Galería

Felipe Macías, o edafólogo -político partidario da xeración de emprego, á costa da minería contaminante de Galicia que «promove» a Xunta de Galicia en Touro

https://www.youtube.com/watch?v=_sbKJxQv-e8

Aínda que é ben coñecida a posición do edafólogo Felipe Macías ao servizo do lobbie mineiro en Galicia, hai uns días a través de youtube, volviamos a ter noticia da súa opinión «técnica e sobradamente solvente» sobre o desastre mineiro de Touro.

Nun decidido paso máis da súa carreira de edafólogo a xa «veterano» político, o «experto» falaba da incrible xeración de empregos que podía xerar o polémico proxecto mineiro de Touro e da necesidade de superar a agricultura de subsistencia que se practica no municipio.

O «experto» comentaba a ausencia de contaminación do río Ulla e louvaba o progreso económico e social derivado do forte tecido mineiro de Galicia. A contaminación en Touro, por suposto non existe, e superar a agricultura e gandeiría arcaicas da zona só é posible apostando por un proxecto mineiro que pode xerar moito emprego en Touro, nun municipio no que a xente non ten traballo nen traballa, por non ter onde.

Escoitar a opinión deste tipo de «expertos» cuestiona o papel non só da universidade en Galicia, senón tamén dos grupos de investigación, que apoiados con fondos públicos comunitarios, se promoven neste caso desde a universidade de Santiago de Compostela.

Aínda que somos conscientes da liberdade de expresión, isto non obsta sen embargo a decencia e a ética de profesionais venvellados a programas de investigación e a organismos universitarios financiados con diñeiro público de toda a cidadanía galega, e incluso europea.

Como alguén vencellado a CRETUS, Cros- Research in Environmental Technologies*, pode obviar a contaminación dos cauces de Touro, que foi obxecto xa de varios expedientes sancionadores por parte de Augas de Galicia e dou lugar á apertura dunhas dilixencias penais por parte do Xulgado de Arzúa?

Así nos vai.

*CRETUS, Cros- Research in Environmental Technologies,  é unha agrupación estratéxica constituída en 2015 por 8 grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (4 GRC e 4 GPC) co obxectivo de desenvolver e avaliar tecnoloxías ambientais sustentables buscando solucións que permitan minimizar impactos e riscos, tratando de recuperar recursos, a través de procesos que sexan económica, social e ambientalmente sustentables.

9.png
http://www.usc.es/cretus/felipe-macias-vazquez/