Galería

Importancia do valor da paisaxe no val fluvial do río Lourido.

A paisaxe é  un elemento de identidade, un espazo que adquire unha dimensión afectiva. Todas as persoas se sinten identificadas coas paisaxes das que forma parte. A paisaxe ten un valor simbólico e emocional.

936837_513284908737814_189196692_n
O río Anllóns ao seu paso por Sta. Mariña do Remuiño, Corcoesto.

O valor da paisaxe: a través da paisaxe identificámonos coa nosa contorna, albergando así un sentimento de pertenza, fundamental para o ser humano.

10544781_941170599282574_615111616680787685_n
Meandro do río Anllóns, ao seu paso por Corcoesto.

O valor dunha paisaxe pode residir na natureza que alberga, en que reflicte claramente a historia da zona ou na produtividade económica á que as súas características dan lugar.

262468_563996180288317_1575586056_n
Monte en Corcoesto.
282936_375510299162896_1915820414_n
Carballeira en Corcoesto.
img_20161022_125256
Paraxe de Sta. Mariña do Remuíño, en Corcoesto.
Galería

Corcoesto volve ao Parlamento europeo o vindeiro martes, día 24 de xaneiro, da man de Ana Miranda Paz e a Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo.

Ana Miranda Paz, en representación da asociación Petón do Lobo, debatirá na eurocámara o próximo martes, 24 de xaneiro, tres peticións para rexeitar as 7 Julias que continuan vixentes sobre a zona do cancelado proxecto mineiro de Corcoesto. As peticións serán debatidas a partir das 16 horas e son as seguintes:

  • Petición 768/2012, proxecto mineiro de Corcoesto.
  • Petición 976/2013, proxecto mineiro de Corcoesto.
  • Petición 1/2016, proxecto mineiro de Skouries, Halkidiki, Grecia.

A terceira petición está relacionada co proxecto mineiro de Halkidiki, en Grecia, de tramitación coetánea co de Corcoesto, e que arestora está a producir a maior catástrofe ambiental deste país ao arrasar centos de hectáreas de bosque primitivo con protección prioritaria no ámbito europeo. Esta petición conta co apoio do eurodeputado grego Nicolaus Chountis e o seu grupo parlamentario.

Corcoesto mostra así a súa solidaridade para coa rexión grega afectada pola deforestación ilegal que se está a realizar a consecuencia das actividades extractivas a ceo aberto nunha paraxe de alto valor ecolóxico e ambiental.

A retransmisión en línea dos traballos da Comisión europarlamentaria pódense seguir no seguinte enlace:

http://www.europarl.europa.eu/activities/committees/homeCom.do?language=ES&body=PETI

En relación á petición 768/2012 no seu día pedírase o rexeitamento do proxecto mineiro de Corcoesto en base á deficiente avaliación do documento ambiental, unha declaración institucional ao respecto e que se mantivera aberta a petición por se acaso a Xunta decidía autorizar definitivamente o proxecto. A petición fora aprobada pola eurocámara.

img_20160914_165759

A Xunta de Galicia rexeitou finalmente o proxecto mineiro e declarou a caducidade de 3 dos dereitos mineiros Emilita, Ciudad de Landró e Ciudad de Masma, que formaban parte da área territorial na que se ía desenvolver o proxecto. A día de hoxe, a Xunta de Galicia mantén en vigor 7 dereitos mineiros  (as 7 Julias), que tamen formaban parte do referido proxecto, e que non están caducados, pese a coñecer perfectamente as características da entorna humanizada afectada polos mesmos.

Por tanto á vista de que as 7 Julias carecen hoxe en día de  xustificación pedirase na eurocámara que o goberno galego proceda a súa inmediata cancelación.
Mediante Resolución da Consellería de Economía de Industria (Dirección Xeral de Enerxía e Minas) de data 11 de marzo de 2014 resolveuse denegar a aprobación do proxecto de explotación de ouro (concesións de explotación Emilita nº 1221, Cidade de Landró nº 1.454 e Cidade de Masma nº 1.455) presentado pola entidade Mineira de Coscoesto S.L.U.
Por Resolución administrativa de 7 de agosto de 2015 declárase a caducidade dos dereitos mineiros da mercantil promotora (Emilita, Landró e Masma).
A  Sentenza do Pleno do Tribunal Constitucional 33/2016, de 18 de febreiro, confirma a legalidade da actuación administrativa, e por tanto a CADUCIDADE DOS DEREITOS MINEIROS de Corcoesto, pero so referidos aos 3 mencionados e non aos 7 restantes (as Julias).
Galería

Dous cruceiros diferentes, mesmo mestre canteiro: o cruceiro de Sta. Mariña do Remuiño (Corcoesto) e o do camposanto de San Paio (Coristanco).

A Inquisición estableceuse en Galicia en 1562. Desde ese ano o Santo Tribunal desenvolveu pouca actividade e de feito interrompeuna en 1569 para asentarse de forma definitiva en 1574. A partir de entón a expansión por Galicia do tribunal foi rápida, desenvolvendo 2.023 procesos ata o ano 1700, período que se corresponde co da fase de formación e primeira expansión dos cruceiros.

É unha obra de arte popular constituída por varios elementos:

Plataforma.
Pedestal, normalmente cuadrangular, liso ou con inscricións.
Fuste (ou varal), cuadrangular, octogonal ou cilíndrico, liso con motivos diversos. 
Capitel.
Cruz.

cruceiro-do-camposanto-de-san-paio
Cruceiro do Camposanto de San Paio, Coristanco.
cruceiro
Cruceiro de Sta. Mariña do Remuiño, Corcoesto.

Ambos os dous cruceiros son de principios do seculo XVIII e son autoría do mesmo mestre canteiro. Pódese dicir que son idénticos agás polo capitel. O de Sta. Mariña é máis complexo con volutas e formas circulares. O de San Paio, é máis sinxelo con formas liñais e simples.

Galería

Cova- túmulo neolítico de Bouza Cova, val fluvial do Lourido.

Un aspa no ortostado de entrada ao corredor sinala a orientación de entrada da cámara. O xacemento está moi desfeito polas labores forestais, se ben o corredor de entrada está perfectamente definido no terreo. Ubicado nunha planicie a media altura e orientado hacia sur, se ben a entrada á cámara está orientada ao leste.

xacemento-arqueoloxico-de-bouza-cova

img_20160828_094132

img-20161025-wa0003

img_20160828_094041