O dereito fundamental á participación implica o deber da mercantil promotora de realizar enquisas ou consultas populares, para coñecer o nivel ou grao de aceptación da cidadanía afectada con respecto ao proxecto industrial que pretende implantar no ámbito da comunidade local afectada, sobre todo se temos en conta que o Plan Sectorial Eólico de Galicia, (aprobado definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, nos termos que recolle a resolución da Consellería de Industria e Comercio do 14 de outubro de 1997), e con unha modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, aprobada definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia o 5 de decembro de 2002, nos termos que recolle a resolución da Consellería de Industria e Comercio do 20 de decembro de 2002 (D.O.G. 3/01/03), non incorpora a normativa das Paisaxes nen foi obxecto no seu momento da preceptiva participación pública que esixe a Lei 16/2010 de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A Comunidade Autónoma de Galicia conta, desde a publicación do Decreto 119/2016, do 28 de xullo, cun Catálogo de Paisaxes, consecuencia da aplicación da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de Protección da Paisaxe de Galicia. O Catálogo das paisaxes de Galicia, ao amparo do disposto no artigo 9.3 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, identifica determinadas zonas xeográficas como áreas de especial interese paisaxístico, en atención aos valores naturais e culturais alí presentes.
O proxecto eólico Coto dás Airas emprázase directamente sobre a Serra do Suído, un emprazamento de alto valor natural e paisaxístico. Atópase por iso clasificada como unha Área de Especial Interese Paisaxístico.
XUSTIFICACIÓN NORMATIVA
Convenio europeo da Paisaxe
O Convenio Europeo da Paisaxe compromete a tomar medidas xerais de recoñecemento das paisaxes; de definición e caracterización; de aplicación de políticas para a súa protección e xestión; de participación pública e de integración das paisaxes nas políticas de ordenación do territorio, así como nas políticas económicas, sociais, culturais e ambientais. Tamén sobre a sensibilización cidadá, a educación e a formación de expertos.
O Convenio Europeo da Paisaxe entrou en vigor o 1 de marzo de 2004. España ratificou o citado Convenio o 26 de novembro de 2007 (BOE de 5/02/2008). Está en vigor no noso país desde o 1º de marzo de 2008.
Artigo 1 – Definicións
Para os efectos do presente Convenio:
por “paisaxe” entenderase calquera parte do territorio tal como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e a interacción de factores naturais e/ou humanos;
A paisaxe é unha PERCEPCIÓN SUBXECTIVADA POBOACIÓN QUE INTERACTUA CON ELA. (Non é por tanto unha percepción de empresas alleas que co único fin de ánimo de lucro pretenden arrebatárllela a esa poboación).
O Convenio recoñece todas as formas das paisaxes europeas, naturais, rurais, urbanos e periurbanos, e tanto as emblemáticas como as ORDINARIAS. Concerne aos compoñentes naturais, culturais e humanizados e ás súas interconexións. O Convenio considera que os valores naturais e culturais ligados á diversidade e calidade das paisaxes europeas supoñen un deber para os países europeos de traballar colectivamente na súa protección, planificación e xestión.
Que se entende por “Obxectivo de Calidade Paisaxística”?
por “obxectivo de calidade paisaxística” entenderase, para unha paisaxe específica, a formulación, por parte das autoridades públicas competentes, das aspiracións das poboacións no que atinxe ás características paisaxísticas da súa contorna;
De aquí dedúcese a lexitimidade da participación da cidadanía (enquisa entre a poboación afectada /consulta popular….etc).
As avaliacións de impacto ambiental de calquer plan, proxecto…etc. teñen que recoller no Estudo da Paisaxe os obxectivos de calidade paisaxística, que se ben son formulados pola Xunta, teñen que recoller as aspiracións das poboacións no que atinxe ás características paisaxísticas da súa contorna.
A norma refírese expresamente ás ASPIRACIÓNS DA POBOACIÓN!!!! Non da mercantil promotora dos proxectos eólicos, por exemplo.
Artigo 5 – Medidas xerais Cada Parte comprométese a:
a. recoñecer xuridicamente as paisaxes como elemento fundamental do medio humano, expresión da diversidade do seu patrimonio común cultural e natural e como fundamento da súa identidade;
b. definir e aplicar en materia de paisaxes políticas destinadas á protección, xestión e ordenación da paisaxe mediante a adopción das medidas específicas contempladas no artigo 6;
C. ESTABLECER PROCEDEMENTOS PARA A PARTICIPACIÓN DO PÚBLICO, as autoridades locais e rexionais e outras partes interesadas na formulación e APLICACIÓN DAS POLÍTICAS en materia de paisaxe mencionadas na anterior letra b.
Artigo 6 – Medidas específicas
D Obxectivos de calidade paisaxística
Cada Parte comprométese a definir os obxectivos de calidade paisaxística para as paisaxes identificadas e cualificadas, previa consulta ao público, de conformidade co artigo 5.c.
CONCLUSIÓNS:
Como queira que o Plan Sectorial Eólico de Galicia aprobado no ano 2007 e modificado no ano 2002, non integra os obxectivos de calidade paisaxística (posto que non integra a normativa da Paisaxe, por ser posterior á data da súa aprobación), é preciso que cada proxecto eólico a desarrollar, conte con un proceso específico de participación da cidadanía, que recolla as aspiracións desta con respecto ao proxecto a implantar e que axude ao órgano ambiental a formular os obxectivos de calidade paisaxística para a área afectada e cumprir deste xeito, coas obrigas derivadas do Convenio europeo da Paisaxe.
Análise do “Proyecto Sectorial Parque eólico Banzas. Promotor: Green Capital Power S.L. Septiembre 2020”.
Con data 26/10/2017, Green Capital Power SL, presentou solicitude de autorización das instalacións de produción de enerxía eléctrica do proxecto denominado Parque Eólico Banzas (número de expediente IN408A 2017/15) ao amparo da Lei 8/2009, do 22 de decembro modificada pola disposición final sétima da Lei 5/2017, do 17 de outubro, máis coñecida como “Lei de Depredación de Galicia”, que acurta prazos e simplifica trámites administrativos.
O proxecto eólico Banzas, ubicaríase nos termos municipais de Outes, Mazaricos e Negreira, na provincia da Coruña.
Para a evacuación da enerxía xerada do Parque Eólico, proxéctase unha liña de evacuación conxunta denominada “Solución de evacuación conxunta dos PE Maragouto e PE Banzas”, cuxo documento de inicio foi presentado o 12/03/2020.
O parque eólico que se proxecta terá unha potencia total de 31,185 MW, polo que se estimamos que o número de horas de funcionamento ao ano é 3.334 horas, obtense que a enerxía producida ao ano é de 103.977 MWh anuais.
Potencia unitaria de 3,465 MW.
Dentro da citada poligonal situaranse os aeroxeradores modelo GAMESA G132 ou similar (a mercantil promotora non especifica realmente o modelo, tanto pode ser ese como outro) de ata 3,465 MW de potencia nominal unitaria, sendo a potencia total do parque de 31,185 MW.
Diámetro de rotor de 132 metros.
Altura de buxe de 134 metros.
O proxecto de execución indica que o emprego do modelo de aeroxenerador está condicionado pola dispoñibilidade do fabricante. No caso de non instalarse este modelo optarase por un de características similares. Non obstante, esta indefinición con respecto ao aeroxenerador debera ser concretada pola mercantil promotora, polas implicacións medioambientais que puidera producir o cambio de máquina.
Acaparamento de terras e deforestación nun momento de crise climática aguda
Mediante este proxecto a mercantil promotora adquire o pleno dominio da cimentación de arexoneradores, a cimentación da torre anemométrica, das plataformas de montaxe de aeroxeneradores e do edificio de control e subestación.
Ademais a mercantil promotora adquire unha área de servidume. A área de réxime de servidume defínese como aquela área que tras a construción do parque non poderá ser utilizada polos propietarios dos terreos para determinadas actividades que afecten negativamente á produción do parque, por exemplo, edificar ou realizar plantacións de especies vexetais en altura superiores a 10 m.
O campo de ventos nunha zona determinada depende, ademais dos parámetros meteorolóxicos intrínsecos, da orografía do terreo: características – vexetación- e existencia de posibles obstáculos –edificacións.
A definición de área de réxime de servidume inclúe os accesos, viais interiores e canalizacións para cableado, a zona de voo do aeroxenerador e a zona de protección eólica da torre anemométrica, é dicir, uns 70 metros de radio.
Coa aprobación do proxecto sectorial as zonas afectadas pola instalación do parque serán catalogadas como chan rústico de especial protección de infraestruturas.
A mercantil promotora prevé un vial de acceso de 658 metros. A partir deste xéranse outros tres viais para acceder aos aeroxeneradores e ás infraestruturas do parque. A subestación eléctrica trasnformadora (SET) de Banzas ubicaríase no municipio de Negreira. A totalidade dos viais do parque suman unha lonxitude de 7 km, en concreto 7.177 metros.
É chamativo que en ningún momento a promotora indique a superficie total que ocuparán as instalacións do parque e a superficie que abrangue a poligonal deste, dato que debera facerse público dado que resulta canto menos incomprensible o excesivo sobredimensionamento da poligonal tendo en conta que só se trata de 9 aeroxeneradores.
Por outra banda prodúcese unha transformación urbanística a favor da promotora e en detrimento da veciñanza e das comunidades rurais afectadas, que coa nova cualificación urbanística perden capacidade sobre da xestión de usos nos solos rústicos de protección agropecuaria e de protección forestal.
Como xustifica a mercantil promotora o interese público e social do proxecto?
A xustificación realízaa única e exclusivamente en base á normativa vixente, polo que se deduce que non existe ningún outro interés público e/ou social para o proxecto. Non alude á xeración de emprego nin a ningún outro beneficio que poida retornar á veciñanza local. Polo tanto, para os núcleos próximos e os seus habitantes non prevé ningún retorno social ou beneficio.
Conforme ao acordo do Consello de la Xunta de Galicia do 5 de Decembro do 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolve o 20 de decembro a publicación no DOG da aprobación definitiva do plan sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia, que adopta entre outras as seguintes medidas:
Aprobar definitivamente o plan sectorial de incidencia supramunicipal, denominado “Plan Eólico de Galicia”.
Vincular o plan territorial dos municipios afectados ás determinacións indicadas nos proxectos sectoriais.
De conformidade coa Disposición Adicional Primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia, quedan cualificadas como de carácter territorial as obras necesarias para a execución dos proxectos:
“Disposición adicional primeira.
1. A aprobación definitiva dos instrumentos de ordenación do territorio levará implícita a declaración de utilidade pública ou interese social das obras, instalacións e servizos proxectados, así como a necesidade da ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras, instalacións e servizos previstos de forma concreta naqueles, para os efectos de expropiación forzosa ou de imposición de servidumes, sempre que conste a descrición física e xurídica individualizada dos bens e dereitos afectados.[…]».
No mesmo sentido pronúnciase a Lei 2/2016 do 10 de febreiro, do chan de Galicia, no artigo 85 do capítulo IX referido para os efectos da aprobación dos instrumentos de plan urbanístico establece:
“Artigo 85 Declaración de utilidade pública
1. A aprobación dos instrumentos de plan urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados aos fins de expropiación ou imposición de servidumes. […]”
O interese público e utilidade social do Parque Eólico obxecto deste proxecto, queda xustificado en virtude do exposto neste apartado e por atoparse devandito Parque dentro das áreas delimitadas no Plan Sectorial Eólico de Galicia, aprobado definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia o 1 de Outubro de 1997.
Resulta cando menos chamativo que a mercantil promotora defina e os cálculos de investimento do proxecto pero non indique nada respecto ao beneficio económico –financiero que prevé obter.
Este dato debérase facer público ao igual que a superficie que ocupan as instalacións e a poligonal do proxecto eólico.
Características do proxecto eólico
O parque eólico Banzas constará de 9 aeroxeradores G132 ou similar de ata 3,465 MW de potencia unitaria, cunha potencia de conxunto de 31,185 MW. Cada aeroxerador dispoñerá do seu propio transformador que entregará a potencia xerada á rede de interconexión interna do parque eólico de media tensión (30 kV). Esta rede interna conducirá a enerxía ata a subestación transformadora 30/132 kV do parque eólico, onde se elevará o nivel de tensión de 30 kV á de transporte, 132 kV.
A enerxía eléctrica evacuarase mediante unha Liña Aérea á tensión de 132 kV ata a súa conexión coa subestación colectora de Lousame 132/220 kV. O proxecto tamén contempla a instalación dunha torre meteorolóxica de medición.
Localización do proxecto
A zona de afección esténdese, desde un punto de vista hidrográfico, entre a conca do Río Tines, polo oeste, pertencente á conca da Ría de Muros e Noia, e a conca do Río Tambre polo leste. O ámbito de estudo onde está situado o parque eólico Banzas atópase a máis de 6 km de calquera área protexida incluída en Rede Natura 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Galicia. O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia é o instrumento básico para a planificación, ordenación e xestión en rede das Zonas de Especial Conservación (ZEC) e das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), zonas que non se verán afectadas polas infraestruturas que compoñen ao parque eólico. Os espazos naturais máis próximos á zona de afección do presente estudo son: polo sur a máis de 6 km a ZEC Esteiro do Tambre, e polo oeste máis de 14 km a ZEC Carnota – Monte Pindo, declarados ambos os como zonas especiais de conservación polo Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2014, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia; e á súa vez, ambos os espazos naturais considéranse zomo Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), constituíntes da Rede galega de espazos protexidos, declaradas segundo o Decreto 72/2004, do 2 de abril. A distancia superior a 6 km e 14 km respectivamente con respecto ao proxecto, non asegura que os citados espazos protexidos non vaian resultar afectados polas instalacións do parque eólico.
Distancias das poboacións ao parque eólico proxectado.
Hai unha serie de núcleos habitados que están á beira do parque proxectado. Ademais do impacto visual que lles afecta directamente tamén hai que ter en conta o impacto acústico. De aí que a veciñanza alomenos destes lugares debe ser consultada sobre do seu grao de aceptación ou non do proxecto, e todo isto base ao Convenio europeo da Paisaxe. Os núcleos moi afectados son: Camplongo, Vilar de Arriba, Vilar de Abaixo, Couso de Arriba, Couso de Abaixo, Cabana Moura.
Cómpre ter en conta que o núcleo de poboación de Campolongo está afectado por 3 aeroxeneradores: BZ01, BZ02, BZ05. Couso de Abaixo estaría afectado por 2 aeroxeneradores: BZ02 e BZ03. Cabana Moura estaría afectada por outros 2 aeroxeneradores, os BZ03 e BZ04. Debido as proximidades aos aeroxeneradores precísase un estudo riguroso do impacto acústico e un estudo sanitario sobre dos efectos que sobre da saúde pode ter a exposición ao ruido.
Ao anterior hai que engadir que a promotora non indica nada respecto ás distancias dos aeroxeneradores ás casas illadas. Obvia este extremo.
Distancias do proxecto eólico de Banzas da promotora Green Capital Power S.L. aos núcleos habitados
Impacto acústico MOI SEVERO
As fontes de ruído máis destacadas que se poden considerar en zonas próximas á área de implantación do proxecto eólico son:
– Os vehículos que transitan polas estradas que rodean a zona de implantación, que a mercantil promotora non indica.
– Vehículos e maquinaria forestal que circulan polos numerosos camiños que se localizan na contorna do parque, que a promotra tampouco indica.
A isto hai que engadir o ruido do parque eólico proxectado, tanto na súa fase de execución como de funcionamento. Polo tanto, cómpre avaliar en conxunto o total dos impactos acústicos e os seus efectos sobre a saúde humana e dos ecosistemas.
Que impacto acústico pode ter sobre a saúde dos habitantes vivir á beira de 3 ou 2 aeroxeneradores que funcionan todos os días do ano, día e noite?
Impacto severo sobre o escribano palustre
Con respecto ao Plan de recuperación da subespecie lusitánica do escribano palustre (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitanica), o parque eólico Banzas proxéctase sobre a área de distribución potencial, conforme o Decreto 75/2013, do 10 de maio, polo que se aproba o Plan de recuperación desta especie en Galicia.
Impacto severo sobre os mamíferos
Por outra banda, comprobáronse tamén as Zonas Importantes para os Mamíferos (ZIM), as cales constitúen unha listaxe dos espazos de especial importancia para a conservación de mamíferos en España realizado pola Sociedade Española para a Conservación e Estudo dos Mamíferos (SECEM), facendo uso da información existente no Atlas dos mamíferos de España, polo que non só ten en conta as especies presentes nunha área en concreto, senón que tamén o seu grao de ameaza, endemicidad ou vulnerabilidade. Os aeroxeradores BZ1, BZ2, BZ3, BZ4, BZ7, a torre de medición, zona de provisión e a subestación do parque eólico atópanse situados no interior do ZIM Cuenca do Río Tambre.
A clasificación aplicable ao chan sobre o que se asenta o parque eólico é a de “Chan Rústico Común”, “Chan Rústico Protexido de protección Forestal” e “Chan Rústico Protexido de protección Agrícola. Dado que se trata dun planeamento anterior á lei 2/2016 do Chan de Galicia e non adaptado á LOUG, aplicaráselle conforme á disposición transitoria primeira, o disposto na lei 2/2016 para o chan rústico, polo que a afección ao parque eólico no chan deste concello é equivalente a “Chan rústico de protección ordinaria”, “Chan rústico de protección forestal” e “Chan rústico de protección Agrícola”.
Impacto hídrico
O ámbito de estudo do parque eólico sitúase sobre as masas de auga subterráneas denominadas como: MasSub 014.006 “Muros – Noia”, MasSub 014.0067 “Tambre”, e MasSub 014.018 ”Xallas”. As infraestruturas que constitúen o parque eólico, sitúase sobre a masa de auga subterránea denominada “Muros-Noia”.
Impacto sobre a Rede Natura
O ámbito de estudo onde está situado o parque eólico Banzas atópase a máis de 6 km de calquera área protexida incluída en Rede Natura 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Galicia. Sin embargo, esta distancia non garante a non afección. O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia é o instrumento básico para a planificación, ordenación e xestión en rede das Zonas de Especial Conservación (ZEC) e das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), zonas que non se verán afectadas polas infraestruturas que compoñen ao parque eólico. Os espazos naturais máis próximos á zona de afección do presente estudo son: polo sur a máis de 6 km a ZEC Esteiro do Tambre, e polo oeste máis de 14 km a ZEC Carnota – Monte Pindo, declarados ambos os como zonas especiais de conservación polo Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2014, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia; e á súa vez, ambos os espazos naturais considéranse zomo Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), constituíntes da Rede galega de espazos protexidos, declaradas segundo o Decreto 72/2004, do 2 de abril. A mercantil promotora indica que a distancia superior a 6 km e 14 km respectivamente con respecto ao proxecto, asegura que os citados espazos protexidos non estarán afectados polas instalacións do parque eólico. Esta afirmación debera ser avaliada adecuadamente.
Impacto moi severo sobre os hábitats
A Directiva 92/43/CEE do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre e posteriores modificacións define as seguintes categorías:
– Especies de interese comunitario para as que é necesario designar zonas especiais de conservación: Anexo II.
– Especies de interese comunitario que requiren unha protección estrita: Anexo IV.
– Especies de interese comunitario cuxa recollida na natureza e a súa explotación poden ser obxecto de medidas de xestión: Anexo V.
Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase inventariada polo IEET a especie Euphorbia uliginosa, planta baixo a categoría UICN para España de CR (en perigo de extinción crítico) e segundo o catálogo galego de especies ameazadas atópase en perigo de extinción.
Esta especie aparece no Noroeste de Galicia ligada a medios higroturbosos con matogueiras hidrófilos de Genisto berbereideae- Ericetum tetracilis (brezales húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica ciliaris e Erica tetralix), segundo a Directiva 92/43/CEE).
Sen embargo, a mercantil promotora indica que durante a visita realizada ao emprazamento do futuro parque eólico non se observaron exemplares de Euphorbia uliginosa.
Na citada Directiva do 21 de maio de 1992 considéranse os seguintes hábitats:
– Hábitats de interese comunitario: son os que se atopan ameazados de desaparición na súa área de distribución natural, os que presentan unha área de distribución natural reducida por mor de regresión ou debido á súa área intrinsecamente restrinxida, ou os que constitúen exemplos representativos de características típicas dunha ou de varias das cinco rexións biogeográficas seguintes: alpina, atlántica, continental, macaronesia e mediterránea.
– Hábitats naturais prioritarios (*): son aqueles hábitats ameazados de desaparición cuxa conservación supón unha especial responsabilidade, tendo en conta da importancia da proporción da súa área de distribución natural incluída no territorio.
Os hábitats catalogados no ámbito da poligonal do parque eólico son:
Bosques aluviales de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior Cód. Hábitat: 91E0*
Robledais galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pirenaica Cód. Hábitat: 9230
Brezais húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica ciliaris e Erica tetralix Cód. Hábitat: 4020* Brezais oromediterráneos endémicos con aliaga Cód. Hábitat: 4090
Formacións estables xerotermófilas de Buxus sempervirens en pendentes rochosas (Berberidion p. p.) Cód. Hábitat: 5110
Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica Cód. Hábitat: 8220 (Fonte: Os hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas).
A mercantil promotora indica que estudou con máis detalle os hábitats recolleitos no polígono 32321, por ser os que se verían afectados polo futuro parque eólico Banzas. É dicir, os menos afectados quedarían fóra do estudo, o que é totalmente anómalo. Polo tanto ten que cumplimentar o estudo de todos eles.
Os aeroxeradores BZ5, BZ6, BZ7, BZ8 e BZ9, así como os viais para acceder aos mesmos, sitúanse sobre os hábitats de interese comunitario Brezais secos europeos (4030) e Brezais oromediterráneos endémicos con aliaga (4090), e o hábitat de interese prioritario Brezales húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica ciliares e Erica tetralix (4020*).
Parte das estruturas localízanse sobre formacións de hábitats catalogadas. A Directiva 92/43 PREVÉ A CONSERVACIÓN DESTES E INDICA EXPRESAMENTE A OBRIGA DE MANTER E RESTABLECER OS MEMOS NUN ESTADO DE CONSERVACIÓN FAVORABLE, polo tanto o proxecto eólico de Banzas é INCOMPATIBLE cos obxectivos de conservación e mantemento en condicións favoralbes dos hábitats citados.
Ao respecto cómpre indicar que a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres establece no seu artigo 2:
“1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.
2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.
Os eucaliptais e os incendios favorecen a implantación de eólicos en hábitats protexidos
A mercantil promotora indica que para comprobar a existencia destes hábitats procedeuse á realización dos traballos de identificación en campo, que permitiron definir a área de presenza exacta dos mesmos. Comprobouse que, dadas as alteracións sufridas na contorna (áreas de produción agrícola e forraxeira, incendios forestais, presenza de especies alóctonas, etc.), a mancha inventariada polo Ministerio de Medio Ambiente non coincide co observado en campo.
A propia promotora recoñece que a degradación dos hábitats oferta un marco propicio para a implantación das infraestruturas eólicas.
Afección á fauna
A afección dos aeroxeradores sobre a fauna non se reduce exclusivamente ao risco de colisión de aves coas pas, senón que tamén pode chegar a producir unha importante alteración na utilización do medio por parte da fauna que poboa a zona, en especial das aves, así como cambios no seu comportamento. Este efecto orixínase polos impactos acústico e visual producidos polos aeroxeradores, non resultando posible aceptar, como indica a mercantil promotora, que isto sexa unha medida de precaución das especies que habitan na zona. Deste xeito redúcese biodiversidade ao afectar á área de alimentación e dispersión de certas especies, ou a alterar a liña e altura de voo de certas especies de aves migratorias, etc. En canto á posibilidade de que se configure un espazo baleiro na zona, é dicir, que se produza escaseza de aves por alteración na utilización do medio, así como un cambio substancial no seu comportamento é moi probable que se produza. Deste xeito, trataríase dun impacto SIGNIFICATIVO en relación á implantación do parque eólico Banzas.
Impacto sinérxico e acumulado dos numerosos parques eólicos previstos para a zona de afección do proxecto eólico Banzas: impactos ambientais, paisaxísticos e acústicos. Necesidade dunha avaliación exhaustiva e pormenorizada tanto individual como de conxunto
Cómpre analizar os efectos ocasionados polo novo parque de maneira individual e de maneira colectiva coas instalacións do mesmo tipo xa existentes. Os principais efectos sinérxicos non só se poden desenvolver sobre a paisaxe e a avifauna, como indica a mercantil promotora, senón tamén e ante todo, para a poboación dos núcleos implicados e directamente afectados. Se o impacto acústico era xa severo para os núcleos poboacionais sinalados anteriormente, ao ter en conta os numerosos parques eólicos proxectados e en funcionamento, os efectos e impactos acumúlanse e sobredimensiónanse considerablemente e multiplicando o risco de colisión da avifauna. E isto non está correctamente avaliado en detalle. Ao anterior hai que engadir as liñas de alta tensión e de evacuación previstas e en funcionamento.
Cal vai a ser o impacto paisaxístico global e acumulado?
Proxecto eólico Sancosmeiro que afecta aos municipios de Outes e Mazaricos, con 8 aeroxeneradores e 36 MW, a 4.332 metros.
Proxecto eólico Alvite I que afecta aos municipios de Mazaricos e Negreira, con 12 aeroxeneradores e 41, 4 MW de potencia instalada a 2.925 metros.
Proxecto eólico Alvite II que afecta aos municipios de Mazaricos, Negreira e Santa Comba con 6 aeroxeneradores e 27 MW de potencia instalada, ubicado a 4.967 metros.
Ao oeste do parque proxectado xa existe outro parque en funcionamento, o parque eólico Serra de Outes a tan só 938 metros do proxecto eólico Banzas.
Proxecto eólico Outes, en tramitación, a 1.836 metros.
Proxecto eólico A Picota, en tramitación, a 2.964 metros.
Proxecto eólico Corzán, en explotación, a 2.972 metros.
Ao anterior hai que engadir as Liñas de Alta Tensión previstas para cada un dos parques.
Distancias a outros parques en explotación ou en tramitación
Impacto arqueolóxico moi severo e incompatible
O elemento patrimonial GA15056090, A Mina dá Lagoa, en cuxo ámbito de protección subsidiario atópase a SET do parque eólico. A situación da SET invade parcialmente o sector SE de cautela, situándose a uns 100 metros ao SE do elemento. É importante lembrar que o criterio actual da DXPC é non permitir obras que provoquen novas afeccións dentro das cautelas dos xacementos arqueolóxicos.
Impacto moi severo sobre o patrimonio
É preciso afastar calquer elemento do parque eólico fóra da área de cautela dos bens arqueolóxicos e buscar por tanto outras alternativas, dada a súa incompatibilidade.
A mámoa 1 do Prado de Banzas, catalogada como GA15062017, resulta moi afectada polo proxecto. O mesmo sucede coa Mámoa 2 de Prado de Banzas, GA15062032, pertencente ao concello de Outes. O mesmo sucede coa Mámoa 3 do Prado de Banzas, GA15062033. Ambas as dúas quedan á beira dos aeroxeneradores, na parroquia de San Ourente de Entís.
O proxecto ten un impacto severo sobre o Petrógligo 01, o Túmulo REF02, a Cruz 01 e o TOP01 Cotón das Murallas.
Dado o impacto moi severo que o proxecto eólico supón para o patrimonio cultural e arqueolóxico mencionado debérase de buscar outras alternativas para ós aeroxeneradores. Tampouco se comprende como tendo o parque proxectado unha poligonal tan ampla, se teñan que ubicar os aeroxeneradores precisamente á beira destes bens patrimoniais. Isto resulta incomprensible e inaceptable.
Impacto paisaxístico severo sobre o Mirador Monte do Cotro
Como consecuencia da morfoloxía do territorio, existen puntos altos que ofrecen vistas panorámicas. O mirador máis próximo ao parque é o Mirador Monte do Cotro, que se atopa entre os aeroxeneradores BZ8 e BZ9, sobre dos 200 m e 270 metros de distancia respectivamente. Dada a importancia deste mirador desde o que se observa a desembocadura do río Tambre na ría de Muros –Noia, o impacto paisaxístico resultante é severo.
Por outra banda, atópase unha estrutura defensiva en forma de torre de planta rectangular. Este elemento situaríase a 2.400 metros do aeroxenerador máis próximo, o BZ9, polo que cumpriría que a promotora completara o impacto visual do proxecto eólico sobre este ben patrimonial.
Como queira que a valoración da presenza dun parque eólico na paisaxe é en boa medida subxectiva, sendo un impacto sobre o medio inherentemente asociado á súa existencia, non sendo posible formular medidas que o eliminen totalmente, as comunidades locais afectadas teñen o dereito a dicidir se lles afecta ou non visualmente o proxecto eólico, polo que a empresa promotora debe realizar unha enquisa ou consulta popular á veciñanza afectada sobre a disposición desta a aceptar ou non o impacto visual derivado das instalacións do proxecto eólico Banzas, sobre todo se temos en conta que a planficación eólica prevista no Plan Sectorial Eólico de Galicia resulta caduca, obsoleta e non democrática, ao non incorporar a normativa da Paisaxe nin permitir a participación pública na súa elaboración.
É importante destacar que o proceso de avaliación ambiental debe incorporarse canto antes ao proceso de deseño dun plan sectorial. Desta forma asegúrase que as valoracións ambientais realizadas teranse en conta no proceso de toma de decisións, o cal conlevará que o deseño final sexa o que menor agresión ocasione ao medio ambiente. Pois ben, no referido ao Plan Sectorial Eólico de Galicia, este non contou no momento da súa aprobación nin da súa modificación posterior, coa normativa das Paisaxes nin a necesaria participación pública, polo que a planificación realizada peta coa realidade dos espazos escollidos e planificados, o que dá lugar como é o presente caso, a graves afeccións ambientais, paisaxísticas e patrimoniais e como non, a consecuencia máis grave é que existan núcleos habitados afectados directamente por tres ou dous aeroxeneradores. A isto hai que engadirlle que non se indica nada respecto ás distancias ás casas illadas.
Conclusións:
É inadmisible o cúmulo de impactos severos que o proxecto do parque eólico Banzas prevé na área da súa influencia. Ningún ser humano merece vivir e desarrollarse na área de influencia de tantos parques eólicos e exposto aos impactos acústicos e paisaxísticos de todos eles. En calquer caso, a veciñanza afectada debe ser consultada sobre a aceptación ou non deste proxecto, que pode marcar un antes e un despois nas súas vidas, tendo en conta ademais que o proxecto non prevé retorno social algún que vaia a mellorar a vida das poboacións afectadas. Polo tanto, a empresa debe consultar á veciñanza de Outes, Mazaricos e Negreira para coñecer se contan ou non coa necesaria licencia social para un proxecto tan agresivo coa entorna na que desarrollan as súas vidas.
A desaparición das antigas vías pecuarias. Vulneración da normativa sobre vías pecuarias
O proxecto eólico O Cerqueiral, un máis no medio doutros nove, dentro da mesma Área de Desenvolvemento Eólico
A mercantil Greenalia recoñece como máis afectados aos núcleos de Padrín, O Rueiro, A Brañeira, Couso e Esternande
Análise do “Proyecto Sectorial Del Parque Eólico “O Cerqueiral”, en los términos municipales de Coristanco, Cabana de Bergantiños y Santa Comba, (A Coruña). Mayo 2020”.
O proxecto do parque eólico O Cerqueiral está composto por 6 aeroxeradores modelo LAGERWEY L136 4,5 MW ou similar ( a mercantil promotora non especifica realmente o modelo, tanto pode ser ese como outro), de potencia máxima activa de xeración eléctrica 4.500 KW para unha potencia instalada de 27 MW. A poligonal do parque ocupa unha superficie de 1.521 ha.
O parque eólico estará situado dentro dos termos municipais de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Santa Comba, e sitúase dentro das Área de Desenvolvemento Eólico denominadas G-9/ G-10 e San Roque, incluídas dentro do plan sectorial eólico de Galicia.
A promotora Greenalia Wind Power sinala que estudaron as situacións das poboacións máis próximas ás instalacións do parque, manténdose en todo momento unha zona de exclusión de 500 metros contorna aos límites dos núcleos rurais consolidados e de 200 para as vivendas illadas ou zonas de expansión futura de núcleos. Sen embargo, sinala como núcleos máis afectados Padrín, O Rueiro, A Brañeira, Couso e Esternande.
Características xerais:
– 6 aeroxeradores de 4,500 KW de potencia nominal
– Potencia prevista do parque: 27 MW.
– Altitudes comprendidas entre os 350 e os 410 metros sobre o nivel medio do mar en Alacante.
– Horas equivalentes nominais netas do parque: 3.287.
– Produción anual neta media do parque: 88.758 MWh/ano.
O aeroxerador LAGERWEY L136 4,5 MW ou similar é un aeroxerador con regulación por cambio de paso con dirección activa e un rotor de tres pas. A altura da buxe do aeroxerador é de 111 metros. O diámetro do rotor do aeroxerador é de 136 metros.
Greenalia Wind Power, a empresa promotora indica que a competitividade económica na zona verase favorecida pola instalación do novo parque eólico. Sinala que grazas a esta nova infraestrutura crearanse novas empresas e novos postos de traballo, o que mellorará a actividade económica da zona, pero non indica cantos empregos, nin a calidade dos mesmos.
Calidade de vida?
Greenalia Wind Power, a empresa promotora indica que a implantación do parque eólico mellorará a calidade de vida “dos cidadáns” (emprega unha linguaxe sexista nos documentos do proxecto), xa que contribuirá á mellora da calidade da subministración eléctrica da zona, por exemplo, diminuíndo cortes eléctricos e caídas de tensión. Sen embargo non indica a que cortes eléctricos se refire nen especifica cales son as caídas de tensión que padece a veciñanza afectada, xa que logo non existe constancia desta problemática nos núcleos afectados polo proxecto.
Tamén indica que: “Debe ser mencionado que desde o punto de vista do emprego favoreceranse a creación de postos de traballo e os novos ingresos do concello pola instalación do parque”.Pero reitérase que non indica nin cantos, nin a súa calidade, nin desagrega os mesmos por razón de xénero.
Greenalia Wind Power indica no proxecto: “No deseño do parque eólico maximizouse a protección do patrimonio, tanto natural como cultural, de tal forma que non se afectará ao patrimonio cultural e a afección ao medio natural será moderada, compatible ou non significativa”.
1.- Vamos a ver canto de certo ten esta afirmación.
O parque atópase situado en terreos cualificados como Chan Rústico de protección agropecuaria, Chan Rústico de Proteccion Forestal, Chan Rústico de Proteccion de Infraestruturas e chan rústico de protección de augas no concello de Coristanco e a súa incidencia a nivel urbanístico tamén afactará aos Concello de Santa Comba en terreo cualificado como Chan Rústico de Protección Agropecuaria e ao terreo de Cabana de Bergantiños en terreo cualificado como chan rustico de protección agropecuaria.
Coa aprobación do proxecto sectorial as zonas afectadas pola instalación do parque serán catalogadas como chan rústico de especial protección de infraestruturas.
É dicir, prodúcese unha transformación urbanística a favor da promotora e en detrimento da veciñanza e das comunidades rurais afectadas, que coa nova cualificación urbanística perden capacidade sobre da xestión de usos nos solos rústicos de protección de augas, de protección agropecuaria e de protección forestal.
Indica tamén a mercantil promotora que: “…pero respéctanse os elementos que compoñen o patrimonio cultural mentres o impacto sobre o medio natural, considerado como moderado, atópase minorado polos impactos positivos derivados da instalación do parque eólico”. Sen embargo, Greenalia Wind Power non especifica nin concreta eses efectos positivos que se van a derivar para os municipios afectados en relación á implantación do parque eólico.
A viabilidade económico financieira do proxecto prevese que será de 6.536.026 euros. Cal é a viabilidade económico financiera do proxecto para as comunidades locais afectadas? A mercantil non o indica.
2.- Impacto visual.
A Comunidade Autónoma de Galicia conta, desde a publicación do Decreto 119/2016, do 28 de xullo, cun Catálogo de Paisaxes, consecuencia da aplicación da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de Protección da Paisaxe de Galicia. O Catálogo das paisaxes de Galicia, ao amparo do disposto no artigo 9.3 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, identifica determinadas zonas xeográficas como áreas de especial interese paisaxístico, en atención aos valores naturais e culturais alí presentes. O ámbito do proxecto está encadrado principalmente na gran área “Chairas e Fosas Occidentais” e dentro de tres comarcas paisaxísticas Terra de Soneira, Bergantiños e Terra de Xallas.
A mercantil Greenalia di:
“Non existe afección directa a áreas de especial interese paisaxístico (AEIP), situándose a máis próxima á área de implantación do parque eólico, o denominado Lagoa de Alcaián, a aproximadamente 2,2 km ao leste. O miradoiro máis próximo, chamado Pico Meda, sitúase a un 4,2 km da zona de implantación en dirección suroeste, con todo cabe sinalar que se trata dun punto elevado dentro das instalacións dun parque eólico”.
A empresa indica que:
“…Esta zona non se atopa habilitada para o gozar da paisaxe xa que non conta nin cun miradoiro nin con zona de recreo ou esparexemento, non se prevé un alto número de potenciais observadores”.
Resulta evidente que a paisaxe non se goza dela só desde os miradores, sen dúbida é unha afirmación moi pouco afortunada e un desprezo total ás paisaxes.
O humidal máis próximo, denominado A Palada, sitúase ao sur do parque eólico, a uns 750 metros da máquina 04, situándose un parque eólico xa existente máis preto deste humidal, a uns 440 metros. Na AEIP, a denominada Lagoa de Alcaián, serán visibles as máquinas do parque eólico desde gran parte da súa superficie, sendo visibles tres aeroxeradores, debendo sinalar que desde este AEIP, situada a un 2,2 km ao leste do parque eólico avaliado, xa se observan as máquinas do parque eólico Castelo, que se localizan a un 2,3 km.
Polo tanto, para evitar a afección e o impacto visual severo á AEIP “Lagoa de Alcaián” deben ser eliminados os aeroxeneradores visibles, isto é, alomenos tres deles. Por outra banda, a afección do aeroxenerador 04 ao humidal A Palada, implica tamén a eliminación deste ao non poder engadirse máis impactos dos existentes e non desvirtuar a natureza e o valor ecolóxico do humidal.
Indica erróneamente a mercantil Greenalia que:
“Ao tratarse dunha paisaxe no que se observa a presenza de parques eólicos considérase que a súa fraxilidade non aumentaráao proceder á implantación das estruturas do proxecto, xa que non supoñerá a introdución dun novo uso e elemento na paisaxe. Por tanto, debido a que, por unha banda, o parque eólico localízase nunha paisaxe que presenta unhas características moi comúns na comunidade galega, onde se observan repoboacións forestais, estradas, liñas eléctricas, canteiras e aeroxeradores, sen que exista ningún elemento ou aspecto que lle outorgue un maior valor paisaxístico, e aínda que desde algúns puntos de concentración de potenciais observadores será visible o parque eólico, debido ao apantallamiento que produce a vexetación arbórea nas inmediacións deses puntos, non se espera que a execución deste novo parque eólico vaia a producir unha gran afección paisaxística”.
Pois precisamente por iso, precisamente froito da planficación e execución desordenada do Plan eólico e as infraestruturas en Galicia e unha nula xestión forestal ordenada, este proxecto eólico sí vai a producir unha gran afección paisaxística, á que hai que engadir a xa existente derivada doutros aeroxeneradores e liñas eléctricas. Por tanto, terá que avaliarse adecuadamente todos os impactos acumulados derivados de todos eles, incluidos as repobaocións forestais, estradas…etc.
Continúa a explicar a mercantil:
“Como se aprecia nas infografías do documento de inicio, tan só desde tres dos doce puntos estudados, doce poboacións, dúas delas en puntos da CP-2902, Ventoso, Esternande e O Pazo dá Trabe observaranse os seis aeroxeradores do parque eólico. Desde A Balsa (DP-2902) serán potencialmente visibles cinco máquinas, mentres que desde Padrín, O Anido (DP-2902), O Vilar e A Ribela tan só serán visibles catro máquinas quedando as outras dúas apantalladas polo relevo. Desde as outras catro poboacións tan só serán potencialmente visibles dúas das seis máquinas do parque eólico”.
É dicir, que o impacto visual sí vai a ser importante para a veciñanza das poboacións mencionadas, isto é, Padrín, O Anido, O Vilar, A Ribela, A Balsa, Ventoso, Esternande e o Pazo dá Trabe.
Como indica Greenalia: “En calquera caso, a valoración da presenza dun parque eólico na paisaxe é en boa medida subxectiva, sendo un impacto sobre o medio inherentemente asociado á súa existencia, non sendo posible formular medidas que o eliminen totalmente”.
Polo tanto, xa que o impacto é algo inherente á propia existencia do parque e dado que non hai medidas que o eliminen totalmente e dada a natureza subxectiva do impacto, as comunidades locais afectadas teñen o dereito a dicidir se lles afecta ou non visualmente o proxecto eólico, polo que Greenalia debe realizar unha enquisa á veciñanza afectada sobre a disposición desta a aceptar ou non o impacto visual derivado das instalacións do proxecto eólico O Cerqueiral.
3.- Plan Sectorial Eólico de Galicia caduco, obsoleto e non democrático, ao non incorporar a normativa da Paisaxe nin permitir a participación pública na súa elaboración
Existe un Plan Sectorial Eólico de Galicia, (aprobado definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, nos termos que recolle a resolución da Consellería de Industria e Comercio do 14 de outubro de 1997), e existe unha modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, aprobada definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia o 5 de decembro de 2002, nos termos que recolle a resolución da Consellería de Industria e Comercio do 20 de decembro de 2002 (D.O.G. 3/01/03).
No artigo 9.2 do decreto 80/2000 do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, indícase que os proxectos sectoriais, documentos necesarios para a autorización dun parque eólico, deberán axustarse ás determinacións do correspondente plan sectorial.
O Parque Eólico O Cerqueiral aséntase sobre dúas zonas de investigación eólica aprobadas do Plan Eólico sectorial denominadas G-9/ G-10 e San Roque.
É importante destacar que o proceso de avaliación ambiental debe incorporarse canto antes ao proceso de deseño dun plan sectorial. Desta forma asegúrase que as valoracións ambientais realizadas teranse en conta no proceso de toma de decisións, o cal conlevará que o deseño final sexa o que menor agresión ocasione ao medio ambiente. Pois ben, no referido ao Plan Sectorial Eólico de Galicia, este non contou no momento da súa aprobación nin da súa modificación posterior, coa normativa das Paisaxes nin a necesaria participación pública, polo que a planificación realizada peta coa realidade dos espazos escollidos e planificados, o que dá lugar como é o presente caso, a graves afeccións ambientais, paisaxísticas e patrimoniais como é o caso do humidal A Palada, a Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Lagoa de Alcaián, o Túmulo de Monte dá Brañeira (GA15029034) e, por suposto, afeccións non desexadas para as comunidades locais máis afectadas, isto é, Padrín, O Anido, O Vilar, A Ribela, A Balsa, Ventoso, Esternande e o Pazo dá Trabe. Existe por tanto no deseño do propio Plan Sectorial fallas e lagoas na elaboración do regulamento planificador eólico que vician o desarrollo e posterior aprobación e execución dos proxectos eólicos previstos no mesmo, xa que logo non se tivo en conta ab inictio na súa aprobación a normativa sectorial de aplicación, o que implica a nulidade de pleno dereito do regulamento e da planificación eólica.
3.- Distancias das poboacións ao parque eólico proxectado.
Practicamente estes núcleos están á beira do parque proxectado. Ademais do impacto visual que lles afecta directamente tamén hai que ter en conta o impacto acústico. De aí que a veciñanza alomenos destes lugares debe ser consultada sobre do seu grao de aceptación ou non do proxecto.
Aeroxenerador 01 Padrín 696 m
Aeroxenerador 04 O Rueiro 749 m.
Aeroxenerador 01 A Brañeira 978
Aeroxenerador 06 Couso 765 m
Aeroxenerador 06 Esternande 761 m
Aeroxenerador 06 A Ribela 1.140 m
Aeroxenerador 06 Pereiras 1.167 m
4.- Impacto arqueolóxico.
As estruturas asociadas á máquina 02 así como parte do vial de acceso á máquina 01 na súa contorna atópanse na área de cautela do topónimo “Alto dous Sartegos” (TOP15014013), localizándose así mesmo un pequeno tramo de gabia de cableado dentro da área de cautela do Túmulo de Monte dá Brañeira(GA15029034), sendo proxectada esta gabia pola cuneta máis afastada a este elemento da estrada existente.
É preciso afastar calquer elemento do parque eólico fóra da área de cautela dos bens arqueolóxicos e buscar por tanto outras alternativas, dada a súa incompatibilidade.
5.- Impacto acústico.
As fontes de ruído máis destacadas que se poden considerar en zonas próximas á área de implantación do proxecto eólico son:
– Os vehículos que transitan polas estradas que rodean a zona de implantación, AG-55, AC-552, CP-2902 e CP-2904.
– Vehículos e maquinaria forestal que circulan polos numerosos camiños que se localizan na contorna do parque.
A isto hai que engadir o ruido do parque eólico proxectado, tanto na súa fase de execución como de funcionamento:
Núcleos afectados polo impacto acústico:
Municipio de Coristanco:
Aeroxenerador 01 Figueiroa 1.020 m
Aeroxenerador 02 O Rueiro 1.151 m
Aeroxenerador 03 O Rueiro 757 m
Aeroxenerador 04 O Rueiro 729 m
Aeroxenerador 05 Esternande 727 m
Aeroxenerador 06 Esternande 828 m
Municipio de Santa Comba:
Aeroxenerador 01 Estivada 3.111 m
Aeroxenerador 02 Estivada 2.563 m
Aeroxenerador Estivada 2.009 m
Aeroxenerador 04 Estivada 1.626 m
Aeroxenerador 05 Estivada 2.235 m
Aeroxenerador 06 Estivada 2.231 m
Municipio de Cabana de Bergantiños:
Aeroxenerador 01 Padrin 721 m
Aeroxenerador 02 Padrin 1.219 m
Aeroxenerador 03 Padrin 1.836 m
Aeroxenerador 04 Padrin 2.264 m
Aeroxenerador 05 Padrin 3.595 m
Aeroxenerador 06 Padrin 4.626 m
Indica a mercantil Greenalia que: “Tan só algunhas casas de Padrín, O Rueiro e Esternande percibirán entre os 40-45 dB, estando por tanto en todo momento dentro dos límites establecidos pola lexislación. As demais poboacións e casas illadas situadas máis afastadas que as citadas recibirían un nivel sonoro máximo de 40 dB como se observa no mapa de ruído”.
Non obstante, como xa se dixo anteriormente a isto hai que engadir o ruido procedente doutras fontes de emisión como os vehículos que circulan polas estradas que rodean a zona de implantación, AG-55, AC-552, CP-2902 e CP-2904 e os vehículos e maquinaria forestal que circulan polos numerosos camiños que se localizan na contorna do parque. Polo tanto, cómpre a realización dun estudo sobre o impacto que sobre a saúde da veciñanza afectada vai a ter a sobreexposición cotiá e permanente ao cúmulo de ruidos e se estes entran dentro dos máximos tolerables, isto é, os os 55 dB de máximo xa que os aeroxeradores tamén funcionan en horario nocturno.
Entre as medidas correctoras propostas pola empresa para minimizar a sobreexposición da veciñanza ao ruido figura:
“Medidas correctoras propostas. No apartado correspondente á valoración do impacto acústico producido pola implantación do parque, obtívose a conclusión de que aquel era moi baixo nas poboacións próximas ao parque. Por tanto, non será necesario tomar medidas de corrección”.
Sin dúbida, a mercantil Greenalia pretende minimizar custes e facilitar a execución e posta en funcionamento do proxecto sen ter en conta a saúde da veciñanza e dos ecosistemas afectados. Non prevé nin medidas preventivas nin correctoras para minimizar o impacto acústico.
Tamén indica Greenalia, a mercantil promotora:
“No caso de que superen os valores legalmente establecidos adoptaranse as medidas correctoras oportunas (incremento do illamento dos equipos, pantallas de illamento acústico, etc)”.
Pois ben, isto non é correcto. A empresa debe establecer que medidas preventivas prevé adoptar en relación á problemática acústica, que no presente caso é crucial, dada a acumulación de ruidos aos que vai estar exposta a poboación próxima ao proxecto do parque e a avifauna. É por tanto unha irresponsabilidade non só non prever medidas correctoras, senón que é ilegal non establecer medidas preventivas para evitar o impacto acústico e as súas consecuencias para as poboacións locais e a avifauna.
6.- Impacto sinérxico e acumulado dos 9 parques eólicos previstos para a zona de afección do proxecto eólico O Cerqueiral: impactos ambientais, paisaxísticos e acústicos. Necesidade dunha avaliación exhaustiva e pormenorizada tanto individual como de conxunto
Non se pode definir o impacto como moderado como realiza a mercantil promotora, senón que o impacto é moi severo tendo en conta a presenza de catro parques eólicos en tramitación e cinco en funcionamento nas proximidades da área de estudo. Cómpre analizar os efectos ocasionados polo novo parque de maneira individual e de maneira colectiva coas instalacións do mesmo tipo xa existentes. Os principais efectos sinérxicos non só se poden desenvolver sobre a paisaxe e a avifauna, como indica a mercantil promotora, senón tamén e ante todo, para a poboación dos núcleos implicados e directamente afectados. Se o impacto acústico era xa severo para os núcleos poboacionais sinalados anteriormente, ao ter en conta os 9 parques eólicos indicados, os efectos e impactos acumúlanse e sobredimensiónanse considerablemente e multiplicando o risco de colisión da avifauna. E isto non está correctamente avaliado en detalle.
Neste caso, dentro deste radio aparecen os seguintes parques:
• Parque eólico de Silvarredonda con 13 aeroxeradores a unha distancia de 4,5 quilómetros en dirección norte, en funcionamento.
• Parque eólico de Fonte Silva con 12 aeroxeradores a unha distancia de 0,64 quilómetros entre as dúas aliñacións do parque e ao sur, en funcionamento.
• Parque eólico de Ampliación de Fonte Silva con 4 aeroxeradores a unha distancia de 1,3 entre as dúas aliñacións do parque e ao sur, en funcionamento.
• Parque eólico de Zas- Meda con 80 aeroxeradores a unha distancia de 4 quilómetros en dirección suroeste, en funcionamento.
• Parque eólico de Lagoa con 10 aeroxeradores a unha distancia de 7,9 quilómetros en dirección suroeste, en tramitación.
• Parque eólico de Castelo con 25 aeroxeradores a unha distancia de 5,8 quilómetros en dirección sueste, en funcionamento. • Parque eólico de Campelo con 9 aeroxeradores a unha distancia de 0,68 quilómetros en dirección este, en tramitación.
• Parque eólico de Bustelo con 10 aeroxeradores a unha distancia de 5 quilómetros en dirección este, en tramitación.
• Parque eólico de Monte Toural con 4 aeroxeradores a unha distancia de 4,4 quilómetros en dirección sueste, en tramitación.
A empresa recoñece:
“Poderíase xerar un impacto sinérxico entre as instalacións, existindo a posibilidade de que aumente o risco de colisión dá avifauna, producíndose un efecto maior do xerado polos parques existentes na actualidade”.
Hai que ter en conta que a permeabilidade que indica a mercantil promotora en relación ao proxecto eólico O Cerqueiral de 424 metros de separación é irrisoria, tendo en conta os diámetros das pás e as alturas previstas.
7.- Deforestación prevista e impacto hídrico
O proxecto prevé 5.984 metros liñais de vías o que implica a ocupación de 2,99 hectáreas. Ademais diso, a poligonal do parque ocupa unha superficie de 1.521 ha. A extensión indicada non é unha cuestión baladí tendo en conta a crise climática existente e que a deforestación contribue á súa agudización. Polo tanto, ás obras proxectadas non son de “modesta entidad” como indica a mercantil, senón que son obras de gran calado e importancia e que poden ter consecuencias severas para o medio. A realización das zanxas, vaguadas e viais vai a producir novas escorrentías nas vaguadas debido á creación de pistas e camiños e á modificación destes, coa posibilidade de derrube de marxes, excavacións e canalización dos ríos prevista. De feito prevé encauzar as augas do Rego Boaña e un afluente do mesmo, polo que evidentemente sí haberá impacto, e non como di a empresa: “que no existirá impacto”. De igual modo prevé cruzar con cabreado o rego da Bordesca e un afluente deste, co que hai riscos máis que probables de que se vaia a producir unha modificación da súa morfoloxía. O proxecto prevé actuacións que van a ter un impacto severo sobre a biodiversidade.
8.- Impacto severo sobre Hábitats Naturais
Parte das estruturas localízanse sobre formacións de hábitats catalogadas. As máquinas 01 e 02 e o seu vial de acceso, parte do vial de acceso á máquina 04 preto da máquina 03, parte das estruturas asociadas á máquina 04, así como algúns tramos de gabia entre as máquina 01-04 e a 05 localízanse sobre a mancha de hábitats código 16518 onde se poderían atopar formacións de brezal seco europeo.
Dentro de máncha código 18076, na que se describe a presenza de brezales húmidos, localízase unha pista existente que será necesario acondicionar, un pequeño tramo de novo vial e un tramo de gabia cableado.
Ao respecto cómpre indicar que a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres establece no seu artigo 2:
“1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.
2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.
Conclusións:
É inadmisible o cúmulo de impactos severos que o proxecto do parque eólico O Cerqueiral prevé na área da súa influencia. Ningún ser humano merece vivir e desarrollarse na área de influencia de nove parques eólicos e exposto aos impactos acústicos e paisaxísticos de todos eles. En calquer caso, a veciñanza afectada debe ser consultada sobre a aceptación ou non deste proxecto, que pode marcar un antes e un despois nas súas vidas, tendo en conta ademais que o proxecto non prevé retorno social algún que vaia a mellorar a vida das poboacións afectadas. Polo tanto, a empresa debe consultar á veciñanza de Coristanco, Santa Comba e Cabana para coñecer se contan ou non coa necesaria licencia social para un proxecto tan agresivo coa entorna na que desarrollan as súas vidas.
Este domingo, 1 de novembro de 2020 a cidadanía galega espertaba coa noticia de que o goberno galego do Partido popular que lidera Alberto Núñez Feijóo, pretende implantar nun prazo inmediato unha “importante” reforma administrativa orientada a axilizar a autorización de grandes proxectos empresariais. Quérese reducir burocracia e contraer as etapas administrativas que toda iniciativa industrial debe superar antes obter o visto e prace para así comprimir a tramitación e mellorar a competitividade. O obxectivo, segundo o executivo, é acurtar ata un terzo a duración de todo o proceso, que nos casos máis complexos pode levar agora ata máis de tres anos, todo elo a prol das grandes corporacións empresariais eólicas e mineiras, as máis beneficiadas.
Cidadanía en alerta
Esta noticia sorprende sobremaneira e debera alertar á cidadanía e ás entidades naturalistas e ecoloxistas galegas, xa que nestes tempos de coronavirus, nos que a cidadanía do mundo está a percibir que a situación dos nosos ecosistemas, e moi especialmente o descenso da biodiversidade na natureza, prexudicáronnos, facendo que esteamos máis expostos a que pandemias como a que estamos a sufrir volvan suceder. De novo, o dano que o home inflixe á súa contorna é clave na cadea de transmisión do virus e o goberno da Xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijóo está a implantar unhas políticas económicas agresivas co medio ambiente, que pretenden facilitar, axilizar e acelerar a implantación de proxectos empresariais agresivos e depredadores de recursos acortando os tempos precisos para valorar debidamente os impactos ambientais que dos mesmos se poden derivar.
Galicia en rebaixas e a prezos de saldo. A letalidade das políticas depredadoras do Partido popular de Galicia
Cando aínda a cidadanía galega non asumiu os efectos da chamada “Lei de Depredación de Galicia” que modificou normas tan importantes como a Lei 8/2009 de aproveitamento eólico, a Lei 3/2008 de minería ou a Lei 7/2012 de Montes, esta nova lexislación reduce ás corporacións e grandes empresas os requisitos de declarar os seus proxectos como industriais estratéxicos. Deste xeito benefícianse da ausencia do control urbanístico, e dun uso prioritario do chan fronte a calquera outro uso. Tamén poden recibir adxudicacións directas de chan e maiores subvencións por parte do goberno. Isto ademais é agravado por unha opacidade absoluta en torno á tramitación administrativa, como ocorre no ámbito da minería ou do sector eólico.
As probas evidentes atópanse en casos como o parque eólico do Iribio, paralizado polo TSXG e que Fergo Vento coa complidade do goberno galego pretendía implantar no Courel, en plena Rede Natura. Outro exemplo, as minas de níquel de Castriz en Santa Comba, promovidas por un entramado espúreo de empresas e que con autorización implícita da Xunta de Galicia, pretendía eludir todo tipo de autorizacións e controis ambientais, ao igual que a súa homóloga mina de Varilongo, que reactívase tras máis de 30 anos de paralización irregular sen avaliación de impacto ambiental, logo de contar co beneplácito do Vicepresidente Segundo da Xunta, Francisco Conde.
Outro caso semellante, o proxecto eólico das Salgueiras, en Corme, que pretenden implantar á beira da Rede Natura e sen unha previa avaliación das repercusións sobre a Rede Natura 2000, infrinxindo o Plan de Ordenación do Litoral (POL) e toda a normativa da Paisaxe.
Alerta desde o CSIC
O divulgador científico David Quammen pensa que o coidado da natureza é un investimento, que se trata da mellor vacina para protexernos de virus que actualmente afectan a animais salvaxes, cos que interactuamos cada vez máis por mor da destrución dos ecosistemas onde viven. A clave dánola Fernando Valladares, doutor en Bioloxía do Centro Superior de Investigacións Científicas de España (CSIC): o papel protector da biodiversidade. A existencia de máis dun millón de especies está ameazada pola acción do home, e con cada perda dunha especie diminúe o efecto de dilución ou amortiguamiento da propagación de infeccións dunha especie animal ao home. Este tipo de transmisión de enfermidades coñécese como zoonosis e e supón xa o 70 por cento das enfermidades emerxentes no mundo.
Alerta desde as Nacións Unidas
Por outra banda as Nacións Unidas onde ademais de incidir na barreira de protección para futuras pandemias que supón a biodiversidade, poñen en valor outros beneficios que presenta o seu coidado: auga e aire limpos, alimentos nutritivos, fonte de medicamentos e coñecementos e, entre moitos outros, mitigación do cambio climático.
Demandas ao Executivo galego de Alberto Núñez Feijóo
Desde algunhas entidades ambientais e ecoloxistas de Galicia demándase ao goberno galego que presidente Alberto Núñez Feijóo:
1.- un pouco de “sentidiño” común en tempos de coronavirus e máis garantías ambientais, para protexer os recursos naturais de Galicia, incluida as Paisaxes galegas afectadas gravemente polo descontrol da planificación eólica de Galicia e a minería irresponsable.
2.- o impulso dun novo Plan Sectorial eólico para Galicia que integre as políticas derivadas das directrices das Paisaxes de Galicia, da protección dos espazos naturais integrados na Rede Natura, no Plan de Ordenación do Litoral (POL), o patrimonio cultural e arqueolóxico e garanta a participación da cidadanía no seu proceso de elaboración.
3.- a paralización inmediata de políticas “facilitadoras” da implantación de empresas, que non teñen outro efecto que a venda de Galicia a prezos de saldo ás grandes industrias e corporacións, que non deixan retorno social algún para as comunidades locais que sofren ou soportan os efectos da depredación dos seus recursos.
4.- o fomento dos bosques e da biodiversidade destes, freando sen demora a expansión incontrolada das plantacións de eucaliptos, os monocultivos forestais e finiquitando unhas políticas de caza letais para os ecosistemas, que fomentan o descontrol cinexético ao permitir a importación de especies de países do leste europeo para aumentar a sobrepoboación, ante a ausencia de especies propias autóctonas.
A Paisaxe é un elemento espiritual. É moi importante que os poderes públicos a todos os niveis, protexan os valores espirituais que completan as relación dos individuos e das comunidades coa súa contorna, para avanzar na creación e consolidación dunha cultura do territorio.
O recoñecemento polo dereito dun interese paisaxístico e, por conseguinte, dun “dereito á paisaxe” permite a satisfacción das necesidades máis profundas das poboacións. Se estas necesidades son estimuladas, recoñecidas e protexidas polas autoridades públicas, pode establecerse un vínculo profundo entre as poboacións e o territorio. Deste vínculo pode nacer unha verdadeira cultura do territorio.
Esta cultura constitúe unha condición indispensable para impedir a degradación do territorio causada pola satisfacción de necesidades meramente materiais dos individuos.
Un gran número de catástrofes – como a desfeita da serra do Gontón, no municipio de Cabana de Bergantiños para permitir a Naturgy a instalación de tres eólicos – son provocadas probablemente pola negación desta cultura e a satisfacción esaxerada dos intereses baseados na explotación material dos recursos territoriais.
Sin dúbida a Paisaxe ou as Paisaxes é un dereito individual das persoas, pero tamén é un dereito colectivo, das comunidades que forman parte dela. Mentras que se explosionen serras de elevada calidade paisaxística para instalar viraventos, non existirá unha verdadeira cultura do territorio.
O Convenio europeo da Paisaxe recoñece o dereito á Paisaxe nunha triple vertente:
a) Como espazo de formación das culturas locais, polo tanto é un elemento educativo e formativo.
b) Como patrimonio natural e cultural.
c) Como elemento que contribúe ao benestar dos seres humanos, e polo tanto, que inflúe e forma parte da súa saúde e do benestar físico, psíquico e social. É un elemento esencial na calidade de vida das persoas. É un elemento que inflúe na propia saúde humana.
Tendo en conta o anterior e sabendo que en Galicia, correspóndelle ao Instituto de Estudos do Territorio (IET) a xestión das nosas Paisaxes, cómpre preguntarse os motivos polos que se permite que unha empresa eólica como Naturgy instale tres viraventos na serra do Gontón, cando ademais existiu un gran número de alegacións referidas á súa defensa. E por que se permite que esta mesma empresa explosione a serra para a súa instalación. Onde está o dereito á Paisaxe nestas actuacións?
Preguntamos a Guillerme Evia, director do IET sobre este tema e esperamos a resposta.
Vistas da ría de Corme -Laxe desde o mirador de Sinde
A desesperación do lobby mineiro por ser aceptado socialmente lévao a reunirse estes días en Santiago de Compostela, baixo o lema «Compromiso coa sociedade», no marco do V Congreso Nacional de Áridos organizado pola Federación de Áridos (FdA), e da que é asesor Julio César Valle Feijoo, avogado tamén de Mineira de Corcoesto e Edgewater, no caso do fallido proxecto mineiro de Corcoesto.
O lobby mineiro bota man do apoio institucional e de altos cargos da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do concello de Santiago, do Ministerio de Transición ecolóxica, do Adif e da entidade ambiental Seo Bird Life para “un lavado de cara” sen precedentes da minaría galega, dentro V Congreso Nacional de Áridos, que comeza o 24 de outubro en Santiago de Compostela, baixo o lema “Comprometidos coa sociedade”.
No programa prevese o regalo aos asistentes de plantas autóctonas galegas, a entrega dun cheque para axudar a reforestar as zonas afectadas polos incendios (eso sí, o importe do cheque será proporcional ao número de asistentes ao Congreso, porque esta xente de dar non entende moito), e a entrega a cada congresista da publicación “Aves comunes en explotaciones mineras ibéricas”, realizada por SEO Birdlife, quen polo visto colabora co lobby nesta campaña de rexeneración de imaxe das empresas «máis depredadoras» de recursos e do territorio galego.
Sen embargo, o compromiso social do lobby mineiro non se traballa deste xeito, e isto é algo, que polo visto aínda non entenden as empresas mineiras galegas e do territorio español.
O compromiso social trabállase día a día, e non dous días ao ano nun Congreso no que se rodean de persoeiros da política. O compromiso social gáñase día a día restaurando as zonas mineiras degradadas, respetando o entorno das canteiras, das minas, das graveiras; coidando os terreos, mimando os cauces dos ríos e os mananciais, xerando emprego estable, axudando ás poboacións da entorna… Así se gaña o compromiso social e a boa imaxe da minería.
E que dicir dos políticos que participan neste Congreso de áridos? A súa irresponsabilidade acentúase día a día. Galicia padece un problema histórico de falla de restauración dos espazos mineiros degradados e arrastra un desleixo e un incumprimento normativo reiterado e grave, do que o Presidente da Xunta é o principal responsable ao igual que o Director xeral de Enerxía e Minas. Alberto Núñez Feijóo e o director Ángel Bernardo Tahoces, son responsables de que desastres ambientais como os de San Fins en Lousame, o Monte Neme en Carballo ou a cor vermella dos cauces de Touro, continuen aínda hoxe en día seriamente afectados pola drenaxe áceda das antigas labores mineiras.
A irresponsabilidade política e empresarial na falla de restauración dos espazos mineiros degradados, non se resolve nun Congreso nacional de áridos, por moito apoio institucional que teña o lobby mineiro galego.
No día de hoxe unha representación da Rede Contraminacción de Galicia estivo a falar no Parlamento europeo sobre a minaría destructiva, o extractivismo e os impactos socio –ambientais que están a xerar proxectos de megaminería contaminante que afectan a Galicia, Portugal, España, Francia, Finlandia…etc.
Así, ás 15 horas comezaba no Parlamento europeo a xornada titulada “Minerías. O novo desafío extractivista. Como os negocios mineiros poñen en perigo as cidades, o emprego e o medioambiente”, e na que participaban colectivos como Ecoloxistas en Acción de Andalucía, Coordinadora NON á Mina – Por un Mundo Rural Vivo (Salamanca), Non á mina no val do Choia (Ávila), Non á mina na serra de Xemas (Avila), Ecoloxistas en Acción de Cantabria (Cantabria), Plataforma A Raia sen mina (Cáceres), Contraminacción de Galicia…etc.
Representación de Galicia en Europa
Case ao mesmo tempo o antropólogo e sindicalista Adolfo Naya, nun artigo de opinión (“Coñece ao teu inimigo”: Non á mina de Touro-O Pino) publicado nun medio dixital galego, desenmascaraba e amosaba sen reparos (aínda que con valentía, non mencionaba a todos eles), a faciana dos principais responsables do extractivismo galego.
Proxectos mineiros como o de Corcoesto, Lousame, Touro, Triacastela…., operan desde políticas e marcos xurídicos que favorecen a especulación, a depredación, a fraude e a acumulación por desposesión de inxentes cantidades de recursos naturais para favorecer a acumulación de capital a favor das multinacionais depredadoras do territorio; en detrimento das comunidades locais que os habitan e que son desposeídas, a través de marcos xurídicos agresivos e violentos, dos seus medios de vida e dos recursos naturais do seu espazo vital.
Dentro destes marcos xurídicas agresivos está o programa Horizon 2020 da Unión Europea. Horizon 2020 é o programa de investigación e innovación máis grande da UE con case 80 mil millóns de € de fondos dispoñibles durante 7 anos (2014 a 2020), ademais do investimento privado que en teoría atraerá este diñeiro. Promete máis avances, descubrimentos e novidades mundiais ao levar grandes ideas do laboratorio ao mercado.
Sen embargo ten unha cara escura; e así, entre os seus obxectivos fixámonos con preocupación no seguinte parágrafo:
Marine and maritime research for Blue Growth will be implemented through a strategic and coordinated approach across all challenges and priorities of Horizon 2020. It will aim at unlocking the potential of resources from seas, oceans and inland waters for different uses and across the range of marine and maritime industries, while protecting the environment and adapting to climate change. Blue Growth will support sustainable growth in the marine and maritime sectors, through sustainable exploitation of marine resources for healthy, productive, safe, secure and resilient seas and oceans.
Este programa de investigación mariña que apoia o chamado Crecemento Azul non é outra cousa, que invertir cartos na procura da explotación dos recursos minerais do fondo do mar. Segundo a Comisión Europea sería preciso desbloquear o potencial de recursos dos mares, océanos e augas interiores. Así o Crecemento Azul é apoiar a explotación e a depredación dos fondos mariños dunha forma ambientalmente sostible e compatible co cambio climático. E para adornar todo isto falan de tecnoloxías habilitadoras e industriais, que estarían interconectadas a través dun sistema de mercado.
Na práctica é outra opción do extractivismo, ese mecanismo tradicional de saqueo e apropiación dos recursos naturais dun territorio e promover a mercantilización de ámbitos cerrados ata agora ao mercado, como é neste caso, a explotación mineira dos fondos mariños.
Como ben dicía David Harvey: “a perversa alianza entre os poderes do Estado e os comportamentos depredadores do capital financeiro constitúe o pico e as garras dun capitalismo buitresco que exercita prácticas caníbales e desvalorizacións forzadas”. Mentras, adornan os textos xurídicos dos máis altos valores da democracia con desvergoña absoluta e arrogancia; plasmando en normas urxentes, extraordinarias, especiais ou estratéxicas, os desexos voraces do imperialismo totalmente deshumanizado, que nega os dereitos fundamentais e máis elementais inherentes á dignidade do ser humano.
En Galicia cada vez son máis frecuentes os exemplos de normas destas características: agresivas, deshumanizadas, violentas, depredadoras do territorio e dos seus recursos e restrictivas de dereitos da cidadanía. Así cómpre destacar:
LEI 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
INSTRUCIÓN 6/2018, do 3 de agosto, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre acceso á información pública en materia de minas.
DECRETO legislativo 1/2015, de 12 de febrero, por el que se aprueba el texto refundido de las disposiciones legales de la Comunidad Autónoma de Galicia en materia de política industrial.
DECRETO 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
DECRETO 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.
ANUNCIO do 1 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se somete a información pública o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia.
Por iso, e en consoancia co artigo de Adolfo Naya, é moi importante que a cidadanía saiba e coñeza quen está detrás destas normas e destas políticas depredadoras da dignidade humana.
Megaminería contaminante e depredadora do territorio e dos seus recursos
A unha pregunta da eurodeputada galega Lidia Senra, a Comisión europea informa que destinou máis de corenta millóns de euros para a investigación mineira nos fondos marinos. A europarlamentaria preguntou tres cuestións:
. Podería a Comisión informar detalladamente o destino destes fondos?
. Quen son os beneficiarios, que se está investigando exactamente e onde?
. Podería a Comisión informar acerca dos resultados obtidos nas investigacións?
Minaría submariña
Así sabemos que a Comisión financiou seis proxectos de investigación mineira nos fondos mariños, dous con cargo ao Sétimo Programa Marco e catro a Horizaonte 2020. A inversión acada os case 47.000.000 euros.
Entre os proxectos obxecto de financiación están o MIDAS, posto en marcha en 2013. O proxecto dedicouse principalmente a estudar as consecuencias posibles da extracción de nódulos de manganeso e sulfuros masivos do fondo mariño (SMS), pero tamén tratou sobre temas ambientais relacionados coa explotación dos hidratos de gas metano e o potencial dos lodos do fondo mariño no Atlántico Norte como fonte de terras raras. A investigación realizada sobre os penachos de sedimentos mostrou que estes poden influír enormemente nos ecosistemas situados ata decenas de quilómetros do emprazamento mineiro. Este tema precisará dun investimento tecnolóxico que limite a xeración de penachos durante a actividade mineira e un cambio na lei que garanta que as empresas se adhiren ás mellores prácticas. Os resultados de MIDAS xa se están empregando para redactar normativas que regulen esta modalidade en alza de minería.
Outro proxecto, o BLUE NODULES, financiado con cargo o programa Horizonte 2020, é un proxecto de investigación e innovación para desenvolver un sistema de minería en alta mar para a recolección de nódulos polimetálicos do fondo mariño cun impacto ambiental mínimo.
O proxecto BLUE MINING, baséase en investigar solucións punteiras para a extracción e transformación de minerais en condicións extremas, que se ocupa de aspectos tecnolóxicos. O proxecto UNEXMIN: ten por obxectivo desenvolver un sistema robótico para que, de forma autónoma, poida realizar a exploración e cartografía das minas mergulladas europeas. O proxecto ROBUST: busca perfeccionar as técnicas de identificación de materiais in situ nos fondos mariños.
O proxecto IMOS: que busca desenvolver uns equipos de escavación e unhas ferramentas para o control do impacto ambiental, innovadores e automatizados, para as minas mergulladas.
O 8 de setembro de 2017, a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo facíase eco dun informe sobre “Coexistencia da actividade pesqueira coas industrias do Gas, o Petróleo e a minaría submariña”.
No citado informe concluíase a necesidade de elaborar plans de ordenación do espazo mariño consensuados e a necesidade de elaborar unha normativa integradora que tivese en conta todos os intereses implicados.
“A industria pesqueira actualmente sitúase entre as principais actividades económicas europeas levadas a cabo no medio mariño, ocupando a segunda posición en canto a empregos xerados tras o turismo náutico e costeiro, e a terceira posición en canto a valor económico, tras o turismo e o transporte marítimo. – A crecente demanda de recursos enerxéticos e minerais, acompañados do seu paulatino esgotamento en terra, levou ás industria petroleira, gasera e mineira a centrar a súa atención no mar, en zonas onde a pesca ten desde outrora caladoiros de gran importancia. – Diversos estudos científicos indican que as actividades de procura e extracción de gas e petróleo teñen efectos negativos, tanto directos como indirectos, nas distintas pesqueiras. Así mesmo espérase que a actividade mineira submarina profunda leve un dano significativo nos fondos mariños así como na fauna que habita neles e na calidade da columna de auga. – É necesario que cando se concedan licenzas de exploración ou explotación de xacementos petrolíferos, gasíferos ou minerais, téñase en conta á industria pesqueira que xa opera nesas áreas. – Sería importante a realización de investigacións máis profundas sobre o impacto das actividades de prospección e explotación petrolífera ou mineral no medio mariño e nas pesqueiras para poder deseñar medidas de mitigación efectivas que beneficien á vida mariña e ás pesqueiras, sen comprometer o valor económico das industrias petroleiras ou mineiras. – É importante para unha boa coexistencia entre as distintas actuacións levadas a cabo no medio mariño, así como para a protección dos recursos e do medio ambiente mariño en xeral, a elaboración plans de ordenación do espazo marítimo consensuados e dunha lexislación relacionada clara, integradora, enfocada en todas as frontes de actuación dos caladoiros ou áreas mariñas de interese, e tendo en conta para a súa elaboración tanto os aspectos biolóxicos do medio como os aspectos socio económicos das industrias que operan nas distintas rexións mariñas”.
A situación en España e en Galicia
Pódense distinguir tres áreas xeográficas de gran interese: o Golfo de Cádiz, o marxe oeste de Galicia e os montes submarinos das illas Canarias. Ao norte da Península, atópase o Banco de Galicia, concretamente no marxe noroeste da placa Ibérica. Nesta rexión hai montes submarinos do Mesozoico (ex. Vasco de Gama, Porto, Vigo…). Como consecuencia da súa historia xeolóxica e da súa situación xeográfica nesta rexión formáronse principalmente tres tipos de depósitos minerais: lousados de fosforitas, nódulos de manganeso enriquecidos en cobalto asociados a procesos xeotermais, nódulos ricos en ferro ligados a depósitos contorníticos, e costras de ferro- manganeso hidroxenéticas.
Por fin coñecemeos os datos reais do custe de explotación do parque eólico Pena Forcada -Catasol II de Laxe, que afecta aos municipios de Laxe, Cabana e Zas. Na «Memoria de incidencia en el ámbito industrial, social y territorial para solicitud de declaración de proyecto de especial interés», a empresa recoñece que aboará 0 euros en concepto de canon eólico.
A empresa enerxética aboará 31.000 euros anuais, a repartir entre os tres concellos, como consecuencia do pagamento de impostos e taxas. 275.373 euros serán repartidos entre os tres concellos polas taxas das licencias de construción.
A inversión realizada pola empresa no alugamento e expropiacións ascende a 384.000 euros, o que acada unha media de 1.411 euros de beneficio por propiedade por 25 anos de ocupación ou 4,6 euros/ano de beneficio por propiedade, o que resulta unha cantidade irrisoria e incluso unha burla, se temos en conta os beneficios que factura ao ano o sector eólico, por enriba dos 600 millóns de euros anuais.
Ademais do anterior, a empresa construirá 2 km de viales do parque eólico que require o transporte dos aeroxeneradores. O parque será controlado en remoto desde o Centro de Control de GNFR (ubicado en Velle, Ourense), as 24 h do día, os 365 días do ano.
Naturgy tamén amosa as súas expectativas de seguir afondando nos recursos naturais de Galicia, aire, auga e o recurso forestal, para avanzar na optimización dos seus beneficios.
A veciñanza de Laxe, Cabana e Zas apenas se beneficia das instalacións do parque e da súa liña de evacuación.
*Os datos están sacados da “Memoria de incidencia en el ámbito industrial, social y territorial para solicitud de declaración de proyecto de especial interés”.
Estamos ante un único proxecto industrial eólico formado por 3 subproxectos e 1 parque xa en funcionamento, Bustelo, Campelo, Monte Toural e Castelo. Falla unha avaliación sinérxica, conxunta e global dos impactos significativos e afeccións que causarán todos estes eólicos sobre a avifauna, a paisaxe, a temperatura local e global, xa que todos eles están a menos de 5 kilómetros, polo que esta separación como a propia empresa recoñece, é insuficiente para que non se produzan efectos conxuntos entre parques.
O parque eólico Castelo está a 1, 4 Km, formado por 25 aeroxeneradores. Coincidirán varios proxectos simultáneamente no tempo durante a execución das obras e ao longo do periodo previsto de explotación.
A propia empresa Greenalia Power, S.L.U. recoñece que: “Una vez en funcionamiento se pueden producir efectos globales sobre la atmósfera (ruido), fauna y paisaje” (Memoria sectorial, páxina 128).
Ausencia de interés especial do proxecto e ausencia da súa xustificación
Mediante a Resolución do 27 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, publicáase o Acordo do 26 de abril de 2018, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se declaraban de interés especial varios proxectos de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables e as súas infraestruturas de evacuación asociadas.
Así recoñecíase o suposto «interés especial» dos proxectos: Bustelo, Monte Toural, Campelo e LAT 220 kV Campelo-Mesón. Esta declaración terá como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, así como dos prazos na instrución do procedemento de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial.
Sen embargo, a declaración de interese especial ten que facerse en base a unha MEMORIA presentada pola empresa promotora, e na que ten que constar o indicado na Lei 5/2017, de 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, isto é: “A solicitude de declaración de interés especial destes proxectos realizarase á consellería competente en materia de enerxía, presentando unha memoria que conteña a súa especial incidencia e beneficios no ámbito industrial, social e territorial, entre outros, así como unha declaración responsable de que o proxecto desarrollarase no marco das subastas indicadas anteriormente, debendo determinar o prazo previsto para a súa execución”.
Onde está a Memoria indicada? Onde se acreditou ese interés especial e eses supostos beneficios no ámbito industrial, social e territorial, entre outros?
O elemento hidrolóxico de maior importancia constitúeo a lagoa de Alcaián situado a 523 metros ao oeste do centro colector, así mesmo cabe nomear a presenza do humidal chamado Marco do Couto situado a 610 m ao suroeste do aeroxerador 05.
Indica a empresa que: “As obras proxectadas nas proximidades de Marco do Couto son o acondicionamento da pista forestal existente que delimita este humidal polo que, ao tratarse de obras de pequena entidade, non se esperan afeccións sobre este humidal. Así mesmo, cabe sinalar que as obras de acondicionamento só afectarán a plantacións forestais de especies arbóreas, picea e piñeiro insigne, que se atopan ao bordo da pista existente na zona catalogada como humidal protexido. Non se producirá ningunha afección sobre as formacións vexetais de ribeira, tanto pola ausencia delas na contorna como polas distancias conservadas coas canles e lagoas existentes”. Sen embargo, isto non é verdade. Trátase de espazos sensibles que deben ser valorados de maneira máis adecuada, tendo en conta os efectos tanto directos como indirectos.
A empresa promotora debería identificar solucións alternativas que eviten, mitiguen ou compensen os impactos adversos na diversidade biolóxica, incluída a opción de non continuar co desenvolvemento, atopando outros lugares que eviten os impactos.
Código identificador do humidal:
1110330 O Pozo
1110331 Marco do Couto
1110234 Lagoa de Alcaián
1110285 Fervenza de Sampaio
A estreita relación entre os humidais e as aves acuáticas e a avaifauna en xeral, obriga a reconsiderar a ubicación do proxecto do parque eólico Bustelo, Campelo e Toural. Non se deben ubicar este tipo de infraestruturas á beira de espazos de alto valor ecolóxico e ambiental como é o caso.
Así o manifestaron as asociacións ambientalistas Petón do Lobo, Ouriol do Anllóns e Cova Crea, quen consideran que a xornada que imparte este venres a Universidade de Santiago relativa á aplicación da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, coa colaboración da Xunta de Galicia, e co apoio entre outras, da Asociación eólica de Galicia, non ten outro obxectivo que acicalar e lexitimar unha lei que na Costa da Morte só contribuíu ata o de agora, ao espolio de Galicia, ao acaparamento de terras sen retorno social nos municipios nos que se aplica, á destrución da paisaxe, á fragmentación do territorio e da biodiversidade e á mingua dos ingresos derivados do sector turístico, á marxe do forte rexeitamento social que xenera.
Vista de Cabana de Bergantiños.
As asociacións critican non só os fins espúreos que persegue a lei, que non son outros que favorecer ao capital e ás grandes empresas en detrimento das comunidades onde se implantan os proxectos industriais, senón que por enriba “temos que ver como a Xunta de Galicia despilfarra fondos públicos dando publicidade e lavando a imaxe dunha lei espoliadora de recursos e do territorio, ingrata co territorio e coa cidadanía de Galicia”.
Así lembran que no caso dos proxectos éolicos de Cabana (proxecto Mouriños) e Laxe (proxecto Pena Forcada –Catasol II), impulsados por Gas Natural Fenosa, a Lei de Depredación destrúe unhas paisaxes diversas de gran valor paisaxístico e Zonas de Especial Protección para as Aves da Costa da Morte, tendo en conta ademais, a significación de lugares estratéxicos para o turismo e o patrimonio cultural desde o punto de vista dos acervos municipais de Cabana e Laxe como Monte Castelo, o mirador de Sinde ou a praia de Traba ou o alto do Aplazadoiro.
Para estas asociacións é un contradición que unha universidade do século XXI, plural e supostamente avanzada como a USC, se preste a apoiar á Xunta de Galicia na difusión das falsas bondades dunha lei tan agresiva con Galicia e a súa cidadanía, que a través da figura dos “proxectos declarados de interés especial” espolia en tempo récord o territorio e mingua dereitos a prol das grandes empresas que precisamente participan na xornada como o clúster do granito, clúster da pizarra, clúster da madeira e a asociación eólica de Galicia; e non así, pola contra, as entidades de defensa do territorio e da paisaxe, que brilan pola súa ausencia nas diversas mesas redondas previstas na xornada da USC.