Galería

A Comisión de Peticións do Parlamento europeo tramita varias peticións sobre a mina de Touro

  • Notable incremento das peticións da cidadanía galega ante o Parlamento europeo e numerosas adhesións individuais ás xa presentadas, a consecuencia do rexeitamento social ao proxecto extractivo de Touro –O Pino.
  • A Comisión de Peticións está a tramitar a máis recente delas, a petición n. º 386/2018, presentada pola Plataforma veciñal MINA TOURO O PINO NON.
  • O Parlamento europeo tramita outras dúas peticións, a petición n. º 1194/2017 e a n. º 174/2018, presentadas por outras entidades ambientalistas galegas.

A Plataforma veciñal de Touro –O Pino pide que se restaure o emprazamento da antiga mina ao descuberto de Touro que estivo activa entre 1973 e 1986. A necesidade da resturación xustifícase polos seus efectos adversos sobre o medio ambiente, en particular a posible contaminación das augas do río Ulla e a ría de Arousa. Alerta tamén da afección do proxecto extractivo a zonas da rede Natura 2000 no Pino.

1
Parlamento europeo

As outras peticións fan fincapé nas características da empresa promotora, nos impactos do proxecto e na falla de información. Así Cobre San Rafael S. L, creada hai dous anos, isto é, o 13/06/2016, filial da empresa matriz Atalaia Mining e cun escaso capital social de 5.000 euros pretende extraer cobre dunha mina situada no municipio de Touro, na Coruña, que ocuparía 689 hectáreas, das cales 492 son hoxe en día masa forestal e terreo agrario.

Entre os problemas específicos que plantexan as peticións están os impactos do proxecto extractivo na base territorial das explotacións agrarias beneficiarias da PAC, a desaparición de ata 20 mananciais de auga e as reservas que abastecen polo menos a un cento de vivendas e explotacións gandeiras. Tamén preocupa moito a afección a outros mananciais próximos ás zonas previstas para depósitos de estériles e sobre todo ao río Ulla, espazo natural de Rede Natura, e que na súa desembocadura, na ría de Arousa, xera miles de postos de traballos no sector marisqueiro e acuícola.

As peticións tamén recollen o malestar e a alarma social xerada pola permanencia na zona de balsas de estériles con diques de 2.806 e 3.187 metros de lonxitude e alturas de ata 81 metros, que se encapsularían ao final da súa vida útil. No caso de fallar estes diques, o estudo de impacto ambiental recoñece que terían consecuencias moi altas en canto a perdas de vidas humanas, danos ao medio ambiente e perdas económicas. A preocupación social esténdese aos dous depósitos de residuos estériles e catro vertedoiros, que ocuparán en total case 300 hectáreas próximas ás vivendas. Ademais o depósito de estériles entre Arinteiro e Vieiro podería converterse, a falta de datos do proxecto, nunha enorme balsa de lodos de ata 50 millóns de metros cúbicos de residuos estériles de mina, con risco para a vida das persoas residentes nas poboacións próximas en caso de rotura. Neste tipo de balsas existe o risco de rotura dos diques de contención con consecuencias potencialmente moi graves con graves perdas económicas e a deterioración dos ecosistemas.

As tres peticións figuran arestora abertas á adhesión da cidadanía, que desexe presentarlles o seu apoio, a través da web da Comisión de peticións do Parlamento europeo.

7777.png
Fotograma do documental “Minaría Non”
Galería

A voracidade do extractivismo, a especulación e o Horizon 2020

No día de hoxe unha representación da Rede Contraminacción de Galicia estivo a falar no Parlamento europeo sobre a minaría destructiva, o extractivismo e os impactos socio –ambientais que están a xerar proxectos de megaminería contaminante que afectan a Galicia, Portugal, España, Francia, Finlandia…etc.

Así, ás 15 horas comezaba no Parlamento europeo a xornada titulada “Minerías. O novo desafío extractivista. Como os negocios mineiros poñen en perigo as cidades, o emprego e o medioambiente”, e na que participaban colectivos como Ecoloxistas en Acción de Andalucía, Coordinadora NON á Mina – Por un Mundo Rural Vivo (Salamanca), Non á mina no val do Choia (Ávila), Non á mina na serra de Xemas (Avila), Ecoloxistas en Acción de Cantabria (Cantabria), Plataforma A Raia sen mina (Cáceres), Contraminacción de Galicia…etc.

1.jpg
Representación de Galicia en Europa

Case ao mesmo tempo o antropólogo e sindicalista Adolfo Naya, nun artigo de opinión (“Coñece ao teu inimigo”: Non á mina de Touro-O Pino) publicado nun medio dixital galego, desenmascaraba e amosaba sen reparos (aínda que con valentía, non mencionaba a todos eles), a faciana dos principais responsables do extractivismo galego.

Proxectos mineiros como o de Corcoesto, Lousame, Touro, Triacastela…., operan desde políticas e marcos xurídicos que favorecen a especulación, a depredación, a fraude e a acumulación por desposesión de inxentes cantidades de recursos naturais para favorecer a acumulación de capital a favor das multinacionais depredadoras do territorio; en detrimento das comunidades locais que os habitan e que son desposeídas, a través de marcos xurídicos agresivos e violentos, dos seus medios de vida e dos recursos naturais do seu espazo vital.

Dentro destes marcos xurídicas agresivos está o programa Horizon 2020 da Unión Europea. Horizon 2020 é o programa de investigación e innovación máis grande da UE con case 80 mil millóns de € de fondos dispoñibles durante 7 anos (2014 a 2020), ademais do investimento privado que en teoría atraerá este diñeiro. Promete máis avances, descubrimentos e novidades mundiais ao levar grandes ideas do laboratorio ao mercado.

Sen embargo ten unha cara escura; e así, entre os seus obxectivos fixámonos con preocupación no seguinte parágrafo:

Marine and maritime research for Blue Growth will be implemented through a strategic and coordinated approach across all challenges and priorities of Horizon 2020. It will aim at unlocking the potential of resources from seas, oceans and inland waters for different uses and across the range of marine and maritime industries, while protecting the environment and adapting to climate change. Blue Growth will support sustainable growth in the marine and maritime sectors, through sustainable exploitation of marine resources for healthy, productive, safe, secure and resilient seas and oceans.

Este programa de investigación mariña que apoia o chamado Crecemento Azul non é outra cousa, que invertir cartos na procura da explotación dos recursos minerais do fondo do mar. Segundo a Comisión Europea sería preciso desbloquear o potencial de recursos dos mares, océanos e augas interiores. Así o Crecemento Azul é apoiar a explotación e a depredación dos fondos mariños dunha forma ambientalmente sostible e compatible co cambio climático. E para adornar todo isto falan de tecnoloxías habilitadoras e industriais, que estarían interconectadas a través dun sistema de mercado.

Na práctica é outra opción do extractivismo, ese mecanismo tradicional de saqueo e apropiación dos recursos naturais dun territorio e promover a mercantilización de ámbitos cerrados ata agora ao mercado, como é neste caso, a explotación mineira dos fondos mariños.

Como ben dicía David Harvey: “a perversa alianza entre os poderes do Estado e os comportamentos depredadores do capital financeiro constitúe o pico e as garras dun capitalismo buitresco que exercita prácticas caníbales e desvalorizacións forzadas”. Mentras, adornan os textos xurídicos dos máis altos valores da democracia con desvergoña absoluta e arrogancia; plasmando en normas urxentes, extraordinarias, especiais ou estratéxicas, os desexos voraces do imperialismo totalmente deshumanizado, que nega os dereitos fundamentais e máis elementais inherentes á dignidade do ser humano.

En Galicia cada vez son máis frecuentes os exemplos de normas destas características: agresivas, deshumanizadas, violentas, depredadoras do territorio e dos seus recursos e restrictivas de dereitos da cidadanía. Así cómpre destacar:

  • LEI 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
  • INSTRUCIÓN 6/2018, do 3 de agosto, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre acceso á información pública en materia de minas.
  • DECRETO legislativo 1/2015, de 12 de febrero, por el que se aprueba el texto refundido de las disposiciones legales de la Comunidad Autónoma de Galicia en materia de política industrial.
  • DECRETO 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • DECRETO 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.
  • ANUNCIO do 1 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se somete a información pública o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia.

Por iso, e en consoancia co artigo de Adolfo Naya, é moi importante que a cidadanía saiba e coñeza quen está detrás destas normas e destas políticas depredadoras da dignidade humana.

7777
Megaminería contaminante e depredadora do territorio e dos seus recursos
Galería

“Minerías. O novo desafío extractivista. Como os negocios mineiros poñen en perigo as cidades, o emprego e o medioambiente”, a debate en Bruselas o martes 16 de outubro.

Guadalupe Rodríguez dará voz, desde o colectivo Contraminacción, á problemática mineira en Galicia. Galicia non é unha mina!

mineria 2 .jpg

Programa do evento:

Minería en Europa: o novo desafío extractivista 16 de outubro 2018 sala PHS 01 C051 Parlamento Europeo (Bruxelas) 15:00 – 18:00.

PRIMEIRA MESA (15:00 – 16:00) Presentación e moderación: Xabier Benito (5 min).

É compatible a minería coa rede Natura 2000? Sergyi Moroz, EEB (10 min).

Proxección de vídeo sobre a realidade actual da minería en España e a Unión Europea,elaborado por Ecoloxistas en Acción (5 min).

Empresas mineiras, Richard Harkinson, London Mining Network (10 minutos).

Minería e especulación. Elena Solís, Ecoloxistas en Acción (10 min).

Debate (20 min).

Pausa (5 min).

SEGUNDA MESA (16:15 – 17:45) Presentación e moderación: Samuel Martín-Eslamiada, Ecoloxistas en Acción (4 min).

Experiencias desde os territorios (4 minutos cada) 13 participantes (60 min total).

Casos internacionais: – Otto Bruun, Finnish Association for Nature Conservation (Finlandia) 4 min – Alma Dafour, Amis da Terre (Francia) 4 min – Nuno Sequeira, Quercus (Portugal) 4 min

Casos españois: – Isidoro Albarreal, Ecoloxistas en Acción de Andalucía (Sevilla) 4 min – Jesús Romeu, Podemos (Andalucía) 4 min – Felipe Yuste, Coordinadora NON á Mina – Por un Mundo Rural Vivo (Salamanca) 4 min – Laura Serranos Castela, Non á mina no val do Choia (Ávila) ou Lourdes Branco Muñoz (Non á mina na serra de Xemas ( Avila) 4 min – Floren Enríquez, Ecoloxistas en Acción de Cantabria (Cantabria) 4 min -Juan Carlos Graza, Ecoloxistas en Acción de Aragón (Aragón) 4 min – Carmen Ibarlucea, Plataforma A Raia sen mina (Cáceres) 4 min – Guadalupe Rodriguez, ContraMiNAccion (Galicia) 4 min – David Llorente, Podemos (Castela A Mancha) 4 min Debate (30 min).