Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Restelo, na Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna (Lugo). Descarga o modelo de alegación e participa!

Vistas desde o Mirador de Vilagarcía - Montes de Restelo

Coñece as características do proxecto do parque eólico Restelo, na Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna (Lugo). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Restelo, na Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna (Lugo).  Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 15 de setembro de 2022.

Imaxe dos parques eólicos Chao do Marco, Monteiro e Restelo (imaxe do proxecto)
Plano do proxecto eólico Restelo (imaxe do proxecto)
Castelo de Doiras en Becerreá
Vista do parque eólico Punago e a súa liña eléctrica de evacuación. Xeración de Feísmo Paisaxístico
Galería

Coñece o proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Cunca e Rodeira, emprazados en Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra) que afecta á Rede Natura 2000 e ao BIC Mosteiro de Carboeiro. Descarga o modelo de alegación e participa!

Monte da Madalena, Vila de Cruces (Pontevedra)

Coñece as características do proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Cunca e Rodeira, emprazados en Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Cunca e Rodeira, emprazados en Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 17 de xuño de 2022.

BIC Mosteiro de Carboeiro en Silleda
Igrexa de Bodaño en Vila de Cruces

Río Deza
Imaxe do proxecto da LAT dos parques eólicos Cunca e Rodeira
Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación á declaración de utilidade pública do parque eólico Maragouto, en Outes e Mazaricos (A Coruña). Participa!

Visibilidade do parque eólico Maragouto desde Pino do Val, Mazaricos. Imaxe do proxecto da promotora.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación á declaración de utilidade pública do parque eólico Maragouto, en Outes e Mazaricos (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 1 de xuño de 2022.

Podes consultar o anuncio no DOG no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220419/AnuncioG0596-060422-0001_gl.html

Visibilidade do parque eólico desde Valadares, Outes
Saturación eólica na área do proxecto do parque eólico Maragouto
Galería

Critican a composición «machista» do Comité galego de Caza. Solicita a paridade neste órgano. Participa!

Entidades eco-feministas como Loba Lilas e Spitfire, Petón do Lobo e a asociación galega Cova Crea critican a composición «machista» do Comité galego de Caza.

Segundo o borrador da acta do Comité do ano 2021 das 14 representacións que ostenta a Xunta de Galicia no Comité galego de Caza, 7 son mulleres. Ademais as designacións realizadas pola Xunta entre as vogalías de recoñecido prestixio que compoñen o Comité tamén recaen en homes.

A única representación das entidades ecoloxistas e naturalistas de Galicia tamén é unha muller.

Estas representacións acadan un 32% da composición do Comité, que dun total de 28 persoas, tan só 8 son mulleres.

Por tanto estase a vulnerar a paridade da que fala a Lei galega de Caza, que no artigo 78 citado, manifesta que na composición dos comités de caza procurarase acadar unha presenza equilibrada de mulleres e homes.

A isto hai que engadir que as persoas representantes non teñen por que adicarse específicamente á actividade cinexética, senón que poden designarse a persoas alleas ao sector no caso de déficit de representación feminina. Sen embargo, a Federación Galega de Caza, fai recaer todas as súas designacións en homes.

Así, tanto o presidencia da FEG como as representacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra recaen en homes, ao igual que a representación das asociacións de cazadores designados pola FEG. Por último a representación das asociacións de propietarios de terreos cinexéticos tamén recae nun home.

Esta falla de paridade tamén se estende á composición dos Comités provinciais de caza. Así no Comité de caza da Coruña do ano 2021 de 9 representacións, tan só 2 correspondían a mulleres. Semellante situación produciuse no Comité de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Piden a retirada das axudas e subvencións públicas a entidades de caza que non cumpran coa Lei de igualdade

Unha democracia paritaria e unha sociedade inclusiva non pode amparar que as mulleres queden fóra dos órganos de representación que se financian con fondos públicos como é a actividade da FEG. A Xunta de Galicia neste caso ten unha especial responsabilidade para que isto non suceda.

Podes consultar a composición do Comité galego de caza no seguinte enlace:

https://transparencia.xunta.gal/tema/transparencia-institucional/estrutura-organica-e-funcional/organos-colexiados-adscritos?content=/Portal-Transparencia/Unidades_informacion_transparencia/interiores/Tema_2/organos-colexiados/transparencia_0078.html

Pide a paridade. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Galería

Xa podes descargar o modelo de alegación ao parque eólico Caíño en Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado e Abegondo (A Coruña); e Guitiriz (Lugo). Participa!

Muíño de Portalaxe, Curtis

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Caíño en Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado e Abegondo (A Coruña); e Guitiriz (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 5 de abril de 2022.

Podes consultar o mapa das infraestruturas eólicas do proxecto eólico Brancellao no seguinte enlace web da Plataforma Monfero Di Non:

Podes consultar o anuncio da exposición pública no seguinte enlace:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/02/22/2022_0000000849.pdf

Ponte dos Carneiros, Aranga
Galería

A Xunta de Galicia esqueceu permitir o acceso ao documento ambiental do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña), en exposición pública ata o 17 de xaneiro

O proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) foi sometido a exposición pública no DOG Núm. 244, de 22 de decembro de 2021, pola Xefatura territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que dirixe Isidoro Martínez Arca (expediente IN408A 2020/179).

O anuncio publicado no DOG establece un enlace web para o acceso á documentación do proxecto: https://ceei.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/lat-paxareiras-2

O anuncio indica a relación da documentación que se expón e fixa como data límite de presentación de alegacións o 17 de xaneiro de 2022.

 • Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (novembro 2021-asdo. 25.11.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

1.2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.

1.3. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2. Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021).

3. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA)(novembro 2021-asdo. 25.11.2021).

Sen embargo, e a pesar do indicado no anuncio, non se expón o Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021).

A seis días hábiles de que remate o prazo para a presentación de alegacións, a cidadanía e as persoas afectadas non puideron acceder a un dos documentos máis importantes do proxecto da liña de evacuación LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2020/179).

Diversas queixas e reclamacións presentadas ante o Xefe Territorial da Coruña, Isidoro Martínez Arca, reclaman o reinicio do cómputo dos prazos para presentar as alegacións a un proxecto denso e de difícil comprensión.

Non é un caso illado

Hai determinados proxectos que parece que lle custa á Administración que a cidadanía acceda á documentación. Así sucedeu cos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco da promotora Aerogeneración Galicia, S.L., que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación esqueceu subir á páxina de transparencia para o acceso da cidadanía, a pesar de tramitarse ambos os dous proxectos pola vía de urxencia e a conseguinte redución de prazos a tan só 15 días para alegacións.

Ambos os dous parques foron publicados no DOG Núm. 234, de 7 de decembro de 2021, pero a cidadanía afectada non tivo acceso á documentación ata 7 días máis tarde (o 14 de decembro), como se pode ver no enlace:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0101.html

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0102.html

A pesar dos escritos de queixa presentados e a petición de reinicio do cómputo dos prazos a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais obviou o problema e continúa coa tramitación dos expedientes, a sabendas da vulneración de dereitos.

A vulneración de dereitos da cidadanía, a norma habitual na tramitación eólica

Está claro que a Administración da Xunta de Galicia está a verse beneficiada da falla de información pública, xa que logo, o feito de impedir o acceso a información restrinxe a presentación de alegacións e a oposición a proxectos industriais eólicos máis que controvertidos, se temos en conta a falla de actualización da planificación sectorial eólica na que se enmarcan.

A nivel  supraestatal, no seo do Consello de Europa e da Organización de Estados Americanos (OEA), tanto o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos como a Corte  Interamericana dos Dereitos Humanos, consideran que o dereito de acceso á información pública é un dereito fundamental integrado dentro do dereito á liberdade de expresión e a recibir información.

O Tribunal Sumpremo indica que o dereito de acceso aos rexistros e documentos administrativos constitúe un dereito da cidadanía dos chamados da terceira xeración e está enraizado no principio de transparencia administrativa, o cal responde a unha nova estruturación das relacións entre a Administración e a cidadanía.

A información administrativa é un imperativo do principio de publicidade e transparencia nunha sociedade democrática.

Nun sistema democrático, as institucións públicas non son propiedade da clase política ou altos cargos, senón que son de dominio popular, son da cidadanía, polo que a información que posúen ditas institucións tamén pertence a esta.

Galería

Coñece o proxecto do parque eólico de Vilacova no municipio de Lousame (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

......

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico de Vilacova no municipio de Lousame (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico de Vilacova no municipio de Lousame (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 7 de xaneiro de 2022.

Achégase como Anexo o cadro -resumo das características e impactos do proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas, nos concellos de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes e Rois (expediente IN408A 2020/144), DOG Núm. 198, de 14 de outubro de 2021, que garda relación co proxecto eólico Vilacova, por ser parte da súa infraestrutura de evacuación, que se pode engadir ao escrito de alegacións:

Flora chave para os ecosistemas e presente na área de afección do proxecto: Ranúnculo acuático (Ranunculus penicillatus)

Podes consultar o mapa do parque eólico Vilacova e parte da súa liña e evacuación na páxina web da Plataforma Monfero Di Non:

Galería

Coñece o parque eólico Braña Ancha nos municipios de Santa Comba e Coristanco (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Braña Ancha nos municipios de Santa Comba e Coristanco (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Braña Ancha nos municipios de Santa Comba e Coristanco (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 10 de febreiro de 2022.

Especies de flora en perigo de extinción ou en estado vulnerable potencialmente afectadas polo parque eólico Braña Ancha:

Galería

A Furia do Vento chega a Galicia, un chamamento contra o espolio eólico, a defensa da Terra e os recursos naturais

Participa:
Isabel María Naveira Ferreiro
Xoán Ramón Doldán García
Cristina Giráldez Miniño
Torcuato Teixeira Valoria
Guadalupe Blanco Vázquez
Antonio Presas García
Irene Otero Muras
Carlos Henrique Fernández Coto
Isabel Pregal Avión
Federico Pérez Rey
Carmen Freire Cruces
Xosé Lois Vilar
Montaxe e realización: Roberto Vilela Martínez

Galería

Coñece o parque eólico Vaqueira no municipio de Outes (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do  parque eólico Vaqueira no municipio de Outes (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Vaqueira no municipio de Outes (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 14 de decembro de 2021.

Podes consultar o mapa do parque eólico Vaqueira no seguinte enlace web da Plataforma Monfero Di Non:

Galería

Coñece o parque eólico Ruliña nos municipios de Abadín, Cospeito, A Pastoriza, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada e Barreiros (Lugo). Descarga o modelo de alegación e participa!

O SINDICATO LABREGO GALEGO elaborou o seguinte modelo de alegacións sobre o parque eólico Ruliña destinadas ás persoas que se consideren afectadas:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Ruliña nos municipios de Abadín, Cospeito, A Pastoriza, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada e Barreiros (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 26 de novembro de 2021.

Galería

Coñece o parque eólico Sete Fontes de 54 MW e a súa infraestrutura de evacuación que afecta a Outes e Negreira (A Coruña) e que forma parte dos 14 parques que o Clúster de Green Capital Development prevé para as comarcas de Noia e A Barcala. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do parque eólico Sete Fontes de 54 MW e a súa infraestrutura de evacuación que afecta a Outes e Negreira (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Sete Fontes de 54 MW e a súa infraestrutura de evacuación que afecta a Outes e Negreira (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 30 de novembro de 2021.

Podes consultar o mapa do parque eólico no seguinte enlace da web da Plataforma Monfero Di Non:

Galería

Solicitamos á Xunta de Galicia o cumprimento da normativa que protexe o patrimonio cultural inmaterial ante a avalancha de proxectos eólicos que transforman o territorio e os usos dos solos

A raíz da manchea de proxectos eólicos que se prevé instalar en Galicia cómpre facer algunhas consideracións en relación á necesaria protección do patrimonio inmaterial, e en particular sobre unha das súas manifestacións máis importantes, a toponimia e a microtoponimia.

Se nun monte arestora poden existir alomenos un topónimo para a súa identificación e un microtopónimo incluso para cada unha das parcelas que o conforman, cos efectos do frenesí eólico impulsado pola Xunta de Galicia, estamos a ver como a instalación dos parques eólicos varre por completo con este patrimonio inmaterial (incluidas as lendas, contos…etc. que puideran existir no ámbito da instalación industrial) e o lugar afectado remata por coñecerse por un só nome, o nome do parque eólico ou proxecto industrial, urbanización…etc, que incluso pode ser un nome totalmente alleo ao lugar e/ou de invención propia da mercantil promotora.

Os nomes das terras, dos arroios, das fontes, das penas… son identitarios de Galicia e corren un grave risco de desaparecer porque a maioría só teñen existencia na memoria das persoas maiores. As aldeas quedan sen xente; cada vez hai menos persoas que vivan da agricultura e da ganderíae a actividade pastoril nas serras está case desaparecida…. Coa muda de toda esta realidade o patrimonio inmaterial está en risco.

As transformacións urbanísticas e o cambio dos usos dos solos afectan de xeito severo ao patrimonio inmaterial asociado. A perda dos bens materiais asociados aos nomes de lugar influe significativamente na perda da toponimia e da microtoponimia.

Cómpre adoptar medidas urxentes para a protección deste patrimonio inmaterial e evitar ser un pobo sen memoria.

  • O papel da cidadanía activa como promotora da inclusión do patrimonio inmaterial nos documentos de avaliación ambiental dos proxectos eólicos, industriais e urbanísticos de calquer tipo

Os topónimos, aínda que permanentes no tempo, son moi dinámicos e asígnanse, modifícanse e altéranse de acordo coas necesidades da sociedade e coa súa percepción do territorio, por iso son un legado que debe ser estudado e preservado para o coñecemento de futuras xeracións. É un patrimonio ameazado: de todas é coñecido o proceso de despoboamento que está a sofrir o rural galego, polo que unha parte importante do acerbo toponímico está en serio perigo de perderse para sempre, perda cultural, pois a denominación dos lugares transcende o paso do tempo polo seu perdurabilidade, e por tanto achega unha riquísima información sobre o pasado: os aproveitamentos tradicionais, a fauna, a vexetación ou os acontecementos históricos. Como tal é un importante recurso do patrimonio cultural inmaterial, pouco estudado e valorado.

Neste senso destaca o papel da cidadanía activa para esixir o cumprimento da normativa vixente e que as avaliacións de impactos ambientais recollan todo o patrimonio inmaterial que posiblemente remate esquecido tras a instalación dos parques eólicos.

A cidadanía activa ten o dereito a participar na toma de decisións que afectan ao medio ambiente e por tanto, o dereito a pedir que se cumpra a normativa que protexe o patrimonio inmaterial. Esta participación materialízase tanto no periodo inicial de consultas dos proxectos como na fase da exposición pública dos mesmos. Por outra banda, as persoas directamente afectadas polos proxectos, teñen o dereito engadido de ser escoitadas pola Administración ao longo de toda a tramitación administrativa.

O Convenio de  Aarhus outorga ao público (particulares e asociacións que as representan) o dereito de acceder á información e participar nas decisións adoptadas en materia de medio ambiente, así como de reclamar unha compensación se non se respectan estes dereitos.En 2003, os países da UE aprobaron a Directiva 2003/4/CE relativa ao acceso do público á información ambiental. Debían incorporala ao dereito nacional antes do 14 de febreiro de 2005.

En 2006, a UE adoptou o Regulamento (CE)  número 1367/2006 que esixe ás institucións e organismos da UE aplicar as obrigacións recollidas no Convenio de  Aarhus.

Galicia sempre foi un referente no patrimonio inmaterial. Sen embargo, este patrimonio está en risco. A participación da cidadanía nas avaliacións ambientais dos proxectos industriais é un elemento chave para esixir o respecto a este patrimonio e promover a conservación e a posta en valor da riqueza toponímica do país.

  • Fundamentación normativa

Así a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental indica que  unha vez que o promotor elaborou o estudo de impacto ambiental, o órgano substantivo debe realizar, nesta ocasión con carácter obrigatorio, os trámites de información pública e de consultas ás administracións afectadas e ás persoas interesadas. A lei establece, por primeira vez, que terán carácter preceptivo entre outros, o informe sobre patrimonio cultural.

Artigo 5 da citada lei establece que entenderase por:

“a) “Avaliación ambiental”: proceso a través do cal se analizan os efectos significativos que teñen ou poden ter os plans, programas e proxectos, antes da súa adopción, aprobación ou autorización sobre o medio ambiente, incluíndo na devandita análise os efectos daqueles sobre os seguintes factores: a poboación, a saúde humana, a flora, a fauna, a biodiversidade, a  geodiversidad, a terra, o chan, o subsolo, o aire, a auga, o clima, o cambio climático, a paisaxe, os bens materiais, incluído o patrimonio cultural, e a interacción entre todos os factores mencionados”.

A avaliación ambiental inclúe tanto a avaliación ambiental estratéxica, que procede respecto dos plans ou programas, como a avaliación de impacto ambiental, que procede respecto dos proxectos. En ambos os casos a avaliación ambiental poderá ser ordinaria ou simplificada e terá carácter instrumental respecto do procedemento administrativo de aprobación ou de adopción de plans e programas, así como respecto do de autorización de proxectos ou, no seu caso, respecto da actividade administrativa de control dos proxectos sometidos a declaración responsable ou comunicación previa.

A lagoa de Traba, no municipio de Laxe, fonte de innumerables lendas e afectada polos proxectos eólicos Monte Chan e Pena dos Mouros

Por  “Patrimonio cultural” entende a lei que se inclúen todas as acepcións deste tipo de patrimonio, tales como histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico, industrial e inmaterial.

Por outra banda o artigo 7 da lei referenciada, relativo á aplicación da avaliación de impacto ambiental, indica que serán  obxecto dunha avaliación de impacto ambiental simplificada:

“c) Calquera modificación das características dun proxecto do anexo I ou do anexo II, distinta das modificacións descritas no artigo 7.1. c) xa autorizados, executados ou en proceso de execución, que poida ter efectos adversos significativos sobre o medio ambiente. Entenderase que esta modificación pode ter efectos adversos significativos sobre o medio ambiente cando supoña:

(…) 6.º Unha afección significativa ao patrimonio cultural”.

O artigo 35 da Lei 21/2013, do 9 de decembro relativo ao estudo de impacto ambiental indica:

“1. Sen prexuízo do sinalado no artigo 34.6, o promotor elaborará o estudo de impacto ambiental que conterá, polo menos, a seguinte información nos termos desenvolvidos no anexo VI:

c) Identificación, descrición, análise e, se procede, cuantificación dos posibles efectos significativos directos ou indirectos, secundarios,  acumulativos e  sinérgicos do proxecto sobre os seguintes factores: a poboación, a saúde humana, a flora, a fauna, a biodiversidade, a  xeodiversidade, o chan, o subsolo, o aire, a auga, o medio mariño, o clima, o cambio climático, a paisaxe, os bens materiais, o patrimonio cultural, e a interacción entre todos os factores mencionados, durante as fases de execución, explotación e no seu caso durante a demolición ou abandono do proxecto”.

Por outra banda o artigo 37 referido á consulta ás Administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas establece que oórgano substantivo deberá solicitar con carácter preceptivo os seguintes informes, que deberán estar debidamente motivados:

“a) Informe do órgano con competencias en materia de medio ambiente da comunidade autónoma onde se sitúe  territorialmente o proxecto.

b) Informe sobre o patrimonio cultural, cando cumpra”.

Ademais entre os criterios mencionados no artigo 47.2 para determinar se un proxecto do anexo II debe someterse a avaliación de impacto ambiental ordinaria figura a súa posible afección a “9.º Áreas con potencial afección ao patrimonio cultural” e o estudo de impacto ambiental, ao que se refire o artigo 35, deberá incluír a información detallada nos epígrafes que se desenvolven a continuación:

“(…) b) Descrición, censo, inventario, cuantificación e, no seu caso, cartografía, de todos os factores definidos no artigo 35, apartado 1, letra  c), que poidan verse afectados polo proxecto: a poboación, a saúde humana, a biodiversidade (por exemplo, a fauna e a flora), a terra (por exemplo, ocupación do terreo), a  geodiversidade, o chan (por exemplo, materia orgánica, erosión,  compactación e selaxe), o subsolo, a auga (por exemplo, modificacións  hidromorfolóxicas, cantidade e calidade), o medio mariño, o aire, o clima (por exemplo, emisións de gases de efecto invernadoiro, impactos significativos para a adaptación), o cambio climático, os bens materiais, o patrimonio cultural, así como os aspectos arquitectónicos e arqueolóxicos, a paisaxe nos termos do Convenio Europeo da Paisaxe, e a interacción entre todos os factores mencionados”.

A Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia establece no seu Título V o réxime do patrimonio cultural inmaterial. O artigo 8 relativo á  “Clasificación dos bens do patrimonio cultural de Galicia” establece:

“Os bens de interese cultural poden ser inmobles, mobles ou inmateriais.

(….)3. Considéranse bens do patrimonio cultural inmaterial para os efectos desta lei:

a) Os usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas, xunto cos instrumentos, obxectos, artefactos e espazos culturais que lles son inherentes, que as comunidades, os grupos e nalgúns casos os individuos recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural, e en particular:

1. º A lingua como vehículo do patrimonio cultural inmaterial, regulada pola súa normativa específica.

2. º As tradicións e expresións orais.

3. º A toponimia.

4. º As artes do espectáculo, en especial a danza e a música, representacións, xogos e deportes.

5. º Os usos sociais, rituais, cerimonias e actos festivos.

6. º Os coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo.

7. º As técnicas artesanais tradicionais, actividades produtivas e procesos”.

O artigo 34 do texto legal citado expresa no relativo aos «Plans, programas e proxectos con incidencia sobre o territorio»:

«1. Todos os plans, programas e proxectos relativos a ámbitos como a paisaxe, o desenvolvemento rural ou as infraestruturas ou calquera outro que poida supoñer unha afección ao patrimonio cultural de Galicia pola súa incidencia sobre o territorio, deberán ser sometidos ao informe da consellería competente en materia de patrimonio cultural, que establecerá as medidas protectoras, correctoras e compensatorias que considere necesarias para salvagárdaa do patrimonio cultural afectado, sen prexuízo das súas competencias para a posterior autorización das intervencións que puideren derivarse dos documentos en trámite.

No caso de plans, programas ou proxectos sometidos a un procedemento de avaliación ambiental, o organismo competente para a súa tramitación solicitará o informe preceptivo da consellería competente en materia de patrimonio cultural segundo o establecido na normativa reguladora dos devanditos procedementos de avaliación ambiental.

As condicións e conclusións deste informe incluiranse nos resultados do informe ambiental que corresponda«.

O artigo 69 da citada lei refírese ás medidas específicas de salvagarda e establece que as administracións públicas adoptarán unha política xeral encamiñada a destacar a función do patrimonio cultural inmaterial na sociedade como elemento de carácter  identitario, así como a integrar o súa salvagarda nos seus programas de planificación, especialmente mediante os programas educativos e de sensibilización adecuados para o recoñecemento, o respecto, a difusión e a valorización do patrimonio cultural inmaterial na sociedade, nos que a infancia e a mocidade ocuparán un lugar relevante.

  • A protección do patrimonio inmaterial na normativa española

O 17 de outubro de 2003, aprobábase pola Unesco a Convención para a  Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, ratificada por España no ano 2006.

A Constitución Española de 1978 no artigo 46 protexe o patrimonio cultural inmaterial e o artigo 149.1.28.ª redunda na referencia ao patrimonio cultural, xunto ao artístico e monumental español.

A Lei 10/2015, do 26 de maio, para a  salvaguardia do Patrimonio Cultural Inmaterial establece no seu artigo 1:

“O obxecto da presente lei é regular a acción xeral de  salvaguardia que deben exercer os poderes públicos sobre os bens que integran o patrimonio cultural inmaterial, nos seus respectivos ámbitos de competencias”.

E o seu artigo 2 no relativo ao concepto de patrimonio cultural inmaterial establece:

Terán a consideración de bens do patrimonio cultural inmaterial os usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas que as comunidades, os grupos e nalgúns casos os individuos, recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural, e en particular:

  1. Tradicións e expresións orais, incluídas as modalidades e particularidades lingüísticas como vehículo do patrimonio cultural inmaterial; así como a toponimia tradicional como instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos territorios”.

Por outra banda, o artigo 4 do citado texto legal establece a importancia da protección dos bens materiais asociados ao establecer con carácter imperativo que:

“As Administracións Públicas velarán polo respecto e conservación dos lugares, espazos, itinerarios e dos soportes materiais en que descansen os bens inmateriais obxecto de  salvaguardia”.

• Nota: Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, artigo 10.1: «Os topónimos de Galicia terá como única forma oficial a galega.»

A participación e a cidadanía activa son as chaves para a protección do patrimonio cultural inmaterial
Galería

Coñece o proxecto eólico Rebordechao do grupo Statkfrat, que afecta ao Macizo Central ourensá e a 26 montes veciñais en mán común

Montes veciñais en man común afectados directamente polo proxecto eólico Rebordechao:

•  Guimarei

• Serra de San Salvador e Monte de Arriba

•  Xeixadelo e  Carballeiras

• Travesa

•  Lastredo e  Mallada Grande

• De  Navallo

• Lama de Mazaira

• De  Tamicelas

• San Mamede de Prado e  Candas

• Río Cabras

• Serra de San Mamede

• San Mamede e  Medo

• De Santiso

•  Murriosa

•  Texo

• Verea

•  Lombada e Loureiro

• Porto  Coiños e Penas  Vellas

•  Carqueixal

• Monte  Uzal

• Montes de  Cacharrequille

•  Forcada, Medias e Miranda

• Cotelo e Río Dous  Carneiros

• Fontes  Vellas

• Castro  Puxando e  Tardeles • Chao De  Ramiscas e Ribeiras de  Cerreda

O Plan Hidrolóxico da Demarcación  Hidrográfica do Douro diferencia na parte española 67 masas de augas subterráneas, estando incluída na zona a parte da masa de auga ES020 Vilardervós – Laza:

  • Conca do Sil
  • Conca Baixa do Miño
  • Vilardervós – Laza

Na contorna do parque localízanse duas Reservas naturais fluviais:

  • Río  Navea e Rego dá Ribeira Grande.

Tanto na  envolvente de 5 km como na de 10 km do conxunto de instalacións localízanse as seguintes zonas protexidas de auga potable (ZPAP): Conca baixa do Miño, Conca do Sil, Xinzo de Limia, Encoro de  Leboreiro, Laza, Verín, Río  Tioira, Río Arnoia I, Río da  Lagoa de Antela, Río Limia I en Alta Limia, Río Arnoia II, Río  Tioira. Afecta a diversos hábitats protexidos pola Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres, tanto prioritarios como de interés comunitario: 4020*, 4030, 4090, 6230*, 6430, 6510, 8220, 8230, 91E0, 9230, 9260.

O Atlas e Libro Vermello dos Mamíferos Terrestres de España establece a presenza na zona a estudo de, polo menos, 42 especies de mamíferos, entre os cales destacan o desmán ibérico (Galemys  pyrenaicus), e tres especies de morcego, o morcego  ratoneiro grande (Myotis  myotis), o morcego grande de ferradura (Rhinolophus  ferrumequinum) e o morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus  hipposideros), catalogados como “Vulnerables” no Catálogo galego de especies ameazadas, regulado polo Decreto 88/2007, do 19 de abril. Ningunha destas especies presenta actualmente un Plan de Conservación.

O Atlas das Aves Reprodutoras de España documenta 104 especies de aves na zona. Destaca a presenza do  aguilucho  cenizo (Circus  pygargus) e o  aguilucho pálido (Circus  cyaneus), catalogadas como “Vulnerables” no Catálogo galego de especies ameazadas, así como a  agachadiza común (Gallinago gallinago), categorizada “En perigo de extinción” para as poboacións  nidificantes.

Respecto a especies afectadas por plans de conversación ou recuperación a nivel rexional, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, aprobou por Decreto 70/2013, do 25 de abril, o Plan de Recuperación do  galápago europeo (Emys  orbicularis) en Galicia, a maior parte do parque eólico, parte da liña de evacuación e as actuacións na estrada de acceso inclúese en zonas de presenza potencial desta especie.

O Atlas e Libro Vermello dos Anfibios e Réptiles de España  describe a presenza na zona de estudo de 19 especies de réptiles e 11 especies de anfibios. Destacan a presenza de varias especies catalogadas como “Vulnerables” no Catálogo galego de especies ameazadas. Son o  lución (Anguis  fragilis), a  lagartija serrana (Iberolacerta  montícola) a  culebra  viperina (Natrix  maura),  culebra de colar ( Natrix  Natrix), a  culebra de escaleira ( Rhinechis  scalaris), dentro dos réptiles, e a ra  patilarga (Ra ibérica), a  rá  de San Antón ( Hyla  arboreav), o  tritón ibérico ( Lissotriton  boscai), o sapo de espueslas (Pelobates cultripes), e a píntega común (Píntega píntega), dentro dos anfibios.

Ningunha destas especies presenta Plan de Conservación aprobado.

Afección á Rede Natura:

  • ZEC Macizo Central (COD. ES1130002)
  • ZEC Río Támega (COD. ES1130005)
  • ZEC Bidueiral de Montederramo (COD. ES1130003)
Galería

Créase a asociación de afectadas pola manipulación informativa da redacción carballesa da Voz de Galicia

Veciñanza de Cabana de Bergantiños aproba nunha asemblea celebrada o día de hoxe en Neaño, localidade do domicilio social da entidade, a asociación de afectadas pola manipulación informativa da redacción carballesa da Voz de Galicia. As constituíntes consideran que a corrupción e a violación á lei e a súa institucionalización implica ausencia do Estado de Dereito, violación aos dereitos humanos, abuso de autoridade, impunidade e, mesmo, exclusión. Os medios de comunicación non poden actuar ao marxe do respecto aos Dereitos Humanos e fóra por tanto do Estado Democrático de Dereito. A asociación é sen ánimo de lucro e o ámbito xeográfico abrangue a comarca de Bergantiños.

O que realiza a redacción carballesa da Voz de Galicia coa manipulación informativa de determinadas noticias é encubrir a corrupción política e poñer en xaque precisamente dos Dereitos Humanos. A vida pública xógase en boa medida nos medios de comunicación e non é posible  concebir unha democracia moderna sen unha prensa libre e independente e sen unha sociedade que exerza o seu dereito para comunicar. Os medios vixían ás autoridades e denuncian o abuso do poder. Sen eles, a cidadanía atoparíase desarmada para defender os seus dereitos. A sociedade organizada xulga, propón e constrúe. A opinión cidadá, a denuncia documentada e a proposta viable destrúen o silencio e a impunidade e avanzan cara á construción auténtica dun novo código común de  civilidade democrática, permitindo á sociedade civil manterse alerta en canto ao respecto da liberdade de expresión, de coñecemento, de decisións e do libre fluxo de ideas.

Vivir entre bandas

Javier Mayoral, profesor da Universidade Complutense de Madrid: “A manipulación nos medios de comunicación é corrupción pura e dura”

Un informe policial do Seprona presentado o 12 de marzo de 2018 no Xulgado de Carballo atribuía ao alcalde popular do concello de Cabana de Bergantiños, un posible delito de prevaricación urbanística e de falsidade documental, en relación ás actuacións sobre duns hórreos na praza pública de Canduas. O informe do Seprona estendía a denuncia ao arquitecto municipal e outros técnicos que interviran nas obras. O atestado da policía xudicial iniciou un proceso penal no que se persou como acusación popular veciñanza do municipio cabanés.

A desinformación é un fenómeno inherente á loita polo poder. Desinfórmase para moldear a opinión pública e estender así as fronteiras do control. Así a desinformación é o exercicio da mentira, engánase para manter o poder, chegar a el ou aumentalo.

Sen embargo, e a pesar do dereito lexítimo que ten a cidadanía de presentar unha acción popular e recurrir ante a Xustiza, para perseguir a corrupción dos seus dirixentes políticos de ser o caso, desde a redacción de Carballo do xornal La Voz de Galicia, que dirixe Xosé Ameixeras Lavandeira (membro do padroado da Fundación Eduardo Pondal do Couto), comezan  algúns xornalistas como é o caso de Antonio Longueira Vidal (apercibido en varias ocasións pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia polo tratamento sexista das información)1, a publicar unha serie de artigos encamiñados a a asoballar e denigrar a honra dás persoas querelantes e a súa entorna.

A redacción de Carballo de La Voz de Galicia, instrumento de presión para denigrar a honra da cidadanía “rebelde” e limitar os Dereitos Humanos

Comezan así a publicarse unha serie de artigos en La Voz de Galicia con titulares como “El alcalde cabanés se siente víctima de una persecución de un grupo de vecinos2 do 04/05/2018, relativo ás denuncias da veciñanza por unhas obras na entorna da igrexa de Corcoesto ou este outro titular “El alcalde de Cabana se considera perseguido «polas denuncias falsas dun grupo de xente a raíz da mina»3, en relación ás obras da praza de Canduas ou o máis recente o do 02/12/2020 que alude á letrada do querelante das obras de Canduas vinculándoa coa asociación ambiental e cultural Petón do Lobo sin vir ó conto, xa que a asociación nada ten que ver co proceso xudicial ao que referencian como “El alcalde de Cabana, indemnizado con 4.659 euros por un litigio al que se aportó una prueba falsa” 4 e no que se indica literalmente: “El alcalde de Cabana, José Muíño Domínguez, será indemnizado por el Concello con 4.658,50 euros por los gastos jurídicos asumidos en relación a una denuncia presentada en el 2016 por José Díaz Rodríguez,  que en mayo del pasado año se presentó como candidato a la alcaldía por Agrupación de Electores Ciudadanos Independientes de Cabana, y cuya defensa llevó la letrada Ana Martina Varela Velo, vinculada a la entidad Petón do Lobo, por las obras realizadas en el 2015 en la plaza de Canduas”.

A edición de Carballo da Voz de Galicia actúa, nos exemplos indicados, como instrumento de presión e control sobre a cidadanía activa, que exerce os seus lexítimos dereitos individuais no control e supervisión da corrupción por parte dos Tribunais de Xustiza e das autoridades competentes, polo que a súa actuación na edición de determinado tipo de noticias non só é reprochable senón que incluso puidera ter consecuencias penais por posibles danos á dignidade e honra dás persoas.

Isto é tan elemental que a redacción carballesa da Voz de Galicia non só estaría a vulnerar os dereitos fundamentais da Constitución española senón tamén unha manchea de liberdades e dereitos, amparados por Declaracións Universais a prol dos Dereitos Humanos.

1https://valfluvialdolouridocorcoesto.com/category/a-violencia-machista-nos-medios-de-comunicacion/4

2https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2018/05/04/alcalde-cabanes-siente-victima-persecucion-grupo-vecinos/0003_201805C4C6991.htm

3https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2019/01/17/alcalde-cabana-considera-perseguido-polas-denuncias-falsas-dun-grupo-xente-raiz-da-mina/0003_201901C17C5994.htm

4https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2020/12/02/alcalde-cabana-indemnizado-4659-euros-litigio-aporto-prueba-falsa/0003_202012C2C4992.htm