Galería

Axúdanos a pedir a retirada do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia promovido pola Xunta de Galicia co apoio da empresa eólica EDP Renovables, con varios parques en tramitación na Costa da Morte, por posible conflito de intereses. Descarga o modelo de queixa e participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de escrito de queixa para pedir a retirada do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia promovido pola Xunta de Galicia co apoio da empresa eólica EDP Renovables, con varios parques en tramitación na Costa da Morte, por posible conflito de intereses.  Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar a queixa: 28 de febreiro de 2022.

Por que é importante a retirada deste Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia?

Asina a convocatoria do concurso  de Curtas Senda Litoral de Galicia o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Lema Mira, natural de Cabana de Bergantiños (A Coruña), segundo indica a web:

https://transparencia.xunta.gal/tema/transparencia-institucional/goberno-e-altos-cargos/administracion-xeral?content=/Portal-Transparencia/Unidades_informacion_transparencia/interiores/Tema_2/altos_cargos/administracion_xeral/transparencia_0095.html

Asina tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, coñecido pola súa estreita colaboración coa Fundación Eduardo Pondal do Couto, no municipio de Ponteceso (A Coruña), municipio lindeiro con Cabana de Bergantiños. Este certame  conta ademais coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, a Fundación Galicia Sustentable, Enerxías de Portugal Renovables (EDPR).

Tanto en Cabana de Bergantiños como en Ponteceso, a promotora eólica EDP Renovables ten en tramitación alomenos 7 parques eólicos, incluído o parque eólico reponteciado de Corme, localizado na Rede Natura 2000.

1.- Parque eólico Alto do Torreiro, en Cabana de Bergantiños.

2.- Parque eólico Bustelo e Baralláns, en Cabana de Bergantiños.

3.- Parque eólico Agrelo e Muriño, en Cabana de Bergantiños.

4.- Parque eólico Monte Chan, en Laxe.

5.- Parque eólico Soesto, en Laxe.

6.- Parque eólico Pena dos Mouros, en Laxe.

7.- Parque eólico de Corme (repotenciación), Rede Natura 2000, en Ponteceso.

Chama poderosamente atención que colabore nesta convocatoria pública a Axencia de Turismo de Galicia, ben coñecida por informar nos expedientes de tramitación dos parques eólicos, en relación ao impacto turístico dos mesmos.

Chama tamén a atención que ao fronte desta convocatoria estén dous empregados públicos, na súa calidade de altos cargos, vencellados ás localidades onde EDP Renovables ten parques eólicos en tramitación, Cabana de Bergantiños e Ponteceso.

Chama a atención que segundo o artigo 12 da convocatoria, os centros  inscritos poderán obter máis información sobre a Senda Litoral de Galicia no web do proxecto (www.sendadosfaros.gal ), o chamado “Camiño dos Faros” que carece de avaliación ambiental e non está recoñecido oficialmente. E aínda así, a pesar da afección desta senda á Rede Natura 2000 e á coherencia desta, potencian e promoven a utilización dun roteiro que carece dos requisitos ambientais que a a normativa comunitaria e española esixen para ser recoñecida como tal, isto é, a preceptiva avaliación das súas repercusións sobre a Rede Natura 2000.

Chama a atención que se financie con diñeiro público unha actividade deste tipo e na que participa unha empresa EDP Renovables, que ante a falla de licencia social dos seus proxectos eólicos na comarca, o que busca é precisamente a acepación e a licencia social e que a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, lle axuden a facer un branqueado ou lavado de cara, para mellorar a aceptabilidade social dunha actividade que o único que prevé para a comarca ata agora son desfeitas paisaxísticas, como é o caso da repotenciación do parque eólico de Corme e que pretende inzar eólicos en boa parte do litoral da Costa da Morte e incluso afectar á paisaxe protexida Penedos de Traba e Pasarela, en Laxe e Vimianzo (Decreto 294/2008, do 11 de decembro, polo que se declara paisaxe protexida os Penedos de Pasarela e Traba).

É vergoñento este tipo de actividades e que a Xunta de Galicia se preste a este tipo de “lavados de cara” tanto da actividade eólica de EDP Renovables como da chamada “Senda dos Faros”, que afecta gravemente á Rede Natura 2000 e que non dispón de informe ambiental que garanta a súa viabilidade como tal.

Por que é tan importante protexer o litoral da Costa da Morte?

A Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) é unha categoría de protección de carácter europeo e é outorgada a áreas naturais de especial relevancia para a conservación das aves, particularmente as que están ameazadas de extinción.

Para este obxectivo é primordial a conservación dos seus hábitats coas condicións ambientais necesarias para o descanso, reprodución e alimentación das aves.

ES0000497 Espazo mariño da Costa da Morte. Fonte: Ministerio de Medio Ambiente.

Según a Directiva 79/409/CEE, do 2 de abril, relativa á conservación das aves silvestres (Directiva de Aves), as ZEPA´s son zonas de especial protección para as aves silvestres. A Rede de  ZEPA´s é unha figura de protección, establecida na Directiva de Aves, para as 175 especies de aves consideradas máis ameazadas en Europa e, especialmente, para as aves migratorias. Un determinado lugar, para ser designado ZEPA, debe albergar un número mínimo de aves que lle outorgue unha importancia internacional.

As  ZEPA´s, xunto cos LIC (Lugares de Interese Comunitario), integran a Rede Natura 2000, cuxo obxectivo é a conservación da biodiversidade na Unión Europea.

As Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS) son zonas delimitadas e definidas polas Comunidades Autónomas, a partir de áreas que en cada rexión considéranse importantes para as aves.  O Ministerio de Medio Ambiente é o encargado de tramitar a documentación ante a Unión Europea.

As actividades humanas que están permitidas nas  ZEPA´s son todas aquelas que non prexudiquen ás especies de aves polas cales se protexeu dita zona.

A Orde  AAA/1260/2014, do 9 de xullo, pola que se declaran Zonas de Especial Protección para as Aves en augas mariñas españolas, «BOE» núm. 173, do 17 de xullo de 2014, establece a declaración de 39 espazos das augas mariñas baixo soberanía ou xurisdición española como Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), de conformidade co establecido na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Entre eses espazos está o ES0000497 Espazo mariño da Costa da Morte, con unha superficie de 3.162,83 Km2.

Este espazo mariño ocupa gran parte da plataforma continental fronte á costa dá  Morte, no noroeste de Galicia. O interese do espazo radica na súa importancia como embude migratorio debido á súa privilexiada situación xeográfica e aos fortes ventos predominantes de compoñente  N e  NW. Estímase que máis dun millón de aves mariñas pasan por esta zona durante o verán-outono (migración  postnupcial). A maior parte das aves en migración proveñen do norte de Europa e  Siberia occidental, pero tamén hai especies mediterráneas (pardela balear,  Puffinus  mauretanicus),  neárticas (gaivota de  Sabine,  Larus  sabini) e do hemisferio Sur (pardela sombría,  Puffinus  griseus). A elevada produtividade da zona convértea tamén nunha importante área de alimentación, tanto para as especies en migración como para as locais (reprodutoras e  invernantes). Entre as reprodutoras locais destacan a gaivota  tridáctila (Rissa  tridactyla) e o  arao común ibérico (Uria  aalge  ibericus), que concentran as súas únicas colonias españolas nas costas enfrontadas ao espazo protexido. A zona conta tamén con colonias de  paíño europeo (Hydrobates  pelagicus) e corvo mariño  moñudo (Phalacrocorax  aristotelis  aristotelis).

A conservación destes taxóns na  ZEPA resulta prioritaria debido a que os seus valores poboacionais, status de ameaza ou representatividade xustifican a importancia ornitolóxica da área a nivel nacional e internacional.

A importancia da Rede Natura 2000 deriva da necesidade de facer efectiva a conservación de hábitats, flora e fauna, a través dos instrumentos previstos, como é a declaración de zonas ZEPA. Doutra banda, lembrar a obriga dos Estados de facela efectiva, que en tanto que debe prevalecer a protección dos devanditos lugares xa que doutro xeito non tería sentido, o cal conleva que as actividades que se pretendan levar a cabo nesta áreas teñen que ser compatibles cos obxectivos que perseguen tal protección.

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación ao parque eólico mariño flotante Nordés, cunha potencia total de 1,2 GW e as súas  infraestruturas asociadas de evacuación a subestacións terrestres en Galicia. Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio do parque eólico mariño flotante Nordés, cunha potencia total de 1,2 GW e as súas  infraestruturas asociadas de evacuación a subestacións terrestres en Galicia. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 21 de febreiro de 2022.

Praia Alba ou de Sabón, en Arteixo onde se prevé a aterraxe en terra das infraestruturas do parque eólico mariño Nordés
Imaxe do documento de inicio do parque eólico mariño Nordés presentado pola mercantil promotora Parque Eólico Mariño Nordés, S.L.

Pica no enlace para a descarga do documento de inicio do proxecto:

https://sede.miteco.gob.es/portal/site/seMITECO/navServicioContenido

Podes consultar o roteiro 3D Nordés marítimo elaborado pola Plataforma Monfero Di Non:

Galería

Xa podes descargar os modelos de alegacións aos parques eólicos mariños San Brandán e San Cibrao. Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga os modelos de alegacións aos documento de inicio dos parques eólicos mariños flotantes San Brandán e San Cibrao. Só tes que cubrir a cabeceira dos escritos cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntaos no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 1 de setembro de 2021.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico arquivou os expedientes dos parques eólicos mariños San Brandán e San Cibrao para comezar unha nova tramitación. Por iso ábrese de novo o prazo para presentar alegacións aos novos parques.


Ao abeiro do Convenio Europeo da Paisaxe, en vigor o 1 de marzo de 2004, e que España ratificou o citado Convenio o 26 de novembro de 2007 (BOE de 5/02/2008), o papel do dereito non é recoñecer e protexer un valor ou unha beleza paisaxística particulares; o que o dereito debe recoñecer en primeiro lugar e, por conseguinte protexer, é un valor complexo: a necesidade de toda a cidadanía de establecer unha relación sensible co territorio, de beneficiarse desta relación e de participar na determinación das características formais dos lugares que habitan ou frecuentan. Ninguén, incluído o goberno de España, ten dereito a  emborronar a dimensión paisaxística dun territorio sen ter primeiro en conta o interese do conxunto da poboación local afectada. E o dereito á Paisaxe non pode ser determinado por un desenvolvemento económico que non ten en conta a aparencia dos territorios aos que afecta, senón que debe reflectir as verdadeiras aspiracións dos homes e mulleres que o habitan. E no caso dos parques eólicos San Cibrao e San Brandán o rexeitamento social é masivo.  #stopeólicos

Galería

O Defensor do Pobo investigará a eficacia do CleanSeaNet, o servizo de detección por satélite de verteduras de hidrocarburos, á vista dos probables «sentinazos» que afectan ás aves mariñas e á biodiversidade nas costas galegas

O Servizo de detección por satélite de verteduras de hidrocarburos, o CleanSeaNet, parece non funcionar nas costas galegas. Ademais das verteduras de hidrocarburos resultantes de accidentes, as verteduras ilegais, incidentales ou deliberadas de hidrocarburos (e outras substancias) no medio mariño son unha fonte importante de contaminación mariña que é menos visible pero non menos daniña. Coa adopción da Directiva (CE) n.º 35/2005 sobre a contaminación procedente de buques, a tarefa de detectar verteduras, incluídas as descargas ilegais no mar, incorporouse ás actividades da AESM como parte da capacidade de loita da Axencia.

Como resultado, en 2007 estableceuse CleanSeaNet, un servizo de detección e supervisión por satélite de verteduras de hidrocarburos. Cando se detecta un posible vertido de hidrocarburos en augas nacionais, envíase unha mensaxe de alerta ao país correspondente. En casos de verteduras cun nivel de alerta elevado, o servizo de apoio marítimo da AESM (Axencia europea de seguridade marítima), pode chamar ao Estado costeiro para asegurarse de que se recibiu a alerta e para ofrecer apoio adicional. As imaxes analizadas póñense ao dispor dos puntos de contacto nacionais case en tempo real (menos de 30 minutos despois de que o satélite obteña a imaxe). O servizo inclúe a identificación de posibles contaminadores mediante a combinación da imaxe tomada polo satélite con información sobre o tráfico marítimo.

Tras recibir a información detallada, a autoridade nacional decide a resposta operativa apropiada, por exemplo, o envío dun activo, como unha aeronave, para comprobar a área e verificar a vertedura, ou a solicitude dunha inspección do buque no seguinte porto de escala.

Con todo, este servizo parece que non funciona nas costas galegas, a pesar de que o Regulamento (UE) n ° 911/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de xullo de 2014, establecía financiamento plurianual da actuación da Axencia Europea de Seguridade Marítima no ámbito da loita contra a contaminación mariña causada por buques e por instalacións de hidrocarburos e de gas.

Nos derradeiros días apareceron nas costas galegas un gran número de aves mariñas abeiradas nas praias. Están empapadas dunha substancia oleosa, moi probablemente procedente dun » sentinazo». Practicamente en toda a costa galega desde A Guarda ata A Mariña están a rexistrarse numerosos avistamentos de aves mariñas que mostran no seu corpo unha substancia oleosa. O elevado número de exemplares e a extensión da costa afectada fai pensar nunha importante vertedura de residuos e aceites ao mar, probablemente provinche dun » sentinazo». Estas prácticas de limpeza e baleirado dos tanques no mar son ilegais e supoñen unha contaminación difusa que representa a maior cantidade de hidrocarburos vertidos nos mares.

Con todo, a colaboración da cidadanía na recollida das aves afectadas para o seu tratamento non axuda a resolver un problema como este, que ademais é bastante máis frecuente do que parece. Os sentinazos e os deslastres de tanques representan ao redor do 11% de todos os derivados de petróleo que entran no mar. Non hai que esquecer que os accidentes de grandes petroleiros, como o Prestige representan só o 5% dos derivados de petróleo no mar. Insistimos: os sentinazos e deslastres son máis do dobre deses accidentes petrolíferos que tanto asustan. A consecuencia máis daniña que teñen os derivados do petróleo son os seus efectos sobre os ovos e as larvas, ou os xuvenís. Se a concentración de hidrocarburos é grande morren moitas larvas e a outras lles provoca malformacións. Aínda que cada especie ten unha época de posta, os sentinazos prodúcense continuamente. En consecuencia, sempre haberá ovos ou larvas afectadas, causando unha redución no éxito reprodutivo e, a longo prazo, as poboacións de peixes diminuirían.

emsa-cleanseanet
European Maritime safety Agency Celebrating 10 year CleanSeaNet Service

Por iso desde a asociación ambiental Petón do Lobo solicitouse ao Defensor do Pobo que supervisara a actividade das Administracións neste caso competentes, co fin de que se eviten ou diminúan no futuro estas verteduras ilegais ao mar, que afectan directamente á biodiversidade dos nosos mares e avalíe se é o caso, o cumprimento da Directiva 2009/17/CE do Parlamento europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009 pola que se modifica a Directiva 2002/59/CE relativa ao establecemento dun sistema comunitario de seguimento e de información sobre o tráfico marítimo e o Decreto 135/2016, do 6 de outubro, polo que se regulan a estrutura e a organización do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 203 do 25 de outubro de 2016), tanto por parte do Ministerio competente da Administración Xeral do Estado como a Consellería competente da Xunta de Galicia, para que arbitren e adopten medidas firmes, efectivas e eficaces, coa achega dos recursos necesarios para resolver a problemática dos «sentinazos» fronte ás costas galegas. Indague de ser o caso, os motivos polos que os sentinazos son máis frecuentes na costa galega, por que non se detectan a tempo as verteduras para evitar a súa afección á fauna, as medidas para adoptar para a súa eliminación ou minimización e que é o que está a fallar para que isto ocorra cunha frecuencia obxecto de bastante preocupación.

ave
Ave afectada por un posible «sentinazo»