Galería

Limpeza do lixo e eliminación do vertedeiro incontrolado do antigo cemiterio civil de Cortiño, Corcoesto

Semana intensa na limpeza do lixo acumulado no antigo cemiterio civil de Cortiño. Toneladas e toneladas de lixo foron extraídas do interior e da entorna do cemiterio civil, que xa se convertira nun vertedeiro incontrolado.

Esperamos que se respecte o patrimonio cultural e que ninguén volva a empregar o lugar e a nosa historia como vertedeiro incontrolado de lixo.

Agradecer especialmente aos promotores da iniciativa o seu esforzo e traballo encomiable. Gracias polo gran traballo e gracias por axudar a crear unha entorna menos contaminada e máis limpa e saudable!