Galería

Coñece o proxecto eólico Serra da Fracha, no municipio de Ponte Caldelas (Pontevedra). Descarga o modelo de alegación e participa!

Rede miradores da Xunta de Galicia

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo proxecto eólico Serra da Fracha, no municipio de Ponte Caldelas (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 26/05/2023.

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación conxunta ao proxecto eólico Ampliación As Penizas e ao proxecto eólico As Penizas nos municipios de Cerdedo-Cotobade e Forcarei (Pontevedra). Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación conxunta ao proxecto eólico Ampliación As Penizas e ao proxecto eólico As Penizas nos municipios de Cerdedo-Cotobade e Forcarei (Pontevedra). Participa! Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 03/05/2023.

Galería

Coñece o proxecto eólico Hépotas II no municipio de Muras. Descarga o modelo de alegación e participa!

Localización do aeroxerador Hépotas II-2

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de execución do parque eólico Hépotas II en Muras. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do  ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 19 de xaneiro de 2023.

Anexo para acompañar co escrito de alegación:

Carreiro e corredor ecolóxico previsto no proxecto como vial a acondicionar
Galería

Coñece o proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo, nos termos municipais de Carballo, A Laracha e Arteixo (A Coruña) e a súa afección á Rede Natura 2000. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características do proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo, nos termos municipais de Carballo, A Laracha e Arteixo (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo, nos termos municipais de Carballo, A Laracha e Arteixo (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 1 de setembro de 2022.

Muíño do rego da Labrada en Caión A Laracha. Imaxe do proxecto
Plano do proxecto
Galería

Coñece o proxecto de liña de alta tensión LAT 220 kV Gato-Mesón e subestación colectora Mesón 220/132 kV en Oza -Cesuras, Abegondo, Carral e Ordes (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características do proxecto de liña de alta tensión LAT 220 kV Gato-Mesón e subestación colectora Mesón 220/132 kV en Oza -Cesuras, Abegondo, Carral e Ordes (A Coruña) . Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de liña de alta tensión LAT 220 kV Gato-Mesón e subestación colectora Mesón 220/132 kV en Oza -Cesuras, Abegondo, Carral e Ordes (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 30 de agosto de 2022.

Afluente do Río Miñatos entre os apoios 3 e 4 (imaxes do proxecto)
Rego da Graña entre os apoios 12 e 13
Rego do Batán de Mandaio entre os apoios 29 e 30
Río Miñatos entre os apoios 5 e 6
Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación complementaria ao proxecto de liña de alta tensión a 220 kV desde o parque eólico Campelo ata a subestación Mesón, en Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia. Participa!

Lagoa de Alcaián en Coristanco (A Coruña)

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións complementarias ao proxecto de liña de alta tensión a 220 kV desde o parque eólico Campelo ata a subestación Mesón, en Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo.

Enlace ao ANUNCIO do 17 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 220 kV desde o parque eólico Campelo ata a subestación Mesón, nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (expediente 2018/0089)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220707/AnuncioG0532-200622-0003_gl.html

Nota: Lembrar que o Convenio de Aarhus permite ao público acceder á información ambiental calquera que sexa a fase procedimental na que se atope o expediente.

Lembrar tamén que o medio ambiente é de todas e podemos presentar alegacións en calquer fase da tramitación do procedemento, en particular, os defectos de tramitación que poden ser alegados en todo momento, como é este caso (Lei 39/2015,de 1de outubro).

Pica no enlace e descarga o modelo de solicitude de acceso á información ambiental do proxecto da LAT Campelo – Mesón. Participa!

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación á solicitude de utilidade pública do proxecto do parque eólico Troitomil na Baña e en Negreira (A Coruña) con muíños de 220 metros. Descarga o modelo de alegación e participa!

Hórreo na Baña

Xa podes descargar o modelo de alegación á solicitude de utilidade pública do proxecto do parque eólico Troitomil na Baña e en Negreira (A Coruña). Participa! Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 1 de agosto de 2022.

Castro, A Baña
Río na Barcala

Queres lembrar as características e afeccións do parque eólico Troitomil?

Galería

Xa podes descargar o modelo de recurso de alzada á resolución de autorización do parque eólico A Lagoa II en Santa Comba e Zas. Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de recurso de alzada á resolución de autorización do parque eólico A Lagoa II en Santa Comba e Zas. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar o recurso de alzada: 21 de abril de 2022. *** Para as persoas que presentaran alegacións o prazo para presentar o recurso remataría ao mes da correspondente notificación.

ANUNCIO BOP da Coruña: Resolución do 14 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, relativa ao parque eólico Lagoa II

Problemática dos parques eólicos A Lagoa I, A Lagoa II e a súa liña de evacuación:

  • División artificiosa de proxectos aos efectos ambientais.

As instalacións de evacuación son intrínsecas e comúns ao parque eólico A Lagoa I e ao parque eólico Lagoa II, por tanto, debería analizarse en todo o procedemento de avaliación ambiental. Esta infraestrutura resulta imprescindible para a viabilidade e desenvolvemento dos parques eólicos indicados, debido ao cal débense analizar pormenorizadamente os efectos e impactos da totalidade das infraestruturas asociadas ao parque.

A inclusión dos efectos e impactos ambientais dos dous parques eólicos e das instalacións de evacuación de enerxía e de conexión incrementarían considerablemente a magnitude dos impactos detectados no EIA, facendo necesario valorar outras alternativas ou implementar novas medidas correctoras.

Cómpre resaltar o carácter unitario dos parques eólicos previstos, no sentido de que todos os seus elementos e instalacións deben contemplase desde unha perspectiva unitaria, desde os accesos e os propios aeroxeradores ata a liña de conexión dos parques no seu conxunto coa rede de distribución ou transporte de electricidade. Iso conleva, efectivamente, que non pode darse un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma  artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supoñer unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores esixencias ambientais.

A Avaliación de Impacto Ambiental de Proxectos é unha técnica que non admite sucedáneos ou substitutos e que, por tanto, debe esixirse de forma íntegra, a fin de non frustrar a súa funcionalidade.

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación ao parque eólico mariño flotante Nordés, cunha potencia total de 1,2 GW e as súas  infraestruturas asociadas de evacuación a subestacións terrestres en Galicia. Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio do parque eólico mariño flotante Nordés, cunha potencia total de 1,2 GW e as súas  infraestruturas asociadas de evacuación a subestacións terrestres en Galicia. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 21 de febreiro de 2022.

Praia Alba ou de Sabón, en Arteixo onde se prevé a aterraxe en terra das infraestruturas do parque eólico mariño Nordés
Imaxe do documento de inicio do parque eólico mariño Nordés presentado pola mercantil promotora Parque Eólico Mariño Nordés, S.L.

Pica no enlace para a descarga do documento de inicio do proxecto:

https://sede.miteco.gob.es/portal/site/seMITECO/navServicioContenido

Podes consultar o roteiro 3D Nordés marítimo elaborado pola Plataforma Monfero Di Non:

Galería

Coñece o parque eólico Monte Festeiros nos municipios de Forcarei e Silleda (Pontevedra) e a súa afección á Serra do Candán e ás Brañas de Xestoso. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Monte Festeiros nos municipios de Silleda e Forcarei (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Monte Festeiros nos municipios de Forcarei e Silleda (Pontevedra) e a súa afección á Serra do Candán e ás Brañas de Xestoso. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 10 de febreiro de 2022.

Estes modelos de alegacións recollen a presencia doutras aves afectadas polo pe. Monte Festeiros como o sisón (Tetrax t.), con cría confirmada alí até fai poucos anos; as avetardas (Otis tarda) que chega a finais do verán en dispersión postnupcial, ao igual que o elanio (Elanus caeruleus) e a tartaraña (Circus aeruginosus), por consello e cortesía do colectivo fotográfico Naturgalicia.

Podes consultar o plano elaborado pola Plataforma Monfero Di Non no seguinte enlace:

Galería

A Xunta de Galicia esqueceu permitir o acceso ao documento ambiental do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña), en exposición pública ata o 17 de xaneiro

O proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) foi sometido a exposición pública no DOG Núm. 244, de 22 de decembro de 2021, pola Xefatura territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que dirixe Isidoro Martínez Arca (expediente IN408A 2020/179).

O anuncio publicado no DOG establece un enlace web para o acceso á documentación do proxecto: https://ceei.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/lat-paxareiras-2

O anuncio indica a relación da documentación que se expón e fixa como data límite de presentación de alegacións o 17 de xaneiro de 2022.

 • Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (novembro 2021-asdo. 25.11.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

1.2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.

1.3. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2. Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021).

3. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA)(novembro 2021-asdo. 25.11.2021).

Sen embargo, e a pesar do indicado no anuncio, non se expón o Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021).

A seis días hábiles de que remate o prazo para a presentación de alegacións, a cidadanía e as persoas afectadas non puideron acceder a un dos documentos máis importantes do proxecto da liña de evacuación LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2020/179).

Diversas queixas e reclamacións presentadas ante o Xefe Territorial da Coruña, Isidoro Martínez Arca, reclaman o reinicio do cómputo dos prazos para presentar as alegacións a un proxecto denso e de difícil comprensión.

Non é un caso illado

Hai determinados proxectos que parece que lle custa á Administración que a cidadanía acceda á documentación. Así sucedeu cos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco da promotora Aerogeneración Galicia, S.L., que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación esqueceu subir á páxina de transparencia para o acceso da cidadanía, a pesar de tramitarse ambos os dous proxectos pola vía de urxencia e a conseguinte redución de prazos a tan só 15 días para alegacións.

Ambos os dous parques foron publicados no DOG Núm. 234, de 7 de decembro de 2021, pero a cidadanía afectada non tivo acceso á documentación ata 7 días máis tarde (o 14 de decembro), como se pode ver no enlace:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0101.html

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0102.html

A pesar dos escritos de queixa presentados e a petición de reinicio do cómputo dos prazos a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais obviou o problema e continúa coa tramitación dos expedientes, a sabendas da vulneración de dereitos.

A vulneración de dereitos da cidadanía, a norma habitual na tramitación eólica

Está claro que a Administración da Xunta de Galicia está a verse beneficiada da falla de información pública, xa que logo, o feito de impedir o acceso a información restrinxe a presentación de alegacións e a oposición a proxectos industriais eólicos máis que controvertidos, se temos en conta a falla de actualización da planificación sectorial eólica na que se enmarcan.

A nivel  supraestatal, no seo do Consello de Europa e da Organización de Estados Americanos (OEA), tanto o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos como a Corte  Interamericana dos Dereitos Humanos, consideran que o dereito de acceso á información pública é un dereito fundamental integrado dentro do dereito á liberdade de expresión e a recibir información.

O Tribunal Sumpremo indica que o dereito de acceso aos rexistros e documentos administrativos constitúe un dereito da cidadanía dos chamados da terceira xeración e está enraizado no principio de transparencia administrativa, o cal responde a unha nova estruturación das relacións entre a Administración e a cidadanía.

A información administrativa é un imperativo do principio de publicidade e transparencia nunha sociedade democrática.

Nun sistema democrático, as institucións públicas non son propiedade da clase política ou altos cargos, senón que son de dominio popular, son da cidadanía, polo que a información que posúen ditas institucións tamén pertence a esta.

Galería

Obradoiro: ferramentas xurídicas na loita antieólica. O sábado, 27 de novembro, no Centro social de Goiás (Lalín -Pontevedra). #StopEólicos

O concepto de persoa interesada. Dereitos das afectadas no procedemento administrativo. Solicitude de información e acceso ao expediente. Recursos administrativos….

Fórmate, organízate e loita contra a #MafiaEólica na defensa das nosas #AldeasLibresDeMacroeólicos porque #OMonteNonSeVende #ORuralNonSeVende #ANosaTerraDeféndese

Podes descargar o seguinte material:

1.- Concepto de persoa interesada e dereitos desta no procedemento administrativo.

2.- A solicitude de acceso á información pública.

3.- Esquema dos recursos administrativos.

Galería

Coñece o macro parque eólico Caaveiro e os outros 5 parques a desarrollar por Enel Green Power España na entorna das Fragas do Eume. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais da estación eólica Caaveiro e as súas infraestruturas asociadas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da estación eólica Caaveiro e os outros 5 parques a desarrollar por Enel Green Power España na entorna das Fragas do Eume. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 27 de xullo de 2021.

Fervenza do río Belelle, afectada polo p.e. Caaveiro, no municipio de Neda
Galería

Pide censos actualizados do xabaril, un Plan de xestión e estudos científicos rigurosos dá especie na vindeira Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Pide censos actualizados do xabaril, un Plan de xestión e estudos científicos rigurosos dá especie na vindeira Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Pídese á Dirección Xeral de Patrimonio Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do xabaríl e informes científicos rigurosos sobre a influencia da caza na poboación e nos comportamentos do xabaril. A presión cinexética que se exerce sobre o xabaril é enorme e non da os resultados esperados.

2.- A aprobación sen demora dun Plan de Xestión para o Xabaril en base a un censo rigoroso dá súa poboación.

3.- Controlar a poboación de xabarís a través dun método ético e científico e non organizar batidas para matalos a tiros.

4.- Facer pública a avaliación dos resultados da emerxencia cinexética decretada ao abeiro dás resolucións seguintes:

  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca de Viana (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).
  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas de Betanzos e Eume (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).
  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca da Terra Chá (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).
  • Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca de Deza (DOG Núm. 192, de 9 de outubro de 2019).

E todo elo con carácter previo á súa inclusión como especie cinexética na Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022 e tendo en conta o disposto no artigo 65.2 “Especies obxecto de caza e pesca” do Capítulo IV “Da protección das especies en relación coa caza e a pesca continental” en relación ao artigo 2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade:

“En todo caso, o exercicio da caza e a pesca continental regularase de modo que queden garantidos a conservación e o fomento das especies autorizadas para este exercicio”.