Aínda que é ben coñecida a posición do edafólogo Felipe Macías ao servizo do lobbie mineiro en Galicia, hai uns días a través de youtube, volviamos a ter noticia da súa opinión «técnica e sobradamente solvente» sobre o desastre mineiro de Touro.
Nun decidido paso máis da súa carreira de edafólogo a xa «veterano» político, o «experto» falaba da incrible xeración de empregos que podía xerar o polémico proxecto mineiro de Touro e da necesidade de superar a agricultura de subsistencia que se practica no municipio.
O «experto» comentaba a ausencia de contaminación do río Ulla e louvaba o progreso económico e social derivado do forte tecido mineiro de Galicia. A contaminación en Touro, por suposto non existe, e superar a agricultura e gandeiría arcaicas da zona só é posible apostando por un proxecto mineiro que pode xerar moito emprego en Touro, nun municipio no que a xente non ten traballo nen traballa, por non ter onde.
Escoitar a opinión deste tipo de «expertos» cuestiona o papel non só da universidade en Galicia, senón tamén dos grupos de investigación, que apoiados con fondos públicos comunitarios, se promoven neste caso desde a universidade de Santiago de Compostela.
Aínda que somos conscientes da liberdade de expresión, isto non obsta sen embargo a decencia e a ética de profesionais venvellados a programas de investigación e a organismos universitarios financiados con diñeiro público de toda a cidadanía galega, e incluso europea.
Como alguén vencellado a CRETUS, Cros- Research in Environmental Technologies*, pode obviar a contaminación dos cauces de Touro, que foi obxecto xa de varios expedientes sancionadores por parte de Augas de Galicia e dou lugar á apertura dunhas dilixencias penais por parte do Xulgado de Arzúa?
Así nos vai.
*CRETUS, Cros- Research in Environmental Technologies, é unha agrupación estratéxica constituída en 2015 por 8 grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (4 GRC e 4 GPC) co obxectivo de desenvolver e avaliar tecnoloxías ambientais sustentables buscando solucións que permitan minimizar impactos e riscos, tratando de recuperar recursos, a través de procesos que sexan económica, social e ambientalmente sustentables.
O sector mineiro “tómalle o pelo” á cidadanía e anuncia unha xornada para presentar a Minaría Sostible de Galicia, con proxeccións didácticas para o alumnado de infantil, primaria e secundaria
Falla de transparencia nas axudas outorgadas pola Xunta de Galicia ao sector mineiro
Falla de restauración mineira e danos á paisaxe, a práctica habitual do sector mineiro galego
Non é a primeira vez que o lobbie mineiro intenta un facer un “lavado de cara”
O 12 de febreiro, no auditorio da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o sector mineiro de Galicia di que vai a presentar nunha xornada a Minaría sostible de Galicia. Véxase o enlace web https://minariasostible.gal/evento/.
Nun intento de “lavado de cara” do que xa existen precedentes, a Cámara oficial minería de Galicia, a Escola de Enxeñeiros de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, representada por Natalia Caparrini, o Colexio Oficial de Xeólogos, representado por Pablo Núñez e o Director da COMG, Diego López, co refrendo da intervención do Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, din que van a presentar a “Minaría Sostible de Galicia”.
A presentación inclúe varias proxeccións audiovisuais explicativas da minería destinadas ao alumnado de infantil, primaria e secundaria.
Sen embargo, as canteiras sen restaurar e as balsas abandonadas con drenaxe áceda da mina e metáis pesados, acumúlanse ao longo do país. Estes escearios de desolación restan credibilidade e lexitimación a calquer iniciativa didáctica do sector mineiro galego, que debera practicar co exemplo e non con videos.
Balsa mineira abandonada do monte Neme, Carballo
Non hai máis que comprobar o alarmante estado dos ríos de Touro, sen vida e gravemente afectados pola minaría irresponsable da Xunta de Galicia, ao igual que outros casos de sobra xa coñecidos como o das balsas do monte Neme en Carballo, Santa Comba ou no caso das minas de San Fins en Lousame.
Cómpre indicar tamén a falla de transparencia que existe en relación ao outorgamento das axudas que recibe o sector, para estas actividades divulgativas. Así a Orde do 15 de marzo de 2018, establecía as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procedía á súa convocatoria para o ano 2018. Sen embargo, a falla de transparencia na concesión destas axudas é tan evidente que non existe nin rastro das persoas beneficiarias nin das actividades que se realizaron cos fondos públicos de todas as galegas e galegos, tanto no DOG como na web da Consellería de Industria e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Polo tanto, é imposible saber tanto a identidade das persoas beneficiarias, como das contías das axudas e do seu obxecto, o que agrava o “escurantismo” que envolve ao sector, propiciado pola propia Xunta de Galicia.
Falla de restauración mineira e danos á paisaxe, a práctica habitual do sector mineiro galego
Desde a Rede Contraminacción indican que, hai que ser “cínicos” para falar de “Minería sostible”, tendo en conta o actual estado das minas de Touro, onde a drenaxe áceda da mina está a ser estudada polo Parlamento europeo, ao existir indicios da súa afección ao río Ulla, feito xa denunciado por diversos colectivos en reiteradas ocasións e pola propia veciñanza de Touro.
Ademáis cómpre lembrar ao respecto as pozas envelenadas en Galicia pola drenaxe áceda da minería. A restauración mineira esquecida…, e que a Xunta de Galicia chegou a promocionar como atractivo turístico ou incluso ambiental.
Baixo o nome de “lago de intenso azul” ou “hermosas aguas turquesas” ou “paraíso”, estanse a apoiar as “bondades” destas pozas ou balsas tóxicas, que acumulan gran cantidade de metáis pesados e que son froito da minería extractiva e contaminante.
Como é habitual a Xunta de Galicia apoia estes eslogans propagandísticos, que na realidade agochan a traxedia da degradación das paisaxes, a falla de restauración mineira e o dano ambiental. Como exemplos existen os casos da Poza de Cartelle, en Ourense, afectada pola drenaxe áceda da minería; a Poza da canteira de Ventoxo, no municipio de Forcarei (Pontevedra); a Poza da canteira de Pedras Miúdas, en Catoira, afectada pola drenaxe áceda da minería; a Poza da canteira de Nantón, Cabana de Bergantiños (A Coruña), afectada pola drenaxe áceda da minería; a Balsa tóxica da minería no Monte Neme, en Carballo, acentúada polo drama de que esta incluso foi obxecto de publicidade institucional por parte da Axencia de Turismo de Galicia. A súa cor é indiciaria da existencia de metáis pesados (drenaxe áceda de minería).
Non é a primeira vez que o lobbie mineiro intenta un facer un “lavado de cara”, pero non convence a ningúen
A desesperación do lobbie mineiro por ser aceptado socialmente levouno a reunirse con anterioridade en Santiago de Compostela, baixo o lema “Compromiso coa sociedade”, no marco do V Congreso Nacional de Áridos organizado pola Federación de Áridos (FdA).
O lobbie mineiro botaba man, naquel intre, do apoio institucional e de altos cargos da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do concello de Santiago, do Ministerio de Transición ecolóxica, do Adif e da entidade ambiental Seo Bird Life para “un lavado de cara” sen precedentes da minaría galega, dentro V Congreso Nacional de Áridos, que tivo lugar o 24 de outubro pasado, en Santiago de Compostela, baixo o lema “Comprometidos coa sociedade”.
Por que arde o monte en inverno? Que interés ou intereses poden existir, para que lugares de alto valor ambiental como a Serra da Queixa ou os montes da Gudiña, rematen arrasados polo lume. Arde a Rede Natura 2000 e a información, tanto por parte da Xunta de Galicia como dos medios de comunicación, é escasa.
A parroquia de Penouta, en Viana do Bolo, as 161 hectáreas da Mezquita…, o incendio de 45 hectáreas en Cerdedo -Cotobade, Vilariño de Conso, A Gudiña….etc. Todos eles son incendios de inverno.
Rede Natura, Serra da Queixa
Que hai detrás destes incendios?
Indagamos na parroquia de Caroi, en Cerdedo -Cotobade. Preguntamos á xente os motivos polos que ardía o monte e a resposta non puido ser máis clara:
«Mellor que arda agora, así (o monte) cría pasto para os animais na primavera. Se non o fai agora, despois será todo toxos e será maís difícil dar con eles». «Fíxose sempre, non é nada novo».
E non ven isto como algo malo. As fontes consultadas, todas elas do rural, véno como algo bó, natural…, tradicional, como algo que se fixo toda a vida.
Estamos na presencia de incendios instrumentais. O incendio rexeneraría o monte, eliminaría o matorral que o gandeiro despreza, as cinzas servirían de abono e ao final da primavera terían unha zona de pastos máis amplia.
Incendio de inverno na serra da Queixa
Pero que consecuencias ten isto para os ecosistemas?
1.- Perda da biodiversidade. A Rede Natura queda moi afectada.
2.- Os animais salvaxes quedan sen acubillo e pasto, no momento do inverno no que vai máis frío.
3.- Contamínanse os cursos fluviais e as augas polo arrastre das cinzas.
4.- Dánase o sustrato natural do terreo e hai unha perda importante del.
5.- Danos na paisaxe.
6.- Evidencia unha sobrecarga gandeira sobre do monte e un mal manexo do gando.
7.- Evidencia a falla estrutural de cultural ambiental.
8.- Evidencia o fracaso dunha política agrícola -gandeira da Xunta de Galicia e o desprecio da Consellería de Medio Ambiente, polo coidado da Rede Natura e a necesaria sensibilización ambiental con respecto a estes espazos.