Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de modificación substancial da autorización ambiental integrada para o macro vertedoiro de residuos industriais en Silleda (Pontevedra) e que afecta ao río Toxa, á Rede Natura e á AEIP Fervenza do Toxa -Carboeiro. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 14/04/2023.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de recurso potestativo de reposición á autorización da «actualización» do proxecto da mina a ceo aberto San Asisclo en Muras (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 23 de xaneiro de 2023.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude para a revisión da Declaración de impacto ambiental (DIA) favorable ao proxecto de mina a ceo aberto da Penouta (Ourense) e que afecta á ZEC e ZEPA Pena Trevinca (Rede Natura 2000). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo: sen prazo. Recoméndase presentar antes da aprobación do proxecto mineiro que semella inminente.
Pena Trevinca, cunha altura máxima de 2.127 metros é o punto máis alto deste macizo que tamén conta con outras montañas importantes como Pena Negra con 2.121 metros ou Pena Surbia con 2.095 metros. Esta área está incluída na Rede Natura 2.000 e é Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), ademais de Zona de Especial Protección para as Aves ( ZEPA). O territorio protexido abarca un amplo espazo de case 25.000 hectáreas situado nos límites provinciais de Ourense con León e Zamora onde a maior parte atópase no municipio da Veiga e no de Carballeda de Valdeorras.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación ao proxecto de explotación e ao plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) de ampliación a San Acisclo número 4076 no municipio de Muras (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 4 de marzo de 2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de explotación da mina a ceo aberto de Penouta, en Viana do Bolo (Ourense). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo.
Fin do prazo para presentar as alegacións: 28 de abril de 2021.
Rafaella Resources titular do Grupo Mineiro Santa Comba prevé explotar volframio e estaño da Canteira de Santa Comba (Costa do Cuzo), a pesar de non contar con autorización para extraer estes recursos
Entidades ecoloxistas piden ao alcalde de Santa Comba, David Barbeira e ao Conselleiro de Industria Francisco Conde, que aclaren cal é a súa posición con respecto aos plans de Rafaella Resources e en que medida afectará a veciñanza e ao medio ambiente a megamina a ceo aberto da compañía australiana
Solicitan máis transparencia ante os plans espúreos da compañía australiana que planifica extraer recursos da Sección C a través da autorización dá Canteira da mina
Canteira de Santa Comba
O documento da compañía australiana denominado “ASX Announcement 2 December 2020 Rafaella Resources Limited (ASX: RFR) Santa Comba PFS demonstrates Exceptional Economics with Assignment of Ore Reserves” indicaque Rafaella Resources Limited comezaría a actividade mineira a ceo aberto para a extracción de volframio e estaño a través da Canteira da mina, Costa de Cuzo. Sen embargo, a extracción do material da canteira realízase ao abeiro dun dereito mineiro da sección A), e non da sección C) como requiriría a extracción dos outros mineirais que se referencian no documento. A mercantil australiana asegura ademáis que comeza pola explotación dá canteira a ceo aberto, en tanto non poida comezar a explotar a ceo aberto ás sete concesións do Grupo Mineiro Santa Comba prevendo unha megamina na que se contempla ademais dun cráter, tres grandes escombreiras e un lago ácedo.
«Os anos de produción 1 a 3 están limitados pola obrigación de operar dentro do permiso ao descuberto existente en poder de Canteira dá Minas CdM. Os anos 1 a 3, mentres que opera baixo o permiso ao descuberto da CDM chámase Fase 1. A Fase 1 está deseñada para garantir que o Proxecto poida ser rastrexado rapidamente para fluxos de efectivo temperáns, proporcionando tempo suficiente para que GTT solicite os seus propios permisos ao descuberto para logo acceder ao resto do recurso minable (Fase 2). O estudo de viabilidade supón que o acordo co CDM permitirá a GTT cumprir co plan da mina e que se establecerán novos permisos segundo sexa necesario para a Fase 2, de modo que o resumo anual da produción poida entregarse sen restricións de permiso. (…) En Corcel, un pequeno pobo situado a poucos quilómetros ao leste do xacemento de tungsteno de Santa Comba, un programa de perforación recente demostrou o seu potencial para albergar un depósito de Ni de alta tonelaxe de baixo grao”.
Á vista do documento citado as entidades Petón do Lobo, a asociación galega Cova Crea e a asociación “O Ouriol do Anllóns”, solicitan tanto ao alcalde de Santa Comba como ao Conselleiro de Industria Francisco Conde, que informen á veciñanza e aclaren o seu posicionamento con respecto aos plans espúreos da compañía australiana, que prevé a utilización fraudulenta dos permisos da Canteira da mina (Costa do Cuzo) que son da sección A, para a extracción de volframio e estaño que son recursos da Sección C, e por tanto requiren doutro tipo de tramitación máis complexa.
As entidades citadas tamén queren saber que controis e supervisións está a realizar o órgano substantivo de minas (Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia) e o concello de Santa Comba, sobre a actividade real desta canteira e se esta se adica actualmente a extracción de recursos da Sección A) ou doutro tipo.
Chama a atención que unha empresa australiana que ten un proxecto de explotación autorizado para a minería subterránea en galerías prevé, sen que se teña coñecemento dá existencia de ningún outro proxecto en tramitación, sen avaliación de impacto ambiental e tras levar ao redor de 30 anos sen actividade extractiva, o inicio da explotación dunha megamina a ceo aberto dás características que indica no documento, a través do emprego fraudulento dos permisos da Canteira da mina e como é que as autoridades competentes o permiten.
A ninguén se lle escapa que o que está a pasar na antiga mina de Touro non é normal. Faga o que faga, parece que Cobre San Rafael é como James Bond, un axente sicario ao servizo do poder, con “licencia para matar” e que nunca se despeitea.
A bacía mineira de Touro, unha antiga braña regada por varios cauces como todas as brañas galegas, amosa “incumplimientos en cuanto a las concentraciones de sulfatos, Fe disuelto, Manganeso, Aluminio, Boro, Níquel, Mercurio y Zinc” derivados de anos e anos de explotación mineira e posterior abandono totalmente irresponsable e unha manchea de incumprimentos normativos en canto á restauración. As augas contaminadas procedentes da mina espalláronse polos regos Brandelos, Pucheiras, Felisa, Portapego e Rozas, descarregando polo Lañas e Brandelos ao Ulla. Como consecuencia, “Los arroyos del entorno quedaron desprovistos de los organismos acuáticos naturales (peces, insectos, anfibios,…) y se perdieron las cualidades necesarias para su uso en: cría de peces, baño, riego o potabilización”.
Sen embargo, a pesar de que a mercantil recoñece todos estos feitos e asume todas as responsabilidades, lonxe de pasarlle algo (o normal sería que a propia Xunta de Galicia lle esixira responsabilidades penais e previa execución da garantía económica, procedera sen demora á restauración subsidiaria dos espazos degradados antes de que os sulfuros chegaran ao río Ulla e aos bancos marisqueiros do litoral), aquí o que se concibe é unha operación propia da mafia siciliana, onde a Cobre San Rafael se lle autoriza nin máis nin menos que a crear unha nova balsa mineira de lamas tóxicas.
Detalle dos tres cauces afectados polo proxecto de drenaxe temporal da antiga mina de Touro, o Angumil ou Rozas, Portapego e Felisa
O James Bond nunca morre
O 25 de agosto de 2017 publicábase no DOG a Resolución do 18 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se sometía a información pública a actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael número 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L.
O 7 de febreiro de 2020 publicábase no DOG o anuncio do 29 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se facía pública a declaración de impacto ambiental desfavorable da actualización do proxecto de explotación da C.E. San Rafael 2946, concellos do Pino e Touro (A Coruña), promovido por Cobre San Rafael, S.L. (clave 2017/0084).
Quedaba así frustrado o trámite ambiental preceptivo e determinante que permitiría a reactivación do proxecto mineiro de Touro – O Pino, pero como sabemos que James Bond nunca morre, asistimos unha vez máis como convidados de pedra a un novo acontecemento que neste caso sí fructificaría, e todo elo posiblemente coa finalidade de eximir á mercantil de calquer tipo de responsabilidade.
En data 19/11/2018, Explotaciones Gallegas S.L. ou Cobre San Rafael presenta no rexistro da Xunta de Galicia o documento denominado “Proxecto de drenaje temporal de la mina de Touro”.
A empresa achegou o proxecto ó Servizo de Enerxía e Minas en data 4 de outubro de 2018 e foi aprobado por resolución do 6 de novembro de 2018, sin documento ambiental nin a preceptiva exposición pública para garantir a parcipación da cidadanía.
Na resolución sinálase como condición que, co propósito de coordinar competencias e actuacións, se lle debe remitir copia do proxecto e da autorización aos órganos competentes en materia das augas continentais, polo que Explotaciones Gallegas S.L. remite a Augas de Galicia copia do proxecto. Á vista de que parte das actuacións se realizarían en zona de policía de leitos iniciase o presente expediente de autorización de obras.
O 21/01/2019 publicábase no BOP da Coruña o anuncio de Augas de Galicia polo que Explotaciones Gallegas, S.L. lle solicitaba a autorización de obras nos T.M. de Touro e O Pino (A Coruña) para o “Proxecto de drenaxe temporal da Mina de Touro” situada entre os concellos de O Pino e Touro. O propio anuncio indicaba que “proxecto ten carácter temporal, estando pendente de que se presente e aprobe o proxecto de drenaxe da explotación no seu conxunto”.
Con data de 28/10/2020 a Dirección de Augas de Galicia dita Resolución aprobando as obras.
Así que en breve, porque a cimentación xurídica (que non quere dicir ética nin legal) xa está construída, asistiremos a execución dunha serie de obras que rematarán co enchido do oco mineiro de Vieiro coas augas sulfurosas dos regos Portapego, Felisa e Angumil (ou Rozas).
O nacemento dun desastre ambiental anunciado
Ao igual que fixo sempre, Cobre San Rafael ou Explotaciones Gallegas continua na súa liña habitual, e se ben asume que todos os impactos e a contaminación das augas superficiais e soterradas debéronse “a la ausencia de medidas protectoras, correctoras y mejores técnicas disponibles” e á “no ejecución de actuaciones de restauración y clausura”, non fai propósito de enmenda e fía unha vez máis a saúde da veciñanza de Touro- O Pino e o equilibrio dos ecosistemas fluviais dos cauces da entorna e do río Ulla ao desvío dunha lameira hiperácida ateigada de metais pesados ao oco de Vieiro. Así pois o oco de Vieiro recollerá durante alomenos 6 meses augas envelenadas e un enorme pasivo ambiental, que ao estar ubidado sobre unha braña húmida regada por numerosos cauces (zona inundable), acabará rebordando e será un Monte Neme II anunciado xa con moita antelación, a suficiente para que os políticos responsables o evitaran, polas distintas entidades ecoloxistas de Galicia e a propia veciñanza de Touro –O Pino.
Indícase na Resolución da Dirección de Augas de Galicia de data de 28/10/2020 (Clave: DH.W15.64849. Expediente: Solicitude de autorización para as obras do “Proyecto de Drenaje Temporal de la mina de Touro”, nos tt.mm. de Touro e O Pino (A Coruña)” que:
“A obra efectivamente formúlase para un horizonte temporal curto e dende o Servizo de Enerxía e Minas requiriuse para a presentación do proxecto definitivo. A presente solución temporal presenta a vantaxe de evitar o aporte directo dos efluentes ás bacías dos río Felisa, Portapego e Rego das Rozas, optando pola acumulación do devandito caudal mais diluído no oco mineiro”.
O recheo do oco de Vieiro con augas ácedas de mina, non é nin máis nin menos que crear unha nova balsa mineira de augas tóxicas, que posteriormente se rexistrará no inventario correspondente e co trascurso do prazo consolidarase como unha balsa problemática máis, das que tantas existen en Galicia.
Esta solución é ilegal. A solución é tan ineficaz que a reixección dos bombeos o que fai é trasladar os problemas de contaminación ao oco de Vieiro e logo á bacía do río Pucheiras, polo que en absoluto se solucionan os problemas de contaminación. Ademais o horizonte temporal de 6,8 meses de duración do bombeo é ilusorio, xa que os cauces que se desvían (ou eliminan ou alteran substancialmente) en tal operación chegará un momento, máis cedo que tarde, que dé lugar ao rebordamento da nova balsa de Vieiro, ademais do conseguinte dano ambiental sobre os recursos hídricos da braña na que se realizan as actuacións proxectadas.
As balsas mineiras en Galicia, unha problemática ambiental que xa non se disimula
A información dispoñible sobre vertedoiros e balsas figuran no Inventario Nacional de Vertedoiros e Balsas, elaborado en 1983 e 1989, polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME), actualizado no referente ás balsas, en 2002. No referente ao seu volume, os máis de 325 millóns de metros cúbicos corresponden na súa maioría a Andalucía (47,1%), Galicia (14,8%) e Cantabria (12,2%). Moitos destes emprazamentos e a súa contorna están contaminados por drenaxes ácedas de minas consecuencia dos sulfuros presentes nos minerais metálicos.
Augas de Galicia non debera, coa súa actuación irregular, converterse EN CÓMPLICE e axudar a agrandar a problemática ambiental existente coas balsas mineiras aquí en Galicia.
A drenaxe áceda dos cauces de Touro debe ser debidamente tratada en prantas de tratamento de drenaxe áceda, antes de ser reinxectadas a oco mineiro algún. E por tanto, tampouco se debe desviar, alterar substancialmente ou eliminar cauce algún, como se está a realizar incomprensiblemente neste caso e de maneira espúrea e ilegal.
A Lei de Minas, de forma precursora, áchase imbuída dunha filosofía protectora do medio ambiente, cuxo thelos é que a obtención e o beneficio dun recurso natural, como son os recursos mineiros, só debe comprometer na menor contía posible a afectación ao medio ambiente. Ademais, actualmente existen numerosas tecnoloxías de aplicación na práctica mineira que permiten a rehabilitación dos terreos afectados pola actividade mineira (degradados e contaminados), mellorando incluso as condicións iniciais para o seu uso. A necesidade de gardar o preciso equilibrio entre a obtención de recursos naturais e a práctica de tecnoloxías de rehabilitación de contornas obriga ao estudo particular de cada caso, con obxecto de ponderar as numerosas e moi diversas circunstancias que concorren en cada explotación e os requirimentos que se derivan das características da súa contorna natural, variables dun lugar a outro.
O punto de partida de todas estas formulacións atopámolo no artigo 5.3 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de Minas, segundo o cal o Ministerio de Industria realizará os estudos oportunos para fixar as condicións de protección do medio ambiente, que serán imperativas no aproveitamento do conxunto dos recursos minerais que son obxecto da Lei de Minas.
A incorporación ao ordenamento interno español da Directiva 2006/21/CE, sobre a xestión dos residuos de industrias extractivas, pretende unificar e mellorar as disposicións relativas á protección do medio ambiente no ámbito da investigación e aproveitamento dos recursos minerais regulado pola Lei de Minas.
Neste sentido, é preciso lembrar que o Real Decreto 2994/1982, do 15 de outubro, regula a restauración de espazos naturais afectados polas actividades mineiras e incorpora no seu articulado a necesidade de realizar un proxecto de almacenamento dos residuos que fosen ser xerados polas devanditas actividades. Ademais, o capítulo VIII do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, aprobado por Real Decreto 863/1985, do 2 de abril, establece nos artigos 118 e 119 que os vertedoiros, os depósitos de residuos, balsas e diques de estériles, calquera que fose a súa procedencia, estableceranse de acordo cun proxecto debidamente aprobado que considere a súa estabilidade temporal e definitiva. Para a elaboración deste proxecto precísase da preceptiva avaliación ambiental favorable e vinculante e da imprescindible participación pública. O que non se fixo no caso que nos ocupa.
Detalle de augas hiperácedas da mina de Touro – O Pino
A Directiva 2006/21/CE esixe a rehabilitación das zonas onde se situaron as instalacións de residuos mineiros, do mesmo xeito que a lexislación mineira española preexistente e a actual.
Finalmente, garantiuse que, de acordo coa Convención das Nacións Unidas sobre o acceso á información, a participación pública na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, do 25 de xuño de 1998 (Convención de Aarhus), o público sexa informado de toda solicitude de autorización de plan de restauración que inclúe o plan de xestión de residuos e que o público interesado sexa consultado previamente á concesión dunha autorización do plan de restauración.
Por outra banda, os residuos mineiros colocados nos ocos das explotacións son para a súa rehabilitación ou con fins de construción relacionados coas actividades de aproveitamento do recurso mineiro, como a construción ou o mantemento de ocos para o acceso de maquinaria, ramplas de transporte, canles perimetrais, barreiras de seguridade ou muros de sostemento tamén teñen que someterse a determinados requisitos para protexer as augas superficiais e subterráneas, asegurar a estabilidade dos devanditos residuos e garantir un seguimento adecuado con posterioridade ao cesamento das devanditas actividades.
No caso da mina de Touro NON SE CUMPRE NINGÚN DOS OBXECTIVOS PREVISTOS na propia normativa mineira, que fala expresamente de REHABILITACIÓN OU CON FINS DE APROVEITAMENTO DO RECURSO MINEIRO, e non con outros fins espúreos como é o caso, que é nin máis nin menos, que dárlle continuidade á problemática ambiental da drenaxe áceda derivada da presencia de SULFUROS NOS CAUCES E NA ENTORNA DA MINA DE TOURO -O PINO.
As entidades explotadoras das industrias extractivas deberán aplicar as mellores técnicas dispoñibles de seguimento e control da xestión para previr a contaminación da auga e o chan e identificar calquera efecto adverso que as súas instalacións de residuos mineiros poidan ter sobre o medio ambiente e a saúde das persoas. Ademais, co fin de reducir ao mínimo a contaminación da auga, a vertedura de residuos en calquera masa de auga debe efectuarse de acordo coas disposicións da Lei de Augas.
Os ocos de explotación enchidos con residuos mineiros tras o aproveitamento do mineral REALÍZANSE POR TANTO CON FINS DE REHABILITACIÓN OU DE CONSTRUCIÓN PARA O APROVEITAMENTO MINEIRO, E NON PARA CREAR UNHA NOVA BALSA TÓXICA.
É preciso lembrar e insistir en que o procedemento de actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael número 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L, NON CONTA CON AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FAVORABLE. Polo tanto, non existe plan de restauración ambiental algún no que se incardine o “Proxecto de drenaje temporal de la mina de Touro”.
Así o corrobora o ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da actualización do proxecto de explotación da C.E. San Rafael 2946, concellos do Pino e Touro (A Coruña), promovido por Cobre San Rafael, S.L. (clave 2017/0084) (DOG Núm. 26. Venres, 7 de febreiro de 2020).
Políticas clientelares, políticos ignorantes, funcionarios corruptos e un Fiscal de Medio Ambiente que durante anos e anos mirou a outra parte
A execución da resolución de Augas de Galicia podería causar ao medio natural e aos recurso hídricos danos de imposible ou difícil reparación, dado que non existe un Plan de Restauración definitivo aprobado nin que dispoña dunha preceptiva avaliación ambiental favorable no que se poida incardinar a solución temporal das obras do Proxecto de Drenaxe Temporal da mina de Touro.
Augas de Galicia debera suspender sen demora a execución da drenaxe temporal, ante a falla de viabilidade AMBIENTAL das obras autorizadas. Por outra banda, ao non preverse a instalación de plantas de tratamento das augas sulfurosas ou drenaxes ácedas de mina, na praxe o que se está a autorizar por parte de Augas de Galicia é o nacemento dunha nova balsa de augas tóxicas no oco de Vieiro, unha nova balsa mineira á que en breve haberá que engadir toda a problemática ambiental e as consecuencias que de aquí se van a derivar, como xa ocorre coas balsas mineiras do Monte Neme, en Carballo; as balsas mineiras de San Finx, en Lousame; as balsas mineiras de Varilongo, en Santa Comba…etc.
Hai que esixir á Dirección de Augas de Galicia unha actuación seria, rigorosa e resposable neste tema e dado que as obras se realizan na zona de policía de leitos, esixa á mercantil promotora a restauración desta e a instalación de plantas de tratamento de drenaxes ácedas e sulfurosas sin mermar o caudal, nin por suposto desviar nin eliminar os tres cauces afectados, xa que logo, ten que ser consciente que estamos a falar dunha braña que constitúe un val fluvial ao estar regada por varios cauces. Cómpre ter en conta que neste caso non só se trata de drenar as augas sulfurosas, senón que se reinxectan estas cara un oco mineiro, que segundo a normativa mineira debera ser rehabilitado, e non empregado para crear outra balsa mineira de augas tóxicas.
Non é casualidade que este tipo de cousas ocorran por pura casualidade. Resulta moi chamativo que “James Bond” ande por aí a realizar falcatruadas unha tras outra e saia indemne. Jamen Bond sempre mata, mata ao malo ou mata ao seu sicario, cústalle unha fortuna a Coroa, sempre gaña e sae con total impunidade. E non lle pasa nada porque é unha personaxe ficticia. Sen embargo, Cobre San Rafael ou Explotaciones Gallegas non o é.
Isto só se pode entender no contexto dun intercambio extraoficial de favores, no cal os titulares de cargos políticos regulan a concesión de prestacións, obtidas a través da súa función pública ou de contactos relacionados con ela, a cambio de apoio electoral, beneficios persoais ou familiares. Pode ser que consigan escapar da xustiza e da lei humana pero é imposible facelo da Lei Natural. Tempo ao tempo…
A minaría metálica é unha ameaza ambiental sen precedentes. A única aposta realista é un cambio radical cara á reciclaxe integral mais tendo en cuenta que a día de hoxe a reciclaxe de minerais como o litio, telurio ou terras raras está por baixo do 1%. Non hai máis que ver o que está a suceder na mina de Varilongo, en Santa Comba. Máis de 30 anos de minería irresponsable. Unha historia de espolio de montes veciñais, eliminación de fervenzas, falla de restauración, ausencia de avaliación ambiental …
O lobby mineiro europeo manda sobre as políticas estatais e da Xxunta de Galicia, que non son quen de facer fronte á súa especulación. O espolio dos recursos naturais está servido.
As novas tecnoloxías multiplicaron a demanda de minerais e terras raras causando un desaforado auxe do extractivismo mineiro. Se a minaría tradicional xa estivo detrás de moitos desastres ecolóxicos agora os riscos son moito maiores polo novo modus operandi deste sector. As empresas matriz crean micro empresas pantalla descapitalizadas a través das cales acceden as concesións de prospección e posterior explotación, para o cal solicitan subvencións e créditos sobre produccións futuras. Buscan resultados a corto prazo cos que poder inflar o valor das accións evitando os custes dunha explotación estable.O desastre só é cuestión de tempo e cando este chega e con el as sancións e imdenizacións quebran a empresa eludindo así a xustiza.
Video de Ecoloxistas en Acción Galicia. O desastre ambiental da mina de Varilongo, en Santa Comba (A Coruña)
O rego da Braña Ancha recolle as augas residuais industriais da mina que conteñen drenaxe áceda de minas
Os proxectos de explotación e plan de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba nunca foron sometidos a avaliación de impacto ambiental
A empresa non dispón de autorización para o baleirado das plantas inundadas e vertedura sen tratamento das augas ao dominio público hidráulico
Tanto a Xunta de Galicia como o Alcalde de Santa Comba teñen a obriga legal e ética de acordar, como medida cautelar para garantir a integridade do dominio público hidráulico, a paralización inmediata dos vertidos que conducen a drenaxe áceda do interior da mina ao río Xallas
Rego da Braña Ancha con evidencias de drenaxe áceda de minas
As augas residuais industriais de mina circulan por diferentes canalizacións e balsas ata verterse no rego da Braña Ancha, cara o Sur do punto de bombeo. O empresario de Oleiros, José Manuel Corbal Debén, Director do Grupo Mineiro de Santa Comba que xestiona o entramado de empresas Tin & Tungsten SL, Rafaella Resources, Ulex Minerals e Eurobattery Minerals estaría a reactivar o funcionamento da mina sen as preceptivas autorizacións da Consellería de Industria, de Augas de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente.
As augas residuais de mina que están sendo bombeadas levan acumuladas no interior da mina case 30 anos, desde finais dos anos 1980, contendo con toda probabilidade altas concentracións de metais pesados, ao tratarse dunha antiga explotación de minería metálica con importantes cantidades cuxo xacemento contén importantes cantidades de sulfuros (arsenopirita, calcopirita e pirita) xeradores de drenaxes ácidas de mina, susceptibles de produciren importantes impactos sobre o medio ambiente.
As evidencias visuais da contaminación por metais pesados son claramente perceptibles no transcurso dos 6 km do rego da Braña Ancha desde as instalacións mineiras ata a súa confluencia co Río Xallas. Durante este percurso, e ata a confluencia do Xallas, hai diversos puntos onde se obervan precipitados metálicos en prados e canles resultantes das enchentes que as chuivas dos últimos días provocaron en diversos tramos do río.
A actuación da empresa mineira sería realizada en plena época de choivas para minimizar o risco de detección da elevación da cantidade de metais pesados polo efecto da disolución, salientándose que a empresa non conta con ningún sistema de tratamento que poida eliminar as elevadas concentracións de metais pesados presents nas augas residuais, unha vez que o sistema de balsas polo que pasa só limitan a cantidade de sólidos en suspensión, e non as especies metálicas en disolución, que por tanto están afectando de forma directa ao ecosistema fluvial.
En 25/03/2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas D. Anxo R. Calvo Silvosa dictou “Resolución de transmisión de dereitos mineiros”, que establecía que a explotación das concesións “estará suxeita ás seguintes prescricións”: “Para poder proceder á explotación se deberá contar coa declaración ambiental e coa aprobación do proxecto de explotación e plan de restauración correspondentes” (DOCUMENTO N.º 1).
En 06/08/2009, a necesidade de someter a actividade a avaliación de impacto ambiental é confirmada mediante Informe do enxeñeiro actuario D. Juan Lizaur Otero (DOCUMENTO N.º 2). A pesar do anterior, os proxectos de explotación e plan de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba nunca foron sometidos a avaliación de impacto ambiental, de modo que a empresa concesionaria non dispón de autorización ambiental para realizar a actividade, e moito menos autorización para o baleirado das plantas inundadas e vertedura sen tratamento de ditas augas ao dominio público hidráulico.
Por todo o anterior diversas asociacións, entre as que se atopa a asociación ambiental Petón do Lobo, denunciaron os feitos ante Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos naturais da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e concello de Santa Comba, para que procedan de inmediato á paralización das labores da empresa que xestiona o Grupo Mineiro Santa Comba e a incoación do correspondente procedemento sancionador ante os indicios dun posible ilícito penal contra o medio ambiente e os recursos naturais.
Imaxe do Censo Catastral mineiro de Galicia. En vermello os dereitos mineiros de Santa Comba e Coristanco
Imaxe do Censo Catastral mineiro de Galicia. En vermello os dereitos mineiros de Santa Comba e Coristanco
Petón do Lobo insta á Xunta de Galicia á paralización inmediata das prospeccións, en tanto que non someta a exposición pública o proxecto dos permisos de investigación mineira e o plan de restauración das catas, que a mercantil realiza na exploración de níquel, cobalto, cobre e terras raras
O dereito mineiro Carmen sobre o que traballa a empresa, caducado dende hai anos, de máis de 2.500 hectáreas de superficie en Santa Comba e Coristanco, abrangue núcleos habitados como o de Castriz, San Salvador, Vilartide, Vilardante de Arriba, Boaña de Abaixo, Boaña de Arriba, Boimente, A Choupana, Esternande, Estévez, Frieiro, O Hospital, A Mostaza, O Outeiro, Padreiro, Traba, Vento, Xallas, O Xesto, Castro, Choupana, Codeseira…etc, masas de auga, fontes, mananciais, granxas e terras da concentración parcelaria de gran aptitude agrícola
A asociación insta ao alcalde de Santa Comba a á corporación municipal a esixille á Dirección Xeral de Planificación enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia a paralización inmediata das prospeccións mineiras e o cumprimento estricto da normativa. Tamén insta á cidadanía afectada das parroquias de Castriz e de San Salvador de Padreiro a organizarse para a defensa das súas casas e as súas terras.
Carmen é o nome do dereito mineiro sobre o que Eurobattery Minerals realiza as prospeccións mineiras na parroquia de Castriz para a busca de níquel, cobre o cobalto.
Este dereito mineiro solicitado no ano 1942 e inscrito no censo catastral mineiro no ano 1944 como concesión directa de explotación abrangue 2.559.9400 hectáreas nos municipio de Santa Comba e Coristanco, na provincia da Coruña. Non obstante, a falla de explotación da concesión ao longo do tempo finiquitou o mesmo por caducidade, se ben a Xunta non declarou formalmente a mesma cando debera facelo.
A parroquia de Castriz forma parte do proxecto “Corcel”, que en teoría abarcaría outros dereitos mineiros colindantes con Carmen, como é Santa María de 117.8560 hectáreas, Santa Bárbara de 695.0650 hectáreas e Carballeira de 482.3300 hectáreas, todos eles adquiridos por Eurobattery Minerals no ano 2019 a Galicia Tin & Tungsten, S.L, outra compañía creada para especular con este tipo de dereitos mineiros.
Para a Xunta de Galicia “Galicia é unha mina” e prácticamente boa parte de Santa Comba está enriba dos dereitos mineiros de Eurobattery Minerals. De resultar exitosas as prospeccións é probable que a veciñanza dos núcleos de Boaña de Abaixo, Boaña de Arriba, Boimente, Castriz, A Choupana, Escanande, Estévez, Frieiro, O Hospital, A Mostaza, O Outeiro, Padreiro, Traba, Vento, Xallas, O Xesto non poidan convivir á beira dun proxecto industrial de mina a ceo aberto que empregará explosivos tipo A e que lles obrigaría ao éxodo poboacional.
Por tanto é imprescindible que a veciñanza se organice e demande información tanto ao concello como á Xefatura territorial de Minas da Coruña, xa que logo, o flagrante incumprimento da normativa mineira, a opacidade e falla de transparencia institucional ao redor do proxecto “Corcel”, evidencia que a postura da Xunta de Galicia é estar á beira da empresa e favorecela en todo o que poida, ata o punto de non someter a exposición pública nin os proxectos dos permisos de investigación mineira nin os plans de restauración das catas e prospeccións, nunha tramitación espúrea máis propia de Administracións corruptas e neocoloniais do pasado, que de democracias avanzadas do século XXI.
George Schaller, un dos biólogos máis reputados a nivel mundial, considerado o pai do conservacionismo, dicía que pódese facer a mellor ciencia do mundo, pero a conservación baséase na emoción, e ao menos que se trate de emocións, nunca se pode facer nada relevante.
De George Schaller é a famosa frase: “Temos que mudar culturalmente a nosa relación có mundo natural”.
A conservación vén do corazón e nunca se debe esquecer isto. É fundamental criar unha sensación de parentesco cós animais, coa natureza, coa auga, coa terra, cos recursos naturais…etc, xa que precisamos dunha implicación emocional que impulse ás masas á acción e ao coidado do territorio no que vive e habita. De aí a importancia dá participación e toma de conciencia dás comunidades locais.
Este é o desafío actual, incluso da ciencia, e moito máis do ecoloxismo e o activismo social e medioambiental: para conectar ás persoas cós problemas cotiás e a necesidade de conservación e restablecemento dos recursos naturais, precisamos da arte e traballar coas emocións. Temos que sentir algo se imos actuar.
Por iso, precisamos de mensaxes que cheguen ao corazón da xente e nos fagan reflexionar. Debemos traballar as emocións. Ao cambiar os pensamentos podemos cambiar a realidade. E a mudanza da realidade non se pode facer á marxe das comunidades locais e incluso dos mass media, se for posible. Por iso o enunciado «A túa casa está enriba dunha mina» ou este outro, «Galicia é unha mina», promovido incluso a nivel institucional pola Xunta de Galicia, ademais de ser tristes realidades, serven para amosar a gravidade e o alcance real da problemática actual en materia de minería.
A realidade é que as grandes corporacións e mafias neoliberais non se interesan polo país, as terras ou as xentes que as habitan. Queren gañar diñeiro, e máis se son estranxeiras, que queren facelo rápido e irse. Por que é tan difícil ver os beneficios de protexer o medio ambiente? Porque non son inmediatos. Construír unha gran mina, destruíndo centos de quilómetros cadrados de chan e bosques xera unha renda inmediata e iso satisfai a moitos. Pero non ten futuro. Se se perde todo, ninguén vai estar contento. Por iso cómpre cambiar os pensamentos para cambiar esta realidade tan obscena.
A solución: o dereito fundamental de apego. O apego ao territorio e o seu desarrollo
O apego ao lugar é a relación simbólica formada por persoas que dan significados afectivos culturalmente compartidos a un espazo particular ou porción de terreo que ofrece as bases para a comprensión individual e colectiva dá relación co medio ambiente. O apego é ese lazo afectivo que unha persoa ou animal forma entre o mesmo e un determinado lugar, un lazo que lle impulsa a permanecer xunto a ese lugar non espazo e non tempo. A característica máis destacada é a tendencia para lograr e manter un certo grao de proximidade ao obxecto de apego. Existe un dereito ao apego. E este dereito é un dereito inalienable e inherente a personalidade humana, aínda que non é exclusiva desta. Os animais tamén teñen e viven o dereito de apego.
O apego constrúe o vínculo afectivo co medio, e isto é o que desencadea unha reacción emocional ante a noticia dun megaproxecto industrial acaparador de terras, depredador de recursos naturais, expoliador de identidades….etc.
O territorio convértese en algo máis que un espazo físico, representa as raíces, os recordos, as relacións humanas, a privacidade, a identidade.
Trátase de sentimentos: cada fonte, cada recuncho do pobo, cada paxaro, cada carreiro, cada cómaro, cada lembranza, cada cousa ten a súa historia. Noutro lugar non se é ninguén. Róubannos a identidade, a nosa historia, a nosa cultura, o que somos como pobo, como grupo…? Se algo somos, é dentro dese pobo, no seo dese grupo ou comunidade local.
De aí a importancia do bo coñecemento do territorio afectado e incluso da toponimia e sobre todo, da microtoponimia, que vincula emocionalmente á persoa co seu territorio: a casa de Manolo, o lugar do Souto, a eira de Estrela, a chousa de Socorro, a cancela do ribó…
O que non saben os predadores é que as emocións e o corazón moven montañas.
É notorio que o territorio non é só o espazo físico e cultural, senón que inclúe tamén aspectos das biografías, como os mortos e os recordos, ademais das relacións que mencionamos. O apego fundaméntase nunha práctica cotiá que alimenta recordos que provocan emocións. Isto fai que o lugar se transforme en algo que non só pertence ás persoas, senón do que son parte. O tema dos panteóns, por exemplo, é recorrente nas experiencias que supoñen un desprazamento. En case todas as culturas, o lugar no que están enterrados os mortos é sacro, é un vínculo poderoso entre as persoas e o lugar, e presupón unha preocupación máis diante dun posible desprazamento.
Non ter un lugar ao cal volver cando se desexe, ou atopalo totalmente cambiado, mudado, transformado… presupón desarraigamento, un sentimento de abandono.
As emocións como instrumento para o desarrollo do apego e a defensa dá terra
É fundamental traballar o apego ao territorio na resistencia contra os megaproxectos industriais envelenados de fascismo neoliberal. Espertar a intensidade emocional e os vínculos entre as persoas e o lugar onde viven ou o seu lugar de nacemento ou de orixe é fundamental. Só así se garante o cambio de mentalidade, a conciencia social das masas ante o expolio e a protección e conservación dos recursos naturais.
Por iso, o activismo actual ten a ardua tarefa de desarrollar o apego ao territorio para contribuir a defensa deste e os seus recursos. Ben o sabía o biólogo alemán George Schaller, que insistía na importancia das emocións como instrumento necesario para a conservación dos recursos naturais e dos territorios.
O levantamento do veo
As mafias mineiras e institucionais traballan no senso contrario: fomentando o desapego. E isto cómpre telo moito en conta. O desapego á terra, o desapego aos recursos naturais, o rexeitamento ao lugar de orixe… Cantas veces non escoitariamos falar «…ese eido non vale nada», «os montes agora só causan problemas…» ou «para que queres esas terras que só che xeran conflitos…«, «na aldea non hai futuro…», «a aldea é cousa de pobres…».
Metodoloxía para capitalizar o apego ao territorio e á defensa da terra
Reflectir a totalidade da problemática que axexa á comunidade desde o proxecto industrial fabricado nos despachos da mafia neoliberal: mercantís sen escrúpulos, profesionais da política corruptos, medios de comunicación contaminados e empregados públicos que se enredan na telaraña para defender intereses espúreos. Estes e non outros, son os catro alicerces básicos que sostén un macroproxecto industrial depredador de recursos do común.
O espertar das emocións e o corazón son o instrumento fundamental para a defensa da terra.
E ben o sabe o amigo lobo…., que precisamente coida do seu territorio desarrollando todo o seu apego. O lobo é, obxectivamente, o depredador apical (“apex predator”) que máis desarrolla o apego na súa función ecolóxica nos ecosistemas. E na defensa da terra, cómpre sermos neste senso un pouco lobos.
(Estás a ler un artigo que pertence á serie “Lobo e Territorio. O desarrollo dá cidadanía activa”, dá asoc. ambiental e cultural Petón do Lobo).
Queres coñecer algo máis de George Schaller? El dicía:
«Brasil proxectou 417 represas na Amazonia. Calcule cantas estradas implica iso, cantas persoas circulando, canta caza nesa área e cantos bosques serán destruídos». A que dá que pensar?
Xa podes descargar a obra O Monte Neme: da orixe sacra á minería irresponsable – Historia dunha ferida, editado e publicado pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo no ano 2018.
Fai clic aquí para descargar o arquivo, selecciónao e pulsa o elo de ligazón:
A Xunta outorga unha “autorización” de vertidos encuberta á mina de San Finx
O permiso outórgase nun procedemento caducado, iniciado fai 4 anos e nunca resolto
Sacyr perforou en 2017 unha nova planta por debaixo do nivel de inundación a pesar de carecer de autorización de vertidos
Colectivos ambientais anuncian acción legais inmediatas contra Augas de Galicia
Compostela, 21/02/2020.- Catro anos despois de que a filial de Sacyr que se fixo coas concesións da histórica mina de San Finx se vira obrigada a solicitar permiso para o vertido as augas ácidas de mina, a Xunta outórgalle unha autorización encuberta baixo o eufemismo de “medidas cautelares” que ademais implica amparar a ocupación do cauce natural do río con dúas novas balsas de residuos mineiros construídas ilegalmente en 2011.
As medidas, autorizadas pola Directora de Augas de Galicia e ata fai pouco concelleira do Partido Popular en Santiago, Teresa María Gutiérrez, contemplan a instalación dunha “planta piloto de tratamento”, en teoría para tratar de forma experimental 2.000 litros por hora durante dous meses, pero fontes da empresa xa se gababan a finais de decembro que “la autorización de vertidos está al caer”, en referencia a estas “medidas cautelares”.
En 2017 a mineira perforou unha nova 5ª planta no sector “Buenaventura” da mina, por debaixo do nivel de inundación, debendo realizar bombeos continuos de drenaxes ácidas que foron vertidos ao cauce sen tratamento a pesar de carecer de autorización de vertido e declaración de impacto ambiental. ContraMINAcción teme que, con esta autorización encuberta, se reanude ilegalmente o achique das labores mineiras inundadas.
Ademais, a xuizo de ContraMINAcción, esta autorización non só é ilegal ao darse no marco dun procedemento cuxo prazo de resolución finalizou hai 3 anos e que, por tanto, está caducado, senón que evidencia a conivencia da Xunta coa mineira. “A mineira leva anos vertendo de xeito ilegal sen que se incoara un só procedemento sancionador, a pesar de constatarse que os altos niveis de cadmio, cobre e cinc presentes no río son resultado directo das verteduras da mina”. Por iso, anuncian accións legais inmediatas contra as autoridades e funcionarios de Augas de Galicia.
Denúnciase ademais que se produza esta autorización cando se constatou a continua mala fé da empresa, achegando datos falsos e conxeturas sen base científica, como a suposta existencia dun “fondo natural” de substancias contaminantes que impediría cumprir os limites de contaminantes que impón a lexislación, para o que Tungsten San Finx S.L. se valeu de informes emitidos polo profesor xubilado Felipe Macías, desmentidos por unha revisión rigurosa feita pola Universidade da Coruña. O proxecto de “planta piloto”, que supostamente pretende validar resultados experimentais de laboratorio, forma parte da estratexia de fraude permanente.
Ante iso, as únicas “medidas cautelares” que debería ter imposto a Xunta, desde o primeiro momento no que constatou a existencia de verteduras en 2016, eran as destinadas a impedilas, incluíndo o selado dos transversais de desaugue da mina mediante ‘bulkheads’, e o taponado de chimeneas e pozos de ventilación, permitindo a reinundación das plantas baleiradas ilegalmente desde 2008 e creando condicións anaerobias que minimicen os procesos de xeración de drenaxes ácidas de mina.
No día de hoxe a problemática das minas de San Fins, no municipio coruñés de Lousame, estivo presente na orde do día da Comisión de Peticións do Parlamento europeo en Bruselas.
Sobre as 11:30 horas debatíase de novo a petición 59/2017, relativa á falla de información, á falla de seguridade e a contaminación das presas mineiras de San Fins. A petición presentada no seu día pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, xa fora defendida o 11 de xullo de 2018 no seo desta Comisión, por Xosé Manuel Romarís Cercós, quen conseguira que a petición ficara aberta á espera de novos informes.
Nesta ocasión a defensa da petición foi asumida por Joám Evans Pin, quen compartiu cos presentes datos técnicos emitidos por persoal experto, sobre da contaminación dos cauces fluviais de San Fins e a falla de restauración das antigas labores mineiras.
O poñente manifestou a falla de dilixencia do departamento de minas da Xunta de Galicia, que aínda a tarde anterior remitira os informes solicitados no seu día pola Comisión europea tras o primeiro debate da petición no ano 2018, impedindo con esta actuación extemporánea que os mesmos foran examinados co debido detalle polas persoas afectadas e eurodeputadas interesadas, e co posible prexuizo derivado da indefensión provocada pola falla de información.
Joám Evans tamén chama a atención sobre as conclusións do informe tardío aportado polo departamento de minas da Xunta de Galicia, que dirixe Bernardo Tahoces. O informe sorpresivamente alude a que as presas mineiras abandonadas foron construidas con fins eléctricos e non mineiros, con unha clara intención de obviar o control da Comisión de peticións e «burlar» a transparencia, a falla de información veraz, a seguridade xurídica, o principio de igualdade e contradicción das partes nos procedementos administrativos, e en definitiva ao noso xuizo, «terxiversar con mentiras» un sistema democrático baseado no principio de legalidade e de responsabilidade dos poderes públicos. O que sería un gran motivo para pedir xa desde aquí a dimisión do responsable de minas da Xunta de Galicia.
No Inventario de Balsas mineiras encargado pola Xunta de Galicia no ano 1999 xa figuraban as balsas mineiras de San Fins. Tampouco se fixo unha avaliación medioambiental e a cidadanía nunca tivo a oportunidade de participar no procedemento de reapertura desta mina no ano 2010. Todo isto engadido á contaminación existente, á falla de restauración das actividades mineiras anteriores e á falla de supervisión das empresas mineiras responsables que non se deixa ao azar. Semella existir unha intencionalidade clara e manifesta de incumprir a normativa europea, española e galega por parte do departamento de minas da Xunta de Galicia, en favor das empresas mineiras.
No debate participaron as eurodeputadas María Soraya Rodríguez Ramos, Tatjana Zdanoka, Yana Toom, Cristina Maestres Martín de Almagro e Margrete Auken, que reprocharon á Xunta o seu desleixo en relación ás minas de San Fins. Incluso pediron a formación dunha comisión de investigación para que supervisara in situ a falla de restauración mineira e a contaminación.
Destacou a posición do ex ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, partidario de arquivar a petición.
A petición queda aberta á espera do informe da Comisión europea. Cómpre destacar o importante traballo que realizou a eurodeputada Ana Miranda e o BNG no Parlamento europeo a través do grupo Verdes-ALE para que a petición puidera ser tratada no día de hoxe.
O Xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, imputado por presunta prevaricación ambiental, usou os argumentos de Macías ante a ONU para tentar negar a contaminación.
Demandarán á Universidade de Santiago que lle retire a condición de Profesor Emérito e a súa expulsión da Academia de Agricultura de Francia
Compostela, 30 de xuño de 2019. A vintena de colectivos agrupados na rede ContraMINAcción acaban de denunciar o modo en que a concesionaria mineira de San Finx e a Dirección Xeral de Enerxía e Minas se tentan apoiar nun informe elaborado por un equipo da Universidade de Santiago dirixido por Felipe Macías para omitir a responsabilidade da empresa en relación aos impactos ambientais causados pola mina no pasado e no presente e, ao mesmo tempo, da administración, que os debería ter evitado.
O primeiro dos informes asinados polo profesor xubilado Felipe Macías Vázquez, o fillo deste Felipe Macías García e outros colaboradores está repleto de plaxios de traballos doutros autores, que se manipulan sen pudor, e mesmo parágrafos enteiros copiados sen citación de blogs anónimos de Internet. O informe fabrica sen calquera base un suposto fondo natural de metais para os principais metais contaminantes que verte a mina (cadmio, cobre e cinc) e aínda recorre a fenicios, romanos, ‘picheleiros’ e ao mesmo Almanzor para repartir culpas.
Felipe Macías Vázquez
En 2017 a concesionaria do Grupo Sacyr que explota a mina de San Finx decidiu recorrer a Macías para tentar dar resposta ao mar de alegacións a que deu lugar a tentativa da mineira de verter millóns de metros cúbicos de augas contaminadas por metais pesados no río San Fins, situado apenas 6 km augas arriba da ría de Muros e Noia. As alegacións deixaron en evidencia a burla que supuña o método de “tratamento” inicialmente proposto e como as verteduras provocarían un agravamento crítico da situación de contaminación.
Dous informes de réplica encomendados pola Alcaldía do Concello de Muros e a Asociación Verdegaia, e que agora se fan públicos, puxeron en evidencia os extensos plaxios, carencia absoluta de metodoloxía e graves manipulacións de datos no informe entregado á empresa por Felipe Macías. Entre os textos plaxiados encóntrase un blog anónimo de Internet e un traballo presentado polo que foi director da mina nun congreso da Universidade Politécnica de Madrid.
Un primeiro informe de réplica realizado por sete técnicos, incluíndo o Doutor en Xeofísica Steven H. Emerman, que esta mesma semana realizou unha nova inspección da mina San Finx, desmontou a tese dun suposto fondo natural de metais explicando os impactos actuais da minería. Un segundo informe de réplica, realizado polo Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga André Pena, ocupouse de mostrar non só a burla que representan os argumentos “históricos” presentados por Macías, senón o modo en que estes foron abertamente plaxiados de distintas fontes.
Os argumentos achegados por Felipe Macías non só favorecen os intereses privados da concesionaria do Grupo Sacyr, mais tamén se esgrimiron pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas, cuxo Director Xeral Ángel Bernardo Tahoces se encontra imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental precisamente por ter supostamento facilitado a contaminación causada pola mina San Finx desde a súa reapertura en 2009. No mes de xaneiro de 2019, a propia Dirección de Minas remitiu á ONU a tradución ao inglés de partes dun segundo informe asinado por Felipe Macías, na tentativa de defender ante este órgano a inexistencia de contaminación mineira.
A gravidade dos feitos, non só desde o punto de vista da ética científica, senón tamén pola gravidade das implicacións ambientais e penais que suporía aceptar as teses deitadas por Macías, fai que os colectivos de ContraMINAcción demanden á Universidade de Santiago que retire a condición de profesor emérito a Felipe Macías tras a investigación dos feitos, e revise a relación contractual coas restantes persoas responsables do informe, no suposto que teñan algunha: Carmen Nieto Olano, Ramón Verde Vilanova, Carmen Pérez Llaguno, Felipe Macías García (fillo do profesor Felipe Macías), Luis Tapia del Río e David Romero Chouzas. Na medida en que Felipe Macías Vázquez tamén asina os informes como membro da Academia Francesa de Agricultura, demandarán igualmente a esta institución a súa expulsión.