Galería

Coñece o proxecto de execución do parque eólico Serra da Piñeira, en Becerreá, Baralla e Láncara (Lugo). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características do proxecto de execución do parque eólico Serra da Piñeira, en Becerreá, Baralla e Láncara (Lugo). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de execución do parque eólico Serra da Piñeira, en Becerreá, Baralla e Láncara (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 14 de novembro de 2022.

Pasteiros próximos ao aeroxerador SP04
San Salvador de Piñeira
Río Covo afectado pola gabia de cableado
Galería

Coñece o proxecto de liña 220 kV SET PE A Picota 220 kV-SET colectora Nova, en Mazaricos, Negreira, A Baña, Ames e Santiago de Compostela e o proxecto SET colectora Nova 132/220 kV e LAT 220 kV SET colectora Nova-SET Santiago de Compostela(A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

A Ponte Maceira

Coñece as características do proxecto de liña 220 kV SET PE A Picota 220 kV-SET colectora Nova, en Mazaricos, Negreira, A Baña, Ames e Santiago de Compostela e o proxecto SET colectora Nova 132/220 kV e LAT 220 kV SET colectora Nova-SET Santiago de Compostela(A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de liña 220 kV SET PE A Picota 220 kV-SET colectora Nova, en Mazaricos, Negreira, A Baña, Ames e Santiago de Compostela e o proxecto SET colectora Nova 132/220 kV e LAT 220 kV SET colectora Nova-SET Santiago de Compostela(A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 3 de outubro de 2022.

Podes picar nos seguintes enlaces para coñecer os proxectos dos parques eólicos A Picota e A Picota II:

Galería

A Xunta de Galicia esqueceu permitir o acceso ao documento ambiental do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña), en exposición pública ata o 17 de xaneiro

O proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) foi sometido a exposición pública no DOG Núm. 244, de 22 de decembro de 2021, pola Xefatura territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que dirixe Isidoro Martínez Arca (expediente IN408A 2020/179).

O anuncio publicado no DOG establece un enlace web para o acceso á documentación do proxecto: https://ceei.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/lat-paxareiras-2

O anuncio indica a relación da documentación que se expón e fixa como data límite de presentación de alegacións o 17 de xaneiro de 2022.

 • Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (novembro 2021-asdo. 25.11.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

1.2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.

1.3. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2. Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021).

3. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA)(novembro 2021-asdo. 25.11.2021).

Sen embargo, e a pesar do indicado no anuncio, non se expón o Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021).

A seis días hábiles de que remate o prazo para a presentación de alegacións, a cidadanía e as persoas afectadas non puideron acceder a un dos documentos máis importantes do proxecto da liña de evacuación LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2020/179).

Diversas queixas e reclamacións presentadas ante o Xefe Territorial da Coruña, Isidoro Martínez Arca, reclaman o reinicio do cómputo dos prazos para presentar as alegacións a un proxecto denso e de difícil comprensión.

Non é un caso illado

Hai determinados proxectos que parece que lle custa á Administración que a cidadanía acceda á documentación. Así sucedeu cos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco da promotora Aerogeneración Galicia, S.L., que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación esqueceu subir á páxina de transparencia para o acceso da cidadanía, a pesar de tramitarse ambos os dous proxectos pola vía de urxencia e a conseguinte redución de prazos a tan só 15 días para alegacións.

Ambos os dous parques foron publicados no DOG Núm. 234, de 7 de decembro de 2021, pero a cidadanía afectada non tivo acceso á documentación ata 7 días máis tarde (o 14 de decembro), como se pode ver no enlace:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0101.html

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0102.html

A pesar dos escritos de queixa presentados e a petición de reinicio do cómputo dos prazos a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais obviou o problema e continúa coa tramitación dos expedientes, a sabendas da vulneración de dereitos.

A vulneración de dereitos da cidadanía, a norma habitual na tramitación eólica

Está claro que a Administración da Xunta de Galicia está a verse beneficiada da falla de información pública, xa que logo, o feito de impedir o acceso a información restrinxe a presentación de alegacións e a oposición a proxectos industriais eólicos máis que controvertidos, se temos en conta a falla de actualización da planificación sectorial eólica na que se enmarcan.

A nivel  supraestatal, no seo do Consello de Europa e da Organización de Estados Americanos (OEA), tanto o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos como a Corte  Interamericana dos Dereitos Humanos, consideran que o dereito de acceso á información pública é un dereito fundamental integrado dentro do dereito á liberdade de expresión e a recibir información.

O Tribunal Sumpremo indica que o dereito de acceso aos rexistros e documentos administrativos constitúe un dereito da cidadanía dos chamados da terceira xeración e está enraizado no principio de transparencia administrativa, o cal responde a unha nova estruturación das relacións entre a Administración e a cidadanía.

A información administrativa é un imperativo do principio de publicidade e transparencia nunha sociedade democrática.

Nun sistema democrático, as institucións públicas non son propiedade da clase política ou altos cargos, senón que son de dominio popular, son da cidadanía, polo que a información que posúen ditas institucións tamén pertence a esta.

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegacións ao parque eólico dos Cotos no municipio de Cerdedo -Cotobade (Pontevedra). Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico dos Cotos no municipio de Cerdedo -Cotobade (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 14 de xaneiro de 2022.

Podes consultar o mapa do parque eólico dos Cotos no seguinte enlace da Plataforma Monfero Di Non:

Galería

A rula común, a un paso da extinción

No día de hoxe, unha votación sen precedentes, decidía sobre o grao de protección do lobo e da rula común. Mentras o lobo saía ben parado, non así a rula. A Comisión estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade decidiu sobre a catalogación destas especies para reforzar a súa protección e evitar a súa xestión como especies cinexéticas.

Nunha rifada votación na Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, na que participan comunidades autónomas e o Ministerio para a Transición Ecolóxica, acordouse incluír ao cánido na Listaxe de Especies Silvestres (LESPRE), o que implica que a especie deixará de ser cinexética en toda España. É obrigatorio, pero non vinculante, que a comisión aprobe a iniciativa. Agora é o Ministerio o que debe continuar a tramitación. Sen embargo, a rula común non tivo tanta sorte.

A  rula común (Streptopelia  turtur) é unha especie migratoria que chega a Galicia entre marzo-abril, sendo o período anterior ao verán o que rexistra un maior número de exemplares e cando se reproduce na península Ibérica.

Nos últimos decenios a rula común experimentou un acusado declive, tanto no número exemplares reprodutores como nos que nos visitan en paso. Esta situación débese principalmente á degradación do hábitat de cría e invernada pero á que tamén contribúe a mortaldade non natural ao ser especie cinexética.

A  rula común está protexida de maneira xenérica como todas as aves europeas, baixo a Directiva de Aves. No Anexo II- B da citada Directiva está incluída como unha das especies cuxo aproveitamento cinexético é legal.

En función do estado da poboación de cada país membro, permítese que cada un declare á especie como cinexética ou non, para un determinado territorio e avaliando ano a ano esta posibilidade, mediante as denominadas ordes de vedas. No contexto español, actualmente só a comunidade autónoma de Canarias decidiu establecer unha moratoria temporal á caza das rulas no seu territorio, polo alarmante declive que sofre nas illas. O problema de Galicia radica en que non existen estudos obxectivos e científicos que permitan determinar o estado da especie, polo que se descoñece se a xestión cinexética da especie é a adecuada ou non.

Por outra banda, a Directiva de Aves tamén establece que os estados membros velarán para que a caza destas especies non comprometa os esforzos de conservación realizados na súa área de distribución. Isto é moi importante porque dos 27 estados da UE só en 10 é unha especie  cazable, mentres que en 18 está protexida ou non se pode cazar.

A protección establecida na Directiva de Aves

DIRECTIVA 2009/147/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 30 de novembro de 2009 relativa á conservación das aves silvestres

A conservación ten por obxectivo a protección a longo prazo e a administración dos recursos naturais como parte integrante do patrimonio dos pobos europeos. Permite a regulación dos devanditos recursos e da súa explotación sobre a base das medidas necesarias para a conservación e a adaptación do equilibrio natural das especies dentro dos límites razoablemente posibles.

A preservación, o mantemento ou o restablecemento dunha diversidade e dunha superficie suficiente de hábitats son indispensables para a conservación de todas as especies de aves. Determinadas especies de aves deben ser obxecto de medidas de conservación especiais con respecto ao seu hábitat co fin de asegurar a súa supervivencia e a súa reprodución dentro da súa área de distribución. Ditas medidas deben, así mesmo, ter en conta as especies migratorias e estar coordinadas con miras ao establecemento dunha rede coherente.

Artigo 1 1. A presente Directiva refírese á conservación de todas as especies de aves que viven normalmente en estado salvaxe no territorio europeo dos Estados membros nos que é aplicable o Tratado. Terá como obxectivo a protección, a administración e a regulación das devanditas especies e da súa explotación.

2. A presente Directiva aplicarase ás aves, así como aos seus ovos, niños e hábitats.

Artigo 2: Os Estados membros tomarán todas as medidas necesarias para manter ou adaptar as poboacións de todas as especies de aves contempladas no artigo 1 nun nivel que corresponda en particular ás esixencias ecolóxicas, científicas e culturais, tendo en conta das esixencias económicas e recreativas.

Artigo 3 1. Tendo en cuenta as esixencias mencionadas no artigo 2, os Estados membros tomarán todas as medidas necesarias para preservar, manter ou restablecer unha diversidade e unha superficie suficiente de hábitats para todas as especies de aves contempladas no artigo 1. 2.

A preservación, o mantemento e o restablecemento dos biótopos e dos hábitats impoñerán en primeiro lugar as medidas seguintes:

a) creación de zonas de protección;

b) mantemento e ordenación de acordo cos imperativos ecolóxicos dos hábitats que se atopen no interior e no exterior das zonas de protección;

c) restablecemento dos biótopos destruídos;

d) desenvolvemento de novos biótopos.

Artigo 7 1. Debido ao seu nivel de poboación, á súa distribución xeográfica e ao seu índice de reproductividad no conxunto da Comunidade, as especies enumeradas no anexo II poderán ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional.

Os Estados membros velarán por que a caza destas especies non comprometa os esforzos de conservación realizados na súa área de distribución.

2. As especies enumeradas na parte A de o anexo II poderán cazarse dentro da zona xeográfica marítima e terrestre de aplicación da presente Directiva.

3. As especies enumeradas na parte B do anexo II poderán cazarse soamente nos Estados membros respecto a os que llas menciona.

A escala internacional tamén foi incluída no Anexo II do Convenio  Bonn para a conservación das especies migratorias. Ademais, é unha especie incluída no Libro Vermello das Aves de España, coa categoría de Vulnerable, debido a que o seu acusado declive poboacional aumenta a súa probabilidade de extinción nos próximos 100 anos.

En vista do retroceso da especie nas últimas décadas, a Comisión Europea elaborou en 2007 un plan de manexo para establecer cales eran as causas do declive e poñer en marcha medidas para frealo. Entre as ameazas consideradas como críticas (é dicir, que causan ou poderían causar un rápido declive poboacional de máis do 30% en 10 anos), destaca a perda ou modificación dos hábitats en áreas de cría nos países da Unión Europea.

A  Unidade de Medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado remitiu unha circular a todas as comunidades na que reclamaba unha moratoria na caza da  rula común.

A Xunta de Galicia está  ao bordo  do precipicio  xudicial por mor de continuar a permitir a caza ilegal dá especie e ou deterioración  do  seu hábitat. A xestión cinexética da especie só se pode permitir no caso de que os estudos científicos así o consideren conveniente.

A precaria situación da rula alerta do problema xeneralizado de perda de biodiversidade e do continuado declive das especies asociadas aos medios agrarios e agroforestais.

En Galicia a Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21, permite a caza da rula común (Streptopelia turtur), nos tecores da antiga lagoa de Antela e autoriza a súa caza xunto co paspallás.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia debera prohibir a caza da rula en toda Galicia con carácter indefinido e iniciar o proceso para incluír esta especie no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de vulnerable e implantar medidas eficaces de conservación. Aparte dos beneficios para a biodiversidade, estas medidas axudarán a evitar as severas sancións económicas que levará aparellado o procedemento infractor iniciado pola Comisión Europea.

Concellos da provincia de Ourense que abranguen a antiga lagoa de Antela e nos que se permite a caza da rula:

– Rairiz de Veiga.

– Vilar de Santos.

– Sandiás.

– Vilar de Barrio.

– Sarreaus.

– Xinzo de Limia.

– Trasmiras.

– Porqueira.

– Xunqueira de Ambía.

Galería

Falla de transparencia e opacidade absoluta na política de caza da Xunta de Galicia. Violación flagrante do Convenio de Aarhus

Asociacións ecoloxistas reclaman a avaliación ambiental estratéxica, participación pública e publicidade nas aprobacións dos Plans de caza, tanto para os Plans de ordenación cinexética e a súa renovación como para os plans anuais de aproveitamentos cinexéticos

En Galicia a planificación cinexética non conta coa participación pública nin coa preceptiva avaliación ambiental  estratéxica dos impactos da actividade cinexética sobre dos ecosistemas e as familias que viven no rural. De conformidade co establecido no artigo 6 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e no artigo 46 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, de Patrimonio Natural e Biodiversidade, están sometidos a avaliación ambiental estratéxica ordinaria os plans e programas que requiran unha avaliación por afectar a espazos Rede Natura 2000 nos termos previstos na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade (artigo 46, puntos 3. e 4.).

Por outra banda, tamén se produce unha vulneración flagrante do Convenio de Aarhus asinado o 25 de xuño de 1998 na cidade danesa de Aarhus e que entrou en vigor o 30 de outubro de 2001. España ratificou o Convenio o 15 de decembro de 2004 e dous anos despois, en 2006, aprobou a Lei 27/2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, que aplica en España as disposicións do Convenio. Este Convenio no artigo 4 regula o “Acceso á información sobre o medio ambiente”, no artigo 5 a “Recollida e difusión de informacións sobre o medio ambiente” e no artigo 6 a “Participación do público nas decisións relativas a actividades específicas”. O artigo 7 regula a “Participación do público nos plans, programas e políticas relativos ao medio ambiente” e o artigo 8 refírese a “Participación do público durante a fase de elaboración de disposicións regulamentarias ou de instrumentos normativos xuridicamente obrigatorios de aplicación xeral”. O artigo 6.2 indica:

“Cando se inicie un proceso de toma de decisións respecto do medio ambiente, informarase o público interesado como conveña, de maneira eficaz e no momento oportuno, por medio de comunicación pública ou individualmente, segundo os casos, ao comezo do proceso”.

Os plans técnicos de caza son un instrumento de xestión aplicado a un determinado terreo, que ten por finalidade o seu aproveitamento cinexético de acordo co tamaño das poboacións obxecto de caza, tendo como prioridade a preservación e conservación dos hábitats, así como o mantemento do potencial biolóxico das especies no medio natural.

Sen embargo, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural substrae estes documentos da participación pública e da avaliación ambiental, polo que o medio rural queda en mans do sector cinexético que só representa ao 1% da poboación e que enche o monte de especies cinexéticas comerciais que desequilibran os ecosistemas e a biodiversidade.

As granxas cinexéticas: cría de animais para despois realizar a súa solta

A ausencia da participación pública, a omisión da debida publicidade dos plans e das avaliacións ambientais xera un descontrol absoluto nos ecosistemas producindo un grave desequilibrio na súa conservación. O lobby da caza está a convertir os tecor en granxas intensivas. As familias que viven e habitan no rural sofren as consecuencias da ceiba descontrolada de animais.

Os cazadores converten o rural en auténticos campos de tiro sin orde nin control, que ameazan o equilibrio natural e a vida e o benestar dos habitantes das aldeas.

Ao non existir participación pública non existe posibilidade de facerse oír nin existe un programa de vixiancia ambiental que garanta a publicidade de indicadores como a non afección a zonas sensibles, número de reclamacións, número de partes de danos, partes de captura, cartografía e planos…etc.

Tanto os plans anuais de aproveitamento cinexético como os plans de ordenación cinexética e a súa renovación deberan contar con unha avaliación das súas repercusións sobre do medio natural. Hai que ter en conta que estes plans regulan os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán o exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2020/21, que abarca o período comprendido entre o 1 de agosto de 2020 e o 31 de xullo do ano 2021. Os  tecores ou explotacións cinexéticas comerciais que teñan vixente o seu plan de ordenación cinexética deberán presentar o plan anual de aproveitamento cinexético ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o que deben presentar a correspondente solicitude de autorización.

As granxas cinexéticas: finalidade económica que pode prexudicar seriamente o medio ambiente

A opacidade que rodea a todos estes instrumentos de planificación cinexética incomoda ás familias que viven no rural e á cidadanía, que quere facer uso do monte no seu tempo de lecer. A Xunta de Galicia omite, violando a lei e o Convenio de Aarhus a participación do público na toma de decisións cinexéticas que afectan a toda a cidadanía. Como ben di a Lei 13/2013, de 23 de decembro, de caza de Galicia no seu preámbulo, a caza constitúese como un dereito orixinario que corresponde a todas as persoas administradas, non sendo por tanto, un dereito exclusivo dos cazadores.

Falla de transparencia e opacidade absoluta na política de caza da Xunta de Galicia

Existe ademais unha falla de información e transparencia importantes en temas de caza. Así por exemplo, é moi difícil conseguir as actas dos distintos comités, é difícil acceder aos distintos plans de xestión das especies cinexéticas, aos calendarios dos campionatos de caza, hai plans de xestión que non están actualizados e outros, como os do xabaril, que pese a elaborarse non se chegaron a publicar no boletín oficial correspondente, polo que existe un descoñecemento xeneralizado tanto dos censos de especies cinexéticas como da xestión planficada desde a Consellería para cada unha delas.

Hai toda unha serie de procedementos que necesitan da autorización do órgano administrativo de caza e que nunca chegamos a coñecer o seu verdadeiro alcance ambiental, pese as implicacións importantes que estas autorizacións teñen sobre o medio ambiente e os recursos cinexéticos, que como xa dixemos corresponde a súa xestión a toda a cidadanía.

Así por exemplo, non existe publicidade sobre das aprobacións dos Plan anuais de aproveitamentos cinexéticos, tampouco sobre das aprobacións dos Plans de ordenación cinexética e a súa renovación,  sobre das autorizacións de cazarías que se realizan baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo; non existe tampouco publicidade sobre dos resultados cinexéticos das cazarías que se realizan baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo; tampouco sobre das autorizacións concedidas para realizar xestión cinexética en vedados por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais; tampouco sobre das autorizacións outorgadas para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza, sobre das autorizacións para realizar as competicións de caza e a publicación dos calendarios destas coa adecuada antelación, sobre das autorizacións para realizar batidas, montarías ou esperas en zonas libres de caza, sobre das autorizacións para realizar batidas ou montarías por danos ocasionados polas especies cinexéticas, sobre  das autorizacións para realizar esperas e axexos por danos ocasionados polas especies cinexéticas, sobre  das autorizacións  para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural, sobre das autorizacións para a caza  do paspallás (Coturnix coturnix), pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común (Streptopelia turtur), sobre a cría á solta …., e un logo etcétera.  Existe por tanto moita información en materia de caza, que ao abeiro da normativa vixente, debera ser de acceso público e garantirse a transparencia nestas cuestión; e que sen embargo non o é, pese a relevancia e repercusións ambientais desta.

A Xunta de Galicia aproba a Resolución anual de caza omitindo a participación pública na elaboración do regulamento

No DOG Núm. 108, do 4 de xuño de 2020 publicábase a Resolución da Consellería De Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21. Na elaboración deste regulamento produciuse a vulneración flagrante do dereito de información pública e o dereito a participar na elaboración da norma ao abeiro da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O artigo 41 da citada lei establece o procedemento de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral. Iniciado o procedemento, con carácter previo á elaboración do anteproxecto substanciarase unha consulta pública a través do Portal de Transparencia e Goberno Aberto ao obxecto de solicitar a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma sobre os seguintes extremos:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa norma.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.

d) As posibles solucións alternativas, regulatorias e non regulatorias.

A consulta pública previa haberá de realizarse de tal forma que todos os potenciais destinatarios da norma teñan a posibilidade de emitir a súa opinión, para o que deberá proporcionarse un tempo suficiente, non inferior a quince días naturais. Por razóns de urxencia debidamente xustificadas no expediente, poderá acordarse un prazo inferior.

Ademais a  Lei 13/2013, de 23 de decembro, de caza de Galicia recoñece no seu preámbulo que a caza constitúese como un dereito orixinario que corresponde a todos os administrados, non sendo por tanto, un dereito exclusivo dos cazadores.

Falla de transparencia en relación ás granxas cinexéticas

Existe un incremento descontrolado dos criadeiros cinexéticos dos que tampouco existe constancia dos controis administrativos. Non hai un rexistro oficial que contabilice cantas granxas cinexéticas hai. Un baleiro que permite a proliferación de granxas ilegais, que non cumpren os requisitos adecuados para producir e distribuír este tipo de animais. Por suposto, tampouco se avalían os impactos que a solta descontrolada destes animais produce sobre os hábitats e o equilibrio natural.