Revisión do Plan Forestal de Galicia (DOG 119, do 23 de xuño de 2016).

Aprobada a PRIMEIRA revisión do Plan forestal de Galicia (DOG 119, do 23 de xuño de 2016).

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de xuño de 2016 de inicio do procedemento da elaboración da primeira revisión do Plan forestal de Galicia.
Establécese o prazo dun mes, desde a publicación deste acordo, para a formulación do documento previo de revisión do Plan forestal de Galicia.
Segundo a citada Resolución:
“Pasaron case 25 anos desde a aprobación daquel Plan forestal de Galicia de 1992 como modelo de referencia ata o momento, pero despois do tránsito de século variaron substancialmente tanto o escenario dos espazos e recursos forestais en Galicia, os riscos e ameazas, ou as dificultades, problemas e conflitos que se suscitan no ámbito forestal, como as necesidades, retos e oportunidades de futuro que se presentan para o sector forestal galego. En todo este tempo transcorrido mudaron de xeito considerable as circunstancias, demandas e tendencias en materia de política forestal, tanto en Galicia como no ámbito nacional e internacional, como para considerar conveniente e pertinente proceder á primeira revisión do Plan forestal de Galicia”.
Un dos obxectivos da revisión é:
– Crear o escenario normativo, administrativo, financeiro e fiscal propicio para xerar oportunidades de actividade económica e emprego no monte e no sector forestal galego, de modo que permitan emprender iniciativas empresariais e contribuír a paliar a actual crise económica, social e ambiental no medio rural.

Val fluvial do río Lourido: un paseo por Valenza.

Por que Rubén Darío fala aos piñeiros? o poeta atribúelles calidades humanas, personifícaos, coma se establecese con eles un intercambio sentimental. Os seus versos expresan a resposta ao que lle suxeriron estas árbores.
“Oh, piñeiros, oh irmáns en terra e ambiente,
eu ámovos! Sodes doces, sodes bos, sodes graves.
Diríase unha árbore que pensa e que sente
consentido de auroras, poetas e aves”.