Imaxe do proxecto de Coventina Renovables para a central de bombeo das Encrobas. Imaxe da balsa superior e da entulleira
Imaxe do proxecto de Coventina Renovables para a central de bombeo das Encrobas. Imaxe da balsa superior e da entulleira
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da Central hidroeléctrica reversible ou de bombeo que prevé Coventina Renovables (ou Tasga) para o lago das Encrobas ou Meirama. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 12 de abril de 2022.
Pide á Xunta de Galicia a protección dás aves acuáticas e a prohibición da súa caza, adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo, a prohibición de campionatos da arcea e a prohibición de ceibar especies exóticas na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!
Pídese á Dirección Xeral de Patrimonio Natural dá Xunta de Galicia:
1.- A protección dás aves acuáticas e a prohibición da súa caza na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación polos motivos expostos.
2.- Adiantar a prohibición do uso da munición de chumbo na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación adiantando así os prazos previstos no Regulamento (UE) 2021/57 da Comisión do 25 de xaneiro de 2021 que modifica, polo que respecta ao chumbo na munición das armas de fogo utilizadas nos humidais ou nas súas inmediacións, o anexo XVII do Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH).
3.-No tocante á arcea (scolopax rusticolus), dada a escaseza, ínstase a prohibición de campionatos da especie e a realización de censos da especie e de estudos científicos rigorosos sobre da súa viabilidade como cinexética na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.
4.- A prohibición de ceibar especies exóticas (invasoras ou non) de caza, por exemplo o faisán, na resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.
Neste ambiente de frenesí eólico, de caos e de ausencia de planificación resulta que unha empresa de Villar Mir, VM Energía, sae beneficiada. Así a Xunta de Galicia somete a consulta pública o documento de inicio do proxecto denominado «Liña de media tensión a 30 kV dende a SET Vilacoba ata a SEC Lousame«, onde se tramita como liña de media tensión a liña eléctrica de alta tensión que sae da estación colectora do parque eólico de Vilacoba, do que non hai constancia arestora da súa existencia, á estación colectora de Lousame, da que tampouco se ten noticia.
Por iso solicitamos a colaboración da cidadanía activa para axudar a frear outra desfeita eólica máis e impedir que a fragmentación das infraestruturas dos parques e das liñas de evacuación de enerxía impidan a avaliación ambiental global, sumativa e sinérxica de todos os impactos.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.
Segundo o Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas Instrucións Técnicas Complementarias ITC- RAT 01 a 23, a liña a instalar clasifícase como Liña de Alta Tensión (LAT) da terceira categoría. Agora ben, o propio regulamento establece que:
“Se nunha instalación existen circuítos ou elementos nos que se utilicen distintas tensións, o conxunto da instalación considerarase, a efectos administrativos, referido ao de maior tensión nominal”.
Como queira que a liña que se proxecta une a subestación do Parque Eólico Vilacoba coa subestación colectora de Lousame, e dado que arestora non existe constancia algunha nin da existencia de proxecto algún relacionado co parque eólico citado nin desta subestación, resulta imposible coñecer a maior tensión nominal do conxunto da instalación, xa que logo preséntase ao público fragmentada, chegando a coñecerse tan só arestora este proxecto dunha liña de alta tensión que se somete a consulta pública co código 2020/0273 na web institucional :
Consultada a web referenciada non existe a esta data constancia algunha de ningún outro proxecto denominado “parque eólico Vilacoba” ou similar nin “subestación colectora de Lousame” ou similar. Non consta tampouco referencia algunha ás citadas instalacións nin no DOG nin na páxina web institucional: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=es_ES
No proxecto a promotora indica literalmente:
“El presente Documento Ambiental de Evaluación de Impacto Ambiental Simplificada (DsIA) pretende cumplimentar los aspectos ambientales exigidos con la amplitud y nivel de detalle determinados por el órgano y la legislación ambiental”.
Non obstante o anterior, e dado que arestora coa documentación que se somete á consulta pública, é imposible como xa se referenciou anteriormente, determinar a maior tensión nominal do conxunto da instalación a causa da fragmentación das instalacións do proxecto industrial (aeroxeneradores, subestación colectora do parque eólico Vilacoba, subestación colectora de Lousame…etc) e tendo en conta a súa afección ás masas de auga citadas, cómpre someter o proxecto industrial no seu conxunto á avaliación ambiental ordinaria en cumprimento do establecido no ANEXO III (Criterios mencionados no artigo 47.2 para determinar se un proxecto do anexo II debe someterse a avaliación de impacto ambiental ordinaria) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, tendo en conta en ademais:
a) As dimensións e o deseño do conxunto do proxecto.
b) A acumulación con outros proxectos, existentes e/ou aprobados.
c) A utilización de recursos naturais, en particular a terra, o chan, a auga e a biodiversidade.
Ao anterior hai que engadir a localización da totalidade das infraestruturas do proxecto de xeración e transporte de enerxía, xa que logo, como ben recoñece a promotora a abundancia de masas de auga, a presencia de humidais e zonas ribeiregas obriga a ter en conta a Directiva Marco da Auga (DMA).
Así dedúcese a existencia de indicios racionais de que tanto a promotora, como o órgano ambiental e o órgano substantivo da Xunta de Galicia, pretenden substraer da participación pública a avaliación ambiental global, sumativa e sinérxica da totalidade das infraestruturas que configurarían un único proxecto industrial, co fin de simplificar esta en detrimento dos dereitos da cidadanía consolidados polo artigo 45 da Constitución española e o Convenio de Aarhus e en detrimento da protección ambiental do medio natural (Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE).
A actividade de produción de enerxía eléctrica non pode ser allea a formulacións ambientais de forma tal que a auga dos nosos ríos, a forza do vento ou a calor proveniente do sol, son fontes limpas e inesgotables de produción de enerxía eléctrica que por iso son fomentadas polos estamentos públicos.
Precisamente para conseguir eses obxectivos, protexer o medio ambiente e garantir unha subministración eléctrica de calidade, entro outros mecanismos está a avaliación ambiental dos proxectos industriais, que non pode ser burlada mediante a división ou fragmentación articiosa destes para eludir a finalidade prevista na normativa que a regula.
Obras de recheo, seca e tala do humidal de Navales, en Silleda
Obras de recheo, seca e tala do humidal de Navales, en Silleda
Debéranse tratar os humidais en consoancia coa súa importancia: a solución natural ao cambio climático. En Silleda no ano 1963 no Campo de Navales había ata 15 mananciais cos seus respectivos estanques e lavadoiros. E todos ubicados ao redor do humidal de Navales. As augas que afloraban nesta área desembocaban no Regueiro.
Co paso do tempo xa quedan poucos vestixios desa riqueza hídrica que se acumulaba no humidal de Navales. Sen embargo, nos últimos días asistimos ás obras de recheo, seca e tala deste espazo de alto valor ecolóxico.
Campo de Navales e a rede de estanques e lavadoiros ao redor do humidal de Navales. Ano 1963.
O recheo de humidais asóciase á expansión inmobiliaria, á especulación urbanística, á corrupción, ó progreso capitalista, o seu extrativismo e á falsa prosperidade.
Os humidais non só son contornas de conservación e reservorio da diversidade biolóxica, albergando especies endémicas de reptís, anfibios, peixes e aves residentes, estacionais e migratorias. Tamén contan cunha serie de beneficios sociambientais, como a de ser depuradores da auga, criadores do osíxeno que respiramos (mesmo máis que os propios bosques), reguladores da temperatura (evitando así as denominadas “illas de calor”) e por sobre todo, actuar como verdadeiras esponxas naturais á hora de absorber as augas das choivas de inverno.
Os recheos non só danan os ciclos hidrolóxicos do lugar, o equilibrio ecolóxico e diminúen as funcións sociambientais destes, senón que tamén xeran graves problemas de socavamentos e de licuefacción a quen habita neles.
Isto débese principalmente á baixa -ou nula- intención que teñen os gobernos de quenda de preservar estas contornas naturais, pois a lóxica de crecemento urbano privilexia o interese de expansión do gran empresariado inmobiliario -que ve estas zonas como potenciais sitios para a especulación-, máis que o interese posto en salvagardar o medioambiente e con iso, as funcións sociais que brindan ás comunidades contiguas.
Os humidais deben deixar de ser fonte de ingresos para o capital inmobiliario e para o interese municipal nestes espazos cada vez máis privatizados. Debemos frear a sede que ten os inversionistas de apropiarse destas contornas naturais sen mediar as consecuencias sociosambientales que representan a súa deterioración e destrución.
Debemos frear o avance inmobiliario sobre os humidais, aprender a coñecelos e comezar a relacionarnos con eles da mesma forma que eles o fan todos os días connosco e nós. A recuperación destes espazos, cada día máis suxeito ao interese creado de políticos e empresarios, atópase no medio do debate da cidadanía. Non só por protexer o medioambiente como tal, senón polo dereito de poder decidir sobre o espazo que habitamos e construír desde as propias comunidades.
O borrador da Estratexia para a Conservación e Xestión do Lobo propón a súa inclusión na listaxe de Protección Especial. Con todo, no seu texto hai un parágrafo que preocupa moito. O borrador de estratexia expón o seguimento dos grupos de lobo e propón directrices comúns de xestión para cando se observe un incremento notable no número de especímenes nunha determinada contorna que poida xerar tensións. Xestión sempre no contexto do equilibrio ecolóxico. Ademais, contempla a posta en marcha de liñas de axudas naqueles casos debidamente xustificados.
Pois ben, non é todo adecuado para a nosa Comunidade Autónoma. Os sindicatos agrarios, os gandeiros e a prensa adoitan crear bastante presión para que a Xunta de Galicia acabe autorizando batidas e sen criterio científico algún. Por tanto, requerimos a protección íntegra do lobo en Galicia, eliminando toda posibilidade de xestión dunha especie que se autorregula por si mesma. Se houbese lobo en Galicia, non existiría o desequilibrio ecolóxico actual que hai nos montes galegos.
Polo tanto, solicítase:
1.-Protección integral para o Lobo na Comunidade autónoma de Galicia, non só para esta especie senón que a protección ten que estenderse aos ecosistemas que este habita, ao seu hábitat. Por exemplo, o proxecto eólico Coto dás Airas, na Serra do Suído, fragmenta o territorio endémico desta especie, e non parece importar este feito ao órgano ambiental competente da Xunta de Galicia. Por tanto, solicitamos a protección integral non só do Lobo senón tamén dos ecosistemas que habita esta especie, impedindo a súa fragmentación e a perda da biodiversidade asociada.
2.- A prohibición absoluta da xestión do Lobo en Galicia, posto que o Lobo, é unha especie que se autorregula. Téñase por tanto en conta neste aspecto os criterios científicos. Se o Lobo non é unha especie cinexética, a súa xestión é incompatible coa súa conservación e restablecemento da especie.
3.- Hai que ter en conta que en Galicia non existe un Plan actualizado da xestión do Lobo, xa que o que hai está caduco e obsoleto, por tanto non hai tampouco datos exactos sobre o censo da especie.
Os lobos, ao carecer de predadores, contan con medios biolóxicos e etolóxicos para autorregular a súa poboación, que, por tanto, nunca experimenta explosións demográficas. Os lobos son TERRITORIAIS, e os lobos que nun territorio alleo no que non estean abertos a aceptar elementos novos, serán eliminados. O 70% dos lobos que morren por causas naturais o son por esta causa.
Por iso hai que seguir sempre os criterios científicos e garantir a protección íntegra do Lobo, non permitindo a súa xestión en Galicia.
É o río Támega o máis castigado de todos os ríos de Galicia?
O río Támega é un río ourensá que percorre os municipios de Laza, Cuadrelo, Castrelo de Val, Verín e Monterrei. Nace en San Mamede, unha serra situada a unha altura duns case 1.000 metros. Este río pertence a Conca hidrográfica do Douro porque as súas augas continúan o camiño por territorio de Portugal.
O río nace no municipio de Laza, no Alto de Talariño e ata a súa desembocadura no río Douro (Portugal) ten unha lonxitude de 145 km. Destes, 39 km percórreos en territorio galego.
Os valores ambientais do seu bosque de ribeira son elevados. Así atopamos masas de alnus glutinosa, fraxinus angustifolia, betula alba, sambucus nigra, salix atrocinerea…, e algunha que outra masa homoxénea de quercus robur.
En canto aos valores piscícolas destaca a especie de interese comunitario pseudochondrostoma duriense.
Entre as ameazas cotiás deste río están as verteduras sen depurar, os numerosos incendios forestais dá zona arrastran ao leito enormes cantidades de finos en suspensión, a presión dás captacións para regadío coa conseguinte diminución do caudal, as malas prácticas forestais….etc.
A pesar dá súa protección como LIC (está incluído no LIC ES1130005 “Río Támega”) non existe un plan específico e vinculante de protección do leito.
Entre os seus afluentes destaca o río de Cabras ou Cerdedelo, o río Cereito, o rego Souteliño, o río de Ribas e o río Codias.
A contaminación do río Támega, un mal persistente
No ano 2014 o río Támega sufriu as consecuencias dá construción dá liña de alta velocidade do AVE. O seu afluente, o río Cabras que nace nos montes de Cerdelo e Toro, foi afectado pola execución das obras desta infraestrutura.
Por estas datas as augas do Támega baixaban grises ao seu paso por Laza, Matamá, Retorta e Arcucelos. De igual xeito aparecían os seus afluentes como o regacho dá Teixera cheo de sedimentos pulverulentos e persistentes nas augas.
Sen dúbida as obras do AVE foron bastante malas para este río que chegou a ser o destino de metáis pesados como o chumbo e o arsénico en concentracións anómalas. Ata o punto de que no regacho Felgueira estaba autorizado un verquido industrial de clase II para as obras do túnel de alta velocidade do Corno.
O río Támega sofriu como ningún outro, toda a contaminación do AVE durante varios anos. Xunto o Támega outro río que tamén sofriu as tristes consecuencias destas obras foi o río Camba. O río Camba é un afluente do río Bibei, tributario do río Sil e que acaba o seu percorrido no río Miño.
A contaminación no río Camba polas obras dá liña de alta velocidade AVE
O río Camba tamén nace no municipio de Laza, na Serra de San Mamede, a 1.480 metros de altura, e desemboca as súas augas no Bibei á altura dá vila de Viana do Bolo. Durante o seu curso atravesa ademais os municipios de Castrelo de Val e Vilariño de Conso.
No ano 2013 a Plataforma pola defensa do pobo de Campobecerros denunciaba unha e outra vez os verquidos que as obras do AVE realizaban nos regos Foxo, Lanuxe, Valcobo e o río Camba.
Xa naquela época, ao igual que agora, o ADIF negaba calquer responsabilidade en relación á contaminación do río.
A problemática era tan frecuente que chegou ao Parlamento europeo no ano 2013. Non obstante, polos motivos que fosen, ningunha dás representacións políticas do europarlamento lle interesou tratar ou tema, incluso ás representacións dos partidos políticos galegos en Bruxelas.
Contaminación na lagoa de Mourazos
Estes días producíase unha importante contaminación dá lagoa de Mourazos, na ribeira do Támega, que deu lugar a unha elevada mortantade de peixes, ben pola falla de osíxeno ou a mala calidade dá auga. As beiras dá lagoa están cheas de refugallos e lixo. Ademais as verteduras incontroladas nas proximidades dá lagoa dificultan en gran medida a vida acuática.
A contaminación do Támega onde a ponte de Oímbra
Esta terceira semana de setembro as augas do Támega feden á altura da ponte de Oimbra. Xa non é só o sucedido na lagoa de Mourazos e o lixo que a rodea. A opacidade das súas augas demostran que as redes de saneamento e depuración de residuais ou non existen ou non funcionan. O río está nunha situación crítica que ameaza a supervivencia dos ecosistemas fluviais.
A contaminación do río Támega no Parlamento europeo
No ano 2014 unha petición da asoc. ambiental e cultural Petón do Lobo chegaba á Comisión de Peticións do Parlamento europeo. A petición solicitaba que a eurocámara apoiara unha investigación sobre a vertedura de residuos nos ríos Tamega e Camba co motivo dá construción da liña do tren de alta velocidade AVE nunha Zona de Especial Protección (ZEPA) para as aves e o LIC ‘Castrelo de Val’ na provincia de Ourense. Os ríos estaban a arrastrar os materiais xerados pola creación de entullos e pistas.
A Petición foi admitida a trámite o 20 de xullo de 2015.
O 29 de xuño de 2016 a Comisión europea indicaba:
«O proxecto ao que se refire a peticionaria foi sometido a unha avaliación de impacto ambiental, que inclúe o impacto sobre espazos da Rede Natura 2000, en aplicación do artigo 6, apartado 3, da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva sobre hábitats). A declaración de impacto ambiental concluíu que o proxecto era viable desde o punto de vista ambiental e que non se esperaba ningún impacto negativo importante, sempre que se aplicasen debidamente as medidas e controis propostos. A declaración de impacto detallaba algunhas medidas de mitigación para previr repercusións importantes sobre os espazos da Rede Natura 2000 afectados, en particular o LIC «Río Támega» ES1130005. A declaración de impacto concedeu especial importancia ao control do impacto e a efectividade das medidas preventivas e correctivas, o cal inclúe a remisión de informes técnicos ás autoridades competentes cada seis meses. Entre outras cousas, o programa de seguimento debería verificar a aplicación de medidas para previr a contaminación da auga polas verteduras dos materiais das escavacións, o mantemento dos desaugadoiros e o correcto fluxo de augas de escorrentía. Así, por exemplo, a Confederación Hidrográfica do Douro estableceu un sistema de vixilancia permanente ao longo do curso do río Támega para controlar a vertedura de produtos tóxicos que poidan danar a vida acuática. A petición denuncia a aplicación inadecuada destas medidas e a falta de garantía do cumprimento por parte das autoridades competentes. Non se proporcionou información específica sobre como as obras afectan os obxectivos de conservación do espazo da Rede Natura 2000 ou da incorrecta execución das obras en relación coas condicións establecidas pola declaración de impacto».
O 4 de setembro de 2019 dábase por concluído o exame da petición sin aportar solución algunha á contaminación do río Támega.
Que fai a Confederación Hidrográfica do Douro?
Agora tócalle á Confederación Hidrográfica do Douro informar sobre do resultado desa vixilancia activa e permanente ao longo do curso do río Támega para controlar a vertedura de produtos tóxicos que poidan danar a vida acuática.
Á vista do resultado está claro que alguén non está a cumprir co seu traballo. Preguntamos á CHD sobre da súa responsabilidade.
George Schaller, un dos biólogos máis reputados a nivel mundial, considerado o pai do conservacionismo, dicía que pódese facer a mellor ciencia do mundo, pero a conservación baséase na emoción, e ao menos que se trate de emocións, nunca se pode facer nada relevante.
De George Schaller é a famosa frase: “Temos que mudar culturalmente a nosa relación có mundo natural”.
A conservación vén do corazón e nunca se debe esquecer isto. É fundamental criar unha sensación de parentesco cós animais, coa natureza, coa auga, coa terra, cos recursos naturais…etc, xa que precisamos dunha implicación emocional que impulse ás masas á acción e ao coidado do territorio no que vive e habita. De aí a importancia dá participación e toma de conciencia dás comunidades locais.
Este é o desafío actual, incluso da ciencia, e moito máis do ecoloxismo e o activismo social e medioambiental: para conectar ás persoas cós problemas cotiás e a necesidade de conservación e restablecemento dos recursos naturais, precisamos da arte e traballar coas emocións. Temos que sentir algo se imos actuar.
Por iso, precisamos de mensaxes que cheguen ao corazón da xente e nos fagan reflexionar. Debemos traballar as emocións. Ao cambiar os pensamentos podemos cambiar a realidade. E a mudanza da realidade non se pode facer á marxe das comunidades locais e incluso dos mass media, se for posible. Por iso o enunciado «A túa casa está enriba dunha mina» ou este outro, «Galicia é unha mina», promovido incluso a nivel institucional pola Xunta de Galicia, ademais de ser tristes realidades, serven para amosar a gravidade e o alcance real da problemática actual en materia de minería.
A realidade é que as grandes corporacións e mafias neoliberais non se interesan polo país, as terras ou as xentes que as habitan. Queren gañar diñeiro, e máis se son estranxeiras, que queren facelo rápido e irse. Por que é tan difícil ver os beneficios de protexer o medio ambiente? Porque non son inmediatos. Construír unha gran mina, destruíndo centos de quilómetros cadrados de chan e bosques xera unha renda inmediata e iso satisfai a moitos. Pero non ten futuro. Se se perde todo, ninguén vai estar contento. Por iso cómpre cambiar os pensamentos para cambiar esta realidade tan obscena.
A solución: o dereito fundamental de apego. O apego ao territorio e o seu desarrollo
O apego ao lugar é a relación simbólica formada por persoas que dan significados afectivos culturalmente compartidos a un espazo particular ou porción de terreo que ofrece as bases para a comprensión individual e colectiva dá relación co medio ambiente. O apego é ese lazo afectivo que unha persoa ou animal forma entre o mesmo e un determinado lugar, un lazo que lle impulsa a permanecer xunto a ese lugar non espazo e non tempo. A característica máis destacada é a tendencia para lograr e manter un certo grao de proximidade ao obxecto de apego. Existe un dereito ao apego. E este dereito é un dereito inalienable e inherente a personalidade humana, aínda que non é exclusiva desta. Os animais tamén teñen e viven o dereito de apego.
O apego constrúe o vínculo afectivo co medio, e isto é o que desencadea unha reacción emocional ante a noticia dun megaproxecto industrial acaparador de terras, depredador de recursos naturais, expoliador de identidades….etc.
O territorio convértese en algo máis que un espazo físico, representa as raíces, os recordos, as relacións humanas, a privacidade, a identidade.
Trátase de sentimentos: cada fonte, cada recuncho do pobo, cada paxaro, cada carreiro, cada cómaro, cada lembranza, cada cousa ten a súa historia. Noutro lugar non se é ninguén. Róubannos a identidade, a nosa historia, a nosa cultura, o que somos como pobo, como grupo…? Se algo somos, é dentro dese pobo, no seo dese grupo ou comunidade local.
De aí a importancia do bo coñecemento do territorio afectado e incluso da toponimia e sobre todo, da microtoponimia, que vincula emocionalmente á persoa co seu territorio: a casa de Manolo, o lugar do Souto, a eira de Estrela, a chousa de Socorro, a cancela do ribó…
O que non saben os predadores é que as emocións e o corazón moven montañas.
É notorio que o territorio non é só o espazo físico e cultural, senón que inclúe tamén aspectos das biografías, como os mortos e os recordos, ademais das relacións que mencionamos. O apego fundaméntase nunha práctica cotiá que alimenta recordos que provocan emocións. Isto fai que o lugar se transforme en algo que non só pertence ás persoas, senón do que son parte. O tema dos panteóns, por exemplo, é recorrente nas experiencias que supoñen un desprazamento. En case todas as culturas, o lugar no que están enterrados os mortos é sacro, é un vínculo poderoso entre as persoas e o lugar, e presupón unha preocupación máis diante dun posible desprazamento.
Non ter un lugar ao cal volver cando se desexe, ou atopalo totalmente cambiado, mudado, transformado… presupón desarraigamento, un sentimento de abandono.
As emocións como instrumento para o desarrollo do apego e a defensa dá terra
É fundamental traballar o apego ao territorio na resistencia contra os megaproxectos industriais envelenados de fascismo neoliberal. Espertar a intensidade emocional e os vínculos entre as persoas e o lugar onde viven ou o seu lugar de nacemento ou de orixe é fundamental. Só así se garante o cambio de mentalidade, a conciencia social das masas ante o expolio e a protección e conservación dos recursos naturais.
Por iso, o activismo actual ten a ardua tarefa de desarrollar o apego ao territorio para contribuir a defensa deste e os seus recursos. Ben o sabía o biólogo alemán George Schaller, que insistía na importancia das emocións como instrumento necesario para a conservación dos recursos naturais e dos territorios.
O levantamento do veo
As mafias mineiras e institucionais traballan no senso contrario: fomentando o desapego. E isto cómpre telo moito en conta. O desapego á terra, o desapego aos recursos naturais, o rexeitamento ao lugar de orixe… Cantas veces non escoitariamos falar «…ese eido non vale nada», «os montes agora só causan problemas…» ou «para que queres esas terras que só che xeran conflitos…«, «na aldea non hai futuro…», «a aldea é cousa de pobres…».
Metodoloxía para capitalizar o apego ao territorio e á defensa da terra
Reflectir a totalidade da problemática que axexa á comunidade desde o proxecto industrial fabricado nos despachos da mafia neoliberal: mercantís sen escrúpulos, profesionais da política corruptos, medios de comunicación contaminados e empregados públicos que se enredan na telaraña para defender intereses espúreos. Estes e non outros, son os catro alicerces básicos que sostén un macroproxecto industrial depredador de recursos do común.
O espertar das emocións e o corazón son o instrumento fundamental para a defensa da terra.
E ben o sabe o amigo lobo…., que precisamente coida do seu territorio desarrollando todo o seu apego. O lobo é, obxectivamente, o depredador apical (“apex predator”) que máis desarrolla o apego na súa función ecolóxica nos ecosistemas. E na defensa da terra, cómpre sermos neste senso un pouco lobos.
(Estás a ler un artigo que pertence á serie “Lobo e Territorio. O desarrollo dá cidadanía activa”, dá asoc. ambiental e cultural Petón do Lobo).
Queres coñecer algo máis de George Schaller? El dicía:
«Brasil proxectou 417 represas na Amazonia. Calcule cantas estradas implica iso, cantas persoas circulando, canta caza nesa área e cantos bosques serán destruídos». A que dá que pensar?
Se se confirma o peche das centrais de Meirama e As Pontes Galicia terá dado un primeiro paso decisivo e moi eficaz na redución de emisións causantes do cambio climático
Endesa debe anunciar canto antes a data de peche e responsabilizarse na xeración de alternativas de emprego sustentábel para a comarca
É unha irresponsabilidade que non exista aínda unha negociación entre Endesa, o Goberno do Estado, a Xunta de Galicia e os axentes sociais para acordar un calendario de peche rápido e unha transición xusta para os traballadores e traballadoras
A plataforma “Galiza, Un futuro sen carbón” celebra o anuncio do posíbel peche da central de carbón de Endesa nas Pontes, unha das 20 maiores fábricas europeas de cambio climático. O cesamento da produción eléctrica con carbón nesta central provocará unha caída drástica das emisións galegas de gases de efecto invernadoiro (GEI). Endesa debe confirmar canto antes o calendario de peche definitivo, desestimar a reconversión da central de carbón nunha macroincineradora igualmente insustentábel e implicarse na xeración de alternativas de emprego sustentábel nas comarcas afectadas pola clausura da central.
O 27 de setembro foi un día histórico para a defensa do clima desde Galicia. Polas multitudinarias manifestacións con motivo da Folga Mundial polo Clima e pola decisión inesperada de Endesa de pechar axiña a central de carbón das Pontes. 2019 será seguramente o ano con menores emisións de dióxido de carbono (CO2) e outros GEI en Galicia, polo menos desde 1990. O peche das centrais de carbón de Meirama e As Pontes, responsables do 35% das nosas emisións (1), é a medida máis eficaz nestes intres para recortar as emisións de GEI de Galicia, moi elevadas en termos per cápita (2). Sobre todo na medida en que a súa electricidade sexa substituída polo aforro enerxético e as renovábeis e non polo gas natural.
Un peche abrupto propiciado pola irresponsabilidade de Endesa e as institucións
O negacionismo da necesidade de pechar canto antes as centrais de carbón e a ilusión na posibilidade de alongar até ben entrado este século a vida da central das Pontes, compartidos por Endesa, institucións, partidos políticos e sindicatos (3), saldouse con máis crise climática e cunha decisión súbita de peche que complica a transición xusta. Os que, desde hai 20 anos e até onte mesmo, malia as alertas climáticas, fixeron todo o posíbel para manter indefinidamente a actividade das centrais de carbón, e non quixeron nin souberon prepararse para o escenario actual, deberían facer hoxe todo o posíbel para minimizar e compensar o que de negativo teña o peche repentino da central de carbón. E comezar a tomar en serio dunha vez a loita contra a crise climática.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, culpa ao Goberno central do peche da térmica de carbón das Pontes, pero o certo é que España é o único estado de Europa occidental sen calendario oficial de peche das centrais de carbón (4). O Plan de Enerxía e Clima do Goberno de España só é superado en falta de ambición climática pola Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050 da Xunta de Galicia. Como a propia ENDESA recoñece, no peche da central das Pontes resultou decisivo o aumento do prezo da tonelada de CO2 no mercado europeo de emisións. A cuxa creación en 2005 se opuxeron no seu día a Xunta e todos os partidos políticos daquela altura, precisamente polo seu temor a que prexudicase a actividade das centrais de carbón de Meirama e As Pontes, que tanto teñen defendido irresponsabelmente (5).
Desde a súa mesma creación, a finais de 2018, a plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” ten proposto unha negociación entre Endesa, institucións e axentes sociais para acordar un calendario de peche rápido e planificado, acompañado con medidas de transición xusta para os traballadores e traballadoras (incluídos os camioneiros) e de xeración de alternativas económicas ecoloxicamente sustentábeis nas comarcas afectadas. O marco para o facer sería un Convenio de Transición Xusta, figura prevista xa no Marco Estratéxico de Enerxía e Clima do Goberno estatal.
A alternativa non é a queima de biomasa forestal e refugallos orgánicos
Desde a plataforma opómonos á reconversión da central de carbón nunha macroincineradora de residuos orgánicos e/ou de biomasa forestal. Non sería en absoluto unha alternativa sustentábel, pois xeraría máis crise climática e contaminación atmosférica e favorecería aínda máis a eucaliptización e a perda de biodiversidade. Despois de nos querer vender unha “central eficiente e de baixas emisións”, agora queren facernos crer que a combustión a grande escala de refugallos orgánicos, se cadra en parte importados (como o carbón desde a década de 1990) sería un exemplo magnífico de economía circular, o máis recente eslogan sustentabilista. Economía circular de verdade é reciclar os refugallos orgánicos restituíndo os nutrientes aos solos.
Por outro lado, cómpre lembrar que, a carón da central de carbón das Pontes, opera desde hai mais de 10 anos unha central de ciclo combinado a gas natural, tamén propiedade de Endesa. Menos contaminante e presentada no seu día como “a alternativa” á central de carbón das Pontes, a súa produción nos últimos meses ten medrado paralelamente á caída da produción con carbón. No horizonte de 2030, ou antes se for posíbel, está central tamén debería desconectarse, no marco da descarbonización total do sector eléctrico cara a un sistema 100% renovábel.
As organizacións asinantes piden que se declare de maneira inmediata a emerxencia climática e tómense as medidas concretas necesarias para reducir rapidamente a cero as emisións netas de gases de efecto invernadoiro
Esixen un novo modelo socioecolóxico que non comprometa a supervivencia da vida tal e como a coñecemos
Máis de 300 organizacións xa mostraron o seu apoio á convocatoria de Folga Mundial polo Clima do próximo 27 de setembro
Numerosas cidades e pobos acollerán diversos actos o próximo 27 de setembro en apoio á Folga Mundial polo Clima. Unha data que se produce no marco das mobilizacións polo clima, a nivel global, e da semana de acción do 20 ao 27 de setembro convocada por Fridays for Future
O próximo 27 de setembro celébrase a Folga Mundial polo Clima cun alcance global e que, no caso de España, conta co apoio de máis de 300 organizacións, entre elas Petón do Lobo, adheridas ao manifesto publicado o pasado mes de xullo en defensa do futuro, dun planeta vivo e dun mundo xusto. Unha folga que ten como obxectivo esixir aos gobernos medidas efectivas ante a emerxencia climática. Esta crise climática é o maior reto ao que se enfronta a humanidade e, por este motivo e co fin de dar resposta á magnitude do problema, a sociedade está a coordinarse a nivel mundial. Durante a semana do 20 ao 27 de setembro terán lugar numerosas accións en multitude de municipios de todo o Estado, que culminarán en mobilizacións masivas en todo o mundo o 27 de setembro.
Durante as últimas semanas leváronse a cabo numerosos xestos de apoio á Folga Mundial polo Clima por parte de distintos actores sociais, da comunidade científica e da artística, que reflicten a necesidade de abordar unha transición ecolóxica urxente e xusta. Espérase que estes xestos de apoio redóbrense nas próximas semanas e que sirvan de aliciente para chamar á participación a toda a sociedade nas accións convocadas. Accións en forma de manifestacións, folgas estudantís e de consumo, peches de lugares de traballo, mobilizacións e concentracións nos centros de traballo e nas rúas… Un gran berro común e unitario na loita climática.
A crise climática, consecuencia directa do modelo de produción extractivista, baseada principalmente no uso de combustibles fósiles e do consumo globalizado actual, pon en risco a supervivencia humana e a dun gran número doutras especies e ecosistemas, afectando especialmente ás poboacións máis empobrecidas e vulnerables.
Desde hai décadas a comunidade científica alerta da deterioración dun gran número de ecosistemas, tanto terrestres como mariños, así como do punto de non retorno fronte ao cambio climático. Os recentes informes sobre o estado da biodiversidade do IPBES (Plataforma Intergobernamental de Biodiversidade e Servizos Ecosistémicos) sinalan que preto dun millón de especies entre animais e plantas atópanse ao bordo da extinción como consecuencia das actividades humanas. Así mesmo, o último informe do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), publicado o pasado agosto, sinala que a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro de todos os sectores é o único modo de manter o quecemento global por baixo dos críticos 1,5 °C.
Non responder con suficiente rapidez e contundencia á emerxencia climática, ecolóxica e civilizatoria suporá a morte e o aumento da pobreza extrema para millóns de persoas, ademais da extinción de moitas especies e, mesmo, de ecosistemas completos.
Por todo iso, e en defensa do presente e do futuro, dun planeta vivo e dun mundo xusto, as persoas e colectivos asinantes do manifesto efectúan un chamamento a toda a sociedade (cidadanía e diferentes actores sociais, ambientais, de cooperación, sindicais, etc.) para que o próximo 27 de setembro únanse ás distintas mobilizacións previstas: folga estudantil, folga de consumo para construír estratexias de consumo alternativo que respecten os dereitos, a vida e os límites biofísicos do planeta, e folga laboral no sector do ensino andaluz convocada por CXT. Así mesmo, organizacións sindicais convocarán asembleas nos centros de traballo para pedir medidas de transición ecolóxica e xusta nas empresas; mentres que algunhas organizacións ecoloxistas e sociais realizarán un peche de 24 horas das súas oficinas e instan a outros actores a un peche total ou parcial durante o desenvolvemento da manifestación.
As organizacións e plataformas convocantes fan ademais un chamamento a toda a poboación para que nas oficinas, colexios, concellos e outros lugares de traballo realícense concentracións simbólicas de catro minutos e 15 segundos, entre as 11 e as 12 da mañá dese mesmo día. Un acto que sirva de reflexión ao redor do gran sinal de alarma que supuxo alcanzar o pasado mes de abril unha concentración de partículas de dióxido de carbono na atmosfera de 415 ppm (partes por millón), nivel que non se rexistraba desde facía tres millóns de anos,
Este manifesto, que conta xa co apoio de máis de 300 organizacións, é só o comezo. Nas próximas semanas pedirase o apoio individual daquelas persoas que queiran sumarse á esixencia de adoptar colectivamente as medidas necesarias para enfrontar a crise ecolóxica e social actual.
A continuación, preséntase unha lista das mobilizacións confirmadas para o próximo 27 de setembro. Iranse actualizando nos próximos días a través das páxinas web das plataformas convocantes Mocidade polo Clima, 2020 Rebelión polo Clima e Alianza polo Clima.
A convocatoria de Folga Mundial polo Clima reúne o apoio de máis de 300 organizacións que asinaron o manifesto en defensa do futuro, dun planeta vivo e dun mundo xusto