Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de modificación substancial da autorización ambiental integrada para o macro vertedoiro de residuos industriais en Silleda (Pontevedra) e que afecta ao río Toxa, á Rede Natura e á AEIP Fervenza do Toxa -Carboeiro. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 14/04/2023.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de execución do parque eólico Hépotas II en Muras. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 11 de xaneiro de 2023.
Estamos a recadar fondos para a elaboración dos informes técnicos que presentaremos na vía administrativa e xudicial en relación aos seguintes proxectos eólicos: complexo eólico Serra do Farelo, complexo eólico Cerceda e LAT dos cxos. eólicos Gato-Mesón e Gasalla-Legre (concellos afectados Ordes, Carral, Abegondo, Mesía, Frades, Oza-Cesuras e Aranga)
Realiza a túa achega. Indica no concepto o complexo de proxectos eólicos para os que desexas realizar a achega (complexo Serra do Farelo, complexo Cerceda, LAT dos cxos. eólicos Gato-Mesón e Gasalla-Legre (concellos afectados Ordes, Carral, Abegondo, Mesía, Frades, Oza-Cesuras e Aranga). Se o indicas, podes figurar como persoa peticionaria do informe e tes dereito a un orixinal do mesmo para presentar no expediente administrativo que desexes. Podes realizar aportacións aos informes e colaborar directamente co persoal técnico que os elabora.
Número de informes a elaborar: 3 (un para cada complexo eólico).
Custe de cada informe técnico: 650 euros + ive: 786,50 euros.
Nº. de conta bancaria: ES28 2080 5443 3430 4013 1387 (Asoc. Petón do Lobo).
Proporcionarase información nesta páxina sobre a evolución da recadación.
Información sobre cada complexo eólico aos efectos da elaboración dos informes técnicos:
1.- Complexo eólico Serra do Farelo: proxecto eólico Serra do Farelo, proxecto eólico Zamorra, proxecto eólico Órrea e proxecto eólico Estivada. Municipios afectados: Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo).
RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico, o estudo de impacto ambiental e a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Serra do Farelo, situado nos concellos de Agolada, na provincia de Pontevedra, e Antas de Ulla, na provincia de Lugo, e promovido por AV Serra do Farelo, S.L. (expediente IN661A DXIEM-01/11), DOG Núm. 217, de 11 de novembro de 2021.
RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Zamorra, situado no concello de Agolada (IN408A 2019/21).
RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Órrea, situado no concello de Agolada, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/10-4).
RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do parque eólico Estivada, situado nos concellos de Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo), e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A/2019/17).
2.- Complexo eólico Cerceda: proxecto eólico Meirama, proxecto eólico As Encrobas, proxecto eólico Coto Loureiro, proxecto LAT de evacuación do Coto Loureiro, proxecto eólico Meirama (Meirama76), proxecto eólico Monte Inxeiro, central hidroeléctrica reversible de Meirama.
ACORDO do 15 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do proxecto do Parque Eólico Meirama, nos concellos de Cerceda, Carral e Ordes (expediente IN408A 2018/27).
ACORDO do 27 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Meirama, denominado para os efectos de tramitación Meirama (76), nos concellos de Cerceda e A Laracha (A Coruña) (expediente IN408A 2020/076).
ACORDO do 4 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Coto Loureiro, nos concellos da Laracha e Cerceda (A Coruña) (expediente IN408A 2018/37).
ACORDO do 5 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto LAT 220 kV evacuación do parque eólico Coto Loureiro e SE Monte Inxeiro ampliación 220 kV, nos concellos da Laracha, Cerceda e Ordes (A Coruña) (expediente IN408A 2021/36).
ACORDO do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Monte Inxeiro, nos concellos de Ordes e Cerceda (A Coruña) (expediente IN408A 2017/25).
ACORDO do 30 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico As Encrobas, nos concellos de Cerceda, Carral e Ordes (A Coruña) (expediente IN408A 2020/93).
3.- LAT dos cxos. eólicos Gato-Mesón e Gasalla-Legre (concellos afectados Ordes, Carral, Abegondo, Mesía, Frades, Oza-Cesuras e Aranga): proxecto LAT Gato -Mesón, proxecto eólico Gasalla, proxecto eólico Solpor, proxecto eólico Legre e o proxecto LAT evacuación Legre.
a) ACORDO do 16 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto de liña de alta tensión LAT 220 kV Gato-Mesón e subestación colectora Mesón 220/132 kV (expediente IN408A 2020/145).
Co fin de evacuar a enerxía eléctrica xerada polos parques eólicos que a seguir se enumeran, todos eles en tramitación e promovidos polo grupo Greenalia, deséñanse a liña eléctrica de alta tensión (LAT) 220 kV Gato-Mesón e a subestación eléctrica colectora (SEC) Mesón 220/132 kV:
• PE Gato (25,2 MW, nº expediente IN408A 2017/04).
• PE Felga (21 MW, nº expediente IN408A 2017/19).
• PE Monte do Cordal (12,6 MW, nº expediente IN408A 2018/33).
• PE Friol (21 MW, nº expediente LU-11/147-EOL).
• PE Pena da Cabra (25,2 MW, nº expediente IN408A 2020/33).
• PE Penas Boas (16,8 MW, nº expediente IN408A 2018/35).
b) ACORDO do 6 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Gasalla, nos concellos de Mesía e Frades (expediente IN408A 2017/26).
c) ACORDO do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) do proxecto do parque eólico Solpor, nos concellos de Mesía e Ordes (expediente IN408A 2018/26).
d) ACORDO do 22 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Legre, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (A Coruña) (expediente IN408A 2020/097).
e) ACORDO do 5 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto LAT 132 kV evacuación parque eólico Legre, nos concellos de Oza-Cesuras e Mesía (expediente IN408A 2020/143).
Coñece as características do proxecto do parque eólico Alvite II, a continuación do proxecto do parque eólico Alvite, en Mazaricos, Negreira e Santa Comba (A Coruña) Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Alvite II, a continuación do proxecto do parque eólico Alvite, en Mazaricos, Negreira e Santa Comba (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 14 de setembro de 2022.
Plataformas e entidades bergantiñás critican que a Xunta de Galicia non restaure as labores mineiras abandonadas do Monte Neme nin drene as augas ácedas das balsas de lodos, froito da minería irresponsable e do desleixo da Administración, pero que en cambio permita a instalación de macroeólicos no cume deste monte sacro.
Entidades de toda Galicia rexeitan os macroeólicos do Monte Neme
Enel Green Power España, S.L.U. prevé instalar 4 macroeólicos de 200 metros de altura no Monte Neme. O proxecto eólico está a exposición pública ata o 22 de abril deste ano. As instalacións afectan directamente a cauces como a Fonte Seca, orixe do rego Bandeira, onde se atoparon restos cerámicos e a sonada “arracada” de Cances, unha xoia de ouro galaica da Idade de Ferro.
Pero ademáis o Monte Neme é un dos 74 xacementos romanos da costa ártabra nunca intervidos desde o punto de vista arqueolóxico. Así o confirma unha tese doutoral do ano 2019 de María Josefa Loira Enriquez sobre “O proceso de romanización do antigo territorio dos ártabros: formas de poboamento e organización territorial ao longo do periodo romano”.
Ademais do valor patrimonial, o Monte Neme é un excelente mirador ao Atlántico, desde onde se observa todo o municipio de Malpica e boa parte de Carballo. Desde algún dos seus puntos máis elevados pódese ver incluso ata Ferrol. Cos seus 386 metros, este monte é visible desde calquer punto o territorio carballés.
Por iso o impacto paisaxístico dos macroeólicos previstos por Endesa será brutal para unha comarca que vive do turismo e da paisaxe. Carballo, que se vende turísticamente como “Senda do Mar” xa pode chamarse agora “Senda dos Eólicos”.
Praias como Pedra do Sal, Razo –Baldaio, Leira e Santa Mariña ocupan case 7 km de costa, xunto con pequenas calas como a de Montefonte. A praia de Razo – Baldaio con 5 km de lonxitude é un dos areais máis fermosos de Galicia aos que hai que engadir o alto valor ecosistémico da Rede Natura, no complexo marismeño –lagunar de Baldaio.
Endesa tamen obvia a importancia da arqueoloxía da paisaxe no Monte Neme, xa que este monte está na liña visual directa con outros como o Monte Perrol ou o Pico de Meda. Ademais, está rodeao por 4 castros: o Castro de Oza, Castro do Rodo, Castro de Cances e Castro de Brión.
O proxecto de Endesa obvia todos os impactos paisaxísticos e patrimoniais do Monte Neme e incluso prevé unha liña evacuación que, superando todas as expectativas do que o malo pode ser incluso peor, contempla unha lonxitude e 15 km con 64 apoios e afeccións irreversibles para a Rede Natura ZEC Río Anllóns, á Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Val fluvial do río Lourido, á Carballeira de Sta. Mariña do Remuíño e ao Camiño de Santiago Vía Céltica ao seu paso polo val fluvial.
As plataformas e entidades solicitan o rexeitamento do proxecto eólico polo impacto paisaxístico e patrimonial inasumible e solicitan aos concellos de Carballo e de Malpica de Bergantiños que fagan o mesmo.
Monte Neme, 14 de marzo de 2022
Apoian:
Plataforma Monte Neme de Carballo e Malpica de Bergantiños
Asociación ambiental Petón do Lobo
Comité pola Defensa das Rías Altas
Asociación galega Cova Crea
Plataforma non máis eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural
Asociación “O Ouriol do Anllóns”
Plataforma veciñal O Cerqueiral de Coristanco
Plataforma veciñal “As Salgueiras” de Ponteceso
Sindicato Labrego Galego
Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra (Asociación Senda Nova, Asociación Contramínate de Laxe, Asociación de Veciños de Cereo, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños…etc.)
Ecoloxistas en Acción Ortegal
Ecoloxistas en Acción Coruña Sur
Colectivo Apeom de Outes
Plataforma Quijote
Ecoloxistas en Acción Costa da Morte
Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde en Lugo
Plataforma Stop Eólicos de Paradela
Movimento Ecoloxista da Limia
Asociación Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo
Plataforma veciñal Monfero Di Non
Plademar Muros-Noia
Ecoloxistas en Acción Lugo
Plataforma Salvemos O Iribio
Asociación en Defensa da Costa da Morte (Adecom)
Mina Touro – O Pino Non
Ecoloxistas en Acción A Mariña
Ecoloxistas en Acción Ártabra
Ecoloxistas en Acción Barbanza
Ecoloxistas en Acción Sarria-Monforte
Víctimas de la Justicia
Plataforma pola Convivencia Ética con Fauna Silvestre «Con-Ética»
Ecoloxistas en Acción Ribeiro
Rede do Rural
Asociación cultural Roxín Roxal
Ecoloxistas en Acción Galicia Centro
Cabanas Di Non
Montes de Chá
Serán na lagoa de Baldaio
O Monte Neme: da orixe sacra a minería irresponsable. E agora macroeólicos. Gracias #QuijotedeOutes
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Monte Neme. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 22 de abril de 2022.
Pero o Monte Neme non só encerra un xacemento romano. Tamén restos castrexos como a famosa arracada de Cances, que se conserva no Museo de Pontevedra. Véxase:
Aves na lagoa de BaldaioMarisma de Baldaio co Monte Neme ao fondoMalpica de Bergantiños co Monte Neme ao fondoArcea no Monte NemeZEC e ZEPA Costa a Morte
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de escrito de queixa para pedir a retirada do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia promovido pola Xunta de Galicia co apoio da empresa eólica EDP Renovables, con varios parques en tramitación na Costa da Morte, por posible conflito de intereses. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar a queixa: 28 de febreiro de 2022.
Por que é importante a retirada deste Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia?
Asina a convocatoria do concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Lema Mira, natural de Cabana de Bergantiños (A Coruña), segundo indica a web:
Asina tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, coñecido pola súa estreita colaboración coa Fundación Eduardo Pondal do Couto, no municipio de Ponteceso (A Coruña), municipio lindeiro con Cabana de Bergantiños. Este certame conta ademais coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, a Fundación Galicia Sustentable, Enerxías de Portugal Renovables (EDPR).
Tanto en Cabana de Bergantiños como en Ponteceso, a promotora eólica EDP Renovables ten en tramitación alomenos 7 parques eólicos, incluído o parque eólico reponteciado de Corme, localizado na Rede Natura 2000.
1.- Parque eólico Alto do Torreiro, en Cabana de Bergantiños.
2.- Parque eólico Bustelo e Baralláns, en Cabana de Bergantiños.
3.- Parque eólico Agrelo e Muriño, en Cabana de Bergantiños.
4.- Parque eólico Monte Chan, en Laxe.
5.- Parque eólico Soesto, en Laxe.
6.- Parque eólico Pena dos Mouros, en Laxe.
7.- Parque eólico de Corme (repotenciación), Rede Natura 2000, en Ponteceso.
Chama poderosamente atención que colabore nesta convocatoria pública a Axencia de Turismo de Galicia, ben coñecida por informar nos expedientes de tramitación dos parques eólicos, en relación ao impacto turístico dos mesmos.
Chama tamén a atención que ao fronte desta convocatoria estén dous empregados públicos, na súa calidade de altos cargos, vencellados ás localidades onde EDP Renovables ten parques eólicos en tramitación, Cabana de Bergantiños e Ponteceso.
Chama a atención que segundo o artigo 12 da convocatoria, os centros inscritos poderán obter máis información sobre a Senda Litoral de Galicia no web do proxecto (www.sendadosfaros.gal ), o chamado “Camiño dos Faros” que carece de avaliación ambiental e non está recoñecido oficialmente. E aínda así, a pesar da afección desta senda á Rede Natura 2000 e á coherencia desta, potencian e promoven a utilización dun roteiro que carece dos requisitos ambientais que a a normativa comunitaria e española esixen para ser recoñecida como tal, isto é, a preceptiva avaliación das súas repercusións sobre a Rede Natura 2000.
Chama a atención que se financie con diñeiro público unha actividade deste tipo e na que participa unha empresa EDP Renovables, que ante a falla de licencia social dos seus proxectos eólicos na comarca, o que busca é precisamente a acepación e a licencia social e que a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, lle axuden a facer un branqueado ou lavado de cara, para mellorar a aceptabilidade social dunha actividade que o único que prevé para a comarca ata agora son desfeitas paisaxísticas, como é o caso da repotenciación do parque eólico de Corme e que pretende inzar eólicos en boa parte do litoral da Costa da Morte e incluso afectar á paisaxe protexida Penedos de Traba e Pasarela, en Laxe e Vimianzo (Decreto 294/2008, do 11 de decembro, polo que se declara paisaxe protexida os Penedos de Pasarela e Traba).
É vergoñento este tipo de actividades e que a Xunta de Galicia se preste a este tipo de “lavados de cara” tanto da actividade eólica de EDP Renovables como da chamada “Senda dos Faros”, que afecta gravemente á Rede Natura 2000 e que non dispón de informe ambiental que garanta a súa viabilidade como tal.
Por que é tan importante protexer o litoral da Costa da Morte?
A Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) é unha categoría de protección de carácter europeo e é outorgada a áreas naturais de especial relevancia para a conservación das aves, particularmente as que están ameazadas de extinción.
Para este obxectivo é primordial a conservación dos seus hábitats coas condicións ambientais necesarias para o descanso, reprodución e alimentación das aves.
ES0000497 Espazo mariño da Costa da Morte. Fonte: Ministerio de Medio Ambiente.
Según a Directiva 79/409/CEE, do 2 de abril, relativa á conservación das aves silvestres (Directiva de Aves), as ZEPA´s son zonas de especial protección para as aves silvestres. A Rede de ZEPA´s é unha figura de protección, establecida na Directiva de Aves, para as 175 especies de aves consideradas máis ameazadas en Europa e, especialmente, para as aves migratorias. Un determinado lugar, para ser designado ZEPA, debe albergar un número mínimo de aves que lle outorgue unha importancia internacional.
As ZEPA´s, xunto cos LIC (Lugares de Interese Comunitario), integran a Rede Natura 2000, cuxo obxectivo é a conservación da biodiversidade na Unión Europea.
As Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS) son zonas delimitadas e definidas polas Comunidades Autónomas, a partir de áreas que en cada rexión considéranse importantes para as aves. O Ministerio de Medio Ambiente é o encargado de tramitar a documentación ante a Unión Europea.
As actividades humanas que están permitidas nas ZEPA´s son todas aquelas que non prexudiquen ás especies de aves polas cales se protexeu dita zona.
A Orde AAA/1260/2014, do 9 de xullo, pola que se declaran Zonas de Especial Protección para as Aves en augas mariñas españolas, «BOE» núm. 173, do 17 de xullo de 2014, establece a declaración de 39 espazos das augas mariñas baixo soberanía ou xurisdición española como Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), de conformidade co establecido na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Entre eses espazos está o ES0000497 Espazo mariño da Costa da Morte, con unha superficie de 3.162,83 Km2.
Este espazo mariño ocupa gran parte da plataforma continental fronte á costa dá Morte, no noroeste de Galicia. O interese do espazo radica na súa importancia como embude migratorio debido á súa privilexiada situación xeográfica e aos fortes ventos predominantes de compoñente N e NW. Estímase que máis dun millón de aves mariñas pasan por esta zona durante o verán-outono (migración postnupcial). A maior parte das aves en migración proveñen do norte de Europa e Siberia occidental, pero tamén hai especies mediterráneas (pardela balear, Puffinus mauretanicus), neárticas (gaivota de Sabine, Larus sabini) e do hemisferio Sur (pardela sombría, Puffinus griseus). A elevada produtividade da zona convértea tamén nunha importante área de alimentación, tanto para as especies en migración como para as locais (reprodutoras e invernantes). Entre as reprodutoras locais destacan a gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) e o arao común ibérico (Uria aalge ibericus), que concentran as súas únicas colonias españolas nas costas enfrontadas ao espazo protexido. A zona conta tamén con colonias de paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e corvo mariño moñudo (Phalacrocorax aristotelis aristotelis).
A conservación destes taxóns na ZEPA resulta prioritaria debido a que os seus valores poboacionais, status de ameaza ou representatividade xustifican a importancia ornitolóxica da área a nivel nacional e internacional.
A importancia da Rede Natura 2000 deriva da necesidade de facer efectiva a conservación de hábitats, flora e fauna, a través dos instrumentos previstos, como é a declaración de zonas ZEPA. Doutra banda, lembrar a obriga dos Estados de facela efectiva, que en tanto que debe prevalecer a protección dos devanditos lugares xa que doutro xeito non tería sentido, o cal conleva que as actividades que se pretendan levar a cabo nesta áreas teñen que ser compatibles cos obxectivos que perseguen tal protección.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 17 de xaneiro de 2022.
O proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) foi sometido a exposición pública no DOG Núm. 244, de 22 de decembro de 2021, pola Xefatura territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que dirixe Isidoro Martínez Arca (expediente IN408A 2020/179).
O anuncio indica a relación da documentación que se expón e fixa como data límite de presentación de alegacións o 17 de xaneiro de 2022.
• Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución (novembro 2021-asdo. 25.11.2021).
1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.
1.2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.
1.3. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.
2. Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021).
3. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA)(novembro 2021-asdo. 25.11.2021).
Sen embargo, e a pesar do indicado no anuncio, non se expón o Documento ambiental (EIA) (decembro 2020-rev. maio 2021-asdo. 24.5.2021).
A seis días hábiles de que remate o prazo para a presentación de alegacións, a cidadanía e as persoas afectadas non puideron acceder a un dos documentos máis importantes do proxecto da liña de evacuación LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2020/179).
Diversas queixas e reclamacións presentadas ante o Xefe Territorial da Coruña, Isidoro Martínez Arca, reclaman o reinicio do cómputo dos prazos para presentar as alegacións a un proxecto denso e de difícil comprensión.
Non é un caso illado
Hai determinados proxectos que parece que lle custa á Administración que a cidadanía acceda á documentación. Así sucedeu cos parques eólicos Valdepereira e Pico Seco da promotora Aerogeneración Galicia, S.L., que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación esqueceu subir á páxina de transparencia para o acceso da cidadanía, a pesar de tramitarse ambos os dous proxectos pola vía de urxencia e a conseguinte redución de prazos a tan só 15 días para alegacións.
Ambos os dous parques foron publicados no DOG Núm. 234, de 7 de decembro de 2021, pero a cidadanía afectada non tivo acceso á documentación ata 7 días máis tarde (o 14 de decembro), como se pode ver no enlace:
A pesar dos escritos de queixa presentados e a petición de reinicio do cómputo dos prazos a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais obviou o problema e continúa coa tramitación dos expedientes, a sabendas da vulneración de dereitos.
A vulneración de dereitos da cidadanía, a norma habitual na tramitación eólica
Está claro que a Administración da Xunta de Galicia está a verse beneficiada da falla de información pública, xa que logo, o feito de impedir o acceso a información restrinxe a presentación de alegacións e a oposición a proxectos industriais eólicos máis que controvertidos, se temos en conta a falla de actualización da planificación sectorial eólica na que se enmarcan.
A nivel supraestatal, no seo do Consello de Europa e da Organización de Estados Americanos (OEA), tanto o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos como a Corte Interamericana dos Dereitos Humanos, consideran que o dereito de acceso á información pública é un dereito fundamental integrado dentro do dereito á liberdade de expresión e a recibir información.
O Tribunal Sumpremo indica que o dereito de acceso aos rexistros e documentos administrativos constitúe un dereito da cidadanía dos chamados da terceira xeración e está enraizado no principio de transparencia administrativa, o cal responde a unha nova estruturación das relacións entre a Administración e a cidadanía.
A información administrativa é un imperativo do principio de publicidade e transparencia nunha sociedade democrática.
Nun sistema democrático, as institucións públicas non son propiedade da clase política ou altos cargos, senón que son de dominio popular, son da cidadanía, polo que a información que posúen ditas institucións tamén pertence a esta.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto da LAT 132 kV SET PE Troitomil, LAT 132 kV SET PE Banzas/SET colectora Lousame nos municipios da Baña e Negreira (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da LAT 132 kV SET PE Troitomil, LAT 132 kV SET PE Banzas/SET colectora Lousame nos municipios da Baña e Negreira (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 29 de novembro de 2021.
Coñece o parque eólico Borrasca e a súa liña de evacuación que afecta ás ZEC río Ouro e ría de Foz -Masma e ás ZEPA ría de Foz e Costa da Mariña Occidental.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Borrasca e a súa liña de evacuación. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 5 de outubro de 2021.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque éolico A Espada no municipio de Agolada (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 27 de outubro de 2021.
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do parque eólico Crecente nos municipios da Cañiza e Crecente (Pontevedra) e a afección severa á Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) río Deva. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto eólico Crecente. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 29 de outubro de 2021.
Coñece o cadro -resumo das características e impactos do documento de inicio do parque eólico Bustelo e Baralláns en Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña) e que afecta á AEIP Val fluvial do Lourido.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque éolico Bustelo e Baralláns nos municipios de Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: as persoas interesadas poden presentar alegacións en calquer momento.