Galería

Opacidade, falla de información pública e tramitación administrativa espúrea sobre a macro granxa de vacún de Señoráns, en Vimianzo

Unha macrogranxa no lugar de Señoráns, na parroquia de Salto (Vimianzo) ameaza a calidade das augas de consumo doméstico do núcleo urbano de Laxe

  • A veciñanza de Laxe e Vimianzo non ten constancia do proxecto industrial ao non existir información pública desde os concellos.
  • A fosa séptica ubicada a menos de 50 metros do río Gundar, afluente do río Grande, podería abranguer uns 10 millóns de metros cúbicos de puríns.
  • Os lixiviados de silos poderían acabar depositados nas terras e no propio cauce.
  • As remocións de terra por medios mecánicos, e sen control algún das Administracións competentes pese a seren advertidas da problemática ambiental, prexudicarían e afectarían ós mananciais existentes na área de actuación.
Obras iniciadas da macro granxa de vacún en Señoráns, en Salto (Vimianzo)

As verteduras de xurros poden contaminar o chan por exceso de nutrintes (nitróxeno, fósforo e potasio), á súa vez ás augas continentais polos seus nitratos, e a atmosfera polas súas emisións de amoníaco, metano e malos cheiros.

As obras da macro granxa industrial do lugar de Señoráns, na parroquia de Salto, que avanzan a bo ritmo están rodeadas de tal opacidade que sorprende á veciñanza tanto de Laxe como de Vimianzo, afectadas por esta.

A máxima preocupación veciñal céntrase na posible contaminación por nitratos dos chans e dos cauces fluviais.  Tamén preocupa a falla de transparencia e a opacidade que rodea ao proxecto tanto desde o propio concello de Laxe como de Vimianzo.

As granxas intensivas empregan sistemas de limpeza nos que se utiliza a auga a presión para o arrastre das  dexeccións. Este sistema, que nun primeiro momento facilita considerablemente o manexo dos excrementos e achega melloras nas condicións hixiénicas e sanitarias das granxas, ten, pola contra, a enorme desvantaxe do gran incremento do consumo de auga e da complicación do manexo do xurro. O xurro é o esterco  licuado,  pastoso ou  semilíquido, con forte cheiro  amoniacal, resultado da mestura das  defecaciones, augas de lavado e restos de pensos. A excesiva achega de esterco provoca que os nitratos, váianse filtrando e terminen contaminando acuíferos e augas superficiais.

Estas macro granxas de vacún sin control expoñen aos lindeiros aos efectos perniciosos dos xurros, que vai desde os malos cheiros e irritacións producidas pola urea ata a exposición ás nitrosa minas (potencialmente canceríxenas), pasando pola exposición a axentes patógenos como Salmonella, Brúcela, Mycobacteriumtuberculosos, Leptospira, Yeersinia, Campylobacter, Erysipelothris, Listeia e Treponema entre outros.

A OMS advirte do perigo de consumir auga que conteña máis de 25 miligramos de nitratos por litro. A Unión Europea non permite o consumo daquelas augas cuxa concentración de nitratos supere os 50 µ g/ l, un nivel que se supera con fartura en moitos acuíferos españois e acaba afectando seriamente á saúde da poboación próxima.

As augas afectadas por exceso de nitratos deixan de ser potables, xa que os nitratos poden pasar a formar  nitrocompuestos (NON2X) e grandes cantidades de refugallos de ácidos, que acaban contaminando os chans e a auga de consumo, converténdose nun grave problema de saúde pública que deriva en enfermidades concorrentes nos núcleos urbanos abastecidos por estas augas.

Por iso, a veciñanza de Laxe e Vimianzo piden aos Alcaldes respectivos que lles informen sobre este macro proxecto de granxa industrial e sometan á información pública tanto o proxecto como o preceptivo documento de avaliación ambiental, xa que ademais o proxecto queda moi preto das casas.

Galería

Manifesto en apoio ao movemento ecoloxista da Limia

O vindeiro día 2 de marzo terá lugar no xulgado de Xinzo de Limia o acto de conciliación previo á demanda civil de COREN contra o compañeiro do MEL (Movemento Ecoloxista da Limia), Manuel García. A causa ten a súa orixe nunha suposta intromisión ilexítima no dereito ao honor de dita empresa, por facer “imputacións falsas” contra ela nun programa de “España Directo” emitido en setembro do pasado ano. A empresa estima os danos e prexuízos nun millón de euros.
O MEL leva anos denunciando os efectos da gandaría intensiva no val do Limia, a mala xestión dos residuos das granxas, o deterioro das augas pola acumulación de nitratos e a eutrofización das augas; e loitando pola protección da comarca, a produción agrícola ecolóxica e a gandaría extensiva.
Os colectivos que asinamos este manifesto queremos mostrar a nosa solidariedade co compañeiro do MEL, ao tempo que a nosa sorpresa porque se admita a trámite semellante despropósito. Parece obvio que, con este tipo de actuacións, o sector da gandaría intensiva pretende pechar a boca a quen nos opoñemos a este modelo industrial e dicimos en voz alta o que pensamos das súas prácticas.
A gandaría industrial ten repercusións ambientais innegables, especialmente sobre a auga e sobre os solos. A cantidade de xurros e residuos xerada por este tipo de industria é un grave problema para as zonas máis afectadas.
Esta industria é responsable dunha parte importante das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro. Ademais, as grandes extensións de cultivos destinadas a producir os alimentos para os animais criados de xeito intensivo provocan a deforestación de enormes extensións no noso planeta.
En Galiza hai zonas, como a Limia, onde as consecuencias destas prácticas supoñen un problema cada vez maior. O val do Limia absorbe cada ano máis de un millón de toneladas de residuos gandeiros, residuos que en moitas ocasións non son sometidos a ningún tipo de tratamento previo; e que son vertidos mesmo en espazos protexidos, nas inmediacións de cursos de auga, en balsas sen impermeabilizar, pasando así ao solo e contaminando este e os acuíferos. A gravidade da situación fixo xurdir novos colectivos que a denuncian, como a Plataforma Auga limpa xa.
É por este tipo de cousas que o Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de tirar das orellas á Consellería de Medio Rural, indicándolles, mediante resolución, a necesidade de declarar como zona vulnerable a Limia. A resposta da Xunta de Galicia non foi, como sería de esperar, a adopción de medidas de protección para a zona, senón a presentación de alegacións a esa resolución. Deste xeito, a Xunta defende os intereses das grandes empresas do sector, aínda que sexa a costa de desprotexer o medio ambiente, así como os intereses dos pequenos agricultores ou os da gandaría en extensivo.
Non é a primeira vez que en Galiza a industria gandeira intenta tapar a boca a quen denuncian as súas malas prácticas. Xa anteriormente houbo activistas que recibiron ameazas de demanda, aínda que ata agora nunca chegaran ao xulgado. Consideramos moi grave o axuizamento do noso compañeiro, un axuizamento que non é outra cousa que utilizar a Manuel como cabeza de turco para tratar de intimidar a quen se atreva a falar. Non pode ser que cando denunciamos prácticas agresivas para o medio ambiente sexamos nós quen sente no banquillo. Non pode ser que se sinalamos desfeitas queiran cortar o dedo que sinala, en lugar de frear esas desfeitas.
Non imos deixar que nos poñan a mordaza. Seguiremos denunciando as malas prácticas da gandaría industrial, e loitando por unha produción de alimentos racional e sustentable.

#NonÁGandaríaIndustrial
#NonNosVanCalar

Asinan este manifesto:

1.A Ría Non Se Vende, rede de colectivos.
2.A Terra Non Se Vende.
3.ADEGA.
4.ADENCO.
5.Agora Galiza-Unidade Popular.
6.Amigos da Terra.
7.Amigos das Arbores de Ourense.
8.Anova.
9.Asociación Ambiental Petón do Lobo.
10.Asociación Ambiental Senda Nova.
11.Asociación Cova Crea.
12.Asociación de Víctimas de la Justicia.
13.Asociación Fontaíña.
14.Asociación O Bión. Xinzo de Limia.
15.Asociación Pola Defensa da Ría, Pontevedra.
16.Asociación Sachos á Rúa.
17.Centro para a Resiliencia Pousadoira.
18.Cerna.
19.Colectivo Ecoloxista Luita Verde.
20.Colectivo Matogueira.

21.Comité pola Memória Histórica do Val do Límia.
22.Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga.
23.ContraMINAcción.
24.Ecoloxistas en Acción Galicia.
25.En Marea.
26.Federación Ecoloxista Galega.
27.Greenpeace Galicia.
28.Grupo Común da Esquerda.
29.Grupo Municipal EU Son do Porriño – Son en Común.
30.Mesa de Equo Galicia.
31.O Grelo Verde, colectivo pola agricultura ecolóxica.
32.O Ouriol do Anllóns.
33.Plataforma Auga Limpa Xa!
34.Plataforma Casalonga Limpa de Residuos.
35.Plataforma Monte Neme.
36.Plataforma pola Defensa do Rural. Ponteceso.
37.Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non.
38.Salva la Selva.
39.Salvemos O Iribio.
40.Salvemos Monteferro.
41.Sindicato Labrego Galego.
42.Sociedade Galega de Ornitoloxía.
43.SOS Groba.
44.Vaipolorío.
45.Verdegaia.
46.Véspera de Nada.

aaa
A gandería industrial devora o planeta