Galería

Apontamentos sobre a Historia de Corcoesto Nº 1 e Nº 2. Ano 2016. Historia de Corcoesto

Xa podes descargar os números 1 e 2 da Revista Historia de Corcoesto, editada e publicada pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo no ano 2016.

Fai clic aquí para descargar o arquivo, selecciónao e pulsa o elo de ligazón:

REVISTA – Historia de Corcoesto nº 1

REVISTA – Historia de Corcoesto nº 2

Galería

Limpeza do lixo e eliminación do vertedeiro incontrolado do antigo cemiterio civil de Cortiño, Corcoesto

Semana intensa na limpeza do lixo acumulado no antigo cemiterio civil de Cortiño. Toneladas e toneladas de lixo foron extraídas do interior e da entorna do cemiterio civil, que xa se convertira nun vertedeiro incontrolado.

Esperamos que se respecte o patrimonio cultural e que ninguén volva a empregar o lugar e a nosa historia como vertedeiro incontrolado de lixo.

Agradecer especialmente aos promotores da iniciativa o seu esforzo e traballo encomiable. Gracias polo gran traballo e gracias por axudar a crear unha entorna menos contaminada e máis limpa e saudable!