Galería

Fóra eólicos! Fóra EDP Renovables!

📌Adxúntase o video antieólico de Corcoesto – Cereo – Valenza -Rececinde – Santa Comba – Caión realizado este sábado pasado.

🌱Pica nos enlaces e descarga os modelos de alegacións aos parques eólicos Alto do Torreiro e Bustelo -Baralláns. Fin do prazo para alegar: 25 de outubro.

👉 Axúdanos! Participa! ✍️

💚 #StopEólicos #StopEspeculación #stopfeísmopaisaxístico #FóraEDPRenovables

Galería

Axúdanos a pedir a retirada do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia promovido pola Xunta de Galicia co apoio da empresa eólica EDP Renovables, con varios parques en tramitación na Costa da Morte, por posible conflito de intereses. Descarga o modelo de queixa e participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de escrito de queixa para pedir a retirada do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia promovido pola Xunta de Galicia co apoio da empresa eólica EDP Renovables, con varios parques en tramitación na Costa da Morte, por posible conflito de intereses.  Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar a queixa: 28 de febreiro de 2022.

Por que é importante a retirada deste Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia?

Asina a convocatoria do concurso  de Curtas Senda Litoral de Galicia o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Lema Mira, natural de Cabana de Bergantiños (A Coruña), segundo indica a web:

https://transparencia.xunta.gal/tema/transparencia-institucional/goberno-e-altos-cargos/administracion-xeral?content=/Portal-Transparencia/Unidades_informacion_transparencia/interiores/Tema_2/altos_cargos/administracion_xeral/transparencia_0095.html

Asina tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, coñecido pola súa estreita colaboración coa Fundación Eduardo Pondal do Couto, no municipio de Ponteceso (A Coruña), municipio lindeiro con Cabana de Bergantiños. Este certame  conta ademais coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, a Fundación Galicia Sustentable, Enerxías de Portugal Renovables (EDPR).

Tanto en Cabana de Bergantiños como en Ponteceso, a promotora eólica EDP Renovables ten en tramitación alomenos 7 parques eólicos, incluído o parque eólico reponteciado de Corme, localizado na Rede Natura 2000.

1.- Parque eólico Alto do Torreiro, en Cabana de Bergantiños.

2.- Parque eólico Bustelo e Baralláns, en Cabana de Bergantiños.

3.- Parque eólico Agrelo e Muriño, en Cabana de Bergantiños.

4.- Parque eólico Monte Chan, en Laxe.

5.- Parque eólico Soesto, en Laxe.

6.- Parque eólico Pena dos Mouros, en Laxe.

7.- Parque eólico de Corme (repotenciación), Rede Natura 2000, en Ponteceso.

Chama poderosamente atención que colabore nesta convocatoria pública a Axencia de Turismo de Galicia, ben coñecida por informar nos expedientes de tramitación dos parques eólicos, en relación ao impacto turístico dos mesmos.

Chama tamén a atención que ao fronte desta convocatoria estén dous empregados públicos, na súa calidade de altos cargos, vencellados ás localidades onde EDP Renovables ten parques eólicos en tramitación, Cabana de Bergantiños e Ponteceso.

Chama a atención que segundo o artigo 12 da convocatoria, os centros  inscritos poderán obter máis información sobre a Senda Litoral de Galicia no web do proxecto (www.sendadosfaros.gal ), o chamado “Camiño dos Faros” que carece de avaliación ambiental e non está recoñecido oficialmente. E aínda así, a pesar da afección desta senda á Rede Natura 2000 e á coherencia desta, potencian e promoven a utilización dun roteiro que carece dos requisitos ambientais que a a normativa comunitaria e española esixen para ser recoñecida como tal, isto é, a preceptiva avaliación das súas repercusións sobre a Rede Natura 2000.

Chama a atención que se financie con diñeiro público unha actividade deste tipo e na que participa unha empresa EDP Renovables, que ante a falla de licencia social dos seus proxectos eólicos na comarca, o que busca é precisamente a acepación e a licencia social e que a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, lle axuden a facer un branqueado ou lavado de cara, para mellorar a aceptabilidade social dunha actividade que o único que prevé para a comarca ata agora son desfeitas paisaxísticas, como é o caso da repotenciación do parque eólico de Corme e que pretende inzar eólicos en boa parte do litoral da Costa da Morte e incluso afectar á paisaxe protexida Penedos de Traba e Pasarela, en Laxe e Vimianzo (Decreto 294/2008, do 11 de decembro, polo que se declara paisaxe protexida os Penedos de Pasarela e Traba).

É vergoñento este tipo de actividades e que a Xunta de Galicia se preste a este tipo de “lavados de cara” tanto da actividade eólica de EDP Renovables como da chamada “Senda dos Faros”, que afecta gravemente á Rede Natura 2000 e que non dispón de informe ambiental que garanta a súa viabilidade como tal.

Por que é tan importante protexer o litoral da Costa da Morte?

A Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) é unha categoría de protección de carácter europeo e é outorgada a áreas naturais de especial relevancia para a conservación das aves, particularmente as que están ameazadas de extinción.

Para este obxectivo é primordial a conservación dos seus hábitats coas condicións ambientais necesarias para o descanso, reprodución e alimentación das aves.

ES0000497 Espazo mariño da Costa da Morte. Fonte: Ministerio de Medio Ambiente.

Según a Directiva 79/409/CEE, do 2 de abril, relativa á conservación das aves silvestres (Directiva de Aves), as ZEPA´s son zonas de especial protección para as aves silvestres. A Rede de  ZEPA´s é unha figura de protección, establecida na Directiva de Aves, para as 175 especies de aves consideradas máis ameazadas en Europa e, especialmente, para as aves migratorias. Un determinado lugar, para ser designado ZEPA, debe albergar un número mínimo de aves que lle outorgue unha importancia internacional.

As  ZEPA´s, xunto cos LIC (Lugares de Interese Comunitario), integran a Rede Natura 2000, cuxo obxectivo é a conservación da biodiversidade na Unión Europea.

As Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS) son zonas delimitadas e definidas polas Comunidades Autónomas, a partir de áreas que en cada rexión considéranse importantes para as aves.  O Ministerio de Medio Ambiente é o encargado de tramitar a documentación ante a Unión Europea.

As actividades humanas que están permitidas nas  ZEPA´s son todas aquelas que non prexudiquen ás especies de aves polas cales se protexeu dita zona.

A Orde  AAA/1260/2014, do 9 de xullo, pola que se declaran Zonas de Especial Protección para as Aves en augas mariñas españolas, «BOE» núm. 173, do 17 de xullo de 2014, establece a declaración de 39 espazos das augas mariñas baixo soberanía ou xurisdición española como Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), de conformidade co establecido na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Entre eses espazos está o ES0000497 Espazo mariño da Costa da Morte, con unha superficie de 3.162,83 Km2.

Este espazo mariño ocupa gran parte da plataforma continental fronte á costa dá  Morte, no noroeste de Galicia. O interese do espazo radica na súa importancia como embude migratorio debido á súa privilexiada situación xeográfica e aos fortes ventos predominantes de compoñente  N e  NW. Estímase que máis dun millón de aves mariñas pasan por esta zona durante o verán-outono (migración  postnupcial). A maior parte das aves en migración proveñen do norte de Europa e  Siberia occidental, pero tamén hai especies mediterráneas (pardela balear,  Puffinus  mauretanicus),  neárticas (gaivota de  Sabine,  Larus  sabini) e do hemisferio Sur (pardela sombría,  Puffinus  griseus). A elevada produtividade da zona convértea tamén nunha importante área de alimentación, tanto para as especies en migración como para as locais (reprodutoras e  invernantes). Entre as reprodutoras locais destacan a gaivota  tridáctila (Rissa  tridactyla) e o  arao común ibérico (Uria  aalge  ibericus), que concentran as súas únicas colonias españolas nas costas enfrontadas ao espazo protexido. A zona conta tamén con colonias de  paíño europeo (Hydrobates  pelagicus) e corvo mariño  moñudo (Phalacrocorax  aristotelis  aristotelis).

A conservación destes taxóns na  ZEPA resulta prioritaria debido a que os seus valores poboacionais, status de ameaza ou representatividade xustifican a importancia ornitolóxica da área a nivel nacional e internacional.

A importancia da Rede Natura 2000 deriva da necesidade de facer efectiva a conservación de hábitats, flora e fauna, a través dos instrumentos previstos, como é a declaración de zonas ZEPA. Doutra banda, lembrar a obriga dos Estados de facela efectiva, que en tanto que debe prevalecer a protección dos devanditos lugares xa que doutro xeito non tería sentido, o cal conleva que as actividades que se pretendan levar a cabo nesta áreas teñen que ser compatibles cos obxectivos que perseguen tal protección.

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación para pedir a revisión das Declaracións de Impacto Ambiental (DIAs) dos proxectos eólicos Bustelo e Toural, en Carballo e Coristanco

Por acordo do 5 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, sometíase a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Bustelo nos concellos de Carballo e Coristanco (expediente IN408A 2017/02).

O proxecto do parque eólico Bustelo foi declarado de interese especial polo Consello da Xunta o 26 de abril de 2018, para os efectos da disposición adicional primeira da Lei 8/2009, engadida pola Lei 5/2017, do 19 de outubro. «Esta declaración terá como efectos a tramitación de forma prioritaria e co carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, así como dos prazos na instrución do procedemento de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial.

Por medio de anuncio do 9 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, publícase a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Bustelo, nos concellos de Carballo e Coristanco (A Coruña) (clave do expediente 2018/0024), promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U.

Por acordo do 26 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, sometíase a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Monte Toural, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (A Coruña) (expediente IN408A 2017/17).

O proxecto do parque eólico Monte Toural foi declarado de interese especial polo Consello da Xunta o 26 de abril de 2018, para os efectos da disposición adicional primeira da Lei 8/2009, ampliada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro. «Esta declaración terá como efectos a tramitación de forma prioritaria e co carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, así como dos prazos na instrución do procedemento de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial.

Por medio de anuncio do 23 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, publícase a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Monte Toural, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (expediente 2018/0062).

Xa podes descargar o modelo de alegación para pedir a revisión das Declaracións de Impacto Ambiental (DIAs) dos proxectos eólicos Bustelo e Toural no seguinte enlace:

Colabora, participa, cubre os datos do encabezado, asina e presenta a alegación en calquer rexistro da Administración (Xunta de Galicia, concellos…)

Galería

Norvento ameaza as paisaxes pondalianas cos eólicos do monte Salgueiras

  • O parque eólico de Salgueiras peta nos Cantís do Canteiro, nas Brañas de Gondomil, no Esteiro do Anllóns, no Monte Branco e na Praia de Balarés
  • As asociacións ambientais bergantiñás, a asociación ambiental Petón do Lobo, a asociación galega Cova Crea, O Ouriol do Anllóns, a asociación do Monte galego e Ecoloxistas en Acción instan á Xunta de Galicia á retractarse do proxecto polo dano ambiental e paisaxístico irreparable
  • A Fundación Eduardo Pondal, que leva o nome do bardo pontecesán, impasible ante a problemática paisaxística e ambiental que supoñen os 6 aeroxeneradores

“Montes, non me conocedes,

non me conocedes, chousas

de Balarés e As Salgueiras,

e de Gondomil, ti, costa,

p’ronde cando era pequeno,

con unha gorra de lontra,

perseguía as lebres tímidas

p’las vosas rudas camposas?”.

                                                                                     Eduardo Pondal

(Balarés é unha aldea costeira de Cospindo, e As Salgueiras é un minúsculo núcleo, hoxe abandonado, no límite entre Froxán e Cospindo, indo cara a Ousinde e Gondomil).

No ano 2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sometía a información pública o proxecto do parque eólico de Salgueiras no concello de Ponteceso na provincia da Coruña, promovido por Norvento, S.L. e que supón a instalación de seis aeroxeneradores de 18 MW de potencia total.

Desde a parte máis ao Norte da poligonal do parque eólico ata o sur da mesma, linda cos límites definidos para o LIC da Costa da Morte. Nesta área desemboca ademais o río Anllóns, tamén clasificado como LIC. A menos de dous quilómetros está o parque eólico de Corme G-3 en funcionamento.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental recoñece expresamente no texto da Declaración de Impacto ambiental a proximidade do proxecto á zona especial de conservación (ZEC) Costa da Morte (espazo que con distintas delimitacións posúe tamén as categorías de zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) e zona de especial protección para as aves (ZEPA).

As infraestruturas do parque eólico están incluídas no ámbito de aplicación da normativa do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL), nas unidades de paisaxe Monte Branco (05.02.182), Praia de Balarés (05.02.181), Brañas de Gondomil (05.02.179), Esteiro do Anllóns (05.02.183) e Cantís do Canteiro (05.02.180). Parte das infraestruturas inciden sobre un espazo de interés, espazo de interese paisaxístico (Cantís do Canteiro) e espazo de protección de ladeira.

Todos estes espazos configuran ademáis as chamadas Paisaxes Pondalianas coas que a veciñanza, ao igual que o bardo pontecesán, gardan fortes vínculos emocionais.

A área de observación de aves da Costa da Morte é a máis próxima e está cualificada entre as dez máis importantes de Galicia, desde o punto de vista ornitolóxico.

O esteiro do río Anllóns está recoñecido como Monumento Natural dentro da Rede Galega de Espazos Protexidos e as Brañas de Gondomil figuran no Inventario de Humidais de Galicia.

O informe de 13 de setembro de 2012 da Secretaría Xeral para o Turismo concluía que o impacto do parque eólico sobre o turismo ía ser demoledor.

O 28 de outubro de 2016 formulábase a Declaración de impacto ambiental favorable pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Curiosamente e de xeito espúreo catro anos máis tarde, o 27 de febreiro de 2020 publicábase no DOG número 39 a Resolución do 24 de novembro de de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental, impulsando de novo o proxecto.

O Instituto de Estudos do Territorio concluía que non existe lugar algún onde non se produza incidencia visual do proxecto sobre os núcleos de identidade do litoral O Porto de Corme, Ponteceso, Laxe, O Couto e Taboído, e sobre os lugares de interese Praia de Balarés, Praia da Ermida, Miradoiro do Monte Branco, Miradoiro do Galiñeiro, e a imposibilidade de establecer medidas correctoras de apantallamento nestes lugares para a mitigación do impacto visual, deixando latente a manifesta incompatibilidade do proxecto cos valores paisaxísticos aínda que sin a valentía de pronunciarse expresamente ao respecto.

Desde as asociacións ambientais bergantiñás, a Rede Galega por un Rural Vivo e Ecoloxistas en Acción ínstase ao concello de Ponteceso e á Xunta de Galicia a retractarse dun proxecto eólico ilegal, que debera incorporar unha Avaliación das repercusións sobre da Rede Natura 2000, tal e como esixe o artigo 6 da Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres e un Informe actulizado do Instituto de Estudos do Territorio, que se pronunciara con claridade sobre o grao de compatibilidade paisaxística do proxecto, xa que o existe no expediente administrativo obvia este extremo e non entra a valorar os efectos sinérxicos e acumulativos do proxecto co parque eólico de Corme G-3, xa en funcionamento.

Instan ademais a respectar a normativa establecida no Plan de ordenación do Litoral (POL) que recoñece os Cantís do Canteiro como Espazo de Interés Paisaxístico e de protección de ladeira.

Ecoloxistas en Acción Galicia

Asociación do Monte Galego

Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo

Asociación galega Cova Crea

Asociación O Ouriol do Anllóns