Galería

Axuda a protexer os raposos na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia censos dá especie e a prohibición de campionatos. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Axuda a protexer aos raposos na Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Pídese á Dirección Xeral de Protección Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do raposo en Galicia e estudos científicos que garantan a súa viabilidade como especie cinexética de cara á resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

2.-  A prohibición dos campionatos de raposos en Galicia que claramente vulneran a Lei 13/2013 de caza de Galicia. Segundo esta lei, non seu artigo 1. Obxecto e finalidade, indica: “Esta lei ten por obxecto regular ou exercicio dá caza na Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de protexer, conservar, fomentar e aproveitar ordenadamente vos seus recursos cinexéticos de xeito compatible co equilibrio natural e cos distintos intereses afectados”.

Galería

O desenfreno eólico da Xunta de Galicia arrasa con centos de hectáreas de humidais que non están inventariados consonte a normativa en vigor

  • A Xunta de Galicia impide o acceso ao Inventario de Humidais de Galicia porque está inconcluso
  • A Xunta de Galicia vulnera a Directiva Marco dá Auga ao non inventariar os humidais e incumprir así os obxectivos de calidade ambiental destas masas de agua

Centos de hectáreas de lagoas, lagos, brañas, xunqueiras, bosques húmidos e turbeiras están en serio risco de desaparición por mor da expansión denscontrolada de eólicos en Galicia. En Galicia só hai 5 humidais protexidos ao abeiro do Decreto 110/2004, do 27 de maio. Posteriormente no ano 2008 a Xunta de Galicia aprobaba o Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia, vixente na actualidade.

Diversas entidades ecoloxistas que intentaron consultar este Inventario público, para indagar os humidais que puideran verse afectados polos numerosos proxectos eólicos arestora en tramitación, levaron unha sorpresa desagradable ao impedírselle o acceso por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e en concreto pola Subdirección Xeral de Espazos Naturais que dirixe Tomás Fernández –Couto Juanas. O motivo que esgrime esta Sudirección para denegar o acceso é que o Inventario está inconcluso ao estar na procura de información e elaboración das fichas do inventario, que leva creado desde o ano 2008.

As entidades ecoloxistas critican que desde o ano 2008, data de creación do Inventario como rexistro público de consulta dos humidais, a Xunta abandonouno por completo e non se molestou en inventariar debidamente os humidais galegos incumprindo de cheo a Directiva 2000/60/CE, pola que e establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas (en diante DMA).

O obxectivo ambiental da  DMA é “establecer un marco para a protección das augas superficiais continentais, as augas de transición, as augas costeiras e as augas subterráneas que preveña todo deterioración adicional e protexa e mellore o estado dos ecosistemas acuáticos e, con respecto ás súas necesidades de auga, dos ecosistemas terrestres e humidais directamente dependentes dos ecosistemas acuáticos”.

A inscrición dun humidal no Inventario de humidais de Galicia deixará constancia, como mínimo da súa dentificación, denominación e descrición, codificación e denominación do humidal, descrición xeral do humidal, tipoloxía, localización e superficie, localización xeográfica, administrativa e hidrolóxica, superficie do humidal, hábitats, vexetación e flora, fauna, réxime de protección, plans e medidas de conservación, estado de conservación e cartografía.

Ao non delimitarse debidamente os humidais do Inventario difícilmente se poden identificar, controlar e moito menos cumprir cos obxectivos de calidade destas masas de auga que esixe a DMA e por tanto, xa non habería ningún obxectivo ambiental que cumprir, abandonando a súa sorte estes espazos que prestan grandes e valiosos servizos ecosistémicos.

O desleixo da Xunta de Galicia con respecto aos humidais e de tal envergadura que na praxe a cidadanía ten que pasar polo que indican as empresas nos proxectos, sen poder constatar a veracidade do que neles se realta. As obras de construción dos parques eólicos sobre estes espazos ou con afección aos mesmos, provoca a desaparición dos valores naturais destes. A apertura de viais, as cimentacións dos muíños, as gavias de cabreado, a construción das subestasións eléctricas, as liñas de evacuación e os centros de seccionamento están a provocar a framentación e drenaxe destas zonas húmidas con un impacto ambiental irreversible e inasumible nunha época de crise climática como a actual.

Vulneración flagrante do Decreto 75/2013, do 10 de maio, polo que se aproba o Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.subsp. lusitanica Steinbacher) en Galicia

Este decreto ten por obxecto a aprobación do Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.subsp. lusitanica Steinbacher) en Galicia e é de aplicación en todos aqueles lugares de Galicia considerados como imprescindibles para a conservación e recuperación da subespecie, os cales se estruturan en áreas. Entre estas áreas están os humidais. Dificilmente se pode determinar os perímetros de protección dos humidais que constitúen o hábitat potencial da especie cando non constan no Inventario de Humidais de Galicia.

Denuncia ante a Comisión europea pola imposibilidade de acceso ao Inventario Público de Humidais de Galicia

As entidades ecoloxistas denunciaron ante a Comisión europea o incumprimento por parte da Xunta de Galicia dá Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso do público á información ambiental e o Convenio de  Aarhus de 1998 sobre o acceso á información, a participación do público e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, que garanten o acceso público a información ambiental que obre en poder das autoridades públicas ou doutras entidades no seu nome, tanto cando se lles solicite como mediante divulgación activa.

Outras normas vulneradas pola Xunta de Galicia

Decisión 2005/370/CE do Consello, do 17 de febreiro de 2005 sobre a celebración, en nome da Comunidade Europea, do Convenio sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO  L 124 de 17.5.2005,  pp. 1-3)

Regulamento (CE)  nº. 1367/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de setembro de 2006, relativo á aplicación, ás institucións e aos organismos comunitarios, das disposicións do Convenio de  Aarhus sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO  L 264 de 25.9.2006,  pp. 13-19)

Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia.

Ver a denegación de acceso e consulta ao Inventario de Humidais de Galicia:

Galería

Coñece o documento de inicio do proxecto eólico Alto do Ceo en Mondariz, Covelo, A Cañiza e Salvaterra do Miño (Pontevedra), a 500 metros da Rede Natura. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Alto do Ceo nos municipios de Mondariz, Covelo, A Cañiza e Salvaterra do Miño (Pontevedra), segundo os datos recollidos no seu documento de inicio. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación ao documento de inicio do proxecto eólico Alto do Ceo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo. 

Imaxes do documento de inicio do proxecto eólico Alto do Ceo
Galería

Ecoloxistas esixen a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia carece dos estudos científicos que avalen o exercicio da actividade cinexética como tal. Ademais de non existir censos actuais das especies cinexéticas non se realizan os estudos de impacto ambiental que require a actual lexislación ambiental para os Plans de ordenación cinexética dos Tecor e dos Plans anuais de aproveitamento cinexético.

Por outra banda, tampouco se avalían as repercusións da actividade cinexética na área de influencia e na entorna da Rede Natura 2000, tal e como prescribe a normativa ambiental europea. O mesmo ocorre coas competicións da Federación galega de caza, que se realizan sen control ambiental algún por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

En Galicia, a caza, lonxe de ser unha actividade que contribúa ao equilibrio natural, é o factor que xera moitos dos problemas que logo, o sector cinexético, ofrécese a solucionar, sen éxito en ningún caso. Non se está a avaliar desde a Xunta de Galicia o profundo e negativo impacto que a mesma crea no equilibrio natural, a biodiversidade, o benestar animal e o desenvolvemento rural.

A caza actual contribúe á perda de biodiversidade de especies a un ritmo moi importante. A perda da biodiversidade, fai dano á saude do propio ser humano.

A Xunta de Galicia nin sequera determina o nivel poboacional de cada especie ou ben carece de datos ou os datos dos que dispón non son actuáis e están desfasados. Así nas Resolucións anuais polas que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para cada tempada nunca se referencian os estudos científicos obxectivos que permitan avaliar o sistema de censo, seguimento e estudo de tendencias das especies cinexéticas, o que é unha irresponsabilidade moi grave por parte do órgano con competencias sobre da protección da naturaleza.

Repoboación e solta de especies cinexéticas sen avaliación dos impactos ambientais

As soltas de exemplares de especies cinexéticas tan só exixen a autorización previa da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza, ao abeiro do establecido no artigo 53 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Na solicitude de autorización deberán constar as especies, o número, a procedencia e a referencia ao estado sanitario dos exemplares que se propón adquirir, así como unha declaración da persoa interesada da adecuación da solicitude ás previsións do plan anual de aproveitamento cinexético que afecta o terreo onde vaian ser liberados os animais. Sen embargo, este plan anual de aproveitamento cinexético carece de avaliación de impacto ambiental, o que evidencia o descontrol absoluto sobre dos impactos destas soltas sobre o medio natural.

Caza sementada de especies ao abeiro de Plans de ordenación cinexética dos Tecor sin avaliación ambiental e sin participación pública

Nas zonas de caza permanente reflectidas nos plans de ordenación cinexética do correspondente tecor autorízase a caza sementada de paspallás, perdiz, coello bravo, faisán, lavanco real e pomba brava sin control ambiental dos impactos significativos que a sementeira destes especies poden producir sobre dos ecosistemas.

A caza con especies de granxa sementadas resultan idóneas para o “lavado verde” dos  danos á natureza que causa o lobby cinexético

A caza de granxa conséguese con soltas inmediatas. Abater estas pezas é alcanzable e satisfai ao cazador que apenas conseguiría obxectivo algún coas especies silvestres. Sen embargo, as especies de granxa poden transmitir enfermidades e parásitos á fauna salvaxe e estes impactos non están avaliados, tal e como ocorre coas perdices ou o xabaril.

O xabaril non é un elemento perturbador dos ecosistemas

Nas distintas resolucións anuais polas que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para cada tempada, a Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén María do Campo Piñeiro, obcécase por amosar e perpetuar de xeito reiterado unha imaxe funesta do xabaril, xa que logo ano tras ano incide na especie como elemento perturbador importante dos ecosistemas. E realiza tal información sen base científica algunha o sen apoiarse en estudos obxectivos que confirmen tal aseveración.

Servizos  ecosistémicos do xabaril

Os xabarís desempeñan unha importante labor nos ecosistemas. Os ungulados silvestres teñen unha boa capacidade escavadora, removen e osixenan a terra. Esta “labra” do terreo favorece a absorción de nutrientes por parte de determinadas plantas, como as árbores leñosas. Favorecen a dispersión de esporas e desenterran pequenos invertebrados que despois serven de alimento aos paxaros.

Os xabarís tamén desempeñan unha importante labor carroñeira que devolve enerxía aos ecosistemas e evita as  infeccións que poderían producirse a través dos animais mortos.

Os xabarís están a ser vítimas, ao abrigo nos últimos anos, dunha campaña criminalizadora que os culpa de todos os males habidos e por haber. A superpoboación que existe destes animais, como consecuencia da súa cría masiva por parte dos propios cazadores e do seu cruzamento con outras especies, como os porcos vietnamitas, converteunos en máis dóciles e non é estraño atoparlos merodeando preto de núcleos urbanos, en busca de comida.

Podendo controlar a poboación de jabarís a través dun método ético e científico, vale a pena organizar batidas para matalos a tiros?