Afección severa aos valos tradicionais de pedra en seco recoñecidos pola UNESCO. Localización do aeroxerador 04
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Monte dá Croa, nos municipios de Dumbría e Vimianzo. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Monte dá Croa. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.
Aínda que é ben coñecida a posición do edafólogo Felipe Macías ao servizo do lobbie mineiro en Galicia, hai uns días a través de youtube, volviamos a ter noticia da súa opinión «técnica e sobradamente solvente» sobre o desastre mineiro de Touro.
Nun decidido paso máis da súa carreira de edafólogo a xa «veterano» político, o «experto» falaba da incrible xeración de empregos que podía xerar o polémico proxecto mineiro de Touro e da necesidade de superar a agricultura de subsistencia que se practica no municipio.
O «experto» comentaba a ausencia de contaminación do río Ulla e louvaba o progreso económico e social derivado do forte tecido mineiro de Galicia. A contaminación en Touro, por suposto non existe, e superar a agricultura e gandeiría arcaicas da zona só é posible apostando por un proxecto mineiro que pode xerar moito emprego en Touro, nun municipio no que a xente non ten traballo nen traballa, por non ter onde.
Escoitar a opinión deste tipo de «expertos» cuestiona o papel non só da universidade en Galicia, senón tamén dos grupos de investigación, que apoiados con fondos públicos comunitarios, se promoven neste caso desde a universidade de Santiago de Compostela.
Aínda que somos conscientes da liberdade de expresión, isto non obsta sen embargo a decencia e a ética de profesionais venvellados a programas de investigación e a organismos universitarios financiados con diñeiro público de toda a cidadanía galega, e incluso europea.
Como alguén vencellado a CRETUS, Cros- Research in Environmental Technologies*, pode obviar a contaminación dos cauces de Touro, que foi obxecto xa de varios expedientes sancionadores por parte de Augas de Galicia e dou lugar á apertura dunhas dilixencias penais por parte do Xulgado de Arzúa?
Así nos vai.
*CRETUS, Cros- Research in Environmental Technologies, é unha agrupación estratéxica constituída en 2015 por 8 grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (4 GRC e 4 GPC) co obxectivo de desenvolver e avaliar tecnoloxías ambientais sustentables buscando solucións que permitan minimizar impactos e riscos, tratando de recuperar recursos, a través de procesos que sexan económica, social e ambientalmente sustentables.
A Conselleira con competencias en Augas de Galicia, Ethel Vázquez, ignorou no día de onte as «verteduras de augas fecais» no litoral cabanés, mentras inauguraba a senda peatonal, a escasos metros do punto de vertido.
Xa está saneado o litoral cabanés? Xa non hai problemas de vertidos?
Parece que non importa se o litoral está saneado ou non. O departamento de Ethel Vázquez, prevé un plan de sendas de máis de cinco millóns de euros, pero esquece o imprescindible saneamento do litoral.
Vemos como a Xunta «vive de espaldas ao litoral». Parece que non importa o medio ambiente, non importa a saúde das rías, non importa a saúde da xente, non importa a saúde dos ecosistemas, non importa a paisaxe….Que é o que importa logo Ethel Vázquez?