Galería

A plataforma Stop Uranio frea no Parlamento europeo o proxecto mineiro de Berkeley

Hoxe tivo lugar na Comisión de peticións do Parlamento europeo a defensa das peticións 174/2017 e a 809/2017, sobre a mina de uranio de Retortillo, en Salamanca.

963.png
As aciñeiras de Retortillo gravemente afectadas pola mina de uranio de Berkeley

A intervención do representante da plataforma Stop Uranio, José Ramón Barrueco Sánchez puxo enriba da mesa as deficiencias da declaración de impacto ambiental e a infracción do dereito comunitario na tramitación procedimental do expediente da mina a ceo aberto de Retortillo.

463.png
Representantes da Plataforma Stop Uranio na Comisión de peticións do Parlamento europeo

O representante da Comisión europea explica que o proxecto non foi autorizado na totalidade das autorizacións que precisa para ser explotado. Aclarou tamén que o impacto dos efectos radiolóxicos non concluiu.

Comisión europea.png
O representante da Comisión europea durante a súa intervención

Afirmou que é unha mina máis e unha pranta de tratamento de uranio. Require autorizacións finais diferentes. O mineral que se saca debe tratarse nunha planta de concentrados e os residuos prevese que se enterren no oco mineiro escavado.

Hai permisos urbanísticos que escapan ao control da Comisión, como as licencias urbanísticas pero por un lado hai unha avaliación ambiental e por outra unha avaliación dos impactos radiolóxicos. Hai que ter en conta moita outra normativa sectorial.

A Comisión apelou a xustiza española para dictaminar en última instancia sobre o proxecto e a legalidade da declaración de impacto ambiental do ano 2013.

O Consello de Seguridade Nuclear ten que avaliar os impactos radiolóxicos e isto é o que suscita máis interés. Primeiro requírese unha autorización previa que foi concedida e despois as autorizacións de construcción e de explotación e posta en marcha, que aínda non foron outorgadas, porque aínda están baixo o estudo do Consello de Seguridade Nuclear. Este organismo plantexou dúbidas e obrigou ao promotor a realizar modificacións segundo as diversas inquietudes. Aquí avaliarase a pranta de concentración de uranio e que require de tres autorizacións: a previa, a de explotación e a de posta en marcha. Todas elas susceptibles de recurso ante os Tribunais.

valllina.png
Ángela Vallina na defensa das peticións sobre da mina de Retortillo

Ángela Vallina foi moi contundente e aclarou que se trata dunha mina que está preto dun balneario, dunha zona de alto valor ambiental e non impediu a declaración de impacto ambiental favorable. Trátase dunha imposición do goberno de Castela e León para unha mina de 10 anos, o que non é rendible, polo impacto no medio ambiente, nas augas, na sáude humana. Non recolle todos os impactos  para a saúde humana e o medio ambiente, o que xenera moitas dúbidas. Ten repercusións transfronteirizas, a 30 km de Portugal e ao río Douro. España incumpre o Tratado Euratom. Chama a atención que se non hai ningunha licencia, como é que xa hai unha balsa feita. Non hai licencias nin nada, pero a balsa está construida. É a política dos feitos consumados. A petición ten que quedar aberta e dirixirse a Administración máis próxima para que actúe. Ninguén se cree que un concello non teña medios para sancionar. Cómpre enviar unha carta á Xunta de Castela e León, ao goberno central e ao goberno portugués para saber se foi informado sobre este proxecto.

portugal.png
O eurodeputado portugués durante a súa intervención

O eurodeputado portugués indicou que as minas que están a ceo aberto en Retortillo están a 60 km pero existe un protocolo entre España e Portugal sobre cuestións de seguridade nuclear con compromisos  e España non informa, nunca ocurriu.

Preguntouse á Comisión pero esta non fiscaliza, nin actúa, nin observa, nin mira se a lei comunitaria está a ser observada ou non.

O río Douro é común a ambos países e é unha cuestión de saúde pública e non se vai a permitir que España contamine o río.

1112.png
Florent Marcellesi na defensa das peticións sobre da mina de Retortillo

Florent Marcellesi indicou que a mina é un atentado ecolóxico, a mina máis grande a ceo aberto de Europa que pon en perigo os bosques, matando as enciñas e que non axuda a fixar poboación.

O impacto ambiental non foi realizado de forma suficiente. A petición debe seguir aberta e enviar cartas as correspondentes autoridades españolas e portuguesas. “Fagamos unha audiencia no Parlamento europeo sobre as minas e a súa proliferación en detrimento da saúde das persoas e do planeta” indicou o eurodeputado. O que temos en España é unha trama nuclear e hai que visitar España, sobre o conxunto da actividade nuclear para coñecer de primeira man o que está a suceder en España, visitar España e coñecer o que pasa.

9997.png
Marina Albiol na defensa das peticións sobre da mina de Retortillo

Marina Albiol tamén amosou a súa preocupación sobre como vai a afectar o uranio á Rede Natura, á auga, ao medio ambiente, á saúde, á fauna, ás persoas e incluso á flora. Os impactos poden ser gravísimos e afectar a multitude de elementos e espazos. Sería importantísimo facer un chamamento ás autoridades competentes para que non continúen adiante con ningún  permiso.

A Comisión europea debe dar un paso máis para acabar con este proxecto e visitar a zona de Retortillo, para comprobar in situ as afeccións que pode ter o proxecto e as que xa tiveron lugar.

As minas de uranio en Europa non teñen sentido cando ninguén quere a enerxía nuclear. O procedemento de infracción debe terse en conta. Portugal non tivo a oportunidade de opinar e isto invalida o procedemento. Cómpre lembrar o principio de cautela e acción preventiva deben terse en conta. Quen fai isto non está pagando.

A petición debe quedar aberta .

Cecilia.png
A presidenta da Comisión de peticións Cecilia Wikström declara aberta as peticións sobre da mina de uranio de Salamanca
852
A Comisión de peticións do Parlamento europeo
Galería

21 de marzo, día internacional dos bosques. A importancia do bosque de ribeira no val fluvial do Lourido.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución A/RES/67/200 o 21 de decembro de 2012, pola que, a partir de 2013, cada 21 de marzo celébrase o Día Internacional dos Bosques.

250163_305262036247382_81272967_n
A importancia dos cauces fluviais no val fluvial do Lourido: o Lourido e o rego Batán.
  • A importancia dos bosques de ribeira. O caso concreto do río Lourido.

Funcións vexetación de ribeira:

  • Estabiliza as marxes e as beiras do río.
  • Retén escorrentías.
  • Retén sedimentos.
  • Inflúe no funcionamento do ecosistema fluvial.
  • O sombreado do cauce contribúe ao réxime térmico das augas.
  • Aporte de materia alóctona.
  • Soporte vital para múltiples especies.
  • Interés paisaxístico.

A rede fluvial galega é moi complexa. Hai máis de 11.000 cursos fluviais con un percorrido aproximado de 33.000 km.

O bosque de ribeira, bosque en galería ou ripario é aquel que se desenvolve nas marxes dun río. Así temos salgueiros, freixos, umeiros, loureiros, sabugueiros e unha grande variedade arbustiva e herbácea formada por xuncos, espadañas, silveiras, hedras e fentos.

Na faixa atlántica a árbore raíña do bosque de ribeira é o amieiro (Alnus glutunosa). A formación de amieiros recibe o nome de ameal.

14085873
O val fluvial do Lourido alimenta ao río Anllóns no último tramo do seu recorrido.