
O sábado, 30 de xullo ás 11:30 horas, CONCENTRACIÓN NA PONTE DE XABARIDO, en Corcoesto. Por unha PONTE NOVA!, a que levan prometendo unha e outra vez desde o ano 2018. Participa!
O sábado, 30 de xullo ás 11:30 horas, CONCENTRACIÓN NA PONTE DE XABARIDO, en Corcoesto. Por unha PONTE NOVA!, a que levan prometendo unha e outra vez desde o ano 2018. Participa!
A pesar da falla de seguridade estrutural da ponte de Xabarido e a pesar de contar con todas as autorizacións, a Deputación da Coruña, responsable da infraestrutura, semella frear o proxecto da súa reconstrución.
O desinterés e desleixo das administracións e as prioridades políticas poderían estar a frear a inversión na ponte de Xabarido.
A asociación ambiental e cultural Petón do Lobo lémbralle ao Presidente da Deputación o compromiso co arranxo da ponte. A falla de seguridade estrutural podería poñer en perigo vidas humanas.
O 7 de xullo de 2017, a Deputación provincial da Coruña solicitaba de Augas de Galicia, por atoparse nas marxes do río Anllóns, a autorización de obras no lugar de Ponte de Xabarido, concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños (A Coruña). As obras solicitadas consistían na execución do proxecto de ”Construcción de puente sobre el río Anllóns y accesos en el p.k. 3-800 de la DP-1405, de Pazos a Leas por Beres (Ponteceso e Cabana de Bergantiños).
Posteriormente o 21 de marzo de 2018, o órgano provincial citaba ás persoas interesadas para facer efectivo o pago do xustiprezo polos terreos expropiados necesarios para executar as obras.
Despois da data citada o expediente retárdase e non se volve a obter información ao respecto.