Galería

Unha andaina por Corcoesto chea de historia

Con Manuel Vázquez como guía comezaba a andaina por Corcoesto. Unha manchea de historia, cultura, memoria e patrimonio que disfrutamos da man dun dos mellores contadores de historias que hai en Corcoesto.

Desde os olmos do igrexario que sinalaban o camiño ás ánimas ata a segunda Revolta Irmandiña, a Inquisición, Eiravedra, Cures, Cortiño, Millán, as milleiras de Maceira e Xabarido.

A visita ao antigo cemiterio civil de Cortiño, agora totalmente restaurado gracias ás persoas voluntarias, foi unha experiencia única que nos trasladou aos anos 30 do século pasado.

A lembranza de lugares con microtopónimos imaxinarios como Paraíso no lugar Grande, Natoales ou o detalle mozárabe dunha das casas máis antigas do lugar, trasladounos á épocas pasadas nun exercicio de memoria chea de orgullo e singularidade.

Rematamos en Xabarido onde o río Anllóns. Unha experiencia única que aconsellamos repetir e convidamos a tod@s a vivila connosco!

Galería

O río das nosas vidas: o Anllóns

Heliodoro Gallego Armesto escribía o 30 de abril de 1932, un artigo no número 519 da revista Vida gallega: ilustración regional, sobre o río Anllóns.

Comezaba facendo alusión ás citas que sobre este río realizaran xa no seu momento os xeógrafos romanos Mela, Strabón, Ptholomeo e Plinio co nome de Vir, e que ía tomando diferentes nomes segundo as parroquias polas que ía pasando, aínda que o máis coñecido era o Anllóns.

fonte cardeira.jpg
O río Lourido, afluente do Anllóns, nace na fonte Cardeira, no lugar de Aldemunde (Cabana de Bergantiños). Delimita os municipios de Cabana e Coristanco

O río Anllóns foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria da Rede Natura 2000 desde o 2004 e ZEC desde o 2014. A súa extensión, de máis de cen hectáreas na comarca de Bergantiños, percorre os municipios de Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños atopando ao seu paso enclaves de gran beleza como o Refuxio de Verdes en Cereo (Coristanco).

IMG_20161210_124325_BURST001_COVER.jpg
Rego de Sta. Margarida na parroquia de Corcoesto ao seu paso polo lugar da Regueira
IMG_20161210_125052_BURST005.jpg
Rego de Sta. Margarida na parroquia de Corcoesto, tributario do Anllóns

O río Anllóns nace nos montes de Xalo, na Pena Gallada, a unha latitude duns 519 metros por enriba do nivel do mar. Son moitos os afluentes do río Anllóns ao longo do seu percorrido:

1.png
Fonte: IGN. O río Anllóns nace na Pena Gallada e bordea a fraga de Vilar da Fraga. onde se ubica un campo de tiro. Moi preto está a canteira do Corgo, un espazo mineiro sen restaurar e que produce un gran impacto paisaxístico

Comezando por Laracha temos a Fonte Quenlle da Grela que desemboca no río Grande e multitude de regos: o  rego de Cercido, o rego do Cubo, o rego da Graña, o rego do Soutullo, o rego Acheiro que conserva un bó número de muíños, o rego da Armada, o rego do Reiros, o rego do Novel, o río Pedamio, o río Calvelo, o río Rosende que nace en Montemaior e xúntase co Anllóns no límite entre Carballo e Coristanco, o rego do Queo, o rego do Añón, o río Grande que rega a Agra de Noví, o rego da Balsa, o rego de Lamela, o río do Gatos, o río Calvar, o rego Liñeiro e o rego de Cances que se xuntan para desembocar no Anllóns, o rego do Piñeiro, o rego da Fraga, o rego do Vao, o rego das Mazarocas, o rego das Devesas, o rego de Portocelo, o río Lourido, o rego de Sta. Margarida, o rego do Pardiñas, o rego do Ramallás, o rego do Erbecedo, o rego do Vilasuso, o rego do Souto que rega a Agra do Esto, o río Cundíns, que nace nos montes do Couso e xúntase co Anllóns no Esto (Cabana de Bergantiños) tras recoller as augas do río Cedreiro, que pasa polo lugar da Margarida, onde nos deixa unha fermosa imaxe da férveda da Margarida.

2.png
Instalacións do Campo de tiro na fraga de Vilar da Fraga, na parroquia larachesa de Soandres, á beira do río Anllóns e a escasos metros do seu nacemento. Fonte: IGN

Na parroquia de Soandres (Laracha) o río Anllóns circula á beira da fraga de Vilar da Fraga. Este bosque autóctono foi parcialmente eliminado para a construcción dun Clube de tiro olímpico, campo de tiro e prato e un Campo de tiro olímpico de 50 metros.

Os solos sobre os que se construiron as instalacións estaban clasificados como solo rústico de protección natural, solo rústico de protección de augas e solo rústico de protección agropecuaria.

ggg.jpg
Camiño real de Vilar da Fraga, en Soandres, á beira do Anllóns

O certo é que unha parte da fraga xa foi eliminada, e no seu lugar, e con afección ao camiño real, construiuse unha gran mole de cemento como clube de tiro e outras instalacións formigonadas aínda en construcción.

O solo rústico perdeu tal carácter ao eliminar os elementos naturais e ecolóxicos intrínsecos que o configuraban. Ao eliminar a funcionalidade dos solos e a fraga, xunto cos seus valores naturais e ecolóxicos de xeito irreversible, e perderse o carácter agrícola das parcelas, produciuse unha transformación urbanística non amparada legalmente.

O camiño histórico tal e como aparece reflictido no libro “INTERROGATORIO” da parroquia de San Pedro de Soandres de 1752, do Catastro do Marqués da Ensenada, incluido no fondo documental da Real Intendencia de Galicia, que se custodia no Arquivo do Reino de Galicia, coa signatura 46.322.2626, páxinas 5 e 6 do documento citado, está directamente afectado polas instalacións do campo de tiro, afectando directamente a este.

4444.jpg
Camiño real de Vilar da Fraga truncado polas instalacións do campo de tiro

Este documento acredita que o Camiño real pasa pola Mansión de Atricondo é continuación do camiño de Santiago e segue por esta zona desde Hospital Bruma, AS Travesas, Santiago de Sumio, Encrobas, O Castelo, Picardel, Paradela, Refojo Mantiñán, Posadoiras, Santa Baia, Vilar de Fraga, ruta que seguiría cara Ponteceso pola marxe do río Anllóns ou ben a “Brigantia” Mansion de Brigantium (A Coruña). O Camiño real tamen coincidiría neste treito coa Vía Per Loca Marítima XX.

O Camiño real está vencellado á antiga vía romana en parte polos restos atopados en diferentes lugares moi próximos entre eles: Cerqueira, Refojo-Mantiñán, Codesuso-Millarade e Castro Baia, e sobre todo pola paraxe de Vista Alegre onde existe constancia dunha feira notoria e importante, andecedente do que é actualmente a feira de Paiosaco.

No documento denominado “Estudio de Impacto Ambiental para Instalación de Tiro Olímpico e Tiro o Prato no concello de Laracha”, o técnico redactor, recolle como impactos durante a fase de funcionamento:

–          Emisións atmosféricas.

–          Emisións acústicas.

–          Xeración de residuos de proxectís.

IMG-20170530-WA0000.jpg
Instalacións do clube de tiro olímpico de Soandres, á beira do río Anllóns, moi preto do seu nacemento

Na páxina 49/84 do estudo recoñece o técnico que: “Derivado da realización das actividades de tiro desenvoltas na instalación construídas prodúcese unha emisión de gases contaminantes derivados da combustión de pólvoras empregadas nos distintos tipos de munición o efecto contaminante é o resultado da acumulación de partículas en suspensión na atmósfera. Esta contaminación en situacións climáticas desfavorables (ventos constantes) podería traspasar os límites da área de execución, e esternderse polos arredores transportda polos ventos da zona”.

Nun Encontro organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, tratouse sobre o O ESTADO ACTUAL DAS VÍAS ROMANAS EN GALICIA E A NECESIDADE DUNHA MAIOR PROTECCIÓN, coordenado polo experto D. Carlos Nárdiz Ortiz.

No desenvolvemento do encontro D. Carlos Nárdiz Ortiz falou do camiño real de Vilar da Fraga, parroquia de Soandres, no municipio de Laracha, e incluso se refire ao mesmo como vía romana.

Agora este camiño está moi afectado polas instalacións do campo de tiro nun tramo do mesmo.

3.png
Canteira do Corgo en Laracha, preto de Vilar da Fraga. Fonte: IGN
4.png
Fonte: IGN

En Cabana de Bergantiños o rego da Braña rega en Teixedo o pequeno val de Raposeiras e Ameneiros. En dirección a Beres pasamos polos Agros da Fonte e as Fervenzas. Toda a paisaxe e os seus elementos, entre eles a toponimia, fai referencia á auga.

IMG_20190427_205208_BURST003.jpg
Lavadoiro á beira do río Vao, en Coristanco
IMG_20190427_105422.jpg
Lavadoiro de Conles, en Coristanco
chanzos de pedra que baixan ao muiño do Cancelo.jpg
Chanzos de pedra para baixar ao muíño do Cancelo, no río Cedreiro, parroquia de Cundíns

Non podemos esquecer o rego da Balsa que atravesa o val de Cesullas ata o Reguengo, o rego de Ponteceso, o rego dos Prados e o rego das Bouzas, estes tres últimos xa preto da desembocadura na ría de Corme –Laxe.

IMG-20190309-WA0057.jpg
Desembocadura do río Anllóns

Xa na desembocadura entre o Malecón da Outrabanda e o Malecón do Couto o río camiña devagar cara a Xunqueira e o Monte de San Sebastián, coa súa mámoa no cume. Na desembocadura forma un esteiro e na saída ao mar forma A Barra, na que se desenvolve un amplo sistema dunar que se complementa coas dunas remontantes do Monte Branco.

río Cedreiro.jpg
Río Cedreiro na parroquia de Cundíns

Nas marxes consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros, carballos… Na beira do río e nas zonas de corrente lenta hai herbas da prata, fentos, brións…

Hai unha gran diversidade de aves (paxaros de ribeira, garzas, lavancos, merlo rieiro, limícolas…), anfibios (pintafontes, sapos, ras…), peixes (troitas, anguías, escalos…) e insectos (libeliñas, cabalos do demo, escaravellos…).

A vexetación riparia no val fluvial do Lourido

As propiedades máis significativas que converten aos bosques de ribeira en formacións ben diferenciadas e de gran valor son a súa alta diversidade biolóxica, a súa alta produtividade e o elevado dinamismo dos hábitats que acollen. Todo iso como consecuencia das súas particulares condicións hídricas, que favorecen o refuxio de especies propias de zonas climáticas frescas e húmidas en áreas máis cálidas e secas.

Regulan o microclima do río.
Aseguran a estabilidade das beiras.
Regulan o crecemento de macrófitas.
Son un hábitat ideal para un gran número de especies animais e vexetais.
Supoñen unha fonte de alimento para as especies que albergan.
Actúan como filtro fronte á entrada de sedimentos e sustancias químicas na canle.
Cumpren un papel de acumuladores de auga e sedimentos.
Funcionan como zonas de recarga de augas subterráneas.
Posúen un gran valor paisaxístico, recreativo e cultural.

Dada a súa importancia ecolóxica, e as vantaxes prácticas asociadas a unha boa conservación dos bosques aluviais, urxe a adopción de medidas encamiñadas á protección e rexeneración destes medios. Para iso, é imprescindible contar cun coñecemento real do estado da vexetación dos ríos, a partir da inventariación, caracterización e valoración destas comunidades.

muiño no val fluvial do lourido.jpg
Muíño no val fluvial do Lourido, entre as parroquias de Cereo, Corcoesto e Valenza, municipios de Cabana e Coristanco

As zonas riparias son importantes na ecoloxía, na xestión ambiental e na enxeñería civil, a causa do rol que desempeñan na conservación do chan, a biodiversidade do hábitat, e a influencia que exercen sobre a fauna e os ecosistemas acuáticos, incluídos as praderías, bosques, e sistemas acuáticos. Os termos bosque ripario, ou zona intermedia riparia, ou franxa riparia son utilizados para caracterizar á zona riparia. A raíz da palabra “riparia” provén do Latín ripa, que significa beira do río.

A ponte Lubiáns ou ponte Vella, entre os municipios de Carballo e Coristanco

No lugar da Revolta, en Carballo, atopamos o río Rosende, o afluente do Anllóns que salva a ponte Lubiáns. A ponte Lubiáns trasládanos a época romana. Diversas fontes sitúan nesta ponte a vía Per Loca Marítima e o camiño real que ía da Coruña a Fisterra. Outras fontes catalogan a ponte como medieval, e incluso en datas posteriores. Mais sin dúbida é unha das pontes máis fermosas.

O Semanario Independiente El Tea no seu número 188 recollía o 7 de setembro de 1917, a noticia do aproveitamento das augas do río Rosende, en Carballo, para a produción eléctrica e empregala no servizo de alumeado público e privado no termo municipal da vila. O beneficiario da concesión era Juan María Sanjurjo Pérez, o que nos dá unha idea aproximada da data na que se instalou o primeiro alumeado público na cabeceira da comarca.

prensa_0342
Semanario Independiente El Tea
tg_carrusel_cabecera_grande.jpg
Ponte Lubiáns ou ponte Vella
ponte lubiáns turismo gal.jpg
Ponte Lubiáns, no lugar de Montecelo, parroquia de Oca

Desde o seu nacemento ata a desembocadura, o río Anllóns efectúa un percorrido de 54,4 km cun índice de sinuosidade de 1,43 que permite incluílo na categoría de río sinuoso. No seu percorrido salva un desnivel duns 420 m que representa unha pendente media suave do 0,77%. No tramo de Verdes, á vez que recibe ao Vao, sofre un encaixonamento cunha sucesión de rápidos. A súa conca ten unha extensión de 519 km2.

Despois dun rápido descenso dos montes do Xalo e Santa Baia remánsase e discorre maino e sinuoso cara á desembocadura, agás no tramo do Couto de Verdes, onde se encaixa e forma unha sucesión de rápidos e pequenos saltos. Nos seus afluentes abondan as fervenzas.

Unha das fervenzas máis fermosas atopámola no lugar da Margarida, na parroquia de Cundíns. Con motivo da celebración do Día Internacional dos Ríos, cada 14 de marzo, temos que tomar conciencia da necesidade de coidar os nosos ríos, o río do noso lugar ou da nosa parroquia, e por suposto coidar deles todos os días do ano.

fervenza pozo da forca.jpg
Fervenza do Pozo da Forca, na cabeceira do río Cundíns

Outra das fervenzas, agochada en parte tras a estrada que vai de Corcoesto a Beres é a da Regueira, no rego de Sta. Margarida na parroquia de Corcoesto, rego que nace no lugar de Baneira aos pés do monte Perrol.

fervenza da regueira corcoesto.jpg
Fervenza da Regueira en Corcoesto

Pero hai máis fervenzas como a do rego da Barcia, que nace nas terras do Vao ou As Samesugas, vólvese fervenza na Baiabosa e verte augas ós caldeiros do Pozo da Forca, unha das cabeceiras do río Cundíns, afluente do Anllóns.

FERVENZA DA MARGARIDA, RÍO CUNDÍNS.jpg
Fervenza da Margarida no río Cundíns, tributario do Anllóns

A fervenza de San Paio, na parroquia de Entrecruces (Carballo), no linde co concello de Tordoia, no río de Outón tamén chamado da Férveda e Taboada, un afluente do río Grande que á súa vez desemboca no Anllóns.

férveda de San Paio ou Entrecruces.JPG
Fervenza de San Paio

E non podemos esquecer a fervenza de Ramil, no rego da Férveda, afluente do Casal do Perros (río Grande-Anllóns), no lugar de Ramil (Santa Eufemia), na parroquia de Rus (Carballo).

ferveda de rus.jpg
Fervenza de Rus

Problemas ambientais no río Anllóns

  • Contaminación no cauce polas obras das centrais hidroeléctricas e limpeza dos encoros. O caso do encoro de Sta. Mariña de Corcoesto, 27 de setembro de 2016

As empresas hidroeléctricas que explotan os encoros dos nosos ríos realizan con certa periodicidade a limpeza dos cauces fluviais. Na realización destas tarefas, as empresas que as executan, ás veces non son moi coidadosas. A vertedura de aceite ou gasóleo no cauce e un verquido de escombros procedentes deste, a escasos 5 metros da capela de Sta. Mariña do Remuiño, en Corcoesto, aconteceu xa varias veces nesta paraxe.

  • A seca e o cambio climático, un problema que afecta aos ecosistemas fluviais

A grave diminución do caudal do Anllóns, que ameaza con non garantir o cauce ecolóxico necesario para a vida fluvial, tamén é un problema que se manifesta cada ano nas tempadas de seca.

Baixo-caudal-no-Rio-Anllons.jpg
Caudal baixo no río Anllóns, ao seu paso por Corcoesto
obras cauce anllóns.jpg
Obras de limpeza ou recheo no cauce do río Anllóns que xestiona Unión Fenosa (central hidroeléctrica de Corcoesto)
cauces anllón sta mariña.jpg
Obras de recheo no cauce do río Anllóns que xestiona Unión Fenosa (central hidroeléctrica de Corcoesto)
  • O uso e abuso de herbicidas, pesticidas e fertilizantes nas explotacións gandeiras e agrícolas

Cada vez empréganse máis herbicidas e en concentracións cada vez maiores. Existe unha probabilidade seria de estarmos expostos cada vez máis a estes tóxicos. A Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, da Organización Mundial da Sáude (OMS) xa advertiu, e de feito, xa clasificou ao herbicida máis coñecido e usado, o glifosato, como “probablemente carcinóxeno para os seres humanos”. Abondan as evidencias científicas sobre do risco deste herbicida, e sen embargo, cada vez  emprégase máis.
En humanos, os síntomas de envelenamento inclúen irritacións dérmicas e oculares, náuseas e mareos, edema pulmonar, descenso da presión sanguínea, reaccións alérxicas, dor abdominal, perda masiva de líquido gastrointestinal, vómito, perda de conciencia, destrución de glóbulos vermellos, electrocardiogramas anormais e dano ou falla renal.

2.jpg
Parcela agrícola na parroquia de Langueirón, Ponteceso, cos efectos dos herbicidas

Todo produto pesticida contén, ademais do ingrediente “activo”, outras substancias cuxa función é facilitar a súa manexo ou aumentar a súa eficacia. Así, entre moitos dos compoñentes, estes produtos conteñen entre outros:

  • Ácido pelargónico que produce irritación ocular e dérmica severas, irritación do tracto respiratorio.
  • Hidróxido de potasio que produce lesións oculares irreversibles, ulceraciones cutáneas profundas, ulceraciones severas do tracto dixestivo, irritación severa do tracto respiratorio.
  • Sulfito sódico que produce irritación ocular e dérmica severas concomitantes con vómitos e diarrea, alerxia cutánea, reaccións alérxicas severas.
  • Ácido sórbico que produce irritación cutánea, náusea, vómito, neumonitis química, angina, reaccións alérxicas.

Entre os efectos sobre o medio ambiente cómpre destacar os producidos polo arrastre do vento. O pesticida dana flores silvestres e poden afectar algunhas especies a máis de 20 metros

Entre 14% e 78% do glifosato aplicado sae do lugar onde se aplica. Especies sensibles morreron a 40 metros. Os modelos indican que especies susceptibles poden morrer a 100 metros. Atopáronse residuos a 400 metros do sitio de aplicación terrestre.

O glifosato tamén afecta ás augas e pódeas contaminar. Por exemplo, contaminou por escorrentía dous estanques en granxas de Canadá, un por un tratamento agrícola e o outro por un derrame; contaminou augas superficiais en Holanda; e sete pozos en Estados Unidos (un en Texas e seis en Virginia) atopáronse contaminados con Glifosato.

Cada vez as granxas empregan máis herbicidas e en concentracións máis importantes. O abuso e descontrol destas substancias afectan ao ser humano e a vida do planeta.

herbicidas-que-matan-abellas.jpg
Os herbicidas son os responsables en boa medida da morte e extinción das nosas abellas, animais claves dos ecosistemas e do seu equilibrio

Na comarca de Bergantiños o problema comeza a ser preocupante. Grandes extensións de terreos son tratadas con herbicidas incluso á beira de regatos, fontes, ríos…etc. Estamos ante un problema ambiental e de saúde humana que debera preocuparnos máis.

  • Fallos nos sistemas de depuración das augas residuais

Boa parte da contaminación do río Anllóns débese aos fallos nos sistemas de depuración de augas residuais ou incluso, á ausencia destes.

IMG_20190427_203936
Depuradora de Vilaverde, no municipio de Coristanco, case á beira do río Anllóns
  • Arsénico no río Anllóns

Un traballo publicado na revista Environmental Monitoring and Assessment levado a cabo por investigadores do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Facultade de Farmacia (Universidade de Santiago), da man de Rosa Devesa-Rey e baixo a dirección de Francisco Díaz-Ferros conclúe que os niveis de arsénico detectados nos chans e as augas da parroquia de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) non só son alarmantes, senón que resultan “tóxicos” e son consecuencia directa da mina de ouro que pecharon os ingleses cara a 1930. Augas abaixo da localización das antigas minas existe unha concentración anormal de arsénico nos sedimentos, nun tramo de dous a tres quilómetros. Esta concentración supera ata 12 veces os niveis permitidos en chans contaminados. É dicir, que se o nivel xenérico de referencia é de 50 miligramos de arsénico por quilo de terra, en mostras recollidas no Anllóns alcanzábanse os 600 miligramos por quilo. O experto explicou en diversos medios de comunicación que estaba previsto completar a investigación coa análise das augas subterráneas e os pozos, pero iso aínda “está pendente”. “Sería interesantísimo”, explicaba publicamente, porque “está demostrado que o arsénico é un carcinógeno”. De feito, “aínda que nas plantas non se obtiveron resultados tan claros”, comprobouse que a contaminación por arsénico na zona reducía “nun 50%” a actividade biolóxica dunha serie de microorganismos”. “Non se pode asegurar ao 100% que o arsénico proceda dos antigos labores mineiros porque non existen estudos previos \[é dicir, do século XIX\]”, explicaba Díaz-Ferros, “pero si se pode dicir que é a orixe máis segura”.

mina lamprieira indo pa central corcoesto.jpg
Mina da Lampreeira, en Corcoesto, preto do río Anllóns

As minas antigas removeron a rocha, e sen a protección da capa vexetal a “escorrentía supeficial” arrastrou o arsénico. Os sedimentos envelenados que recolleu este equipo no río corresponden, “probablemente, aos últimos 50 anos”.

O estudo científico asinado por Devesa-Rey e Díaz-Ferros conclúe que a acumulación de arsénico augas abaixo “pode considerarse unha consecuencia directa da actividade mineira”. “A súa toxicidade para as poboacións bentónicas”, os seres vivos da auga, “permite considerar este elemento como de elevada preocupación ambiental” e fai “necesario un coidadoso seguimento”.

A pesares de que a actividade mineira xa non existe desde hai máis dun século, o río aínda verte ao redor de 850 quilos de veleno ao ano.

IMG_20190419_173557.jpg
Paraxe de Sta. Mariña, na parroquia de Corcoesto. As paisaxes esmorecen con postes de luz ubicados en calquer lugar, liñas eléctricas que sobrevoan lugares emblemáticos, abandono dos seus elementos …etc.
  • O arsénico e o fallido proxecto mineiro, que a multinacional canadiana Edgewater planificaba, para reactivar a minería de ouro en Corcoesto

Nun informe técnico do ano 2013, o enxeñeiro agrícola Iván Martínez Lorenzo, indicaba en relación ao arsénico presente nos mananciais de Corcoesto que:

“La presencia de arsénico en algunos de los manantiales de Corcoesto, en cantidades muy superiores a la establecida para la protección de la salud humana (10 microgramos por litro), supone un peligro manifiesto para la salud humana de la población afectada. En el proyecto presentado por la empresa se reflejan concentraciones de arsénico de hasta 118,7 microgramos por litro en manantiales destinados al consumo humano y ganadero:

– Manantial de Santa Mariña: 12,76 microgramos por litro.

– Manantial de Augalavada: 83,06 microgramos por litro.

– Manantial de As Labradas: 13,42 microgramos por litro.

– Picotos Sur: 118,77 microgramos por litro.

– Picotos Norte: 47,95 microgramos por litro. -Augalavada 2: 22.06 microgramos por litro.

(Datos procedentes de: Control Preoperacional de Aguas Superficiales de Corcoesto realizado por la empresa Applus Norcontrol S.L.u. con fecha de 17 octubre de 2011 y que figura como Anexo al Estudio de Impacto Ambiental presentado por la empresa promotora del proyecto minero).

En el Real Decreto 140/2003, de 7 de febrero, por el que se establecen los criterios sanitarios de la calidad del agua de consumo humano, en el ANEXO I. Parámetros y valores paramétricos, para el arsénico establece que el valor paramétrico no puede superar los 10 μg/l.

Por tanto estos datos son muy preocupantes ya que algunos de los manantiales citados abastecen a la población de Corcoesto, para su consumo y para las explotaciones ganaderas, Y MÁS CUANDO EL PROMOTOR RECONOCE EN EL PROXECTO UN VERTIDO DE 0,077 mg/litro es decir, (77 μg/litro). Valor claramente superior al límite máximo legislado para el vertido al medio receptor (0,05 mg/litro) es decir, (50 μg/litro).

Cabe señalar que el arsénico se trasmite por vía digestiva, inhalatoria (a través del polvo) y por vía dérmica, que es cancerígeno y que produce efectos adversos para el medio ambiente.

En el Anexo X del EIA Caracterización de los estériles de la mina se presentan los resultados de la determinación de las características de vertido de las aguas d drenaje de las escombreras. Partiendo de los valores del análisis del líquido de extracción de los ensayos de lixiviación para las 9 muestras de estéril de mina se han obtenido valores medios, máximos y mínimos de concentración en cada parámetro Si se comparan los parámetros de vertido calculados con los valores de referencia legislados y naturales (locales) del medio receptor, se concluye lo siguiente:

 Todos los parámetros excepto el arsénico (0,077 mg/l) y el níquel (0,036 mg/l) están por debajo de los límites legislados para el medio receptor.

 El arsénico y el níquel tienen un contenido medio muy próximo al límite máximo legislado para el medio receptor (0,05 mg/l y 0,02 mg/l, respectivamente).

 El contenido en arsénico del vertido calculado (0,077 mg/l) presenta un contenido claramente por debajo de los valores de algunos de los manantiales de la zona (de hasta 0,191 mg/l) y muy inferior a los valores de las aguas subterráneas profundas (0,593 mg/l).

 La concentración de níquel estimada (0,036 mg/l) supera ligeramente el valor legislado para el medio receptor, si bien se encuentran por debajo de valores naturales medidos en las aguas subterráneas profundas.

(Datos procedentes de: páginas 179 y 180 de la memoria del ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL DEL PROYECTO DE EXPLOTACIÓN DE ORO EN LA MINA DE CORCOESTO (A CORUÑA) presentado por la empresa promotora del proyecto minero, Mineira de Corcoesto, S.L.U, filial de la canadiense Edgewater Exploration Ltd.).

IMG_20190419_162059.jpg
Parroquia de Corcoesto co río Anllóns ao fondo

Esto implica el deber de las Administraciones públicas de velar de forma inmediata por la salud de la población y el rechazo absoluto de un proyecto minero que va a incrementar esas concentraciones y frenar la restauración como se aprecia claramente, la empresa promotora del proyecto trata de minimizar las concentraciones de arsénico, ya que luego, en el segundo punto, habla de que: “Él arsénico y él níquel tienen un CONTENIDO MEDIO MUY PRÓXIMO AL LÍMITE MÁXIMO…”. HABLA AQUÍ LA EMPRESA DE LÍMITE MEDIO, (HACE LA MEDIA DE TODAS LAS CONCENTRACIONES), ENMASCARA LOS DATOS Y LA REALIDAD DE LAS CONCENTRACIONES DE ARSÉNICO, YA QUE LUEGO, TAL Y COMO SE PRUEBA EN LOS ANÁLISIS, SE APRECIA CLARAMENTE COMO HAY MANANTIALES QUE SUPERAN LA CONCENTRACIÓN LÍMITE PARA CONSUMO HUMANO Y INCLUSO LA ESTABLECIDA PARA EL MEDIO RECEPTOR. LO MISMO HACE CON EL NÍQUEL.

Por otra parte, el punto tercero es alarmante, la propia empresa promotora está reconociendo que “El contenido en arsénico del vertido calculado (0,077 mg/l) presenta un contenido claramente por debajo de los valores de algunos de los manantiales de la zona (de hasta 0,191 mg/l) y muy inferior a los valores de las aguas subterráneas profundas (0,593 mg/l)”.

Está reconociendo la existencia de 191 microgramos por litro en algunos de los manantiales y 593 microgramos por litro en aguas subterráneas profundas, con la consiguiente contaminación de los acuíferos existentes, y más grave aún si tenemos en cuenta que a estas concentraciones le hay que añadir los 77 microgramos por litro a mayores que va a verter la empresa, y teniendo en cuenta también que las poblaciones de Corcoesto, Cereo y Valenza (ayuntamientos de Cabana y Coristanco), se abastecen de dichos manantiales y acuíferos, paraconsumo humano y ganadero.

El terreno contaminado nunca podrá limpiarse completamente por lo que,cuando abandone la mina de Cabana de Bergantiños, la multinacional canadiense encapsulará parte de la balsa, pero el resto contendrá toneladas de arsénico muy molido que, tendrá más capacidad para disolverse y filtrarse”.

O río Anllóns, Lugar de Interese Comunitario e Zona de Especial Protección para as Aves, é un paraíso ibérico para ornitólogos que buscan especies exóticas en plena viaxe a países cálidos. Sen embargo arroxa polo menos 850 quilos de arsénico ao seu esteiro; máis veleno, en proporción, que o que verten ríos industrializados como o Támesis, o Sena, o Loira ou o Ródano. A maior parte desta substancia procede das arsenopiritas trituradas que deixou como consecuencia a anterior empresa.

arsenopirita.jpg
Arsenopirita

Hai un século levou 2.363 onzas, e a pesar de practicar unha minería menos invasiva que a que agora se pretende, a choiva, os arroios e o Anllóns seguen lamendo veleno ao pasar por Corcoesto. O ouro está dentro da arsenopirita, e aparece en maior proporción naquelas rocas con alto contido de arsénico. Segundo o informe científico nas antigas minas de Corcoesto, as rochas presentan unha cantidade de arsénico 50.000 veces maior do habitual e os chans multiplican por 400 a proporción dun terreo non contaminado.

auga.jpg
O arsénico pode estar disolto na auga de consumo

A auga do río aproxímase ao límite admitido por Europa e as mostras que revelan maior cantidade de arsénico son, precisamente, as que se tomaron nos tramos seguintes ás antigas minas de Corcoesto.

IMG-20190309-WA0031.jpg
Desembocadura do Anllóns coa casa de Pondal ao fondo
  • Río salmoneiro “a medias”

A Xunta inclúe o río Anllóns e dous dos seus afluentes entre as principais masas de augas salmoneiras. Así consta na orde anual da Consellería de Pesca que regula as normas da pesca fluvial de cada tempada. En concreto, aparecen delimitados tres tramos de leito, que suman uns 18 quilómetros de longo. En todos os casos, no municipio de Cabana, aínda que nunha parte na fronteira con Ponteceso. O primeiro é o que ten o límite superior na Ponte Cardezo, e o inferior, en Sta. Mariña en Corcoesto, entre Cabana e Ponteceso, xusto na parte superior da zona de desembocadura. Ocupa, aproximadamente, uns 9,4 quilómetros. O segundo e o terceiro son pequenos cursos. Un é o do río da Balsa, desde a ponte do mesmo nome ata a desembocadura do Anllóns, e o outro o de Cundíns, desde a ponte de Muíño Novo tamén ata a desembocadura do tramo matriz. O primeiro mide 5 quilómetros e medio, e o segundo, algo menos de 3. Esta catalogación aparece xunto á doutros ríos con moita máis tradición salmonera, como o Lérez, o Mandeo, o Masma, o Tea, o Ulla ou o Vexa.

Nas normas pesqueiras doutros anos, as referencias salmoneiras á zona eran máis ben escasas ou nulas, pero arestora inclúense directamente nas «principais masas de auga salmoneiras». Aínda que, en efecto, ata hai algúns anos sí era frecuente capturar salmóns nesa zona, ou velos en boa cantidade no esteiro, subindo á desova. Pero iso pasou á historia.

saimia anllons.jpg
Salto de auga no río Anllóns

Probablemente algo tería que ver a solta de 5.000 alevíns realizada na Garga pola Xunta de Galicia non ano 2013. A cualificación de masa salmonera leva implícita a necesidade de que os afeccionados cumpran unhas normas e prescricións específicas para a súa captura (prazos, dimensións das pezas…), que se detallan na normativa autonómica.

Constatouse ao longo do ano 2016 a presenza de exemplares de recente entrada baixo as presas de Caldas e Corcoesto, varios quilómetros río arriba de onde se realizou a solta. Tras aquela primeira acción, ao longo de 2014 e 2015 repoboouse o curso baixo do río con preto de 100.000 crías en diversas.

A Xunta de Galicia explicou que tras realizar varios controis, comprobouse unha boa adaptación destas crías, polo que durante este ano constatáronse os primeiros retornos de certa importancia.

  • Trabas nos cauces para os salmónidos

Con todo, a pesar da recuperación da especie, persisten algúns obstáculos que deberán ser reparados para facilitar que os peixes remonten o río e completen o seu ciclo vital. Desde a Consellería competente en materia ambiental explican que durante o verán, os axentes de Medio Ambiente tiveron que subir manualmente varios exemplares que quedaron estancados baixo a presa de Caldas, situada entre A Garga e Cardezo. As barreiras no leito, sumadas ao pouco caudal que leva o río debido ás escasas choivas deste ano, dificultaron que os peixes poidan subir máis arriba. O aspecto positivo, por outra banda, é que a contaminación, aparentemente, é menor no curso medio-baixo do Anllóns, tendo en conta que a depuradora de Vilaverde, en Cereo, funciona a pleno rendemento desde comezos do ano 2016.

Sen embargo os animais non poden saltar a barreira das minicentrais, tal e como constatan na Xunta de Galicia. Se hai pouca auga, e coas escadas que hai, non poden subir a desovar.

  • A Paisaxe descoidada na desembocadura do Anllóns

As paisaxes definen as características dos pobos e das súas xentes. Por iso é moi importante o seu coidado e fomentar a cultura do territorio nas comunidades que o habitan.

Existe a necesidade urxente de adaptar o espazo xeográfico para os efectos do proceso do cambio climático, que se manifesta de forma cada vez máis evidente.

Edificios a medio rematar co esqueleto de ladrillo e formigón, chapas metálicas, restos de construcións de cemento abandonadas….etc. Estes son algúns dos elementos que distorsionan as nosas paisaxes. A isto hai que engadir a presencia de plástico incluso no medio dos montes.

IMG-20190309-WA0012
Desembocadura do Anllóns, no Malecón do Couto hai unha obra sen rematar e ao pé do río construcións de chapa abandonadas
  • As prantacións de eucaliptais

As prantacións de eucaliptais son cada vez máis comúns á beira dos ríos. Especialmente dramático é o caso do bosque da Ribeira da Pena. Este bosque está situado entre os municipios de Tordoia, Cerceda e Carballo configurando un espazo de aproximadamente 80 hectáreas. Sin dúbida é un dos espazos autóctonos coa vexetación máis importante da Costa da Morte.

Cada día vai desaparecendo progresivamente o bosque autóctono para ser substituido por eucaliptos, ante o desleixo das administracións responsables, que permiten pasivas que vaia desaparecendo a biodiversidade dos nosos ecosistemas.

Entre os animais máis susceptibles á acidificación dos solos producida polos eucaliptos está a píntega común ou salamátiga. A píntega ou salamántiga común ten unha subespecie de seu en Galicia, a Salamandra salamandra gallaica.

91.jpg
A píntega, o animal máis característico do val fluvial do río Lourido

Pero como afecta a eucaliptización a estes animais?

Os eucaliptos consomen bastante auga debido a súa elevada evapotranspiración. Ademais son moi selectivos cos nutrintes que escollen do chan. Entre eses minerais que acaparan do chan en concentracións importantes está o calcio. Isto produce un descenso importante do pH e a conseguinte acidificación dos solos. Ao quedarse o chan sen calcio, libéranse importantes concentracións de aluminio coa conseguinte toxicidade para as plantas. As plantas e os animais atópanse de súpeto, con que as condicións dos ecosistemas xa non son as adecuadas para a súa supervivencia.

O eucalipto produce unha perda de calcio importante nos solos e un incremento da concentración de aluminio

Os solos ácedos crían moitos fungos que xeran un entramado de micelios ou filamentos brancos que producen a impermeabilización do solo. É o fenómeno coñecido como water repellency, que impide que a auga se filtre. Aumenta así a escorrentía superficial e a erosión laminar.

En Galicia milleiros de hectáreas de solos están perdendo as súas propiedades naturais por mor dos eucaliptos. Ademais deixan de ser espazos adecuados para o desarrollo da flora, da fauna, a auga e a súa capacidade produtiva a longo prazo.

Os produtores forestais e a industria minimizan a importancia destes impactos cando non debera ser así, porque a consecuencia é un atentado ecolóxico de primeira magnitude.

A Xunta de Galicia debera analizar as consecuencias da súa política expansionista dos eucaliptos e mudar drásticamente as políticas con respecto a estes, xa que está a ser cómplice do que podería ser un atentado ecolóxico sen precedentes na nosa historia.

Ribeira da Pena.jpg
Talas de masas autóctonas do bosque Ribeira da Pena, para seren substituídas por eucaliptais

O desleixo das Administracións responsables

Vertidos aos cauces, falla de saneamento das parroquias e dos núcleos, exceso de puríns producidos polas granxas, o uso de herbicidas, pesticidas, a desaparición progresiva dos bosques de ribeira, a substitución do bosque autóctono polas plantacións de piñeiros e eucaliptais, o arsénico, a seca e o cambio climático…..etc. Todo isto ameaza ao río Anllóns e aos ecosistemas fluviais, e o máis grave é que trátase dunha ameaza real.

IMG_0043.JPG
Prantación de eucaliptos. Ao fondo, plantación de piñeiros
IMG_0118
Liña de alta tensión que atravesa os municipios de Cabana e Coristanco
IMG_0048
Rego no val fluvial do Lourido
IMG_0073
Muíño no val fluvial do río Lourido
IMG_0147
Punto de vertido incontrolado no monte, en Coristanco

Perdemos ao río das nosas vidas

Que están a facer as Administracións responsables para evitalo? Que estamos a facer cada un de nós para evitalo? Que están a facer os concellos? Que está a facer Augas de Galicia?

A nosa pasividade, a pasividade de cada un de nós e de todos, compromete a saúde do río das nosas vidas: o Anllóns.

IMG_20190427_123945.jpg
Val de Bello na parroquia de Corcoesto, que atravesa o rego de Sta. Margarida tributario do río Anllóns. As prantacións masivas de eucaliptais mudan a paisaxe