Galería

O desleixo da Xunta de Galicia en relación ás presas mineiras de Lousame, a debate no Parlamento europeo

Eran ao redor das 16 horas dun mércores 11 de xullo de 2018, e en Bruselas, na Comisión de peticións do Parlamento europeo, debatíase sobre a petición 59/2017, relativa á falla de información, á falla de seguridade e a contaminación das presas mineiras de San Fins, no municipio de Lousame.

En representación da asociación Petón do Lobo (a peticionaria) interviña Xosé Manuel Romarís Cercós, quen nunha exposición clara e consisa, amosaba a problemática das presas mineiras.

Screenshot_2018-07-12-16-43-08.png
Xosé Manuel Romarís durante a súa intervención en Bruselas, na sede do Parlamento

“A persistencia e abandono das presas e a falta de aplicación das normas europeas en materia de xestión de residuos mineiros provocou a continuidade na degradación e contaminación dos espazos circundantes, feito sobradamente coñecido pola Administración. Nun informe ambiental de 27/10/2010 realizado polo departamento de medio ambiente da Administración galega a pedido da administración de augas, indicábase “que a explotación mineira alterou de forma moi importante a zona de policía, a servidume de paso, marxe e leito do río da Mina de San Finx, debido principalmente á creación dun vertedoiro e por arrástrelos que esta ocasionou, os cales chegaron a colmatar totalmente o leito do río á súa altura”. Continúa indicando que a explotación “ocasionou a perda total da ictiofauna do río así como da maioría de macrófagas acuáticas, xa que non vai a el ningún outro vertedura industrial que puidese causar estes danos. Ademais, os afluentes deste río non afectados pola mina, contan coa presenza de ictiofauna”. No informe “conclúese que a reapertura da mina implicaría un empeoramento da área afectada e impediría a recuperación natural dá zona”. Non só se aprobou a reapertura da mina con proxectos de explotación e restauración que non se someteron ao trámite de impacto ambiental preceptivo, senón que en base a leste e outros informes a administración de augas mesmo aprobou unha concesión de aproveitamento de augas, que necesariamente tería que esixir o cumprimento do condicionante de avaliación ambiental imposto na resolución de transmisión de dereitos de 2008”.

Galería

A Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, obrigada a rendir contas a nivel internacional ante o Comité de Cumprimento do Convenio Aarhus da ONU, polas trabas no acceso á información ambiental dos expedientes mineiros en Galicia.

A falla de información en materia ambiental sobre as balsas mineiras de Galicia e os documentos ambientais das minas de Lousame e Santa Comba, aboca á Xunta a rendir contas ante a UNECE, a Comisión Económica das Nacións Unidas para Europa.

Diversas asociacións ecoloxistas de Galicia, entre elas a Asociación Petón do Lobo e a asociación Ouriol do Anllóns, coa colaboración doutras entidades da Rede Contraminacción, cansas das trabas no acceso á información ambiental por parte da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, acóllense ao Convenio Aarhus e denuncian ante o Comité de Cumprimento deste organismo da ONU a falla de transparencia do departamento que dirixe o conselleiro Francisco Conde.

United Nations headquaters in Geneva
Sede da UNECE en Xenebra.

A reclamación foi presentada tras as peticións reiteradas de información por parte das asociacións ecoloxistas, e despois de que a Comisión de Transparencia da Valedora do Pobo, lles estimara incluso a lexitimidade das mesmas.

A admisión a trámite da reclamación conxunta, defendida a semana pasada en Xenebra polo profesor de Illinois, Warren Gary Lavey, en nome das afectadas, demostra a inoperatividade das leis de transparencia tanto estatal como galega, que só serven á Xunta de instrumento para poñer trabas no acceso á información ambiental, e realizar por tanto, un uso espúreo da normativa vixente. O silencio negativo e os obstáculos e condicionamentos continuados ao acceso da información ambiental dos expedientes mineiros, por parte da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, son a práctica habitual dun departamento que pon por enriba da protección do medio ambiente os intereses económicos, comerciais, o segredo profesional e a propiedade intelectual e industrial dos documentos ambientais, sobre da obriga de transparencia en materia de medio ambiente (limitacións establecidas polo artigo 14 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información pública e Bo Goberno).

DIQUE DE CONTENCIÓN BALSAS MINERAS EN ESTADO DE DETERIORO EVIDENTE
Vista do dique deteriorado dunha das balsas mineiras de Lousame.

Esta opacidade da tramitación administrativa condúcenos á situación actual de inoperancia dun departamento que non sabe que facer coas balsas mineiras abandonadas que ten por Galicia adiante, e os graves problemas ambientais e de saúde pública derivadas das mesmas, como son as balsas mineiras do Monte Neme, as de Lousame, as de Touro, as de Santa Comba…etc.

Tras a admisión a trámite da reclamación conxunta das afectadas, iníciase arestora unha fase procedimiental na que o organismo internacional pedirá explicacións a España sobre da súa actuación en materia de transparencia e información ambiental.

Convenio Aarhus.

O Convenio sobre acceso á información, participación do público na toma de decisións e acceso á xustiza en materia de medio ambiente, coñecido como Convenio de Aarhus, é un tratado internacional que regula os dereitos de participación cidadá en relación co medio ambiente. O tratado foi elaborado no marco da UNECE (Comisión Económica das Nacións Unidas para Europa). O Convenio foi asinado o 25 de xuño de 1998 na cidade danesa de Aarhus e entrou en vigor o 31 de outubro de 2001. España ratificou o Convenio o 15 de decembro de 2004 e dous anos despois, en 2006, aprobou a Lei 27/2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, que aplica en España as disposicións do Convenio. O Convenio de Aarhus estrutúrase ao redor de tres alicerces que se corresponden con tres dereitos cidadáns: o acceso á información en materia de medio ambiente, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente. O Convenio de Aarhus recolle un mecanismo de control do cumprimento, xa que permite aos cidadáns denunciar incumplimentos do tratado, cando no Dereito internacional normalmente só os Estados teñen esa capacidade.

Río-Portapego en Touro con drenaxe áceda de mina
Drenaxe áceda de mina no río Portapego de Touro