Galería

Queres saber cantos aeroxeradores e cantas liñas eléctricas hai na Serra do Xistral? 1.392 aeroxeradores e 209,11 qm de liñas eléctricas. Crees que esta cantidade garante a conectividade ecolóxica e a seguranza da avifauna?

Serra do Xistral

Queres saber cantos aeroxeradores e cantas liñas eléctricas hai na Serra do Xistral? 1.392 aeroxeradores e 209,11 qm de liñas eléctricas de evacuación. Crees que esta cantidade garante a conectividade ecolóxica e a seguranza da avifauna?

Pica no enlace e descarga a información:

Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Bustelo e Baralláns de EDP Renovables, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características do proxecto do parque eólico Bustelo e Baralláns de EDP Renovables, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Bustelo e Baralláns de EDP Renovables, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 25 de outubro de 2022.

Modelo de alegacións curtas:

Modelo de alegacións máis longas:

Afección severa á AEIP VAL FLUVIAL DO RÍO LOURIDO. Imaxe do proxecto
Afección aos recursos hídricos. Imaxe do proxecto

Afección severa a Valenza
Afección severa a Verdes
Galería

Só nun país de Comisionistas se entende o que fai a Xunta de Galicia e EDP Renovables cos proxectos eólicos Alto do Torreiro e Bustelo -Baralláns en Corcoesto, Cereo e Valenza

  • Corcoesto avisa: caerá quen teña que caer. Os mastodontes de eólicos de EDP Renovables non  teñen cabida aquí
  • Os responsables de EDP Renovables deseñaron o macro proxecto sin ter en conta á veciñanza afectada pero sí se reuniron con Feijóo, deseñando a estratexia empresarial ao marxe da cidadanía

EDP Renovables e Francisco Conde, Vicepresidente primeiro da Xunta e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación prevén autorizar e executar en Corcoesto, Cereo e Valenza os  parques eólicos Alto do Torreiro e Bustelo -Baralláns.

O 23 de maio de 2021 a enerxética EDP presentáballe a Feijóo proxectos cos que planeaba mobilizar máis de 1.000 millóns en Galicia en dez anos. Entre eses proxectos estaban o Alto do Torreiro e o Bustelo -Baralláns.

En febreiro deste ano EDP Renovables patrocinaba, xunto coa Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro e o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Lema Mira, natural de Cabana de Bergantiños (A Coruña), un concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia para mellorar a aceptabilidade social da actividade eólica.

Agora saen no DOG a exposición pública dous parques eólicos, que na realidade son un só, presentándose divididos artificiosamente e sen posibilidades de acceso ao proxecto da liña eléctrica de evacuación. As infraestruturas de conexión e evacuación, comúns a ambos proxectos, como é a liña de evacuación e as conexións en Meirama son obxecto doutros proxectos independentes, polo que non se permite o acceso do público aos datos técnicos e ambientais destes. Este feito xa invalida por sí mesmo toda a tramitación administrativa realizada ata o momento, porque as instalacións eólicas deben ser entendidas aos efectos ambientais con criterios de unicidade.

Mentras, todos os montes ao redor da parroquia prevense inzados de muíños de 200 metros de altura. Mastodontes que oscurecen o val de Bello, o val da AEIP Río Lourido, o val da Barcia e o val de Corcoesto durante as horas centrais do día polo efecto “sombra”, ao estaren situados nunha cordal eixe leste -sur.

Á estación eólica de Perrol agora hai que engadir esta outra que suma un total de 10 muíños, máis as torres metereolóxicas e a subestación, que ocupa o Monte de Baralláns a tan só 300 metros do núcleo.

Ninguén quere os muíños a menos de 2 km das casas, que sería o normal tendo en conta a altura destes. Por se esto fora pouco os proxectos prevén máis de 20 km de viais e case 16 km de gabias de cableado.

Destrozan os montes, que en Corcoesto ten un valor produtivo excepcional e esquecen o seu relevante papel ecolóxico como sumidoiros de carbono e garantes da conectividade ecolóxica.

Só queda pasar os trámites administrativos e a verdade dilucidarase no contencioso -administrativo. EDP Renovables vai ter que pasar polo que digan as sentenzas xudiciais se quere executar o seu macroproxecto na zona.

Distancias dos aeroxeradores aos núcleos. Imaxe do proxecto eólico Bustelo -Baralláns
Distancias dos aeroxeradores aos núcleos. Imaxe do proxecto Alto do Torreiro
Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Alto Torreiro, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Linaria polygalifolia

Coñece as características do proxecto do parque eólico Alto Torreiro, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Alto Torreiro, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 24 de outubro de 2022.

Modelo de alegacións curtas:

Modelo de alegacións longas:

Infografía do proxecto de EDP Renovables
Distancias aos núcleos. Imaxe do proxecto eólico Alto do Torreiro
Galería

Coñece o proxecto do parque eólico «Barjas» de 121 MW e a súa infraestrutura de evacuación asociada, nas provincias de León, Ourense e Lugo. Descarga o modelo de alegación e participa!

Tramo da Via Nova no municipio da Pobra de Trives

Coñece as características do proxecto do parque eólico «Barjas» de 121 MW e a súa infraestrutura de evacuación asociada, nas provincias de León, Ourense e Lugo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico «Barjas» de 121 MW e a súa infraestrutura de evacuación asociada, nas provincias de León, Ourense e Lugo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 9 de setembro de 2022.

Lugar de implantación do apoio 14 da LAT con afección a masas arbóreas autóctonas
Masas arbóreas autóctonas afectadas polo vial de acceso do parque eólico Barjas
Vista do vial de acceso con afección a cauces e a vexetación de ribeira
Galería

Coñece o parque eólico Levante en Triacastela, As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleira e Pol (Lugo) con 19 macroeólicos, afección a unha manchea de serras e á Rede Natura 2000. Descarga o modelo de alegación e participa!

Núcelo de Torés afectado polas infraestruturas do parque eólico Levante

Coñece as características do proxecto do parque eólico Levante en Triacastela, As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleira e Pol (Lugo) con 19 muíños e afección a unha manchea de serras e á Rede Natura 2000. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Levante en Triacastela, As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleira e Pol (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 6 de xuño de 2022.

Podes aportar a ficha do MITECO do tritón ibérico (Lissotriton boscai) ás alegacions:

BIC Torre de Torés, en San Xoán de Torés, no municipio das Nogais afectada polas infraestruturas do parque eólico Levante

Ladeira do val fluvial do rego Ferreiros de Pamínguez cruzado pola LAT
Núcleo de Eixibrón afectado polo parque eólico Levante
Baralla afectada polo parque eólico Levante
Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Paradela nos municipios de Paradela, Bóveda, Sarria e O Saviñao (Lugo). Descarga o modelo de alegación e participa!

Travesía principal de Paradela (imaxe do proxecto do parque eólico Paradela). Ao fondo os aeroxeradores do parque eólico Serra das Penas, de recente implantación.

Coñece as características do proxecto do parque eólico Paradela nos municipios de Paradela, Bóveda, Sarria e O Saviñao (Lugo). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Paradela nos municipios de Paradela, Bóveda, Sarria e O Saviñao (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 1 de xuño de 2022.

Imaxe do proxecto do pe Paradela
A Medorra Grande (GA27042005) afectada polo proxecto do parque eólico Paradela (imaxe do proxecto)
Galería

Coñece o parque eólico Monte Neme en Carballo e Malpica de Bergantiños (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características do proxecto do parque eólico Monte Neme. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Monte Neme. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 22 de abril de 2022.

Podes descargar este outro modelo breve de alegación:

Cómpre lembrar que o Monte Neme é un dos 74 xacementos romanos documentados no territorio ártabro. Consulta o seguinte enlace:

http://e-spacio.uned.es/fez/eserv/tesisuned:ED-Pg-HHAT-Mjloira/LOIRA_ENRIQUEZ_Maria_Josefa_Tesis.pdf

Pero o Monte Neme non só encerra un xacemento romano. Tamén restos castrexos como a famosa arracada de Cances, que se conserva no Museo de Pontevedra. Véxase:

Aves na lagoa de Baldaio
Marisma de Baldaio co Monte Neme ao fondo
Malpica de Bergantiños co Monte Neme ao fondo
Arcea no Monte Neme
ZEC e ZEPA Costa a Morte

Que futuro queremos para o Monte Neme?

https://valfluvialdolouridocorcoesto.com/2018/12/13/o-monte-neme-da-orixe-sacra-a-mineria-irresponsable-historia-dunha-ferida/

Galería

O Convenio da Paisaxe e os Penedos de Pasarela e Traba (Laxe). A importancia da participación cidadá na elaboración do Plan de conservación, acción e xestión deste espazo identitario e simbólico. A Paisaxe Non Ten Límites. A importancia do patrimonio sonoro e olfativo das paisaxes

O Convenio Europeo da Paisaxe (en diante CEP), ou tamén denominado Convenio de  Florencia, é un tratado internacional promulgado polo Consello de Europa na cidade de  Florencia. Este Tratado foi asinado polos Estados integrantes do devandito organismo en  Florencia o 20 de outubro de 2000 e entrou en vigor o 1 de marzo de 2004.

O CEP foi ratificado pola maioría dos Estados membros, entre eles, España, no ano 2007, e entrou en vigor nese país o 1 de marzo de 2008.

O CEP establece e define (art. 1) os obxectivos de calidade paisaxística como “a formulación polas autoridades públicas competentes, para unha determinada paisaxe, das aspiracións das poboacións en canto refírese ás características paisaxísticas do espazo no que viven”.

Cada paisaxe debe ser “identificada e cualificada”, mediante os procesos de consulta pública que garantan a “participación de todas as persoas interesadas pertinentes”, e os obxectivos de calidade deben ser inseridos nos instrumentos de planificación e actuación que en cada caso considérense máis adecuados. “Debe establecerse unha clara relación entre os devanditos obxectivos, os resultados das análises para a identificación e cualificación, e as medidas necesarias para conseguilos”.

Un dos aspectos innovadores que se derivan da conceptualización de paisaxe que o CEP adopta está referido á  supeditación da existencia do mesmo á percepción da poboación, isto é, a unha subxectividade colectiva, con toda a complexidade psicolóxica e social que o acto  perceptivo implica. O Convenio refírese á paisaxe como «calquera parte do territorio tal como percíbea a poboación». Este carácter  perceptivo da paisaxe fai referencia á súa dimensión humana.

Por primeira vez atopámonos cun Convenio que centra a súa atención naquelas persoas que habitan e forman parte integrante dun territorio e onde a participación da cidadanía é a chave para establecer as determinacións nas que se basearán os obxectivos de calidade paisaxística.

Establécese, ademais, que en todas as etapas deste proceso a participación, a concertación, o intercambio de ideas, a negociación e aprobación deben facerse entre as institucións e a poboación. Por tanto, a atención que require a paisaxe no desenvolvemento deste proceso precisa da concorrencia da sociedade civil, a participación cidadá e as administracións, empresas e institucións expertas en materias relacionadas coa paisaxe.

A Galla de Pena Forcada

A importancia do antigo Camiño Real que atravesaba os Penedos de Pasarela – Traba

Tanto a toponimia como a microtoponimia referencian a existencia do camiño real que atravesaba a paisaxe protexida.

As  paisaxes  identitarias  ou simbólicas

As persoas que viven e constrúen a súa paisaxe, que forma parte dela, que distinguen cada un dos seus elementos e adhírense aos mesmos produtiva ou  afectivamente, que se identifican coas súas cores, cheiros e sons cambiantes, non necesariamente teñen  porqué concibila como paisaxe no sentido panorámico ou estético. Existen, de feito, moitas persoas que non observaron nunca de forma conxunta e  admirativa as súas propias paisaxes, como hai outros moitas que non as perciben como algo destacable pola súa beleza. Agora ben, todas adoitan distinguir con extremado detalle cada unha das súas compoñentes, ás que consideran recursos propios, elevándoas nalgúns casos á categoría de símbolos. En relación con esta  singularización simbólica das paisaxes, por parte dos seus propios poboadores, tanto a súa diversidade como as súas densidades de camiño e de  poboamento e a súa ancestral cultura determinan que sexan moi numerosas as paisaxes recoñecidas pola poboación como distintivas e  identitarias.

A paisaxe compórtase aquí como un elemento simbólico do grupo, superando o simple papel de «contedor», pero ademais determina un modo de actuar e de interpretar a realidade. A paisaxe  identitaria contén unha serie de signos —compoñentes emblemáticos— a través dos cales «comunican a súa identidade». Tales signos non son estables, senón que «en cada época, cada sociedade e cada grupo, achéganse á paisaxe de forma diferente e con distintas intencións. A paisaxe adquire dúas funcións, por unha banda xoga un papel fundamental na definición dun grupo social que se recoñece dentro dunha paisaxe; e por outra banda, unha función externa e máis lexible, que é a imaxe que o grupo vén dar ao mundo exterior. Os lugares son denominados pola comunidade. Esta toponimia non é forzosamente conforme á apelación oficial, senón que existe a tendencia de conformar sistemas propios como modo de apropiación. O grupo, que se recoñece nunha paisaxe, manifesta o seu apego a través da vontade de protección ante un caso de ameaza real, potencial ou imaxinaria.

As Resistencias identitarias ás transformacións territoriais. O exercicio da Cidadanía Activ dea

Nos últimos anos, as mobilizacións sociais ao redor de conflitos territoriais proliferaron e intensificado a súa actividade. Isto é motivado pola manchea de proxectos industrias eólicos que promovidos polo Goberno de Madrid e o Goberno da Xunta de Galicia inzan muíños a esgalla en calquer lugar de Galicia.

A protección dos Penedos de Pasarela e Traba

O Decreto 294/2008, do 11 de decembro, declaraba paisaxe protexida os Penedos de Pasarela e Traba (DOG Núm. 7, de 12 de xaneiro de 2009).

O macizo de Pasarela e Traba está constituído por un conxunto de elevacións graníticas situadas no noroeste da Comunidade Autónoma de Galicia, en plena Costa da Morte, entre os concellos de Vimianzo e Laxe, na provincia da Coruña. A parroquia vimiancesa de Pasarela eríxese no seu referente poboado polo sur, mentres que polo norte se acha o extenso val laxense de Traba e a aldea de Cabanela, da propia parroquia de Traba. Os límites entre os concellos de Vimianzo e Laxe dividen este macizo en dúas partes de similar extensión. Ao norte sitúase o territorio de Laxe, cunha superficie próxima ás 103 hectáreas e ao sur o de Vimianzo, cunha superficie aproximada de 109 hectáreas, o que suma unha superficie total de 212 hectáreas aproximadamente. O límite atravesa as elevacións case en dirección oeste-leste, aproximadamente pola Galla da Pena Forcada, na parte central da dorsal que constitúe o cerne da unidade elevada. Deixa ao norte as áreas da Torre da Moa e a Pena Forcada e, ao sur, as formas dómicas da Pedra da Cachucha e as elevacións máis meridionais. Ambos os dous concellos comparten as unidades deprimidas ao leste e ao oeste da dorsal elevada.

A combinación de formas rochosas que presentan os Penedos de Pasarela e Traba conforma unha paisaxe singular que destaca pola súa beleza. A dorsal que se alonga desde a Cachucha ata a Torre de Moa, pasando pola Pena Forcada, forma un impresionante pano de fondo visible tanto desde a localidade de Pasarela como, dun xeito especial, desde a área de Traba. Postos no areal que cerra a lagoa, pódese contemplar unha das paisaxes máis fermosas da costa de Galicia.

O artigo 9º do Decreto citado indica a necesidade de que esta paisaxe conte con un Plan de acción da paisaxe. Así establece:

1. De acordo co establecido no artigo 12 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, elaborarase un plan de acción da paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba. Este plan de acción da paisaxe integrarase no plan de conservación da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba que elabore e aprobe a consellería competente en materia de ambiente.

2. O plan de acción da paisaxe axustarase ás determinacións contidas nas directrices de paisaxe para os Penedos de Pasarela e Traba elaboradas pola consellería competente en materia de ambiente, conforme os obxectivos de calidade paisaxística establecidos e incluirá, ademais, unha proposta de medidas para o mantemento, a mellora, a recuperación e rexeneración da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba.

Polo tanto, en primeiro lugar cómpre a necesaria elaboración dun Plan de Conservación da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba e en segundo lugar, elaborarase un plan de acción que terá unha triple finalidade:

  1. A protección da paisaxe
  2. A xestión da paisaxe
  3. A ordenación da paisaxe

Segundo o artigo 6º do Decreto a xestión da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba perseguirá os seguintes obxectivos:

a) En xeral, a conservación e a protección dos elementos desta paisaxe.

b) De xeito especial, a protección e a conservación dos penedos que integran esta paisaxe protexida.

c) Fomentar o coñecemento desta paisaxe protexida e o respecto dos seus valores naturais.

d) Promover a realización de programas de investigación e de educación ambiental da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba.

e) Promover un desenvolvemento económico e turístico desa zona que sexa respectuoso co medio.

f) Acadar unha relación harmoniosa dos habitantes desa zona co medio natural.

O artigo 5º da norma referencia establece que dentro da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba procurarase o mantemento das prácticas de carácter tradicional que contribúan á conservación e preservación dos valores e recursos naturais deste espazo natural protexido.

En base ao anterior dedúcese que as estacións eólicas que a mercantil EDP Renovables ten previsto instalar en Laxe e Vimizanzo non se poden localizar dentro do perímetro deste espazo protexido pola súa evidente incompatibilidade coas prácticas de carácter tradicional.

Pero, poden as estacións eólicas proxectarse fóra do perímetro establecido polo artigo 4º do Decreto 294/2008, do 11 de decembro da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba? Ou ditro doutro modo, teñen límites as paisaxes?

É evidente que como concepto abstracto a paisaxe non ten límites, sen embargo a resposta a esta pregunta resultará fundamental á hora de redactar o Plan de conservación, acción e xestión deste espazo identitario e simbólico e será decisiva para determinar se as estacións eólicas de EDP Renovables poden rodear ou proxectarse desde fóra do perímetro desta paisaxe protexida sobre ela.

Por iso a participación da cidadanía é clave e de vital importancia para alonxar a implatación de estruturas eólicas o máis afastadas posible do perímetro delimitado da paisaxe dos Penedos de Pasarela e Traba.

A importancia do Patrimonio Sonoro e Olfativo das Paisaxes Protexidas

Porque as paisaxes tamén teñen cheiros, sons, espertan sentimentos, proxectan soños e frustracións. Desde esta mirada as paisaxes ademais de verse, tamén se poden oír, cheirar, saborear, palpar, en definitiva, pódense sentir. De aí a importancia do patrimonio sonoro dunha paisaxe e a importancia do arquivo sonoro como fonte da memoria e do patrimonio. A intanxibilidade da paisaxe coñécese por medio da cultura, principalmente polos costumes de quen as habita, xa que a construción destas, xeran necesariamente unha percepción do territorio alterando a paisaxe comprendida á súa antollo dalgunha maneira, debido a que se entende o que se percibe.

Por iso o Plan de conservación da paisaxe dos Penedos de Pasarela e Traba debe recoller o patrimonio sonoro desta paisaxe e este debe ser conservado como elemento caracterizador e inherente a esta, e incluso o patrimonio olfativo, como xa está a realizar a Unión Europea, en relación ao patrimonio olfativo de determinadas rexións do continente.

As estacións eólicas non poden afectar ao patrimonio sonoro das paisaxes protexidas.

O patrimonio cultural material e inmaterial dos Penedos de Pasarela e Traba. O Dereito a Paisaxear

No núcleo de Pasarela, en Vimianzo, collemos o desvío da estrada á Laxe, en dirección ao núcleo do Penedo. Pasado este núcleo continuamos pola pista de Pasarela (polígono 501, parcela 9017) ata chegar ás paraxes da Calzada e da Cova da Raposa. Temos dúas posibilidades: seguir o camiño ou continuar monte arriba cara a Gándara da Barca. Seguimos este último. Atravesamos a Salgueira e a paraxe Camiño a Laxe. A toponimia indícanos que estamos a seguir o antigo Camiño Real. Chegamos á Gándara da Barca e ao Brañal da paraxe da Cruz. Deixamos a Fonte de Sudre ou Xudre á esquerda e a Fonte da Merenda. Nos planos antigos indícanse dúas rutas para chegar á Laxe, o camiño de Pararela á San Simón de Nande ou o camiño de Traba cara a lagoa do mesmo nome, en dirección a Laxe pola beira da costa.

Na Fonte do Sudre nace o rego de Calabanda, tributario do rego dos Muíños. Este nace a escasos metros do rego da Albariza, na paraxe Estiva da Calzada). Estamos ante unha paisaxe con abondosa presencia de fontes e canles como a Canle Agueiros, Cans dos Agueiros ou Canle Aqueiros.

A paraxe da Calzada, en Vimianzo, identifícase no catastro polo polígono 501 parcelas 2078 e seguintes. Pasaríamos pola Cova da Raposa. A esquerda fica a Gándara Baroa. Pasariamos polo Brañal da Torre da Moa. Continuamos polas Gándaras e os Castrallóns. A nosa esquerda está a Pena da Moa e o Castelo.

Baixamos en dirección a Prado Lucía, que nos traslada á memoria as parcelas con nome de mulleres, tan frecuentes na Costa da Morte. Atrás queda a Pedra do Bico, o Campo dos Bois no lugar de Foxiños en Pedrapico, Laxe.

Outra posibilidade é empregar o Camiño das Gallas comezando na Pedra Zapata, o inicio do camiño á Serra e ás Gallas. Na estrada á Laxe está o Cotón de Arantiña, a Cova das Laxes, o Vao de Arantiña, a Furna…etc. Na paraxe de Arantiña nace a Fontiña de Arantiña.

Logo de pasar polas Gallas chegamos ao Castelo da Trabe e continuamos por un camiño sen nome (polígono 32 parcela 9003). Continuamos por outra pista, definida como polígono 31 parcela 9009 e camiñamos polos Castrallóns ata o Castelo e a Pedra da Moa (polígono 31 parcela 119). Volvemos sobre os nosos pasos ata chegar ao lugar de Costa, no Rueiro, e enlazar coa AC -433.

O Castelo da Pedra da Moa linda cos Castrallóns, co prado Lucía, coa Torre da Moa e o Castelo da Trabe e o Pinar do Castelo. Pero tamén é unha zona con gran número de recursos hídricos. Así temos o rego do Caldeirón que nace nesta paraxe.  

O rego da Rumbada nace nas Gallas, o polígono 31 parcela 164. Na Arantiña nace un rego innominado que conflue no rego do río Vao, á altura do Cotón (Laxe), xunto con outro rego sen codificar que abrolla na Porta Chan, preto da presa de Soltaduro, Rascalobos, o rego das Albarizas e a Pena dos Mouros.

Paisaxes identitarias

O Prado das Moas (polígono 7 parcelas 291, 292, 293,..), Panceira (onde nace a Fonte Corvo Panceira), A Aguieira e a  Galla de Peña Forcada que delimitan os municipios de Laxe e Vimianzo, a Arantiña, o Canliño, o Campo das Lebres, o Coto de Cabrún (262 metros), o Rascalobos (274 metros), o Alto de Rascalobos (300 metros), o Petón de San Xoán, As Carballosas, o Petón Gordo, Foltraños, O Castelo (222 metros), a Torre da Moa (274 metros), a Galla da Pena Forcada (273 metros), o Canleirón, o Pinchón (256 metros), o Boedo, a Pedra Grande da Barca, o Cebro, A Salgueira, o Muíño do Rolo, o Muíño do Fial, a Ponte do Foxo, os Castrallóns, O Monte Redondo, A Pena Raposa (268 metros), a Cruz de Pasarela, o Monte de Vadalama, a Gándara da Barca, O Brañal, A Cruz, o Mato da Cruz, a Panceira, O Castelo, o Monte Meán, o Monte da Armada, Os Foxiños, o río de Traba (este río nace ao pé dos Lameiros, preto do Dolmen da Fornella e do Aprazaduiro), o Canleirón (nesta paraxe nace un afluente do río Traba que discorre entre os Castrallóns e o Monte Redondo), Pena dos Mouros, O Castro, a Lagoa de Traba, a Agra de Traba, os Boedos, o Armeán, a Punta Corveiro, a Punta de Traba, a Punta da Cruz de Rosa, a Pedra dos Altariños…etc.

Estruturas castelarias

O Castelo da Trabe, o Castelo da Pedra da Moa, a Torre da Moa, os Castrallóns, O Castelo…

É moi posible a existencia de estruturas castelarias medievais, de feito atopóranse dúas liñas de muro de sillares e cerámica tardorromana e medieval. Hai quen sitúa aquí as Aras Sextianas. En 1975 o investigador Pedro Marfany sinalara na Torre da Moa unhas piletas de sacrificio castrexas ou romanas, con canles de desaugue que van cara o precipicio.

Antón Rodríguez Casal, na Carta arqueolóxica do partido xudicial de Carballo (1975), infórmanos dun recinto castrense no alto da Torre dá  Moa, con defensas naturais e cunha terraza cara ao poñente, na que se observan dous lenzos de muros que poderían corresponder a unha construción medieval. Referencia tamén a abundancia de cerámica  tardorromana e medieval.

Ata aquí tamén chegaba a vía Per Tola Marítima construída polos romanos para acceder a todo este territorio.

Núcleos rurais da entorna:

Mórdomo, A Cabanela, As Melgueiras, O Carballal, Matío, Boaño, A Torre, O Aprazaduiro, A Biqueira, Señoráns, Pasarela, Calabanda, O Penedo, O Campo, A Barroña, Calo, Torelo, Castromil, Repande,  Figaredo, Graño, Coéns, Castrelo, O Ceán, Laxe, A Piroga, O Briño, …etc.

Referencias:

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2006/07/23/tellas-e-loureiros-na-torre-da-moa-en-traba

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAXE/documents/27189CA001.PDF

http://historiadegalicia.gal/2018/04/conece-os-castelos-ocultos-da-costa-da-morte-que-estan-en-perigo-por-megaproxectos-eolicos/

LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010), Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo.

CASTROS O CASTILLOS: PROBLEMAS METODOLÓGICOS Y DE IDENTIFICACIÓN DE FORTIFICACIONES MEDIEVALES EN GALICIA. DAVID FERNÁNDEZ ABELLA

Ademais, escritores de grande sona como Eduardo Pondal, Otero Pedraio ou Manuel Rivas sucumbiron á beleza e misterio do lugar.

“Penedos de Pasarela,

cando vos vexo, penedos,

suspiro de amor por ela.”

EDUARDO PONDAL

Galería

Coñece o parque eólico Ventumelo, nos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo), que afecta ao BIC Ribeira Sacra, ao val do río Navea e ao Xeoparque da Unesco Montañas do Courel. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Ventumelo, nos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo), que afecta ao BIC Ribeira Sacra, ao val do río Navea e ao Xeoparque da Unesco Montañas do Courel. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Ventumelo, nos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo), que afecta ao BIC Ribeira Sacra, ao val do río Navea e ao Xeoparque da Unesco Montañas do Courel. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 24 de novembro de 2021.

Podes consultar o mapa do parque eólico Ventumelo:

Galería

Coñece o parque eólico Bustelo e Baralláns en Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña), que afecta á AEIP Val fluvial do Lourido. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece o cadro -resumo das características e impactos do documento de inicio do parque eólico Bustelo e Baralláns en Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña) e que afecta á AEIP Val fluvial do Lourido.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque éolico Bustelo e Baralláns nos municipios de Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: as persoas interesadas poden presentar alegacións en calquer momento.

Visita o mapa eólico:

https://mapaseolicos.wordpress.com/

Galería

Coñece o proxecto “LAT 132 KV desde a subestación do parque eólico Tramontana, pasando pola subestación do parque eólico Mistral, ata subestación de Salas” que afecta ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do documento de inicio do proxecto do proxecto “LAT 132 KV desde a subestación do parque eólico Tramontana, pasando pola subestación do parque eólico Mistral, ata subestación de Salas”. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio do proxecto “LAT 132 KV desde a subestación do parque eólico Tramontana, pasando pola subestación do parque eólico Mistral, ata subestación de Salas”. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 15 de setembro de 2021.

Podes consultar o documento de inicio no seguinte enlace:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_impacto_ambiental_proxectos/Seccion_AIA.html&sub=Participacion_publica/&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_proxectos/dinamico/proxecto_aap_0116.html

Para máis datos sobre o parque natural da Baixa Limia:

Galería

Coñece o parque eólico Prada, de 170,5 MW, no Barco de Valdeorras, A Veiga, e Carballeda de Valdeorras, Petín, Larouco, San Xoan de Río e A Pobra de Trives (Ourense) e Quiroga (Lugo). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais da estación eólica Prada e as súas infraestruturas asociadas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da estación eólica Prada. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 22 de setembro de 2021.

Outros parques eólicos presentes na área de afección do proxecto eólico Prada:

Podes consultar o proxecto e o anuncio no BOP de Lugo nos seguintes enlaces:

http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/11-08-2021_0.pdf#page=19

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/b30b1abd0eb99ae6f7e8449bdca3555a57e363b2

Galería

Coñece o proxecto eólico Entremarcos que afecta a ducias de regos, fontes e humidais nos municipios de Friol, Begonte, Guitiriz, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais da estación eólica Entremarcos e as súas infraestruturas asociadas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da estación eólica Entremarcos. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 8 de setembro de 2021.

Podes consultar o proxecto no seguinte enlace:

https://sede.miteco.gob.es/portal/site/seMITECO/navServicioContenido

Galería

Coñece o parque eólico Afrende e a súa liña de evacuación sobre a ZEC Brañas de Xestoso nos municipios de Forcarei, Silleda e A Estrada (Pontevedra). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do parque eólico Afrende e a súa infraestrutura de evacuación nos municipios de Forcarei, Silleda e A Estrada (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto Afrende e as súa infraestrutura de evacuación. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 27 de agosto de 2021.

Podes consultar o documento de inicio do proxecto no seguinte enlace:

https://sede.miteco.gob.es/portal/site/seMITECO/navServicioContenido