Galería

Pide á Xunta de Galicia a prohibición da caza das aves acuáticas, adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo, a prohibición de campionatos da arcea e a prohibición de ceibar especies exóticas na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Pide á Xunta de Galicia a protección dás aves acuáticas e a prohibición da súa caza, adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo, a prohibición de campionatos da arcea e a prohibición de ceibar especies exóticas na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Cerceta real

Pídese á Dirección Xeral de Patrimonio Natural dá Xunta de Galicia:

1.- A protección dás aves acuáticas e a prohibición da súa caza na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación polos motivos expostos.

2.-  Adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación adiantando así os prazos previstos no Regulamento (UE) 2021/57 da Comisión do 25 de xaneiro de 2021 que modifica, polo que respecta ao chumbo na munición das armas de fogo utilizadas nos humidais ou nas súas inmediacións, o anexo  XVII do Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH).

3.-No tocante á arcea (scolopax rusticolus), dada a escaseza, ínstase a prohibición de campionatos da especie e a realización de censos da especie e de estudos científicos rigorosos sobre da súa viabilidade como cinexética na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

4.- A prohibición de ceibar especies exóticas (invasoras ou non) de caza, por exemplo o faisán, na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

Parrulo chupón
Parrulo cristado común
Pato rabilongo
Galiñola negra
Arcea ou becada
Faisán
Galería

Pide a exclusión do Lobo na vindeira Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia a súa inclusión na Listaxe de especies en réxime de protección especial e o control e eliminación dá caza furtiva sobre dá especie. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Pide a exclusión do Lobo na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia a súa inclusión na listaxe de especies en réxime de protección especial e o control e eliminación dá caza furtiva sobre dá especie. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Solicítase á Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

1.- A exclusión do Lobo ibérico dá Resolución anual de caza para a vindeira tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

2.- A inclusión do Lobo Ibérico na Listaxe de especies en réxime de protección especial.

3.- Controlar e eliminar a caza furtiva sobre do Lobo ibérico, unha lacra que segue operando nos montes galegos sobre dá especie con total impunidade.

4.- Eliminación total dás batidas dos lobos e afastar á especie do control letal, tanto o legal como o ilegal.

5.- Reforzo do corpo de axentes medioambientais e incremento da súa cualificación profesional.

Loba abatida a tiros por furtivos en Coristanco
Lobo atrapado nun lazo de caza furtiva en Laza
Loba abatida a tiros por furtivos en A Gudiña en xaneiro de 2021
Lobo tiroteado na Estrada durante unha batida de xabaril polo mes de xaneiro de 2021
Galería

Axuda a protexer os raposos na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia censos dá especie e a prohibición de campionatos. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Axuda a protexer aos raposos na Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Pídese á Dirección Xeral de Protección Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do raposo en Galicia e estudos científicos que garantan a súa viabilidade como especie cinexética de cara á resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

2.-  A prohibición dos campionatos de raposos en Galicia que claramente vulneran a Lei 13/2013 de caza de Galicia. Segundo esta lei, non seu artigo 1. Obxecto e finalidade, indica: “Esta lei ten por obxecto regular ou exercicio dá caza na Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de protexer, conservar, fomentar e aproveitar ordenadamente vos seus recursos cinexéticos de xeito compatible co equilibrio natural e cos distintos intereses afectados”.

Galería

Axuda a que a caza en Galicia cumpra coa lei e non sexa tan agresiva coa fauna salvaxe e o medio natural

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Solicitamos á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que:

1.- someta a consulta pública o borrador da resolución anual pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2021/2022, ao abeiro do Convenio de Aarhus que recolle o dereito da cidadanía de participar na adopción de decisións relativas ao medio ambiente.

2.- a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies cinexéticas e por tanto a paralización e inaplicación da Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 (DOG Núm. 108 do 4 de xuño de 2020).

3.- a elaboración dos estudos científicos e informes técnicos pertinentes que permitan determinar que especies son cazables e cales non, e que estes sexan tidos en conta na elaboración da vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022.

4.- a actual Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 posibilita a caza de especies da fauna silvestre sin contar con estudos científicos obxectivos e actualizados que permitan, desde o punto de vista da conservación das especies, a práctica da caza, polo que esta práctica “espúrea” debe rematar.

5.- A realización de censos actualizados das especies cinexéticas e a súa publicación no DOG.

6.- A realización dos estudos de impacto ambiental que require a actual lexislación ambiental para os Plans de ordenación cinexética dos Tecor e dos Plans anuais de aproveitamento cinexético. A publicación destes no DOG ou alomenos no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia.

7.- A avaliación das repercusións da actividade cinexética na área de influencia e na entorna da Rede Natura 2000, tal e como prescribe a normativa ambiental europea. O mesmo ocorre coas competicións da Federación galega de caza, que se realizan sen control ambiental algún por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e sen consulta pública, a pesar de afectar ao medio ambiente e vulnerando por tanto o artigo 45 da Constitución española e o Convenio de Aarhus.

8.-  Prohibir a caza da rula en toda Galicia con carácter indefinido e iniciar o proceso para incluír esta especie no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de vulnerable e implantar medidas eficaces de conservación, EXCLUINDO A ESPECIE na vindeira resolución de caza para a tempada 2021/2022.

A  rula común está protexida de maneira xenérica como todas as aves europeas, baixo a Directiva de Aves. No Anexo II- B da citada Directiva está incluída como unha das especies cuxo aproveitamento cinexético é legal. Non obstante, a pesar de ser cinexética, existe a obriga de tomar todas as medidas necesarias para preservar, manter ou restablecer unha diversidade e unha superficie suficiente de hábitats para esta especie e mantela nun estado de conservación favorable. A ausencia de censos actualizados da especie e de estudos científicos que avalen a súa calificación como cinexética é unha deficiencia severa que debe ser corrixida.

En Galicia a Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21, permite a caza da rula común (Streptopelia turtur), nos tecores da antiga lagoa de Antela e autoriza a súa caza xunto co paspallás. A pesar de ser unha zona ZEPA e Rede Natura, sen embargo, non se realiza o informe de avaliación das repercusións sobre a Rede Natura que esixe a Directiva de Hábitats, para que se poida permitir nela a actividade cinexética.

A Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e do Consello, de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres considera que determinadas especies (as enumeradas no seu Anexo II) debido ao seu nivel de poboación, a súa distribución xeográfica e a súa tasa de reproducción no conxunto da Comunidade europea poden ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional de cada Estado membro.

Por outro lado, o Anexo V da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna silvestre establece as especies animais e vexetais de interés comunitario cuxa recollida na natureza e cuxa explotación poden ser obxecto de medidas de xestión, sempre e cando sexan compatibles co mantemento de tales especies nun estado de conservación favorable.

Polo tanto, os danos poden producirse na medida en que se permita a caza de especies sin contar con información relativa ao nivel de poboación, distribución xeográfica e tasa de reproducción das distintas especies silvestre e ao grao de incidencia da actividade cinexética na conservación das mesmas.

Estos danos, de producirse, han de calificarse como irreparables ou de difícil reparación, posto que os exemplares cazados non son recuperables.

Cómpre recordar que a circunstancia de que unha especie sexa susceptible de ser cazada ou ser obxecto de xestión en abstracto (por non ser especie protexida), non significa que a actividade da caza poida realizarse sen máis, senón que é preciso e necesario que, ademais, non se vexa afectada a conservación da especie.

A declaración dunha especie como cinexética e cazable, esixe contar con estudos obxectivos científicos e actuáis.

Os danos derivados da práctica da caza para a fauna silvestre, sen contar cos estudos precisos que o avalen e, por outro lado, os danos  aos intereses económicos e sociais derivados desta actividade, leva a conclusión de que resulta máis necesitado de protección o primeiro, polo seu carácter máis sensible.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia non acredita a existencia de informes actuáis e obxectivos que avalen as especies que poden ser cazadas en Galicia.

Galería

A rula común, a un paso da extinción

No día de hoxe, unha votación sen precedentes, decidía sobre o grao de protección do lobo e da rula común. Mentras o lobo saía ben parado, non así a rula. A Comisión estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade decidiu sobre a catalogación destas especies para reforzar a súa protección e evitar a súa xestión como especies cinexéticas.

Nunha rifada votación na Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, na que participan comunidades autónomas e o Ministerio para a Transición Ecolóxica, acordouse incluír ao cánido na Listaxe de Especies Silvestres (LESPRE), o que implica que a especie deixará de ser cinexética en toda España. É obrigatorio, pero non vinculante, que a comisión aprobe a iniciativa. Agora é o Ministerio o que debe continuar a tramitación. Sen embargo, a rula común non tivo tanta sorte.

A  rula común (Streptopelia  turtur) é unha especie migratoria que chega a Galicia entre marzo-abril, sendo o período anterior ao verán o que rexistra un maior número de exemplares e cando se reproduce na península Ibérica.

Nos últimos decenios a rula común experimentou un acusado declive, tanto no número exemplares reprodutores como nos que nos visitan en paso. Esta situación débese principalmente á degradación do hábitat de cría e invernada pero á que tamén contribúe a mortaldade non natural ao ser especie cinexética.

A  rula común está protexida de maneira xenérica como todas as aves europeas, baixo a Directiva de Aves. No Anexo II- B da citada Directiva está incluída como unha das especies cuxo aproveitamento cinexético é legal.

En función do estado da poboación de cada país membro, permítese que cada un declare á especie como cinexética ou non, para un determinado territorio e avaliando ano a ano esta posibilidade, mediante as denominadas ordes de vedas. No contexto español, actualmente só a comunidade autónoma de Canarias decidiu establecer unha moratoria temporal á caza das rulas no seu territorio, polo alarmante declive que sofre nas illas. O problema de Galicia radica en que non existen estudos obxectivos e científicos que permitan determinar o estado da especie, polo que se descoñece se a xestión cinexética da especie é a adecuada ou non.

Por outra banda, a Directiva de Aves tamén establece que os estados membros velarán para que a caza destas especies non comprometa os esforzos de conservación realizados na súa área de distribución. Isto é moi importante porque dos 27 estados da UE só en 10 é unha especie  cazable, mentres que en 18 está protexida ou non se pode cazar.

A protección establecida na Directiva de Aves

DIRECTIVA 2009/147/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 30 de novembro de 2009 relativa á conservación das aves silvestres

A conservación ten por obxectivo a protección a longo prazo e a administración dos recursos naturais como parte integrante do patrimonio dos pobos europeos. Permite a regulación dos devanditos recursos e da súa explotación sobre a base das medidas necesarias para a conservación e a adaptación do equilibrio natural das especies dentro dos límites razoablemente posibles.

A preservación, o mantemento ou o restablecemento dunha diversidade e dunha superficie suficiente de hábitats son indispensables para a conservación de todas as especies de aves. Determinadas especies de aves deben ser obxecto de medidas de conservación especiais con respecto ao seu hábitat co fin de asegurar a súa supervivencia e a súa reprodución dentro da súa área de distribución. Ditas medidas deben, así mesmo, ter en conta as especies migratorias e estar coordinadas con miras ao establecemento dunha rede coherente.

Artigo 1 1. A presente Directiva refírese á conservación de todas as especies de aves que viven normalmente en estado salvaxe no territorio europeo dos Estados membros nos que é aplicable o Tratado. Terá como obxectivo a protección, a administración e a regulación das devanditas especies e da súa explotación.

2. A presente Directiva aplicarase ás aves, así como aos seus ovos, niños e hábitats.

Artigo 2: Os Estados membros tomarán todas as medidas necesarias para manter ou adaptar as poboacións de todas as especies de aves contempladas no artigo 1 nun nivel que corresponda en particular ás esixencias ecolóxicas, científicas e culturais, tendo en conta das esixencias económicas e recreativas.

Artigo 3 1. Tendo en cuenta as esixencias mencionadas no artigo 2, os Estados membros tomarán todas as medidas necesarias para preservar, manter ou restablecer unha diversidade e unha superficie suficiente de hábitats para todas as especies de aves contempladas no artigo 1. 2.

A preservación, o mantemento e o restablecemento dos biótopos e dos hábitats impoñerán en primeiro lugar as medidas seguintes:

a) creación de zonas de protección;

b) mantemento e ordenación de acordo cos imperativos ecolóxicos dos hábitats que se atopen no interior e no exterior das zonas de protección;

c) restablecemento dos biótopos destruídos;

d) desenvolvemento de novos biótopos.

Artigo 7 1. Debido ao seu nivel de poboación, á súa distribución xeográfica e ao seu índice de reproductividad no conxunto da Comunidade, as especies enumeradas no anexo II poderán ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional.

Os Estados membros velarán por que a caza destas especies non comprometa os esforzos de conservación realizados na súa área de distribución.

2. As especies enumeradas na parte A de o anexo II poderán cazarse dentro da zona xeográfica marítima e terrestre de aplicación da presente Directiva.

3. As especies enumeradas na parte B do anexo II poderán cazarse soamente nos Estados membros respecto a os que llas menciona.

A escala internacional tamén foi incluída no Anexo II do Convenio  Bonn para a conservación das especies migratorias. Ademais, é unha especie incluída no Libro Vermello das Aves de España, coa categoría de Vulnerable, debido a que o seu acusado declive poboacional aumenta a súa probabilidade de extinción nos próximos 100 anos.

En vista do retroceso da especie nas últimas décadas, a Comisión Europea elaborou en 2007 un plan de manexo para establecer cales eran as causas do declive e poñer en marcha medidas para frealo. Entre as ameazas consideradas como críticas (é dicir, que causan ou poderían causar un rápido declive poboacional de máis do 30% en 10 anos), destaca a perda ou modificación dos hábitats en áreas de cría nos países da Unión Europea.

A  Unidade de Medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado remitiu unha circular a todas as comunidades na que reclamaba unha moratoria na caza da  rula común.

A Xunta de Galicia está  ao bordo  do precipicio  xudicial por mor de continuar a permitir a caza ilegal dá especie e ou deterioración  do  seu hábitat. A xestión cinexética da especie só se pode permitir no caso de que os estudos científicos así o consideren conveniente.

A precaria situación da rula alerta do problema xeneralizado de perda de biodiversidade e do continuado declive das especies asociadas aos medios agrarios e agroforestais.

En Galicia a Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21, permite a caza da rula común (Streptopelia turtur), nos tecores da antiga lagoa de Antela e autoriza a súa caza xunto co paspallás.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia debera prohibir a caza da rula en toda Galicia con carácter indefinido e iniciar o proceso para incluír esta especie no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de vulnerable e implantar medidas eficaces de conservación. Aparte dos beneficios para a biodiversidade, estas medidas axudarán a evitar as severas sancións económicas que levará aparellado o procedemento infractor iniciado pola Comisión Europea.

Concellos da provincia de Ourense que abranguen a antiga lagoa de Antela e nos que se permite a caza da rula:

– Rairiz de Veiga.

– Vilar de Santos.

– Sandiás.

– Vilar de Barrio.

– Sarreaus.

– Xinzo de Limia.

– Trasmiras.

– Porqueira.

– Xunqueira de Ambía.

Galería

A manga ancha da Xunta co lobby escopeteiro

Entidades ecoloxistas galegas solicitan á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies cinexéticas e por tanto a paralización e inaplicación da Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 (DOG Núm. 108 do 4 de xuño de 2020).

A aplicación da Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 posibilita a caza de especies da fauna silvestre sin contar con estudos científicos obxectivos e actualizados que permitan, desde o punto de vista da conservación das especies, a práctica da caza.

A Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e do Consello, de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres considera que determinadas especies (as enumeradas no seu Anexo II) debido ao seu nivel de poboación, a súa distribución xeográfica e a súa tasa de reproducción no conxunto da Comunidade europea poden ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional de cada Estado membro.

Por outro lado, o Anexo V da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna silvestre establece as especies animais e vexetais de interés comunitario cuxa recollida na natureza e cuxa explotación poden ser obxecto de medidas de xestión, sempre e cando sexan compatibles co mantemento de tales especies nun estado de conservación favorable.

Polo tanto, os danos poden producirse na medida en que se permita a caza de especies sin contar con información relativa ao nivel de poboación, distribución xeográfica e tasa de reproducción das distintas especies silvestre e ao grao de incidencia da actividade cinexética na conservación das mesmas.

Estos danos, de producirse, han de calificarse como irreparables ou de difícil reparación, posto que os exemplares cazados non son recuperables.

Cómpre recordar que a circunstancia de que unha especie sexa susceptible de ser cazada ou ser obxecto de xestión en abstracto (por non ser especie protexida), non significa que a actividade da caza poida realizarse sen máis, senón que é preciso e necesario que, ademais, non se vexa afectada a conservación da especie.

A declaración dunha especie como cinexética e cazable, esixe contar con estudos obxectivos científicos e actuáis.

Os danos derivados da práctica da caza para a fauna silvestre, sen contar cos estudos precisos que o avalen e, por outro lado, os danos  aos intereses económicos e sociais derivados desta actividade, leva a conclusión de que resulta máis necesitado de protección o primeiro, polo seu carácter máis sensible.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia non acredita a existencia de informes actuáis e obxectivos que avalen as especies que poden ser cazadas.

Galería

Ecoloxistas esixen a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia carece dos estudos científicos que avalen o exercicio da actividade cinexética como tal. Ademais de non existir censos actuais das especies cinexéticas non se realizan os estudos de impacto ambiental que require a actual lexislación ambiental para os Plans de ordenación cinexética dos Tecor e dos Plans anuais de aproveitamento cinexético.

Por outra banda, tampouco se avalían as repercusións da actividade cinexética na área de influencia e na entorna da Rede Natura 2000, tal e como prescribe a normativa ambiental europea. O mesmo ocorre coas competicións da Federación galega de caza, que se realizan sen control ambiental algún por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

En Galicia, a caza, lonxe de ser unha actividade que contribúa ao equilibrio natural, é o factor que xera moitos dos problemas que logo, o sector cinexético, ofrécese a solucionar, sen éxito en ningún caso. Non se está a avaliar desde a Xunta de Galicia o profundo e negativo impacto que a mesma crea no equilibrio natural, a biodiversidade, o benestar animal e o desenvolvemento rural.

A caza actual contribúe á perda de biodiversidade de especies a un ritmo moi importante. A perda da biodiversidade, fai dano á saude do propio ser humano.

A Xunta de Galicia nin sequera determina o nivel poboacional de cada especie ou ben carece de datos ou os datos dos que dispón non son actuáis e están desfasados. Así nas Resolucións anuais polas que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para cada tempada nunca se referencian os estudos científicos obxectivos que permitan avaliar o sistema de censo, seguimento e estudo de tendencias das especies cinexéticas, o que é unha irresponsabilidade moi grave por parte do órgano con competencias sobre da protección da naturaleza.

Repoboación e solta de especies cinexéticas sen avaliación dos impactos ambientais

As soltas de exemplares de especies cinexéticas tan só exixen a autorización previa da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza, ao abeiro do establecido no artigo 53 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Na solicitude de autorización deberán constar as especies, o número, a procedencia e a referencia ao estado sanitario dos exemplares que se propón adquirir, así como unha declaración da persoa interesada da adecuación da solicitude ás previsións do plan anual de aproveitamento cinexético que afecta o terreo onde vaian ser liberados os animais. Sen embargo, este plan anual de aproveitamento cinexético carece de avaliación de impacto ambiental, o que evidencia o descontrol absoluto sobre dos impactos destas soltas sobre o medio natural.

Caza sementada de especies ao abeiro de Plans de ordenación cinexética dos Tecor sin avaliación ambiental e sin participación pública

Nas zonas de caza permanente reflectidas nos plans de ordenación cinexética do correspondente tecor autorízase a caza sementada de paspallás, perdiz, coello bravo, faisán, lavanco real e pomba brava sin control ambiental dos impactos significativos que a sementeira destes especies poden producir sobre dos ecosistemas.

A caza con especies de granxa sementadas resultan idóneas para o “lavado verde” dos  danos á natureza que causa o lobby cinexético

A caza de granxa conséguese con soltas inmediatas. Abater estas pezas é alcanzable e satisfai ao cazador que apenas conseguiría obxectivo algún coas especies silvestres. Sen embargo, as especies de granxa poden transmitir enfermidades e parásitos á fauna salvaxe e estes impactos non están avaliados, tal e como ocorre coas perdices ou o xabaril.

O xabaril non é un elemento perturbador dos ecosistemas

Nas distintas resolucións anuais polas que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para cada tempada, a Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén María do Campo Piñeiro, obcécase por amosar e perpetuar de xeito reiterado unha imaxe funesta do xabaril, xa que logo ano tras ano incide na especie como elemento perturbador importante dos ecosistemas. E realiza tal información sen base científica algunha o sen apoiarse en estudos obxectivos que confirmen tal aseveración.

Servizos  ecosistémicos do xabaril

Os xabarís desempeñan unha importante labor nos ecosistemas. Os ungulados silvestres teñen unha boa capacidade escavadora, removen e osixenan a terra. Esta “labra” do terreo favorece a absorción de nutrientes por parte de determinadas plantas, como as árbores leñosas. Favorecen a dispersión de esporas e desenterran pequenos invertebrados que despois serven de alimento aos paxaros.

Os xabarís tamén desempeñan unha importante labor carroñeira que devolve enerxía aos ecosistemas e evita as  infeccións que poderían producirse a través dos animais mortos.

Os xabarís están a ser vítimas, ao abrigo nos últimos anos, dunha campaña criminalizadora que os culpa de todos os males habidos e por haber. A superpoboación que existe destes animais, como consecuencia da súa cría masiva por parte dos propios cazadores e do seu cruzamento con outras especies, como os porcos vietnamitas, converteunos en máis dóciles e non é estraño atoparlos merodeando preto de núcleos urbanos, en busca de comida.

Podendo controlar a poboación de jabarís a través dun método ético e científico, vale a pena organizar batidas para matalos a tiros?

Galería

Colabora e racha coa opacidade da política de caza da Xunta de Galicia! Máis de 90 campionatos de caza sen participación pública e plans sen avaliación de impacto ambiental. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Coñece o calendario de campionatos e competicións de caza para tempada 2021/2022 e axuda a parar a barbarie ambiental, en tanto que a Xunta non garanta a participación pública e a avaliación ambiental na toma de decisións que afectan ao medio ambiente.

Máis de 90 competicións de caza sen garantir o dereito da participación pública da cidadanía na toma de decisións relativas ao medio ambiente e sen avaliación de impacto ambiental, para aquelas que poden afectar azonas da Rede Natura.

Por iso solicitamos tanto á Secretaría Xeral para o Deporte como á Dirección Xeral de Patrimonio Natural máis transparencia, máis publicidade e que garantan a participación do público na toma de decisións en materia de caza, pola súa afección e repercusións sobre o medio ambiente. Tamén lles solicitamos a correspondente avaliación de impactos ou repercusións ambientais con respecto a aquelas competicións e plans que poidan afectar aos espazos protexidos da Rede Natura 2000.

Só tes que descargar os formularios ou borradores das solicitudes, cubrir cos teus datos o encabezado de cada unha delas, asinar a última folla e presentalas en calquer oficina de Rexistro da Xunta de Galicia, concello ou calquera outra administración.

Velaquí os dous modelos ou borradores de solicitudes. A primeira delas dirixida á Secretaría Xeral para o Deporte e a segunda á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Galería

As escopetas suman máis cós criterios científicos, na matanza do lobo autorizada pola Xunta de Galicia para mañá domingo, no municipio de Xove (Lugo)

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, que xestiona Belén do Campo e a consellería de Medio Ambiente que dirixe Ángeles Vázquez, guíanse por criterios populistas e apártanse dos informes técnicos e científicos, para autorizar a cacería do lobo na xornada de mañá domingo en Xove (Lugo).

Así a Dirección Xeral de Patrimonio Natural autoriza a cacería, actuando en contra dos criterios científicos e dos informes técnicos do propio servizo de Patrimonio Natural, que constata a ausencia total de medidas preventivas, pese a que os danos lévanse producindo dende hai máis dun ano.

A responsable da conservación do patrimonio natural, a directora Belén do Campo contradí ademais o Plan de Xestión do Lobo, segundo o cal Xove atópase na Zona 3, establecendo como criterios necesarios para autorizar a caza do lobo a existencia de medidas de prevención; e en todo caso, o encargado de abater un exemplar sería o persoal da Consellería, nunca cazadores.

O 7 de agosto de 2019 e de novo o 18 de xuño deste 2020, as entidades ambientais Rebinxe e Grupo Lobo Galicia informan por rexistro nun informe científico-técnico da situación do grupo familiar de lobos establecido dende hai tempo na zona, advertindo ademais da desprotección das reses de gando menor e recomendando unha serie de medidas preventivas sinxelas e de baixo custo para implementar de urxencia e facilitar así a coexistencia co lobo.

Se ben se entende o dano que produce aos propietarios dos animais, sen embargo a administración debe velar polos intereses xerais, garantindo a conservación da especie e ao mesmo tempo dotando de axudas e información aos gandeiros/as da zona. Non obstante, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia responde coa indiferencia e o silencio como resposta. Débelle de parecer que as escopetas suman máis cós criterios científicos.

Diversas asociacións ecoloxistas como Ecoloxistas en Acción Galiza e Lugo, Adega, Petón do Lobo, Ouriol do Anllóns, Cova Crea, o Comité pola Defensa das Rías Altas e outras, solicitaron tanto ao Seprona como a Fiscalía de Medio Ambiente de Lugo e á propia Consellería a suspensión inmediata da matanza prevista.

En pleno século  XXI a sociedade humana conta cos mecanismos necesarios para protexer ao gando, sen matar a un depredador apical indispensable para o control natural de especies, como o xabaril. Matar lobos non é a solución.

Mañá a Xunta de Galicia permitirá unha batida de caza que tratará de asasinar un lobo contravindo a propia normativa de “xestión” da especie en Galicia. Non existe estudo científico que diga que matar lobos axuda a nada.

Egg2uJtVgAcAzLD
Imaxe de Grupo Lobo e Rebinxe