Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Borreiro, situado na Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), que afecta á Serra do Cando, á Serra do Candán e ás Brañas de Xestoso. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características do o proxecto do parque eólico Borreiro, situado na Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Borreiro, situado na Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do  ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 28 de novembro de 2022.

Couto de San Sebastián

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación á solicitude da declaración de utilidade pública do proxecto eólico Marcofán, no Irixo, Boborás e Beariz (Ourense) e que afecta á Reserva Natural Fluvial do Río Ulla. Participa!

Detalle das vistas do Mirador Alto do Paraño. Xeración de Feísmo Paisaxístico e ameaza ás Paisaxes de Avelino Cachafeiro

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación á solicitude da declaración de utilidade pública do proxecto eólico Marcofán, no Irixo, Boborás e Beariz (Ourense) e que afecta á Reserva Natural Fluvial do Río Ulla. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións:  29/11/2022.