Galería

Importancia do valor da paisaxe no val fluvial do río Lourido.

A paisaxe é  un elemento de identidade, un espazo que adquire unha dimensión afectiva. Todas as persoas se sinten identificadas coas paisaxes das que forma parte. A paisaxe ten un valor simbólico e emocional.

936837_513284908737814_189196692_n
O río Anllóns ao seu paso por Sta. Mariña do Remuiño, Corcoesto.

O valor da paisaxe: a través da paisaxe identificámonos coa nosa contorna, albergando así un sentimento de pertenza, fundamental para o ser humano.

10544781_941170599282574_615111616680787685_n
Meandro do río Anllóns, ao seu paso por Corcoesto.

O valor dunha paisaxe pode residir na natureza que alberga, en que reflicte claramente a historia da zona ou na produtividade económica á que as súas características dan lugar.

262468_563996180288317_1575586056_n
Monte en Corcoesto.
282936_375510299162896_1915820414_n
Carballeira en Corcoesto.
img_20161022_125256
Paraxe de Sta. Mariña do Remuíño, en Corcoesto.
Galería

Dous cruceiros diferentes, mesmo mestre canteiro: o cruceiro de Sta. Mariña do Remuiño (Corcoesto) e o do camposanto de San Paio (Coristanco).

A Inquisición estableceuse en Galicia en 1562. Desde ese ano o Santo Tribunal desenvolveu pouca actividade e de feito interrompeuna en 1569 para asentarse de forma definitiva en 1574. A partir de entón a expansión por Galicia do tribunal foi rápida, desenvolvendo 2.023 procesos ata o ano 1700, período que se corresponde co da fase de formación e primeira expansión dos cruceiros.

É unha obra de arte popular constituída por varios elementos:

Plataforma.
Pedestal, normalmente cuadrangular, liso ou con inscricións.
Fuste (ou varal), cuadrangular, octogonal ou cilíndrico, liso con motivos diversos. 
Capitel.
Cruz.

cruceiro-do-camposanto-de-san-paio
Cruceiro do Camposanto de San Paio, Coristanco.
cruceiro
Cruceiro de Sta. Mariña do Remuiño, Corcoesto.

Ambos os dous cruceiros son de principios do seculo XVIII e son autoría do mesmo mestre canteiro. Pódese dicir que son idénticos agás polo capitel. O de Sta. Mariña é máis complexo con volutas e formas circulares. O de San Paio, é máis sinxelo con formas liñais e simples.

Galería

Cova- túmulo neolítico de Bouza Cova, val fluvial do Lourido.

Un aspa no ortostado de entrada ao corredor sinala a orientación de entrada da cámara. O xacemento está moi desfeito polas labores forestais, se ben o corredor de entrada está perfectamente definido no terreo. Ubicado nunha planicie a media altura e orientado hacia sur, se ben a entrada á cámara está orientada ao leste.

xacemento-arqueoloxico-de-bouza-cova

img_20160828_094132

img-20161025-wa0003

img_20160828_094041

Galería

O bosque e a literatura. O val fluvial e o loureiro. Os celtíberos e o carballo.

img_20160914_165803
Carballo no val fluvial do Lourido.

A árbore é símbolo da vida en todas as culturas. Hai moitos séculos, cando Europa estaba cuberta de frondosos bosques, rendíase culto a determinadas árbores, pois era crenza que un espírito habitaba neles. Aínda hoxe perduran vestixios desta adoración en certas tradicións populares relacionadas coa árbore.
Segundo a mitoloxía, os antigos gregos consagraron aos seus deuses diversas especies de árbores. Así, a oliveira a Atenea, ou o loureiro a Apolo. Tamén en Roma houbo árbores sacros, que eran coidados con esmero.
Outro dos mitos referidos por Ovidio conta a orixe do loureiro. Dafne, rapariga de gran beleza, amaba a soidade dos bosques. Apolo desexaba facela a súa esposa, e certo día presentouse ante ela. A moza rexeitou a proposta e fuxiu. Cando Apolo estaba a piques de darlle alcance, Dafne invocou a axuda da deusa Gea, a Terra, e esta transformouna nun loureiro. Para aliviar a súa tristeza, o deus cinguiuse unha coroa con follas da nova árbore, que desde entón lle estivo consagrado.
Durante o Romanticismo, poetas, músicos e pintores alimentaron a súa inspiración coa lexendaria presenza das árbores. O poeta alemán Friedrich Hölderlin viu nos bosques o símbolo da sociedade libre e ditosa que ansiaba. Inspirándose tamén neles, o músico Richard Wagner reflectiu na súa ópera Siegfried os máxicos murmurios do bosque. Non hai que esquecer a importancia do carballo na poesía de Rosalía de Castro.
Tampouco os poetas contemporáneos deixaron de acudir á cita coas árbores. O modernista Rubén Darío fai dos piñeiros un símbolo da cultura mediterránea; Antonio Machado envolve cunha mirada subxectiva as árbores da paisaxe castelán, e Luís Cernuda transforma unha árbore en mudo oínte das súas reflexións durante o seu exilio inglés.

En Galicia, Rosalía de Castro non esquece ao carballo e a fonte sempre presentes na súa poesía, testemuñas da fugacidade do tempo e da vida e da saudade da autora. O bardo Eduardo Pondal fai referencia aos queixumes dos pinos ou rumosos, eses pinos de altas copas de escuro arume arpado. Os rumorosos son os piñeiros, as árbores, que se sitúan na verde zona costeira, a esencia ancestral do pobo galego que se representa polas árbores.

IMG_20160816_192220
O loureiro, moi presente na paraxe de Sta. Mariña do Remuiño.

Importancia do loureiro en Corcoesto.

O río Lourido lembra a presenza do loureiro no val. As árbores sempre foron obxecto de veneración por parte da cultura celta. Cada un deles dispoñía da súa propia deidade diviña. Especial mención merece a aciñeira, árbore sempre vencellada aos ritos druídicos, de feito, os santuarios druídas estaban situados nos bosques poboados polas devanditos árbores.

IMG_20160816_192205
O loureiro de Sta. Mariña do Remuiño, sempre asociado á fertilidade e a saúde.

O loureiro está presente en cada recuncho do val: nos camiños, carreiros, á beira dos valados..

O canto, literario ou musical, aos bosques é unha das constantes da historia da arte.

IMG_20160618_192504
Carballeira de Sta. Mariña do Remuiño, Corcoesto.

POEMA DA ÁRBORE
A graza da túa rama verdecida

Árbore, boa árbore, que tras a borrasca
erguícheste en nudez e desalento,
sobre unha gran alfombra de follaxe
que removía indiferente o vento…
Hoxe vin nas túas ramas a primeira
folla verde, mollada de resío,
como un agasallo da primavera,
boa árbore do estío.
E nesa verde punta
que está a brotar en ti de non sei onde,
hai algo que en silencio pregúntame
ou silenciosamente respóndeme.
Si, boa árbore; xa vin como mudas
o lodo en flor, e sei o que me dis;
xa sei que coas túas propias follas secas
nutríronse de novo as túas raíces.
E así tamén un día,
este amor que morreu caladamente,
renacerá da miña melancolía
noutro amor, igual e diferente.
Non; o teu agoiro risueño,
o teu instinto vexetal non se equivoca:
Soñarei noutra almofada o mesmo soño,
e darei o mesmo bico noutra boca.
E, en cordial semellanza,
boa árbore, quizá pronto che lembre,
cando brote na miña vida unha esperanza
que se pareza un pouco á túa folla verde…

ANTONIO MACHADO