Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de modificación substancial da autorización ambiental integrada para o macro vertedoiro de residuos industriais en Silleda (Pontevedra) e que afecta ao río Toxa, á Rede Natura e á AEIP Fervenza do Toxa -Carboeiro. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 14/04/2023.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga os modelos de alegacións por defectos na tramitación dos procedementos administrativos dos proxectos eólicos Treboada e Ventumelo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar os modelos. Fin do prazo para presentar as alegacións: ata a autorización do proxecto.
Coa cantidade de proxectos de estacións eólicas que están en tramitación arestora en Galicia cómpre coidar da entorna na que as briófitas se ubiquen. O coidado desta entorna pasa por ter en conta o papel das briófitas.
Mesmo cumpriría solicitar a revisión das declaracións de impacto ambiental dos proxectos eólicos xa publicadas, xa que logo, detéctase un importante desleixo no referido a avaliación dos impactos ambientais sobre as briófitas.
As peculiares características das briófitas permítenlles ter presenza en ambientes case prohibidos para outros organismos: rochas espidas, afloramentos rochosos, chans de bosque onde apenas chega luz, profundidades de lagos doces (ata 150 m), costras de chans semidesérticos, cursos de ríos ou cortizas de árbores, etc.
É nestas contornas tan hostís para o crecemento vexetal onde sacan partido da súa sinxeleza estrutural e da súa economía de crecemento. Ao ser organismos coloniais, estas plantas teñen a tarefa de captar e almacenar a auga de choiva que posteriormente liberan lentamente, sendo capaces de almacenar ata 25 veces o seu peso seco.
Son capaces de tolerar adversidades ambientais como o frío (soportan a conxelación), a calor (os seus tecidos poden alcanzar 70ºC de temperatura sen sufrir danos), a escaseza e o exceso de luz, e mesmo a carencia de nutrientes minerais.
De feito, posúen unha característica case única entre as plantas: son capaces de sobrevivir anos en estado deshidratado, e ao volver humedecerse recuperan as súas funcións vitais en tan só minutos. En contrapartida, baixo condicións ambientais máis favorables, as briofitas son facilmente desprazadas por outros organismos vexetais que crecen máis rápido.
FUNCIÓNS ECOLÓXICAS DAS BRIOFITAS
As briofitas desempeñan un rol imprescindible nos ecosistemas debido a que:
Modulan a humidade ambiental, absorbendo o exceso de auga das choivas e liberándoa lentamente cando o ambiente faise máis seco. Regulan o leito dos ríos, almacenan gran cantidade de auga. Frean a erosión, protexendo o chan de inundacións violentas e entregando auga constante aos ríos e arroios durante os meses máis secos. Ademais son as primeiras plantas en crecer sobre os chans tras os incendios. Interceptan, absorben e reteñen os minerais. Disoltos en augas de choivas, permiten a incorporación destes no ecosistema e diminúen o seu lavado cara aos ríos e mares. Facilitan fogar e protección a numerosos animais, especialmente invertebrados como insectos, arácnidos, rotíferos, nemátodos, moluscos e anélidos. Á súa vez, serven de material de construción de niños para varias aves e pequenos mamíferos. Favorecen a xerminación de sementes. Son capaces de achegar a humidade suficiente para o seu desenvolvemento. Permiten o asentamento de plantas. A materia vexetal creada polo crecemento continuo de capas de musgos e hepáticas sobre as rochas e a cortiza de árbores, facilita o asentamento e crecemento de distintos tipos de plantas vasculares. Fixan o carbono atmosférico e liberan osíxeno.
Enlaces de interés:
Atlas y Libro Rojo de los Briófitos Amenazados de España
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Teixos e as súas infraestruturas de evacuación, en Cerceda (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 11 de xaneiro de 2023.
Coñece as características do proxecto de execución LMT evacuación PE Monte do Marco en Monterroso, Guntín e Portomarín (Lugo). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de execución LMT evacuación PE Monte do Marco en Monterroso, Guntín e Portomarín (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 16 de novembro de 2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación á solicitude da declaración de utilidade pública e á necesidade de urxente ocupación do proxecto LAT 132 kV SET parque eólico Troitomil-LAT 132 kV SET parque eólico Banzas/SET colectora Lousame, na Baña e Negreira (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 16/11/2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación á solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Barrosino, na Baña (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 11/11/2022.
Coñece as características do proxecto do parque eólico Alvite en Santa Comba, Mazaricos e Negreira (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Alvite en Santa Comba, Mazaricos e Negreira (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 22 de xullo de 2022.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico O Xesteirón nos municipios de Chandrexa de Queixa e Montederramo (Ourense) e a súa afección a humidais e brañas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque éolico O Xesteirón nos municipios de Chandrexa de Queixa e Montederramo (Ourense) e a súa afección a humidais e brañas. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 12 de novembro de 2021.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais da macro estación eólica «Huracán» e as súas infraestruturas asociadas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións (en word ou pdf) ao proxecto da estación eólica «Huracán» e a súa infraestrutura de evacuación. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 6 de outubro de 2021.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Cima de Vila, de 54 MW, situado no termo municipal de Agolada (Pontevedra), e a súa infraestrutura de evacuación, situada nos termos municipais de Agolada, Vila de Cruces e Lalín (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto eólico Cima de Vila, de e a súa infraestrutura de evacuación. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 23 de xullo de 2021.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do documento de inicio do proxecto proxecto da LAT a 132kV dende a subestación Orrea ata a subestación Mesada en Agolada, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra), que cruza os Sobreirais do Arnego. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio do proxecto proxecto da LAT a 132kV dende a subestación Orrea ata a subestación Mesada en Agolada, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra), que cruza os Sobreirais do Arnego. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 4 de xuño de 2021.
Imaxe do p.e. Bustelo e Baralláns que promove a mercantil EDP Renovables nos municipios de Cabana e Coristanco
Imaxe do p.e. Bustelo e Baralláns que promove a mercantil EDP Renovables nos municipios de Cabana e Coristanco
O Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia, publicado hoxe no DOG, blinda os valores paisaxísticos da Área de especial interés paisaxístico do val fluvial do Lourido (AEIP val fluvial do Lourido) e resulta incompatible co proxecto eólico que promove a mercantil EDP Renovables nos municipios de Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña).
O proxecto eólico prevé a instalación de 6 aeroxeneradores con unha potencia total instalada de 36 MW. Os eólicos afectan á Costa de Monelo, Paradela, Monte do Covelo, Monte Longo, Agra de Bustelo, Picho de Fontes e Alto de Torreiro. Non obstante, as máquinas quedan a menos de 600 metros dos núcleos de Lestón, Bustelo, A Mata e Gulúa, afectando directamente ás familias que viven nestes núcleos xa que a altura da buxe acada os 122,5 metros.
Altura dos aeroxeneradores do proxecto eólico Bustelo e Baralláns. Autor: Andrés, da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños
Un dos aeroxeneradores do proxecto (o chamado BAR-01) limita coa AEIP Val fluvial do Lourido ao igual que o centro de seccionamento (SET) do parque e as gabias de cabreado afectan na fonte Cardeira, lugar de nacemento do río Lourido. Por outra banda, o aeroxenerador chamado BAR -02 incide directamente sobre o rego Batán, o curso de auga máis importante do val fluvial e principal afluente do río Lourido e do río Anllóns.
Así o anterior Decreto en consoancia co Convenio europeo da Paisaxe, a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia e o Catálogo das paisaxes de Galicia aprobado polo Decreto 119/2016, do 28 de xullo determinan a protección dos valores estéticos ou panorámicos protexidos mediante o mantemento das condicións perceptivas vinculadas aos fondos escénicos, á amplitude de vistas e á matriz compositiva propia da paisaxe autóctona.
Así as Directrices da Paisaxe indican que nas AEIP procuraranse unhas áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) en que se preserven os diversos elementos que as conforman e en que se manteña a relación harmónica entre os valores naturais, culturais, patrimoniais, estéticos ou panorámicos que lle deron orixe.
Así o sinalan a asociación ambiental Petón do Lobo, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a asociación galega Cova Crea e a asociación O Ouriol do Anllóns, que instan á protección dos valores paisaxísticos e naturais do Val fluvial do Lourido, do rego Batán, afluente do Lourido e que aporta valor engadido ao val fluvial, polo que debe ser valorado conxuntamente con este. Do mesmo a Xunta de Galicia tampouco debe ignorar a fragmentación do territorio e a perda de biodiversidade que este proxecto implica, xunto co parque eólico de Sivarredonda, localizado no monte Perrol e a autovía AG-55.
Fragmentación fraudulenta de proxectos eólicos
O proxecto eólico Bustelo e Baralláns representa a continuidade do proxecto eólico Agrelo –Muriño que a mesma empresa, EDP Renovables, promove tamén con outros seis arexoneradores e a mesma potencia no Alto do Covelo, Pena da Santa, monte de Cabana, Castelo de Muriño e Castelo Pequeno.
De feito a liña de evacuación é compartida por ambos parques e realizarase a través dunha liña aérea que conectará a infraestrutura ata a subestación de Meirama, e que será obxecto doutro proxecto independente, polo que se substraen os seus impactos da avaliación ambiental global, conxunta e sumativa que debera abarcar á totalidade das infraestruturas para unha mellor integración ambiental e paisaxística.
A Dirección Xeral de Minas pretende así evitar que sexa a concesionaria mineira, do Grupo Sacyr, quen se faga cargo da remoción dos residuos e restauración da zona
A rotura da presa, a 5 km da ría de Noia, podería producir un importante impacto ambiental, segundo informou Augas de Galicia
29 de xullo de 2020.- A rede ContraMINAcción considera “esperpéntico e demostrativo da corrupción rampante” que a Xunta, nun xiro inesperado, afirme agora que as presas de residuos mineiros das minas de San Finx (en Lousame), a maior das cales pecha un val fluvial cun dique de contención de lodos de 50 metros de cumprimento e 14 metros de altura, fosen para mover un pequeño muíño negral de 10 m2 no que moían millo a veciñanza.
Así o afirma nun informe a enxeñeira técnica de minas Olga Barreiro Sevillano, funcionaria do departamento que dirixe Ángel Bernardo Tahoces, chamado a declarar ante o xuíz precisamente por deixar estas presas mineiras fóra do proxecto de restauración que aprobou en 2009 sen trámite ambiental algún. Sen embargo, as presas figuran como instalacións de residuos mineiros tanto nos plans anuais de labores presentados pola mina ata o ano 2000 como no “Inventario de Balsas e Escombreiras da Comunidade Autónoma de Galicia”, encomendado pola Xunta en 1999 trás o desastre de Aznalcóllar.
O informe no que se vincula a presa de residuos e o muíño foi encargado por “orde verbal” do Xefe Territorial da Consellería de Industria na Coruña, Isidoro Martínez Roca, co propósito de remitilo a Augas de Galicia, que xa determinara o ano pasado que se trataba de presas de residuos mineiros e pretendía obrigar á empresa ao seu desmantelamento e restauración da zona.
Segundo os colectivos integrantes de ContraMINAcción, trátase dunha tentativa desesperada de evitar tanto a responsabilidade da concesionaria mineira, unha filial de Valoriza Minería (Grupo Sacyr), como dos propios funcionarios e autoridades agora chamados a declarar por presunta falsedade en documento público, ao mentir posiblemente sobre as presas mineiras.
Aínda que é sobradamente coñecido que o maior dos depósitos mineiros fora construído pola mina en 1939 e que protagonizou o chamado “Desastre de 1960” trás a rotura das súas comportas (como recolle o documental “San Finx 1960”), a Dirección Xeral de Enerxía e Minas pretende que a demolición das presas e restauración da zona se pague con diñeiro público, e non a cargo da concesionaria mineira, que é legalmente responsábel polas presas.
Nun informe de 2017, Augas de Galicia afirmaba que no caso dunha eventual rotura da presa de maiores dimensións “o arrastre dos materiais podería producir un importante impacto ambiental” mentres que nunha visita de inspección realizada en 2019 polo hidrólogo especialista en presas mineiras Steven H. Emerman concluiuse que a mesma presa presentaba signos evidentes de licuefacción interna o que levaría más cedo ou máis tarde á súa falla crítica.
O río Lourido e o seu val fluvial é a quinta obra editada e publicada pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, e é a segunda obra adicada á temática fluvial, despois de publicar no ano 2019, O río das nosas vidas: o Anllóns.
Esta edición, ao igual que as anteriores publicacións, por un lado ten un carácter eminentemente didáctico e por outro, pretende achegar a realidade física máis próxima ás persoas lectoras, neste caso a realidade física do val fluvial do río Lourido, un val case que descoñecido situado entre os municipios de Cabana de Bergantiños e Coristanco (parroquias de Cereo, Corcoesto e Valenza).
O río Lourido e o seu val fluvial é sen dúbida unha caixa de sorpresas: patrimonio natural, patrimonio cultural, paisaxe, a relevancia dos ecosistemas fluviais, a importancia dos ríos das nosas vidas…. Un traballo que podes descargar no seguinte enlace: