Galería

La Voz de Galicia, o xornal que máis diñeiro público recibe da Xunta de Galicia, apercibido pola Secretaría Xeral de Igualdade pola publicación dun artigo “machista”

O 13 de novembro de 2018 coñecíamos o artigo “Doctrina” de Cristóbal Ramírez, publicado ese mesmo día na edición da Voz de Galicia de Carballo.

O artigo cuestiona a existencia da desigualdade de xénero e dá a entender que o seu tratamento como contido lectivo nas aulas efectúase dun xeito propagandístico, empregando como material didáctico “panfletos” equiparables aos existentes durante o período franquista.

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia entende que o tratamento da igualdade de xénero nos centros escolares descrito no artigo citado, parece dificilmente compatible coa regulación que vixente en materia de educación e en materia de igualdade, segundo a cal a igualdade de xénero está prevista como principio inspirador de todo o sistema educativo e como contido curricular para ESO e Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co exposto, o 23 de novembro a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia dirixiu unha comunicación a La Voz de Galicia, para que, sempre con respecto á libertade de expresión e de información recoñecidas no artigo 20 da Constitución Española, remita unha aclaración ao respecto sobre o contido do artigo.

1