Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación conxunta ao proxecto eólico Ampliación As Penizas e ao proxecto eólico As Penizas nos municipios de Cerdedo-Cotobade e Forcarei (Pontevedra). Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación conxunta ao proxecto eólico Ampliación As Penizas e ao proxecto eólico As Penizas nos municipios de Cerdedo-Cotobade e Forcarei (Pontevedra). Participa! Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 03/05/2023.

Galería

Alega á solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada para o macro vertedoiro de residuos industriais en Silleda (Pontevedra) e que afecta ao río Toxa, á Rede Natura e á AEIP Fervenza do Toxa -Carboeiro. Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de modificación substancial da autorización ambiental integrada para o macro vertedoiro de residuos industriais en Silleda (Pontevedra) e que afecta ao río Toxa, á Rede Natura e á AEIP Fervenza do Toxa -Carboeiro. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 14/04/2023.

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación ao proxecto LAT 132 kV PE Maxal-SET Belesar, infraestruturas comúns nó Belesar, nos municipios de Rodeiro (Pontevedra) e Taboada e Chantada (Lugo). Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto LAT 132 kV PE Maxal-SET Belesar, infraestruturas comúns nó Belesar, nos municipios de Rodeiro (Pontevedra) e Taboada e Chantada (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 24/03/2023.

Podes acompar ao modelo de alegación os seguintes documentos:

Galería

Xa podes descargar o modelo de recurso de alzada ao proxecto eólico Uxo no municipio de Avión e que afecta á Serra do Suído. Participa! Fin prazo:16 de xaneiro

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de recurso de alzada ao proxecto eólico Uxo no municipio de Avión e que afecta á Serra do Suído. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar os modelos. Fin do prazo para presentar as alegacións: 16 de xaneiro de 2023.

Podes adxuntar co recurso:

Galería

E xa hai 873 aeroxeradores na Costa da Morte Sur e arredores….

E xa hai 873 aeroxeradores na Costa da Morte Sur e arredores…. Consulta o pdf anexo:

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegacións complementarias ao proxecto eólico Alto do Torreiro de Cereo, Corcoesto e Valenza. Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións complementarias ao proxecto eólico Alto do Torreiro. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar os modelos. Fin do prazo para presentar as alegacións: ata a autorización do proxecto.

Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Restelo, na Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna (Lugo). Descarga o modelo de alegación e participa!

Vistas desde o Mirador de Vilagarcía - Montes de Restelo

Coñece as características do proxecto do parque eólico Restelo, na Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna (Lugo). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Restelo, na Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna (Lugo).  Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 15 de setembro de 2022.

Imaxe dos parques eólicos Chao do Marco, Monteiro e Restelo (imaxe do proxecto)
Plano do proxecto eólico Restelo (imaxe do proxecto)
Castelo de Doiras en Becerreá
Vista do parque eólico Punago e a súa liña eléctrica de evacuación. Xeración de Feísmo Paisaxístico
Galería

Coñece o proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Cunca e Rodeira, emprazados en Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra) que afecta á Rede Natura 2000 e ao BIC Mosteiro de Carboeiro. Descarga o modelo de alegación e participa!

Monte da Madalena, Vila de Cruces (Pontevedra)

Coñece as características do proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Cunca e Rodeira, emprazados en Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Cunca e Rodeira, emprazados en Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 17 de xuño de 2022.

BIC Mosteiro de Carboeiro en Silleda
Igrexa de Bodaño en Vila de Cruces

Río Deza
Imaxe do proxecto da LAT dos parques eólicos Cunca e Rodeira
Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación á declaración de utilidade pública do parque eólico Maragouto, en Outes e Mazaricos (A Coruña). Participa!

Visibilidade do parque eólico Maragouto desde Pino do Val, Mazaricos. Imaxe do proxecto da promotora.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación á declaración de utilidade pública do parque eólico Maragouto, en Outes e Mazaricos (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 1 de xuño de 2022.

Podes consultar o anuncio no DOG no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220419/AnuncioG0596-060422-0001_gl.html

Visibilidade do parque eólico desde Valadares, Outes
Saturación eólica na área do proxecto do parque eólico Maragouto
Galería

Critican a composición «machista» do Comité galego de Caza. Solicita a paridade neste órgano. Participa!

Entidades eco-feministas como Loba Lilas e Spitfire, Petón do Lobo e a asociación galega Cova Crea critican a composición «machista» do Comité galego de Caza.

Segundo o borrador da acta do Comité do ano 2021 das 14 representacións que ostenta a Xunta de Galicia no Comité galego de Caza, 7 son mulleres. Ademais as designacións realizadas pola Xunta entre as vogalías de recoñecido prestixio que compoñen o Comité tamén recaen en homes.

A única representación das entidades ecoloxistas e naturalistas de Galicia tamén é unha muller.

Estas representacións acadan un 32% da composición do Comité, que dun total de 28 persoas, tan só 8 son mulleres.

Por tanto estase a vulnerar a paridade da que fala a Lei galega de Caza, que no artigo 78 citado, manifesta que na composición dos comités de caza procurarase acadar unha presenza equilibrada de mulleres e homes.

A isto hai que engadir que as persoas representantes non teñen por que adicarse específicamente á actividade cinexética, senón que poden designarse a persoas alleas ao sector no caso de déficit de representación feminina. Sen embargo, a Federación Galega de Caza, fai recaer todas as súas designacións en homes.

Así, tanto o presidencia da FEG como as representacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra recaen en homes, ao igual que a representación das asociacións de cazadores designados pola FEG. Por último a representación das asociacións de propietarios de terreos cinexéticos tamén recae nun home.

Esta falla de paridade tamén se estende á composición dos Comités provinciais de caza. Así no Comité de caza da Coruña do ano 2021 de 9 representacións, tan só 2 correspondían a mulleres. Semellante situación produciuse no Comité de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Piden a retirada das axudas e subvencións públicas a entidades de caza que non cumpran coa Lei de igualdade

Unha democracia paritaria e unha sociedade inclusiva non pode amparar que as mulleres queden fóra dos órganos de representación que se financian con fondos públicos como é a actividade da FEG. A Xunta de Galicia neste caso ten unha especial responsabilidade para que isto non suceda.

Podes consultar a composición do Comité galego de caza no seguinte enlace:

https://transparencia.xunta.gal/tema/transparencia-institucional/estrutura-organica-e-funcional/organos-colexiados-adscritos?content=/Portal-Transparencia/Unidades_informacion_transparencia/interiores/Tema_2/organos-colexiados/transparencia_0078.html

Pide a paridade. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación ao parque eólico Caíño en Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado e Abegondo (A Coruña); e Guitiriz (Lugo). Participa!

Muíño de Portalaxe, Curtis

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Caíño en Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado e Abegondo (A Coruña); e Guitiriz (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 5 de abril de 2022.

Podes consultar o mapa das infraestruturas eólicas do proxecto eólico Brancellao no seguinte enlace web da Plataforma Monfero Di Non:

Podes consultar o anuncio da exposición pública no seguinte enlace:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/02/22/2022_0000000849.pdf

Ponte dos Carneiros, Aranga
Galería

A Xunta de Galicia esqueceu permitir o acceso ao documento ambiental do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña), en exposición pública ata o 17 de xaneiro

O proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) foi sometido a exposición pública no DOG Núm. 244, de 22 de decembro de 2021, pola Xefatura territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que dirixe Isidoro Martínez Arca (expediente IN408A 2020/179).

O anuncio publicado no DOG establece un enlace web para o acceso á documentación do proxecto: https://ceei.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/lat-paxareiras-2

O anuncio indica a relación da documentación que se expón e fixa como data límite de presentación de alegacións o 17 de xaneiro de 2022.

 • Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (novembro 2021-asdo. 25.11.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

1.2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.

1.3. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2. Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021).

3. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA)(novembro 2021-asdo. 25.11.2021).

Sen embargo, e a pesar do indicado no anuncio, non se expón o Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021).

A seis días hábiles de que remate o prazo para a presentación de alegacións, a cidadanía e as persoas afectadas non puideron acceder a un dos documentos máis importantes do proxecto da liña de evacuación LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2020/179).

Diversas queixas e reclamacións presentadas ante o Xefe Territorial da Coruña, Isidoro Martínez Arca, reclaman o reinicio do cómputo dos prazos para presentar as alegacións a un proxecto denso e de difícil comprensión.

Non é un caso illado

Hai determinados proxectos que parece que lle custa á Administración que a cidadanía acceda á documentación. Así sucedeu cos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco da promotora Aerogeneración Galicia, S.L., que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación esqueceu subir á páxina de transparencia para o acceso da cidadanía, a pesar de tramitarse ambos os dous proxectos pola vía de urxencia e a conseguinte redución de prazos a tan só 15 días para alegacións.

Ambos os dous parques foron publicados no DOG Núm. 234, de 7 de decembro de 2021, pero a cidadanía afectada non tivo acceso á documentación ata 7 días máis tarde (o 14 de decembro), como se pode ver no enlace:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0101.html

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0102.html

A pesar dos escritos de queixa presentados e a petición de reinicio do cómputo dos prazos a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais obviou o problema e continúa coa tramitación dos expedientes, a sabendas da vulneración de dereitos.

A vulneración de dereitos da cidadanía, a norma habitual na tramitación eólica

Está claro que a Administración da Xunta de Galicia está a verse beneficiada da falla de información pública, xa que logo, o feito de impedir o acceso a información restrinxe a presentación de alegacións e a oposición a proxectos industriais eólicos máis que controvertidos, se temos en conta a falla de actualización da planificación sectorial eólica na que se enmarcan.

A nivel  supraestatal, no seo do Consello de Europa e da Organización de Estados Americanos (OEA), tanto o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos como a Corte  Interamericana dos Dereitos Humanos, consideran que o dereito de acceso á información pública é un dereito fundamental integrado dentro do dereito á liberdade de expresión e a recibir información.

O Tribunal Sumpremo indica que o dereito de acceso aos rexistros e documentos administrativos constitúe un dereito da cidadanía dos chamados da terceira xeración e está enraizado no principio de transparencia administrativa, o cal responde a unha nova estruturación das relacións entre a Administración e a cidadanía.

A información administrativa é un imperativo do principio de publicidade e transparencia nunha sociedade democrática.

Nun sistema democrático, as institucións públicas non son propiedade da clase política ou altos cargos, senón que son de dominio popular, son da cidadanía, polo que a información que posúen ditas institucións tamén pertence a esta.

Galería

Coñece o proxecto do parque eólico de Vilacova no municipio de Lousame (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

......

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico de Vilacova no municipio de Lousame (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico de Vilacova no municipio de Lousame (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 7 de xaneiro de 2022.

Achégase como Anexo o cadro -resumo das características e impactos do proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas, nos concellos de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes e Rois (expediente IN408A 2020/144), DOG Núm. 198, de 14 de outubro de 2021, que garda relación co proxecto eólico Vilacova, por ser parte da súa infraestrutura de evacuación, que se pode engadir ao escrito de alegacións:

Flora chave para os ecosistemas e presente na área de afección do proxecto: Ranúnculo acuático (Ranunculus penicillatus)

Podes consultar o mapa do parque eólico Vilacova e parte da súa liña e evacuación na páxina web da Plataforma Monfero Di Non:

Galería

Coñece o parque eólico Braña Ancha nos municipios de Santa Comba e Coristanco (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Braña Ancha nos municipios de Santa Comba e Coristanco (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Braña Ancha nos municipios de Santa Comba e Coristanco (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 10 de febreiro de 2022.

Especies de flora en perigo de extinción ou en estado vulnerable potencialmente afectadas polo parque eólico Braña Ancha:

Galería

A Furia do Vento chega a Galicia, un chamamento contra o espolio eólico, a defensa da Terra e os recursos naturais

Participa:
Isabel María Naveira Ferreiro
Xoán Ramón Doldán García
Cristina Giráldez Miniño
Torcuato Teixeira Valoria
Guadalupe Blanco Vázquez
Antonio Presas García
Irene Otero Muras
Carlos Henrique Fernández Coto
Isabel Pregal Avión
Federico Pérez Rey
Carmen Freire Cruces
Xosé Lois Vilar
Montaxe e realización: Roberto Vilela Martínez