especies, a práctica da caza.

A Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e do Consello, de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres considera que determinadas especies (as enumeradas no seu Anexo II) debido ao seu nivel de poboación, a súa distribución xeográfica e a súa tasa de reproducción no conxunto da Comunidade europea poden ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional de cada Estado membro.

Por outro lado, o Anexo V da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna silvestre establece as especies animais e vexetais de interés comunitario cuxa recollida na natureza e cuxa explotación poden ser obxecto de medidas de xestión, sempre e cando sexan compatibles co mantemento de tales especies nun estado de conservación favorable.

Polo tanto, os danos poden producirse na medida en que se permita a caza de especies sin contar con información relativa ao nivel de poboación, distribución xeográfica e tasa de reproducción das distintas especies silvestre e ao grao de incidencia da actividade cinexética na conservación das mesmas.

Estos danos, de producirse, han de calificarse como irreparables ou de difícil reparación, posto que os exemplares cazados non son recuperables.

Cómpre recordar que a circunstancia de que unha especie sexa susceptible de ser cazada ou ser obxecto de xestión en abstracto (por non ser especie protexida), non significa que a actividade da caza poida realizarse sen máis, senón que é preciso e necesario que, ademais, non se vexa afectada a conservación da especie.

A declaración dunha especie como cinexética e cazable, esixe contar con estudos obxectivos científicos e actuáis.

Os danos derivados da práctica da caza para a fauna silvestre, sen contar cos estudos precisos que o avalen e, por outro lado, os danos  aos intereses económicos e sociais derivados desta actividade, leva a conclusión de que resulta máis necesitado de protección o primeiro, polo seu carácter máis sensible.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia non acredita a existencia de informes actuáis e obxectivos que avalen as especies que poden ser cazadas.