Galería

Núcleos de poboación a 500 metros e un territorio máis fragmentado. Coñece o proxecto eólico Agrelo e Muriño. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Muriño e Agrelo, segundo os datos recollidos no seu documento de inicio. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación ao documento de inicio do proxecto eólico Agrelo e Muriño. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Imaxes do documento de inicio do proxecto eólico Agrelo e Muriño
Afección a Hábitats prioritarios e de interés comunitario da Directiva 92/43/CEE

Galería

A ousadía de EDP Renovables España, S.L.U. lévaa a espetar un aeroxenerador na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, en Laxe (A Coruña). Descarga o modelo de alegación ao proxecto eólico Monte Chan e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Monte Chan, nos municipios de Laxe e Vimianzo, segundo os datos recollidos no seu documento de inicio. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo.

Que peculiaridade ten este proxecto eólico? Estariamos a falar dun posible atentado ambiental e paisaxístico?

Por Resolución do 18 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, acordábase iniciar o procedemento de declaración da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba (Vimianzo e Laxe, provincia da Coruña), así como someter a información pública o proxecto de decreto polo que se declaraba.

Con anterioridade o Parlamento de Galicia, o día 15 de marzo de 2006, aprobou por unanimidade unha proposición non de lei pola que se instaba o Goberno de Galicia á incoación do expediente de declaración dos Penedos de Pasarela e Traba como espazo natural protexido.

Naquela época a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia dicía literalmente:

“… débese manter a integridade dos valores xeomorfolóxicos presentes na zona dos Penedos de Pasarela e Traba, que constitúen un conxunto de elevacións graníticas situadas no noroeste do país, en plena Costa da Morte, entre os concellos de Vimianzo e Laxe. A paisaxe dos penedos constrúe un conxunto singular formando unha dorsal que se estende desde A Cachucha ata Torre da Moa, pasando pola Pena Forcada, formando un impresionante fondo visible tanto desde a localidade de Pasarela como, dun xeito especial, desde a área de Traba. Situados desde o areal que pecha a lagoa, pódese contemplar unha das paisaxes máis fermosas da costa de Galicia. Os penedos indícannos a súa relación, por unha banda, con longos procesos de tipo tectónico durante o cal as rochas foron fracturadas, erguidas ou fundidas; por outra, o papel que na súa xénese tiveron os climas do pasado, as condicións climáticas máis quentes e húmidas que facilitaron a formación de profundas capas de alteración. Por iso, os penedos non son só pedras que se poden esnaquizar, son o froito dunha longa e complexa evolución xeodinámica. O resultado dela é un conxunto de formas de diferente tamaño que se encadean en relación a diferentes parámetros e xeran un escenario singular. Os penedos resaltan na paisaxe e a Pena Forcada e a Torre da Moa son os dous elementos máis visibles, a modo de agullas. A escala de detalle encadéase un conxunto de mesoformas, realmente extraordinario, no que é posible admirar tanto formas zoomórficas como xeométricas ou antrópicas, en calquera caso dun gran valor. Incluso a escala de detalle podemos encontrar microformas moi significativas.

Non cabe dúbida de que os penedos de Pasarela forman parte do patrimonio natural de Galicia cunha complexa asociación de formas xeolóxicas que reúnen un valor especial pola importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos, polo que cómpre fomentar o seu coñecemento.

Estes recursos naturais necesitan dunha protección que asegure a súa conservación compatible co uso público e co desfrute da natureza deste espazo, tal e como se sinala na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza“.

Posteriormente o Decreto 294/2008, de 11 de diciembre, declaraba como Paisaxe Protexida aos  Penedos de Pasarela e Traba (DOG Núm. 7, do 12 de xaneiro de 2009).

O ámbito do  PE Monte Chan localízase principalmente en dúas unidades de paisaxe definidas no POL: Traba e  Val de Soesto. Os viais interiores discorren tamén pola unidade dos  Penedos de Pasarela.

O  ámbito de implantación do  PE de Monte Chan englóbase na súa práctica totalidade nas unidades de paisaxe delimitadas no Plan de ordenación do litoral (POL) denominadas “Traba”, “ Val de Soesto” e “Os  Penedos de Pasarela”.

Dous dos aeroxeradores máis ao sur da infraestrutura eólica emprázanse na contorna de “Os  Penedos de Pasarela”, un dos monumentos  graníticos máis importantes de Galicia que destaca pola gran variedade de formas e de  microformas, tanto de tipo  antropomórfico como  zoomórfico, que converten este lugar nun destino moi interesante desde o punto de vista paisaxístico e ambiental. Ademais da inclusión do  CHN-08 na paisaxe protexida de  Penedos de Pasarela e Traba, o  CHN-09 atópase próximo ao (90 m).

A protección e conservación do noso patrimonio natural é un mandato recollido no artigo 45 da Constitución española vixente e unha necesidade para asegurar a supervivencia dos nosos ecosistemas.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación ao documento de inicio do proxecto eólico Monte Chan. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Imaxes do proxecto do documento de inicio do proxecto eólico Monte Chan, nos municipios de Laxe e Vimianzo
Galería

Coñece o proxecto eólico Torroña I e a súa afección á Serra da Groba e Corroubelo. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Torroña I, segundo os datos recollidos no seu documento de inicio. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación ao documento de inicio do proxecto eólico Torroña I. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Galería

Coñece o proxecto eólico Barjas do grupo Statkraft, que afecta aos Ancares -Courel, Ribeiras do Sil e Macizo Central ourensá

MOTIVOS DE REXEITAMENTO DO PROXECTO EÓLICO BARJAS E SOLICITUDE DA SÚA RETIRADA DEFINITIVA:

1.- Afección severa á Rede Natura.

  ZEC Ancares- Courel (COD. ES1120001)

  ZEC Ribeiras do Río Sil e afluentes (COD ES4130076)

  ZEC Macizo Central (COD. ES1130002)

2.- Afección severa á cauces e masas de auga (vulneración flagrante da Directiva Marco da Auga – DMA).

3.- Afección severa á Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerrea.

4.- Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres.

“Artigo 2

1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.

“Artigo 6

1. Con respecto ás zonas especiais de conservación, os Estados membros fixarán as medidas de conservación necesarias que implicarán, no seu caso, adecuados plans de xestión, específicos aos lugares ou integrados noutros plans de desenvolvemento, e as apropiadas medidas regulamentarias, administrativas ou contractuais, que respondan as esixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats naturais do Anexo I e das especies do Anexo II presentes nos lugares.

2. Os Estados membros adoptarán as medidas apropiadas para evitar, nas zonas especiais de conservación, a deterioración dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivasen a designación das zonas, na medida en que ditas alteracións poidan ter un efecto apreciable no que respecta a os obxectivos da presente Directiva.

3. Calquera plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar ou sen ser necesario para a mesma, poida afectar de forma apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos, someterase a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en cuenta os obxectivos de conservación do devandito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4, as autoridades nacionais competentes só se declararán de acordo con devandito plan ou proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública”.

5.- Fragmentación artificiosa de infraestruturas correspondentes ao mesmo proxecto industrial. O proxecto debe ser retirado de xeito definitivo por:

A participación do público na toma de decisións en materia do medio ambiente, e en particular, na avaliación ambiental dos proxectos industriais está recollida no Convenio de Aarhus, no artigo 45 da Constitución española e na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE).

Substraer da participación pública e por tanto da avaliación por parte desta de determinadas infraestruturas, polo mero feito de ser compartidas con outras empresas (por certo, filiais da mesma matriz, isto é o grupo Statkraft), é unha violación severa do espíritu de Aarhus e dos dereitos fundamentais inalienables do ser humano, xa que está a impedir e obstaculizar a avaliación global, sumativa e sinérxica dos impactos ambientais do conxunto das infraestruturas do proxecto industrial.

Indica a promotora en relación as infraestruturas compartidas: “Estas opcións están aínda en fase de análise, e a súa viabilidade dependerá de que se materialicen os diferentes proxectos involucrados”. Pois ben, non se pode supeditar a participación pública na avaliación ambiental da totalidade das infraestruturas do proxecto industrial a que se materialicen o resto dos proxectos industriais cos que comparte infraestruturas, xa que logo, non só se vulneran dereitos fundamentais senón que tamén se está a diminuir as garantías da avaliación ambiental.  

As infraestruturas de evacuación compartidas co Parque Eólico Prada, cuxo titular é a sociedade Desenvolvementos Renovables Gamma, S.L., pertencente tamén ao grupo  Statkraft e a conexión mediante infraestruturas de evacuación compartidas con instalacións doutros promotores eólicos na zona (subestación colectora a un 5 km da Subestación  Trives 220  kV, desde a cal conectarianse todas as instalacións mediante unha liña de 220  kV), deberan estar incluidas para a súa consulta pública e avaliación global no presente documento de inicio.

A actividade de produción de enerxía eléctrica non pode ser allea a formulacións ambientais de forma tal que a auga dos nosos ríos, a forza do vento ou a calor proveniente do sol, son fontes limpas e inesgotables de produción de enerxía eléctrica que por iso son fomentadas polos estamentos públicos. Precisamente para conseguir eses obxectivos, protexer o medio ambiente e garantir unha subministración eléctrica de calidade, entro outros mecanismos está a avaliación ambiental dos proxectos industriais, que non pode ser burlada mediante a división ou fragmentación articiosa destes para eludir a finalidade prevista na normativa que a regula.

Galería

Instan á Xunta de Galicia a evitar a afección dos parques eólicos aos humidais de montaña

  • A Plataforma Quijote de Outes e a asociación ecoloxista Petón do Lobo instan á Consellería de Medio Ambiente á protección dos humidais de montaña e a afastar os parques eólicos destes
  • Solicitan a inclusión do Complexo Húmido das Brañas de Valadares do municipio de Outes, provincia de A Coruña, no Inventario de Humidais da Xunta de Galicia

Esta acción é de vital importancia para protexer este tipo de brañas por ser hábitats prioritarios e de vital importancia que albergan distintas especies de fauna e flora altamente sensibles e escasas. Demándase tamén que non se aproben proxectos eólicos neste tipo de humidais xa que podrían afectar de forma sustancial o medio hídrico.

Un informe de IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural) do ano 2017 denominado “Conservación e xestión de humedais en Galicia”, realizado por catro profesores da universidade de Santiago de Compostela, Pablo Ramil-Rego, L.Gomez-Orellana, Javier Ferreiro da Costa e Manuel Antonio Rodríguez Guitián, resume os perxuizos das instalacións eólicas neste tipo de ecosistemas.

“A instalación de parques eólicos tamén tivo un efecto moi negativo sobre os humidais de montaña, causando importantes perdas (Ferreiro da Costa et al. 2013) tanto en queirogais húmidos como sobre os ecosistemas de turbeira (turbeiras de cobertor, turbeiras altas), así como sobre medios lacunares”.

Os efectos negativos da instalación dos parques eólicos sobre os humidais de montaña de Galicia foron xa sinalados cando esta actividade irrompía con forza no noso territorio (Ramil‐ Rego & Ramil‐Rego1995, Izco & Ramil‐Rego, 2001). Anos máis tarde non se pode dubidar do impacto xerado por este tipo de instalacións sobre as áreas de montaña, máis aínda cando as mesmas se realizan sobre áreas de gran valor ecolóxico, como distintos autores teñen destacado tanto para Galicia como para outros territorios de Europa (Gómez‐Orellana et al. 2014a,b; Atienza et al. 2011; Copena & Simon, 2012; Fagúndez, 2008, Bright et al. 2006, 2009; Lindsay & Bragg, 2004; Pearce‐Higgins et al. 2009).

O proxecto eólico Maragouto da promotora Green Capital Power instalaríase de cheo neste ecosistema tan valioso como son os humidais das brañas de Valadares, un ecosistema con hábitats prioritarios e orixe de diversos mananciais que abastecen a distintos lugares da parroquia de Valadares, e berce de nacemento de diversos cauces pertencentes á conca do Río Beba pertencente á conca do Río Xallas, afectando a numerosos cauces e fontes.

Na solicitude de inclusión de dito humidal detállase minuciosamente que o Complexo humidal brañas de Valadares, estaría formado polos Prados da Braña, Brañas de Mirás, Monte Penedo, Brañas Prado de Abaixo, Pedra das cuncas, Brañas corno de Cervo, Brañas de Marsillán, Pedra do Mouro, Braña Longa, Brañas de Penedo Mosqueiro e Brañón.

Galería

Porque gústanos a Cidadanía Activa. Participa, aporta o teu gran…Porque o medio ambiente é de todas

Nos seguintes enlaces pódense descargar os seguintes borradores de alegacións. Trátase de simples modelos ou borradores, e polo tanto, poden ser modificados e mellorados.

Borrador de alegacións ao proxecto eólico O Cerqueiral.

Borrador de alegacións ao proxecto eólico Banzas.

Borrador de alegacións ao proxecto eólico Coto dás Airas.

A Cidadanía Activa é a mellor ferramenta para a defensa do medio ambiente fronte á ousadía dos predadores. Participa.