Coñece as características do proxecto de execución LMT evacuación PE Monte do Marco en Monterroso, Guntín e Portomarín (Lugo). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de execución LMT evacuación PE Monte do Marco en Monterroso, Guntín e Portomarín (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 16 de novembro de 2022.
Xa podes descargar os números 1 e 2 da Revista Historia de Corcoesto, editada e publicada pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo no ano 2016.
Fai clic aquí para descargar o arquivo, selecciónao e pulsa o elo de ligazón:
A carón da igrexa de San Xoán de Barrán atópase a casa reitoral. Tal vez sexa a casa reitoral máis fermosa de Galicia, e sen embargo o seu estado de conservación é lamentable.
Os seus muros son de cachotería. Ten unha gran cheminea con pináculos. Destaca a beleza do seu patio e a balaustrada de pedra. As xanelas son pequenas. Encima dunha delas ten unha inscrición realizada na pedra, que fai referencia ao Mosteiro de Oseira.
Levantada con muros de perpiaño e cachotería, amosa no tellado unha gran chimenea rematada en adornos de pináculos.
Enriba dunha das fiestras conserva unha inscrición feita na pedra que fai referencia ao mosteiro de Oseira.
Porta alintelada e pequenas ventanas no segundo andar. No seu interior pódese ver un fermoso patio con columnas e unha moi fermosa balaustrada de pedra. Está nun lamentable estado de conservación.
A vida da casa reitoral da parroquia de Graba (Silleda) trasncurriu paralela á do mosteiro de Aciveiro e dos monxes Bernardos, aos que pertencía como casa de penitencia destes.
No ano 1697 acredítase a existencia desta casa, nun pleito da Real Audiencia relativo á recollida da neve das neveiras dos montes de Forcarei, por parte dos veciños tanto da parroquia de Graba como de Cortegada.
A reitoría de Grava aparece mencionada como lugar de refuxio das persoas perseguidas polos franceses no ano 1809. Así neste ano e para fuxir dos invasores os monxes Bernardos de Aciveiro colleron a patroa do mosteiro, Sta. María, e refuxiáronse na casa de penitencia que tiñan en Sta. María de Grava. Moitas das casas de Aciveiro foran saqueadas e queimadas ao igual que o mosteiro.
A casa reitoral de Graba está ubicada nunha parcela de 12.173 metros cadrados e rodeada e prados, pradeiras e monte. Conserva un cabazo e varias dependencias. O máis chamativo é o escudo que aínda se conserva con data de 1547.
Outro elemento chamativo tamén é o nome da parcela “Vila Dos Vidas”. O seu estado de conservación é malo co teito parcialmente derrubado e varios anexos en estado ruinoso.
No seu escudo aparecen dúas árbores, a árbore da sabiduría, da vida sabia e a árbore da vida. Pode que de aí lle veña o nome de Vila Dos Vidas.
Nunha ollada á prensa histórica atopámonos co xornal El Ideal Gallego, que o 1 de setembro de 1923, recollía no parágrafo referido á información rexional, noticias sobre das festas que se celebraban naquela época en torno ao río Anllóns.
Así falaba das festas organizadas na honra de Santa Mariña, Santa Margarida e a Diviña Pastora, que tiñan lugar na vila de Ponteceso entre os días 8, 9, 10 e 11 de setembro.
As festas comezaban con bombas de palenque e o repique das campás. A banda de música de Cotelo percorría as rúas tras saudar ás autoridades, alegrándoas con bonitos pasodobres.
Esta mesma banda musical encargábase da verbena nocturna, a partir das nove da noite e todo nun ambiente no que destacaría a sorprendente iluminación.
O día seguinte a banda de música de Cotelo repetiría actuación xa desde a mañanciña, con dianas e alboradas. Naquela época estaba de moda o paseo da Ponte e o Relleno, polo que era nestes espazos onte tiñan lugar a maior parte das celebracións festivas.
A música tamén chegaba ao edificio da «Ayudantía de Marina», onde de seis a nove da noite tamén tocaban as bandas de música.
O día 10 a banda de Pontedona, a de Cotelo e as gaitas do país espertaban á veciñanza coas súas dianas e alboradas. Gran solemnidade tiña a misa na honra de Sta. Mariña, a que asistían numerosas autoridades.
Este mesmo día ás catro e media da tarde había nun salón luxoso da vila, unha desfile de mozas de gran beleza, entre as mulleres elegantes da vila. Tamén carreiras pedestres. De oito a nove da noite o programa recollía un paseo de moda, amenizado polas bandas de música no Relleno e a Avenida da Ponte, lucindo por ambos paseos unha fermosa carroza típica do país, bailando a muiñeira dúas parellas de nenos dos dous sexos, aos acordes do afamado gaiteiro de Vimianzo, que iría acompañado do seu tamboril e bombo. Todos eles vestirían co traxe típico.
Foto Vidal – Ponteceso
Pola noite de once a cinco da mañá luciría a fermosa iluminación á «veneciana» no Relleno, e no paseo tocarían as bandas de Cotelo e Pontedona, queimándose durante a velada unha soberbia colección de fogos artificiais e elevándose varias clases de globos polo pirotécnico de sona de Baio. Ao rematar este afamado pirotécnico dispararía un «cubo de fuego» de lucería.
O día 11 volverían a repetirse o concerto da banda de Pontedona. A unha e media sairían as embarcacións habilitadas para a pasaxe, para o frondoso Bosque da vila, onde terían lugar as tradicionais merendas, disfrutando dos encantos da paraxe.
De once a unha da noite, repetiríase a ilumanción e o derradeiro concerto musical do paseo no Relleno e a avenida da Ponte. Ademais organizaríanse dous festivais para o Casino e o Centro Artesán, na honra das familias e forasteiros.
Artigo do xoral El Ideal Gallego, de 1 de setembro de 1923
Escultura do gaiteiro realizada por un dos alumnos da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra
Nun acto que terá lugar o 9 de marzo ás 16 horas, no local social de Cures, a parroquia rendirá homenaxe ás súas mulleres. Haberá unha mesa redonda veciñal e a instalación dunha placa na súa memoria.
Entre as mulleres están:
Sara Andrade, a muller de Corcoesto, titiriteira e artista, detrás dun dos teatros Barrigas Verdes de primeiros do século XX.
Luisa de Lanzós, a muller que se enfrontou ao mosteiro de San Martiño de Santiago, para reivindicar o lugar de Cardezo como seu, na parroquia de Corcoesto.
Tres mulleres de Corcoesto que desafiaron o poder do clero a principios do século XX: Josefa, Dolores Martínez Calvo e Concepción Calvo Amoedo.
María do Vilar, gaitera de sona, no Corcoesto do ano 1767.
Luisa e Isabel Ramona, as irmás de Corcoesto que loitaron a finais do século XIX pola redención dos foros.
Rosa de Corcoesto: a muller que cautivou ao bardo Pondal, transgresora, emprendedora e feminista.
As fillas de Rosa: madriña Antonia.
Manuela Cotelo, a muller que naceu en Sevilla e decidiu vivir en Corcoesto, cos seus avós.
Mans de Xosefa Pérez, de 76 anos, nai, emigrante e gandeira. Mulleres que construíron País
Sara Andrade, a muller de Corcoesto, titiriteira e artista, detrás dun dos teatros Barrigas Verdes de primeiros do século XX
Sara foi unha muller que con dezaseis anos mudou o seu destino e o fixo dunha das maneiras máis radicais que se podían facer a primeiros do século XX. O seu futuro, ao igual que o das súas irmás, estaba vencellado á terra, a labranza, a casar e a criar fillos.
E así, sen saber moi ben como, Sara acabou titiriteira.
Aínda que cando se fala das funcións de Barriga Verde asócianse estas á familia Silvent, creadora da famosa marioneta, a verdade é que na primeira metade do século XX, as feiras de Galicia estaban cheas de barracas e títeres que representaban ou imitaban as historias deste personaxe, o Barriga Verde, moi popular, subversivo e que gañaba adeptos cada día precisamente pola burla encuberta ás autoridades nas historias que narraba.
Non se sabe cal foi o motivo polo que Sara rematou nunha barraca da feira, entre bambalinas. O certo é que un día uníuse ao mundo da farándula e visitaba con frecuencia a feira de Ponteceso, a onde de vez en cando acudía a familia a visitala. Así hai veciñanza que lembra que mentras os rapaces asistían as funcións, a familia reuníase con ela na barraca. Falaban de cousas da vida mentras cosía e amañaba as marionetas, creaba outras novas ou preparaba os relatos das funcións.
Aínda que titiriteira, vivía dunha maneira máis acomodada que os parentes da aldea. Casada e sen fillos pronto remataría en Montevideo. Continuaría no mundo do espectáculo. A súa pista perderíase nos Estados Unidos cando contaba con corenta e poucos anos.
Hai constancia documental na prensa da época sobre o pasado de Sara. Con quince anos fora vítima de acoso sexual mentras mantía o gando no monte. Tal vez este feito desencadeou as súas gañas de percorrer o mundo ou buscar unha vida diferente.
Luisa de Lanzós, a muller que se enfrontou ao mosteiro de San Martiño de Santiago, para reivindicar o lugar de Cardezo como seu, na parroquia de Corcoesto
Descendente de Afonso de Lanzós, cabaleiro fidalgo e líder da revolta irmandiña que finalmente foi detido. A súa viúva preiteou para a recuperación dos seus bens. Esas reivindicacións continuaron cos seus descendentes, entre elas a súa filla Ysauel (Isabel ou Luisa) e Inés.
Tres mulleres de Corcoesto que desafiaron o poder do clero a principios do século XX: Josefa, Dolores e Concepción
El Compostelano: diario independiente, o 11 de xaneiro de 1922 recollía na columna de detencións a seguinte información:
“Detenciones: Como presuntas autoras de pedreas contra la casa del párroco de Corcoesto (Cabana), don José Martínez Rubiño, detuvo la Guardia civil, poniéndolas a disposición del Juez de aquel distrito, a Josefa y Dolores Martínez Calvo y a Concepción Calvo Amoedo”.
Josefa, Dolores e Concepción eran tres veciñas de Corcoesto que trataron de defender o seu patrimonio e as súas terrras, ameazadas polo párroco, que aspiraba á propiedade dos bens que de forma lexítima lles correspondía ás tres mulleres.
Nunha época na que a muller non tiña voz, a represión e os abusos sobre elas dos que sí tiñan poder, manifestábase de moitas formas. Na meirande parte dos casos a única forma de defensa das mulleres era dar a voz de alarma e realizar actos, que aínda que non moi éticos, sí chamaban a atención pública sobre as inxustizas que estaban a padecer.
O párroco aspiraba ás terras que lexítimamente lles pertencían ás tres veciñas, mais estas non dubidaron de chamar a atención do público sobre o seu problema.
Foron xulgadas por undelito de anarquismo, moi habitual naquela época, pero absoltas en apelación ante a Real Audiencia, ao demostrarse a lexítima defensa coa que actuaban, fronte as ansias de poder da curia.
María do Vilar, gaitera de sona, no Corcoesto do ano 1767
María do Vilar foi gaiteira de sona. Aprendiz dun gaitero de Soandres, oficio que lle reportaba uns 125 reais. Cando non había festa traballaba na acea de Alonso de Lema, nun muíño fariñeiro de auga situado no cauce do río Anllóns.
Sen embargo, María do Vilar cando viña ás romarías de Corcoesto cobraba en especie: fabas, patacas, centeo,…
Porque invertir na crianza dunha muller é invertir en todo o futuro dun país
Luisa e Isabel Ramona, as irmás de Corcoesto que loitaron a finais do século XIX pola redención dos foros
Luisa e Isabel Ramona Soutullo Lema foron dúas irmás labregas que viviron na parroquia de Corcoesto a finais do século XIX.
Corría o ano 1866 e as irmás tiñan que pagar o importe das rendas forais, que alcanzaban a 19 ferrados de trigo da renda vencida o mes de agosto, a Ramón Caamaño Romero e ao seu pai Francisco Caamaño Corral, ambos os dous de San Tirso de Cospindo, no municipio de Ponteceso. Esa renda foral era a estipulada nos documentos asinados entre as partes polos bens rústicos e urbanos sitos en Corcoesto, libre de toda clase de pensións e contribucións, posta e paga na casa do Caamaño quen presentara unha demanda no xulgado do distrito baixo a condición de desafiuzamento de todos os seus bens.
As rendas forais figuraban nun contrato asinado polo cónxuxe de Luisa, Ignacio Fernández Vázquez, que era labrador pero que marchara a Montevideo, seguindo a masiva emigración americana que se producía por aquelas datas. Ao frente das terras estaban as dúas irmás.
Pero o obxectivo das irmás non era o pago da renda senón a redención definitiva do contrato de foro e acceder á propiedade das terras que cultivaban. Conseguiron o seu obxectivo mais non de xeito fácil. Para elo tiveron que manter as terras que cultivaban a pesar das demandas xudiciais dos foristas e ata a redención definitiva do contrato foral que os unía. Os bens aforados debían retornar, co seu correspondente dominio, ó titular do directo que, en todo caso, debía pagar as melloras ou perfeitos que o dominio útil ou foreiro fixera. E neste aspecto baseábanse as irmás para facer perdurar o foro ata o momento propicio para a súa redención definitiva.
Rosa de Corcoesto: a muller que cautivou ao bardo Pondal, transgresora, emprendedora e feminista
Era unha rapaza fermosa, ou polo menos Pondal así a describe, pero moi pobre. Chegou a ter dúas fillas de solteira, o cal era un estigma naquela época para unha muller. O pai das fillas era un home rico e casado, dun lugar próximo á Regueira, e dono da casa onde vivía Rosa.
O feito de que tivese dúas fillas sen estar casada, xa era motivo de marxinación para unha muller. De feito Pondal así a trata ao referirse: “se tan doce e dadivosa, / como din que es, é certo;”.
Rosa era unha muller pobre, pero transgresora e loitadora. Tivo dúas fillas co home que ela quixo, sen casar. Rosa era unha boa coñecedora das herbas e dos seus poderes curativos e sanadores. Exercía labores de curandeira e chegou a rexentar un pequeno balneario á beira da Regueira. Alí aproveitaba as augas ferruxinosas do rego de Sta. Margarida de Baneira, especialmente eficaces para paliar estados carenciais e doenzas hepáticas. Pero tamén había á beira da casa na que vivía, unha fonte de augas sulfurosas para doenzas reumáticas moi típicas na época, onde as persoas adiñeiradas como Pondal ían tomar baños de asento. Chegou a rexentar incluso unha pequena taberna. Rosa era en definitiva unha transgresora, unha muller feminista e emprendedora.
As fillas de Rosa. Madriña Antonia
Rosa tivo dúas fillas a quen lles pagou o billete para embarcar para as Américas. Consideraba que no país non había futuro para elas. Unha delas, Isabel finou ao pouco de chegar a Veracruz, México, procedente da Habana. A outra, Antonia, tomaría os hábitos para entrar de monxa nun convento. Mais Antonia regresou ao cabo dos anos para coidar a súa nai enferma antes de morrer. Ao finar Rosa, a súa filla Antonia abandonaría a casa da Regueira para vivir nun local anexo á igrexa parroquial de Corcoesto, e desenvolver na parroquia a súa labor de axuda aos pobres e coidar o camposanto.
As avoas aínda lembran as ringleiras de rosais que adornaban a entrada á igrexa cando eran nenas. Madriña Antonia, como lle chamaba a veciñanza de Corcoesto, vivía da caridade da xente pero a súa bondade e dedicación aos pobres permaneceu na memoria colectiva. Obra súa son os dous camelios senlleiros que adornan hoxe en día a fachada barroca da igrexa de San Pedro de Corcoesto.
Manuela Cotelo, a muller que naceu en Sevilla e decidiu vivir en Corcoesto, cos seus avós
Na casa nº 6 da praza do Castelo, en Sevilla capital da provincia, nacía o día 20 de setembro de 1877, Manuela. Manuela era filla de Francisca Cotelo, solteira, natural de Corcoesto (bautizada o día 3 de outubro). Francisca trasladárase a Sevilla, acompañando ao seu irmán Manuel Cotelo Caamaño, posiblemente vencellado á igresa por razón do seu traballo.
O párroco Martín León, con licencia do Doutor Francisco Manuel Reina, cura propio das parroquias unidas de San Xoán Bautista, Vulgo da Palma e do Apóstolo San Pedro de Sevilla, bautizaba así a unha nena que anos despois viviría en Corcoesto.
Os avós maternos foron Vicente Cotelo e María Caamaño. Os padriños, Manuel Ramos e Josefa Ramos, aos que o párroco lles advertiu do parentesco espiritual e demáis obrigas que contraían co solemne acto do bautizo, do que foran testemuñas. E así consta na partida no libro corrente de bautismos da parroquia de Xoán Bautista de Sevilla, o tres de outubro de 1877.
Con tres ou catro anos Manuela trasladaríase a Corcoesto, para vivir cos avós maternos no lugar de Cures.
O 14 de xullo de 1906 casa con Ángel Vázquez Recouso, natural de Mesía. Ángel era un traballador das minas de Corcoesto, que atraído pola industria do ouro traballaría para os ingleses co seu irmá Pedro. Pedro Vázquez Recouso morrería ao pouco tempo, nun accidente laboral nas minas de Corcoesto, deixando a unha viúva, Teresa Méndez (alcumada “A Carrala”).
Pouco despois, tras a fallida industria mineira de Corcoesto, Ángel queda sin traballo e decide emigrar a América. O seu obxectivo é moi claro: non voltar nunca máis a Galicia, porque aquí o único oficio que lle esperaba era “cavar terróns”.
A pesar de que Ángel intentou unha e outra vez que Manuela o acompañase, esta decidiu quedarse e apostar por un futuro en Corcoesto, para ela e o seu fillo, José Vázquez Cotelo.
Manuela fixo unha aposta valente e fíxose cargo da vida: labradora, produtora de madeira, familia monoparental….Todo un exemplo das moitas mulleres de Galicia, que loitaron por sacar adiante as súas familias en tempos difíciles.
Apoderar as mulleres é propio de sociedades avanzadas, respetuosas cos dereitos humanos
Non se pode entender o presente, sen ter en conta o esforzo histórico, das mulleres dun país
Igrexa de San Xoán Bautista, no Vulgo da Palma en Sevilla
Na casa nº 6 da praza do Castelo, en Sevilla capital da provincia, nacía o día 20 de setembro de 1877, Manuela. Manuela era filla de Francisca Cotelo, solteira, natural de Corcoesto (bautizada o día 3 de outubro). Francisca trasladárase a Sevilla, acompañando ao seu irmán Manuel Cotelo Caamaño, posiblemente vencellado á igresa por razón do seu traballo.
O párroco Martín León, con licencia do Doutor Francisco Manuel Reina, cura propio das parroquias unidas de San Xoán Bautista, Vulgo da Palma e do Apóstolo San Pedro de Sevilla, bautizaba así a unha nena que anos despois viviría en Corcoesto.
Os avós maternos foron Vicente Cotelo e María Caamaño. Os padriños, Manuel Ramos e Josefa Ramos, aos que o párroco lles advertiu do parentesco espiritual e demáis obrigas que contraían co solemne acto do bautizo, do que foran testemuñas. E así consta na partida no libro corrente de bautismos da parroquia de Xoán Bautista de Sevilla, o tres de outubro de 1877.
Igrexa de San Xoán Bautista, en Sevilla
Con tres ou catro anos Manuela trasladaríase a Corcoesto, para vivir cos avós maternos no lugar de Cures.
O 14 de xullo de 1906 casa con Ángel Vázquez Recouso, natural de Mesía. Ángel era un traballador das minas de Corcoesto, que atraído pola industria do ouro traballaría para os ingleses co seu irmá Pedro. Pedro Vázquez Recouso morrería ao pouco tempo, nun accidente laboral nas minas de Corcoesto, deixando a unha viúva, Teresa Méndez (alcumada «A Carrala»).
Pouco despois, tras a fallida industria mineira de Corcoesto, Ángel queda sin traballo e decide emigrar a América. O seu obxectivo é moi claro: non voltar nunca máis a Galicia, porque aquí o único oficio que lle esperaba era «cavar terróns».
A pesar de que Ángel intentou unha e outra vez que Manuela o acompañase, esta decidiu quedarse e apostar por un futuro en Corcoesto, para ela e o seu fillo, José Vázquez Cotelo.
Manuela fixo unha aposta valente e fíxose cargo da vida: labradora, produtora de madeira, familia monoparental….Todo un exemplo das moitas mulleres de Galicia, que loitaron por sacar adiante as súas familias en tempos difíciles.
En Corcoesto, hoxe viven os seus netos e os fillos destes, algún con moitas gañas de visitar o número 6 da praza do Castelo de Sevilla, para saber máis sobre da vida da súa avoa. Que sería da nai desta? E do seu tío? Haberá máis familia en Sevilla?
A historia de Corcoesto contada pola súa veciñanza e a través da memoria e da documentación dos arquivos históricos e documentos antigos. Mostra unha interesante radiografía das xentes e dos lugares a través do tempo, sen esquecer o rico e variado patrimonio cultural.
Portada do segundo número da Historia de Corcoesto.
Sta. Mariña do Remuíño, Corcoesto. Área de Especial Interés Paisaxístico. AEIP VAL FLUVIAL DO LOURIDO.
Sta. Mariña do Remuíño, Corcoesto. Área de Especial Interés Paisaxístico. AEIP VAL FLUVIAL DO LOURIDO.
Sta. Mariña do Remuíño, Corcoesto. Área de Especial Interés Paisaxístico. AEIP VAL FLUVIAL DO LOURIDO.
No século XVIII en Corcoesto había tres capelas: a de Sta. Mariña do Remuíño, a de Sta. Margarida de Baneira e a capela da Nosa Señora da O. Delas, tan só se conservan as dúas primeiras.
A capela da Virxe da Esperanza ubicábase na Braña de Lamas, hoxe en día coñecido como lugar da Braña, en Corcoesto. Non hai rastro da capela se ben aínda se poden apreciar restos dos alicerces do edificio na parcela.
O que sí se conserva é parte do cruceiro da capela da Braña de Lamas.
Parte do cruceiro da antiga capela da Braña de Lamas, Corcoesto.
Posible emprazamento da antiga capela da Braña de Lamas.
Posible emprazamento da antiga capela da Braña de Lamas.
Posible emprazamento da antiga capela da Braña de Lamas.
Posible emprazamento da antiga capela da Braña de Lamas.
«María da O” é un dos nomes da Virxe María, unha forma de referirse á Virxe da Esperanza, á Virxe embarazada, expectante, á que quedan apenas 8 días para dar a luz. Unha festa desde o s.VII.
O 18 de decembro celebrábase a festa mariana da «espera do parto» ( Expectatio Partus),establecida nesa data polo décimo Concilio de Toledo (656) e esa data do calendario mozárabe mantense. A esa festa chamábaselle «Santa María da O» porque despois de rezar a oración da tarde o coro sostiña unha longa «O», símbolo da expectación do universo pola vinda do Mesías. Desde esa época (séculos VII e VIII) chegáronnos as antífonas que aínda se cantan nesta semana de Advento anterior a Noiteboa. Son 7 antífonas que se cantan co Magnificat do Oficio de Vésperas cada día, desde o 17 ata o 23 de decembro.
O culto á Virxe da Esperanza continuou na capela da Braña de Lamas, en Corcoesto, ata ven avanzado o século XX, se ben o edificio debía estar xa moi deteriorado e limitábase á misa nas vésperas do Nadal.
No século XVIII en Corcoesto había moitos cregos naturais da propia fregresía como Antonio Vaneira e Julián Vaneira, que ademáis eran patrimonistas, é dicir, posuían bens propios; Urbano Collazo levaba un apelido moi común na parroquia; e Antonio Roxo era só capelán.
Sen embargo, isto non significaba que o estado das capelas fose o adecuado. De feito os documentos parroquiais acreditan que a comezos do século XVIII a capela de Sta. Mariña «está indecente en su pavimento e imágenes» que é imposible escoitar misa nela, facéndoo á inclemencia nun montón de pedras contiguo á capela.
Monte das Pedras de Sta. Mariña, Corcoessto. Val fluvial do Lourido.
Monte das Pedras de Sta. Mariña, Corcoessto. Val fluvial do Lourido.
Monte das Pedras de Sta. Mariña, Corcoessto. Val fluvial do Lourido.
Monte das Pedras de Sta. Mariña, Corcoessto. Val fluvial do Lourido.
Monte das Pedras de Sta. Mariña, Corcoessto. Val fluvial do Lourido.
E esta referencia ao montón de pedras é moi interesante, porque aínda hoxe se conserva o microtopónimo Monte das Pedras de Sta. Mariña, e probablemente incluso as mesmas pedras onde no 1726 se escoitaba a misa.
Os documentos parroquiais acreditan que no ano 1753, a causa dunha visita pastoral, as capelanías de Santa María e Santa Mariña están «suprimidas».
Sen embargo, para o ano 1776 o estado da capela de Sta. Mariña do Remuíño xa mellorara notablemente, tal e como se desprende da documentación do arquivo do reino de Galicia.
Existen referencias escritas ao chamado monte das Pedras de Sta. Mariña do Remuíño. Trátase dun documento do ano 1767. Nel indícase que o monte das Pedras de Sta. Mariña está ubicado ao levante e solano.
Monte das Pedras de Sta. Mariña, Corcoesto.
Monte das Pedras de Sta. Mariña, Corcoesto.
Trátase dun círculo de pedras posicionadas ao leste. A súa ubicación e disposición son indicios dun posible lugar de culto ao sol e á vida, do que xa existía constancia no ano 1767.
Moi preto do lugar atópase o dolmen chamado «Cama do Mouro» ou «Cama do Lobo».
Son camiños históricos «todos os previos ás estradas modernas», é dicir, os megalíticos, as vías romanas, os medievais e os de rodas a partir do século XVI, así como os chamados camiños reais desde el XVIII.
Ao redor destes viais hai un patrimonio importante de elementos construidos e desde 1992 a súa delimitación ten un ámbito histórico que é o parroquial.
En Corcoesto está acreditada a existencia deste camiño histórico no ano 1767. O camiño histórico entraría en Corcoesto desde a veciña parroquia de Cereo, atravesaría a ponte do regueiro de Cercarido (val fluvial do río Lourido), o lugar de Bouza Cova, pasaría pola parte de arriba do lugar de Sta. Mariña, cara o solano e o vendaval; chegaría a Fonterremula, pasando por Can de Candares, montes dos Picotos en dirección á Poza Negra no río Anllóns.
Plano de Corcoesto do ano 1956 e itinerario do camiño histórico.